Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Traballo por Proxectos en Educación Física  Código 652534018
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/mestrados/didacticas-especificas/
Descrición xeral A materia “Traballo por Proxectos en Educación Física” forma parte dos estudos do Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria. Trátase dunha materia optativa de 3 créditos, o que representa 75 horas de traballo do estudantado.

Esta materia facilitará ao alumnado o coñecemento de diferentes conceptos relacionados co traballo por proxectos nas aulas e mais aló, así como as claves para desenvolver proxectos de carácter interdisciplinar co movemento e a educación física como referencia. Así mesmo analizaranse os diferentes retos que se presentan para alcanzar o pleno desenvolvemento de proxectos tanto na materia de educación física coma na titoría ou mesmo en ámbitos fóra da escola para as edades de Educación Infantil e Primaria.




Competencias do título
Código Competencias do título
A1 E1 - Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 E2 - Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A3 E3 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
A4 E4 - Desenvolver a competencia lingüística en lingua estranxeira orientada cara á docencia nas áreas específicas.
A7 E7 - Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
A8 E8 - Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
A9 E9 - Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
A10 E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A11 E11 - Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicalo correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación.
A13 E13 - Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
A15 E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
A16 E16 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
A17 E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
A18 E18 - Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B6 G1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
B7 G2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
B8 G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 G4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
B10 G5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
B11 G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B12 G7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
B13 G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C1 T1 - Capacidade de análise e síntese.
C2 T2 - Capacidade de adaptación a situacións novas.
C3 T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
C4 T4 - Traballar de forma colaborativa.
C5 T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
C6 T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
C7 T7 - Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
C8 T8 - Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
C10 T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos básicos da aprendizaxe por proxectos. AM1
AM2
AM10
AM11
AM13
AM18
BM1
BM3
BM5
BM7
BM8
BM10
BM11
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM10
Valorar a importancia do traballo por proxectos como estratexia de mellora da calidade educativa no ámbito da Educación Física. AM1
AM2
AM3
AM4
AM7
AM8
AM10
AM13
AM15
AM16
AM17
BM1
BM3
BM4
BM5
BM6
BM8
BM9
BM10
BM11
BM13
CM1
CM6
CM7
CM8
CM10
Analizar o currículum de Educación Física e as suas posibilidades para aplicar enfoques metodolóxicos basados na aprendizaxe por proxectos. AM1
AM2
AM3
AM7
AM8
AM9
AM10
AM13
AM18
BM3
BM9
BM10
BM11
CM1
CM3
CM4
CM6
CM8
CM10
Coñecer e analizar críticamente experiencias de aprendizaxe por proxectos en Educación Física. AM2
AM7
AM10
AM13
AM15
BM1
BM3
BM4
BM9
BM10
BM11
BM13
CM3
CM4
CM8
CM10
Diseñar, xustificar, organizar e avaliar proxectos aplicados ao ámbito da Educación Física. AM1
AM3
AM7
AM8
AM9
AM16
AM17
AM18
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM10

Contidos
Temas Subtemas
1. Marco teórico da aprendizaxe por proxectos. -Marco xeral da aprendizaxe por proxectos.
-Autores principais.
-A figura docente como o eixe de calquera enfoque metodolóxico.
-Exemplos prácticos da aprendizaxe por proxectos en Educación Física.
2. O traballo por proxectos e o currículum. -Relación entre o currículum dos niveis de formación inicial do alumnado e a posibilidade do traballo por proxectos.
-A implicación da motricidade e da actividade física nos diversos proxectos plantexados.
3. A aprendizaxe por proxectos dende a Educación Física. -Cómo aplicar a metodoloxía do traballo por proxectos nas aulas de Educación Infantil e Primaria cun enfoque motriz ou no que a actividade física articule as propostas.
4.Deseño de propostas de aprendizaxe por proxectos dende a Educación Física en contextos escolares e non escolares. -Creación e deseño, implementación, posta en práctica e vivenciación, avaliación e documentación dun proxecto a través do aprendizaxe por proxectos, entre a Educación Física e outras áreas curriculares.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A16 A17 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 4 10 14
Discusión dirixida A13 A15 B7 C1 C6 C7 C8 1 1 2
Presentación oral A17 B6 B7 B8 B13 C1 C3 3 6 9
Sesión maxistral A1 A2 A10 A13 A18 B1 B12 C5 C6 C7 C8 5 5 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A7 A10 A16 A17 A18 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 5 25 30
Actividades iniciais A2 A13 B7 B8 B9 B10 B11 C5 C7 1 0 1
Análise de fontes documentais A1 A2 A4 A10 A11 A13 A15 A18 B1 B3 B6 C2 C5 C7 C8 2 6 8
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros do grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, estando coordinados por unha moderadora.
Presentación oral Presentación por parte del alumnado del proyecto o trabajo/s realizado y previamente aprobado por la profesora y elegido entre la profesora y el alumnado.
Sesión maxistral Algúns temas da materia serán expostos na aula a través de diferentes medios: explicación oral, apoio con presentacións informáticas, visualización de materiais didácticos en soporte dixital.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela da profesora e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Actividades iniciais Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Análise de fontes documentais
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Análises de fontes documentais, aprendizaxe colaborativa e traballos tutelados:

Análise de fontes documentais:
- Realizarase de forma individual, en pequeno ou en gran grupo que traballarán a partir de distintos documentos escritos ou audiovisuais sobre aspectos relacionados coa materia.

