Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Investigación e Innovación en Didáctica das Linguas Iniciais e as súas literaturas  Código 652534012
Titulación
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
Profesorado
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Correo electrónico
xulio.pardodeneyra@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A12 E12 - Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.
A13 E13 - Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
A14 E14 - Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos.
A15 E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A16 E16 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A17 E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B6 G1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
B8 G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B11 G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B13 G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C1 T1 - Capacidade de análise e síntese.
C3 T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
C6 T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
C9 T9 - Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
C12 T12 - Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Se atendemos ás competencias, ora xerais ora específicas, principalmente se centrarán na capacidade para resolver problemas, na comunicación oral e escrita na propia lingua, na habilidade no uso das TIC, na capacidade de crítica e autocrítica, no compromiso ético, na capacidade para aprender a traballar de forma autónoma, en comprender e posuír coñecementos, na aplicación de coñecementos, na capacidade de emitir xuízos, na capacidade de comunicar e aptitude social, na habilidade para a aprendizaxe, na adquisición dunha formación básica en instrumentos, técnicas e recursos para a investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura, en aplicar coñecementos básicos na construción de instrumentos de investigación e análise de datos coñecemento e análise do marco epistemolóxico da Didáctica da Lingua e a Literatura, na identificación das liñas de investigación na Didáctica da Lingua e a Literatura: investigación centrada en procesos, metodoloxías, contextos, crenzas e contidos, e no deseño e desenvolvemento dun proxecto de investigación no ámbito da Didáctica da Lingua e a Literatura. Estaremos, portanto, a destacar os seguintes obxectivos / resultados da aprendizaxe: - coñecer as características e métodos propios da investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura - identificar as principais liñas de investigación nesta Área de Coñecemento - deseñar un proxecto de investigación utilizando unha metodoloxía coherente e adecuada aos obxectivos do estudo - saber describir e contextualizar os problemas específicos relacionados coas metodoloxías de investigación no ámbito das Ciencias Sociais (sen deixar á parte os das Humanidades). Atenderase ao desenvolvemento de proxectos interdisciplinares innovadores orientados á adquisición das habilidades docentes e de investigación didáctica, á planificación de procesos de elaboración de proxectos interdisciplinares que integren de maneira coherente a identidade curricular das didácticas específicas e á icorporación dos proxectos de innovación, procedemientos e criterios para la avaliación conxunta da actividade docente e a aprendizaxe das diferentes didácticas específicas. AM10
AM12
AM13
AM14
AM15
AM16
AM17
BM1
BM4
BM6
BM8
BM11
BM13
CM1
CM3
CM6
CM9
CM12

Contidos
Temas Subtemas
1. A INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN LINGÜÍSTICA E LITERARIA

2. INNOVACIÓN PARA UN MELLORAMENTO DO PROCESO EDUCATIVO EN EDUCACIÓN LINGÜÍSTICO-LITERARIA
1. 1. Conceptualización, características e paradigmas. Principais liñas e ámbitos de investigación
2. 1. Conceptos fundamentais en innovación educativa. Modelos e tendencias. Análise de prácticas efectivas e deseño de ferramentas e recursos de innovación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 7 20 27
Traballos tutelados A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 11 16 27
Actividades iniciais A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 3 13 16
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Trátase de presentar a cadeira através do significado da Área e o achegamento bibliográfico, que se ofrecerá, atendendo ás necesidades do alumnado, nas sesións aulares
Traballos tutelados Procurarase, através de debates, postas en común, exposicións e/ou participacións activas, que o grupo se implique e descubra o significado da investigación en DLL galega
Actividades iniciais Ofrecerase un abano amplio para que os alumnos e alumnas elixan o que queren facer, propóndolles a realización dun ou varios traballos que se deberán expor publicamente nas aulas

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Actividades iniciais con traballo bibliográfico e análise de fontes de información. Discusión e desenvolvemento das liñas que rexen no ámbito da DLL, especial e loxicamente no espazo da cultura galega
Traballos titorizados que o propio alumnado decida construír, coa axuda e a guía do docente, que lles proporcionará bibliografía e pautas para o seu desenvolvemento
Aprendizaxe colaborativa através de postas en común, exposicións, discusións e traballos de baleirado de información, resumos e traballos puntuais
Por outra parte, dado que a asistencia é un deber e obriga do alumnado, non se permitirá a dispensa de asistencia ás aulas e valorarase a asistencia e o interese aular

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 Realización de traballos titorizados a respecto de resumos, consultas e realización de proxectos que lles poidan ser de interese ao alumnado. Neste sentido, trazarase e acordarase co grupo que tipo de traballos se realizarán, ofrecéndolles variedade e atendendo ás súas necesidades e/ou gustos 60
Aprendizaxe colaborativa A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 Consulta e baleirado de fontes bibliográficas e presentación do que é o mundo da investigación en DLL galega 20
Traballos tutelados A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 Postas en escena e postas en común, participación aular e demostración de enteireza á hora de afrontar unha sesión aular 60
 
Observacións avaliación

Consistirá na asistencia ás aulas, na participación aular e na realización dun traballo de investigación ou ben unha proba exame. Sobre disto informarase no primeiro día de aulas. Valorarase, portanto, a participación e a asistencia ás aulas, non estando admitida a dispensa total ás aulas. Xa que logo, para aprobar só se poderá faltar a un 20% das sesións


Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía de consulta, amais de descubrila nas aulas, entregarase durante o primeiro día e irase descubrindo ao longo das aulas. Loxicamente, partirase das propias investigacións do docente no ámbito da DLL

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Atenderase especialmente aos conceptos de interdisciplinariedade e investigación no ámbito das Ciencias Sociais e as Humanidades



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías