Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Investigación e Innovación en Educación Musical  Código 652534017
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Composición
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
rocio.chao@udc.es
Profesorado
Chao Fernández, Aurelio
Chao Fernandez, Rocio
Correo electrónico
aurelio.chao@udc.es
rocio.chao@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia preténdese afondar na necesidade de investigar e innovar na didáctica da música. Para elo analizaránse os principios básicos e as perspectivas actuais da investigación e a innovación en Educación Musical.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 E6 - Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
A7 E7 - Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
A8 E8 - Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
A10 E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A12 E12 - Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.
A15 E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A16 E16 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B6 G1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
B8 G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B12 G7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
B13 G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C5 T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
C6 T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
C10 T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
C11 T11 - Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as principais metodoloxías, instrumentos e técnicas de investigación e innovación en didáctica da Educación Musical. AM6
AM10
AM12
AM15
BM1
BM8
CM10
Aplicar críticamente propostas interdisciplinares de innovación e investigación ao contexto educativo na Área de Educación Musical. AM7
AM8
BM2
BM12
BM13
CM5
CM11
Valorar a importancia da innovación e a investigación como estratexias para mellorar a calidade educativa na Área de Educación Musical. AM16
BM4
BM6
CM6
Manexar e analizar bibliografía especializada e fontes documentais virtuais que permitan investigar e profundizar na educación musical nas etapas de Infantil e Primaria. AM6
AM10
BM1
BM2
CM5
CM6
CM10
CM11

Contidos
Temas Subtemas
Principios básicos da Investigación e a Innovación en Educación Musical. 1. O coñecemento científico en investigación musical.
2. Cómo investigar en EM? O proceso de investigación
2.1 Determinación do universo da investigación.
2.2 Definición da teoría desde a que que se abordará.
2.3 Formulación de interrogantes de investigación.
2.4 Revisión da literatura en bases de datos científicas.
2.5 Procedemento de recollida de datos.
2.6 Deseño da investigación.
2.7 Análise e interpretación dos resultados.
2.8 Redacción do informe de investigación.
2.9 Normativa APA para a redacción de informes.
3. A innovación educativa desde a investigación:
3.1 Diagnóstico da situación.
3.2 Detección da necesidade de cambio.
3.3 Proposta de innovación.
Perspectivas actuais na investigación en educación musical. 1. Oportunidades que ofrece a investigación en EM.
2. Qué investigar en Educación Musical?
3. Dificultades para investigar en EM.
4. Desafíos da investigación en EM
5. Exemplos de deseño e realización de investigacións en EM.
Análise dos métodos pedagóxicos musicais xurdidos no século XX, a súa vixencia na realidade educativa actual e as súas posibles adaptacións. 1. Análise da vixencia dos métodos pedagóxicos musicais na realidade educativa actual.
2. Adaptación das pedagoxías musicais activas como elemento de innovación na aula de música:
2.1 A música como ferramenta interdisciplinar nos proxectos de innovación
2.2 Paisaxes de aprendizaxe
2.3 Musicobodygramas
2.4 Notación gráfica
2.5 Improvisación e desenvolvemento da creatividade musical.
2.6 Gamificación
3. As TIC como elemento de innovación docente na aula de música.
Investigación e Innovación na aprendizaxe musical nas aulas de Educación Infantil e Primaria. 1. Problemática da EM nos niveis educativos básicos.
2. Problemas e limitacións da investigación en EM.
3. Problemas e limitacións da innovación en EM.
4. Deseño de ferramentas e recursos de innovación para Educación Infantil e Primaria.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A10 A12 B1 C10 C11 6 4 10
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A7 A10 A15 A16 B2 C5 7 14 21
Aprendizaxe colaborativa A6 A7 5 20 25
Presentación oral A8 B4 B6 B8 1 11 12
Actividades iniciais B12 B13 C6 2 2 4
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensino orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulrlo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquer proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos coñecimentos previos do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Proceso de ensino orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulrlo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A7 A10 A15 A16 B2 C5 Realizaranse traballos de aplicación de contidos (poderanse realizar individualmente ou en grupo), vinculados á investigación e innovación en EM. Los docentes especificarán os requisitos formales para a sua presentación, tanto na sua parte escrita como na oral. O cumplimento dos requisitos será imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 60
Aprendizaxe colaborativa A6 A7 Valoraralse a implicación de cada alumno de xeito individual na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 20
Presentación oral A8 B4 B6 B8 Consiste na exposición na clase da análise de fontes documentais e dos traballos realizados. Pode realizarse no tanscurso da materia, ou ao finalizar a mesma. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario aprobar cada un dos
apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.

A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as)
entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo
realizado.

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases
presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha
proba individual. Neste caso, os ítems da avaliación e o traballo terán unha ponderación do 50%, esixíndose en
cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como
unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número
de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.

No caso
no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".


















Nesta materia, se algún dos docentes detecta



plaxio nalgún traballo, suporá un
0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión
Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase
especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e
sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente,
e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir
borradores.

Débese
facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos
empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de
plástico na entrega dos mesmos.

Evitaráse
a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.


Fontes de información
Bibliografía básica Rodríguez-Quiles, J.A (Ed.) (2019). Bienfaits de la musique à l’école. Une experience européenne.. UVP
Phelps, R P., Ferrara, L. y Goolsby, T. W. (1993). A Guide to Research in Music Education.. The Scarecrow Press.
Díaz Olaya, A.M. (2018). Adquisición de conceptos musicales a través de la Danza.. DEDiCA. Revista de Educação e Humanidades, 13, 109-119
Rosa-Pereira, E.P. y Gillanders, C. (2021). Aproximación a la investigación iberoamericana en educación musical.. Revista Musical Chilena, 75(235), 55-75.
Díaz, M. (2012). Aulas del siglo XXI: retos educativos. Ministerio de Educación, Cultura y Deportes
Chao-Fernández, R.; Mato-Vázquez, D. y López-Pena, V. (2015). Beneficios de la música en conductas disruptivas en la adolescencia. . Revista Electrónica Actualidades Investigativas en Educación. 15(3),1-24.
Abreu, D. y Moura, M. (2014). Construção de instrumentos teórico-metodológicos para captar a formação de professores. Educação e pesquisa. . Educação e pesquisa. 40 (2), 401-414.
Alonso-Jartín, R y Chao Fernández, R. (2018). Creatividad en el aprendizaje instrumental: lenguaje metafórico, velocidad del procesamiento cognitivo y cinestesia. Creatividad y sociedad,28, 7-30.
González Barroso, M. M. (2015). Cualidad interdisciplinar de la Música en Educación Primaria: una propuesta metodológica. . Dedica. Revista de Educaçao e Humanidades, (7), 65-83.
Malbrán, S. (2021). Desafíos de la Educación Musical: disfrutar haciendo música. En Giráldez, A. y Pimentel, L. (Ed.). Educación artística, cultura y ciudadanía. De la teoría a la práctica. 57-73. . Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura (OEI).
Chao-Fernández, R., Felpeto-Guerrero, A. y Vázquez-Sánchez, R. (2020). Diseño y puesta en funcionamiento de la “escalera musical” como medio saludable de relacionar áreas de conocimiento. Servicio de publicaciones UDC
Riaño M.E., Murillo A. y Tejada J. (2021). Educación musical, creatividad y tecnología: un estudio exploratorio sobre estrategias docentes y actividades creativas con software ex novo.. Revista Electrónica Educare, 26(1), 1-23.
Cremades-Andreu, R. y Lage, C. (2018). Educación para la paz y violencia escolar a través de un proyecto musical en secundaria.. Revista Publicaciones, 48(2), 319-336
Lupiánez, J. y Román-Caballero, R. (2019). El impacto cognitivo de la práctica musical: Explorando las ventajas de un mundo musicalmente activo.. Ciencia Cognitiva, 13(1), 21 - 23.
Vicente Nicolás, G. y Sánchez Marroquí, J. (2021). El libro de texto en Educación Musical en el siglo XXI: ¿un fósil o una tendencia?. Publicaciones, 51(2), 2021, 375-418
Felpeto-Guerrero, A. y Chao-Fernández, R. (2019). El mapa sonoro como herramienta para conocer nuestro entorno. Estudio de caso de la ciudad milenaria de Lugo, en Costa, O. y Gisbert, V. (2019): Creatividad Musical en Educación. Estudios científico. ADD
Willens, E. (1981). El valor humano de la educación musical. Paidós
Goleman, D. (2003). Emociones destructivas. Cómo entenderlas y superarlas. . Kairós
Chao-Fernández, R., Felpeto-Guerrero, A. y Vázquez-Sánchez, R. (2019). Experiencia de creación del MOOC “música para el siglo XXI: aportaciones del sotfware libre a la educación musical”, en De la Torre Fernández, E. (ed.) (2009): Contextos universitarios transformadores. Servicio de publicaciones UDC
Bernabé, Mª del M. (2012). Importancia de la música como medio de comunicación intercultural en el proceso educativo. Teoría de la educación. Revista interuniversitaria, 24 (2), 107-127.
Vázquez-Sánchez, R., Chao-Fernández, R. y Felpeto-Guerrero, A. (2022). Instalaciones sonoras como recurso educativo desde la perspectiva docente, en Franco-Vázquez, et al. (Eds.)(2022). Educación artística para el cambio. . Peter Lang
Goleman, D. (1996). Inteligencia Emocional. . Kairós
Gadner, H. (1998). Inteligencias Múltiples. . Paidós
Díaz, M. y Giraldez, A. (2013). Investigación cualitativa en educación musical . Graó
Díaz, M. (2012). Investigamos, luego avanzamos. . Revisa Electrónica d´Investigació Educativa y Socioeducativa, nº 2, 68-76.
Chao-Fernández, R.; Mato-Vázquez, D. y López-Pena, V. (2015). La formación musical del profesorado especialista en los CEIP gallegos. Revista Portuguesa de Educação, 28 (2), 111-131.
Chao-Fernández, R. (2018). La incidencia de la formación musical en el cerebro. I Congreso Mundial de Educación, Innovación e Investigación Investigativa. Educa 2018
Gutiérrez, R., Cremades, A. y Perea, B. (2011). La interdisciplinariedad de la música en la etapa de Educación Primaria. . Espacio y tiempo: Revista de Ciencias Humanas, 25, 151-161
Chao-Fernández. R. (2022). La investigación en educación musical: oportunidades, dificultades y desafíos. En prensa
Imbernón, F. (2012). La investigación sobre y con el profesorado. La repercusión en la formación del profesorado, ¿cómo se investiga? . Revista Electrónica de Investigación Educativa, 14(2), 1-9.
Elliot, J. (1990). La investigación – acción en educación.. Morata
Fonseca Mora, C. y Toscano Fuentes, C. M. (2012). La música como herramienta facilitadora del aprendizaje del inglés como lengua extranjera.. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 24(2), 197-213
Pérez Adalguer,S.y Leganés Lavall, S. (2012). La música como herramienta interdisciplinar. Un análisis cuantitativo en el aula de lengua extranjera de primaria.. Revista de Investigación en Educación, 10, 127-143.
Goleman, D. (1999). La práctica de la Inteligencia Emocional. . Kairós
López García, N., Moya Martínez, M. y Bravo Marín, R. (2021). La relación música-lengua materna en los principios metodológicos de Edgar Willems y Shinichi Suzuki. Folios, 54, 75-90.
De Moya Martínez, M.V., Cózar Gutiérrez, R, Hernández Bravo, J.R y Hernández Bravo, J.A. (2012). Laboratorio de aprendizajes interdisciplinares para la creación de recursos educativos. Innovación e interacción desde el aula y para las aulas con el uso de las TIC, en Miralles Martínez, P., y Miret. Editum. Ediciones de la Universidad de Murcia.
Skoe, E., & Kraus, N. A. (2012). Little Goes a Long Way: How the Adult Brain Is Shaped by Musical Training in Childhood. Journal of Neuroscience, 32, 11507–11510.
Rodríguez-Quiles, J.A (2017). Music Teacher Training: A precarious area within the Spanish university. . British Journal of Music Education 34(1), 81–94.
Fernández-Carrión, M. (2011). Música y matemáticas: conexiones curriculares para un mayor éxito educativo. . http://recursostic.educacion.es/artes/
Liern, V. y Queralt, T. (2008). Música y Matemáticas: la armonía de los números. . FESPM
Swanwick, K. (1997). Música, pensamiento y educación. Morata
Chao-Fernández, R., Rosa-Napal, F. C, y Chao-Fernández, A. (2021). O son da nosa aula: una experiencia orquestal en tiempos de confinamiento. En García Naya, J.A. (ed.) (2021). Contextos universitarios transformadores: a nova normalidade académica. Leccións aprendida. Servicio de publicaciones UDC
Hemsy de Gaínza, V. (2002). Pedagogía musical: dos décadas de pensamiento y acción educativa. Lumen
Arriaga, C.; Cabedo, A.; Díaz, M y Riaño, M.E. (2014). Práctica reflexiva e innovación educativa. Un estudio sobre el patrimonio musical en la formación docente. En Investigaciones en el contexto universitario actual. Educación editora
Teachout, D. J. (2012). The preparation of music teacher educators: a critical link, In The Oxford Handbook of Music Education (2a ed.), vol. 2. Gary E. McPherson & Graham F. Welch (ed.). . Oxford University Press, pp. 685-688.
Levitin, D. (2008). Tu cerebro y la Música.. RBA
Vergara Rodríguez, J.J. (2021). Un aula, un proyecto: el ABP y la nueva educación a partir de 2020.. Narcea

Esta bibliografía poderá ampliarse no trascurso da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que os envíos dos traballos sexa telemáticamente e se non fose posible, non utilizar plásticos, elexir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Debése ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

Evitaráse a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. Usarase linguaxe non sexista