Aprendizaxe colaborativa:
- Durante a realización deste traballo en gran grupo a profesora atenderá a todas as dúbidas que poidan xurdir a través das canles habilitadas para este efecto, potenciando na medida do posible, o traballo autónomo do alumnado.

Traballos tutelados:
- Dedicarase un tempo para todo o grupo no que se explicará en que consiste os traballos.
- Previo á entrega os grupos, si o consideran preciso, reuniranse coa docente. Así se establecerá a validez do deseño e contidos de traballo para a súa entrega, establecéndose as correccións oportunas para realizar á exposición.

A profesora orientará os traballos individuais, en pequenos ou gran grupo a través das diferentes canles segundo sexa necesario (Moodle, Teams ou mail).

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A7 A10 A16 A17 A18 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 Realizaranse traballos de aplicación de contidos. Os traballos poderanse realizar individualmente ou en grupo. A docente especificará os requisitos formales para a sua presentación, tanto na sua parte escrita como na oral. O cumplimento dos requisitos será imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 30
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A16 A17 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 Traballo que ten como denominación “Traballo por proxectos ”, será o fío conductor da materia e consistirá en levar a cabo vivencialmente un traballo por proxectos. Crearánse distintos materiais producto das vivencias desenvolvidas. 50
Presentación oral A17 B6 B7 B8 B13 C1 C3 Consiste na exposición na clase da análise de fontes documentais e dos traballos tutelados. 20
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: 

O estudantado será avaliado polos traballos tutelados (30%), a aprendizaxe colaborativa (50%) e a presentación oral (20%), que poderá realizarse individualmente ou en grupo tal e como se acorde coa docente. Para que o alumnado seña avaliado de este modo, deberá asistir polo menos ao 80% das sesións.

Si o estudiantado non chega a unha asistencia do 80% das sesións deberá ser avaliado asemade de polos traballos tutelados e a aprendizaxe colaborativa, por una proba individual. Neste caso todos os ítems da avaliación terán una ponderación do 33% esixíndose en cada unha de elas una nota igual ou superior a 5 sobre 10 para que faga media.

Segunda oportunidade: 

o estudiantado que asistiu a máis do 80% das sesións na primeira oportunidade, manterán as notas que acadaron a puntuación mínima indicada pola profesora. Deberase repetir as partes da avaliación que non alcanzaron ese mínimo. No caso de non asistir ao 80% das sesións a avaliación será igual que na primeira oportunidade para o caso de non chegar a ese mínimo de asistencia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo nos casos achegados no apartado de "Atención personalizada".

Os traballos desta materia se entregan todos de forma electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural. Tamén se pretenderá o mesmo obxectivo coas saídas de campo, tratando en todo momento de ser responsables co medio ambiente.

Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.

Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta materia.

É primordial e necesaria a corrección
ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos realizados como condición imprescindible para superar a materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Abelleira, A. y Abelleira, I. (2017). Os fíos de infantil. Vigo: Galaxia.

Abelleira, A. y Abelleira, I. (2020). El latido de un aula de infantil. Elogio de la cotidianidad. Barcelona: Octaedro.

Arias , A.; Arias , D.; Navaza, Mª V. e Rial , Mª D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Santiago de Compostela: Xunta de

Galicia.

Blázquez, D. (2013). Diez competencias docentes para ser mejor profesor de educación física. Barcelona: Inde.

Blázquez, D. (2016). Métodos de enseñanza en Educación Física. Enfoques innovadores para la enseñanza de competencias. Barcelona: Inde.

Blázquez, D. (2020). Descubre cómo es la Educación Física del siglo XXI: Asítrabaja el profesorado más innovador. Barcelona: Inde.

Bona, C. (2013). El cuarto hocico: de como doce niños y un maestro buscaron cambiar el mundo. Hades Editorial.

Bona, C. (2015). La nueva educación. Barcelona: Plaza&Janés.

Carson, R. (2012). El sentido del asombro. Madrid: Encuentro.

Chamorro, C; Casas, R y Fernández-Río (2020). Retos, Proyectos, Medio Ambiente y Nuevas Tecnologias En Educacion Física (Unidades Didacticas creativas Primaria): Unidades didácticas creativas primaria (EDUCACIÓN FÍSICA). Barcelona: Inde.

Contreras, O. y Gutiérrez, D. (2017). El Aprendizaje basado en Proyectos en Educación Física. Barcelona: Inde.

Cornell, J. (2018). Compartir la naturaleza. Juegos y actividades para reconectar con la naturaleza. Sevilla: Ediciones La Traviesa.

Delgado, M. y Tercedor, P. (2002). Estrategias de intervención en Educación para la Salud desde la Educación Física. Barcelona: Inde.

Díez , C. (1998). La oreja verde de la escuela. Trabajo por proyectos y vida cotidiana en la escuela infantil. Madrid: Ediciones de laTorre.

Elboj , C.; Puigdellívol , I.; Soler , M. y Valls , R. (2002). Comunidades de aprendizaje. Barcelona: Graó.

Foschi, R. (2014). María Montessori. Barcelona: Octaedro.

Freire, H. (2011). Educar en verde: ideas para acercar a niños y niñas a la naturaleza. Barcelona: Graó.

Freire,H. (2020). Patios vivos para naturalizar la escuela. Barcelona: Octaedro.

García, A. (2017). Otra educación ya es posible: una introducción a las pedagogías alternativas. Litera: Albuixech.

Garijo, J.L. y Hermosa, M (2011). La Educación Física y los Espacios de Aventuras. Barcelona: Inde.

Gray, P. (2016). Aprender en libertad. Santa Cruz de Tenerife: Esto no es una escuela.

Hueso, K (2017). Somos naturaleza. Barcelona: Plataforma Editorial.

Hueso, K (2019). Jugar al aire libre. Barcelona: Plataforma Editorial.

Hueso, K. (2021). Educar en la naturaleza. Barcelona: Plataforma Editorial.

Kilpatrick, W. (2006). O Método de Projecto. Viseu: Ediçôes pedago.

López, M (2011). Educación física alternativa. Barcelona: Inde.

López, S. (2018). Esencia. Diseño de espacios educativos. Aprendizaje y creatividad. Zaragoza: Khaf.

Louv, R. (2018). Los últimos niños en el bosque. Madrid: Capitán Swing.

Mesías, J.Mª (2019). Educación artística sensible: cartografía contemporánea para arteducadores. Graó: Barcelona.

Montessori, M. (2016). Educación para un mundo novo. Pontevedra: Kalandraka.

Pellicer, I (2011). Educación Física Emocional. Barcelona: Inde.

Pickler, E (2000). Moverse en libertad. El desarrollo de la motricidad global. Madrid: Narcea.

Purcell, T.; Werner, P.H. y Cone, S.L. (2009). Interdisciplinary Elementary Physical Education. Champaign IL: Human Kinetics.

Richardson, G.R. (2014). Creating a Space to Grow. New York: Routledge.

Robinson, K. (2015). Escuelas creativas. La revolución que está transformando la educación. Barcelona: Ariel.

Robinson, K. (2009). El Elemento. México: Grijalbo.

Rubio,L.; Campo, L. y Sebastiani, E.M. (2014). Aprendizaje servicio y educación física: experiencias de compromiso social a través de la actividad física y el deporte. Barcelona: Inde.

Stern, A. (2013). Yo nunca fui a la escuela. Litera: Albuixech.

Stern, A. (2017). Jugar. Litera:Albuixech.

Stern, A. (2021). Entusiasmo. Litera: Albuixech.

Stuckart, D. W., & Glanz, J. (2010). Revisiting Dewey: Best practices for educating the whole child today. Lanham: Rowman & Littlefield Education.

Tonucci, F. (2014). A cidade dos nenos: un xeito novo de pensar en cidade. Pontevedra: Kalandraka.

Torres, J. (1996). Globalización e interdisciplinariedad: el currículum integrado. Madrid: Morata.

Vela, P. y Herrán, M. (2019). Piezas Sueltas. Litera: Albuixech.

V.V.A.A. (2010). Los proyectos de trabajo en el aula. Barcelona: Graó.

Revistas:

- Cultura, Ciencia y Deporte: Revista de Ciencias de la Actividad Física y del Deporte de la Universidad. Universidad Católica San Antonio de Murcia. Murcia.

- Habilidad motriz: Revista de Ciencias de la Actividad Física y del Deporte. Colegio Oficial de Profesores y Licenciados en Educación Física de Andalucía. Córdoba.

- Motricidad. Asociación Española de Ciencias del Deporte. Granada.

- Retos. Federación Española de Asociaciones de Docentes de Educación Física (FEADEF). Almería.

- Revista de educación física: Renovar la teoría y práctica. Boidecanto. La Coruña.

- Revista Española de Educación Física. Consejo General de Colegios Oficiales de Licenciados en Educación Física y en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte. Madrid.

- Tándem. Didáctica de la Educación Física. Graó. Barcelona.

NOTA: Esta bibliografía e orientativa e poderá ser ampliada durante o desenvolvemento da materia.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
A Contorna como Recurso Educativo /652534006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Investigación e Innovación en Didáctica das Artes Visuais /652534015

Materias que continúan o temario
Investigación e Innovación en Didáctica da Expresión Corporal /652534019

Observacións

Aínda que as obras do tema serán entregadas en formato dixital, no caso de que se solicite un documento impreso a tempo, teranse en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida do posible, evitar a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías