Identifying Data 2019/20
Subject (*) Didactic Intervention in Cultural Spaces  Code 652534020
Study programme
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Pérez Guilarte, Yamilé
E-mail
yamile.perez@udc.es
Lecturers
Pérez Guilarte, Yamilé
E-mail
yamile.perez@udc.es
Web
General description Na educación regrada e nos ámbitos da educación non regrada estase a dar un incremento das relacións entre docentes/educadores e os contextos culturais de diferentes ámbitos, nun diálogo enriquecedor que se nos ofrece como interesante potencial educativo.
Ademais, constitúen un importante xacemento de emprego con novas figuras profesionais e especificamente aquelas relacionadas co ensino non regrado e co ámbito da comunicación dos coñecementos sociais e culturais.
O coñecemento destes espazos culturais e a activación de recursos didácticos en relación con eles, é o eixo principal desta materia, caracterizada por unha orientación práctica e vivencial.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 E1 - Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
A2 E2 - Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
A3 E3 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
A6 E6 - Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
A7 E7 - Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
A8 E8 - Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
A9 E9 - Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
A15 E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B6 G1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
B9 G4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
B11 G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B12 G7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
B13 G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C1 T1 - Capacidade de análise e síntese.
C4 T4 - Traballar de forma colaborativa.
C6 T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
C7 T7 - Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
C8 T8 - Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
C10 T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
C11 T11 - Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
C13 T13 - Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e identificar os espazos culturais e o seu potencial educativo en diferentes contextos. AC1
BC12
CC8
Familiarizarse cos diferentes ámbitos dos espazos culturais dende unha perspectiva interdisciplinar e integradora. AC2
BC2
BC9
Experimentar e vivenciar situacións e procesos de aprendizaxe en relación cos espazos culturais e desenvolver as capacidades emocionais e creativas. CC4
CC6
CC7
Coñecer, analizar e avaliar experiencias e propostas innovadoras nos ámbitos da Educación Infantil e Primaria. AC6
AC9
AC15
CC1
CC11
CC13
Ser capaz de deseñar propostas didácticas para diferentes niveis da Educación Infantil e Primaria coherentes e innovadoras aplicando os coñecementos adquiridos en diferentes contextos educativos. AC3
AC7
BC1
BC4
BC6
Identificar o espazo físico do ámbito virtual e coñecer as interrelacións entre ambos planos. AC8
BC11
BC13
CC10

Contents
Topic Sub-topic
A comprensión do espazo. · O espazo conceptualizado e vivenciado polo ser humano.
· Diversificación do espazo e espazos culturais.
A pedagoxía dos espazos. · Do espazo vivido e comprendido ao espazo para a didáctica.
· Espazos culturais como recursos e ferramentas didácticas.
· Os espazos culturais e as súas relacións cos contextos educativos.
· Potencialidade didáctica dos espazos culturais: da vivencia á proposta.
· A perspectiva transdisciplinar.
· Experiencias e propostas didácticas en espazos culturais: análise de experiencias e perspectivas de acción para a súa implementación na Educación Infantil e Primaria.
Espazo físico e ámbito virtual. · Os espazos culturais físicos e a súa vixencia.
· os espazos culturais virtuais e o seu potencial.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A1 B12 C8 1 0 1
Document analysis A6 A15 1 1 2
Collaborative learning C4 2 3.5 5.5
Workshop A8 B1 C1 3 6 9
Field trip A2 B2 B9 C7 C13 8.5 17 25.5
Guest lecture / keynote speech A1 B11 C10 C11 6 12 18
Supervised projects A3 A7 A9 B4 B6 B13 C6 3 9 12
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Periódica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Document analysis Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación cos espazos culturais.
Collaborative learning Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única.
Workshop Están concibidos como ensaios de experimentación de aprendizaxes de traballo por proxectos e por centros de interese. Materializanse en encontros, simulacións, debates, exposicións, etc., arredor de temáticas concretas, deseñados e desenvolvidos polo alumnado e guiados pola profesora.
Field trip Son unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos culturais formativos e a contextos do contorno inmediato.
Preténdese que o alumnado adquira tanto capacidades de organización de saídas como o coñecemento de institucións, actividades, exposicións, paisaxes, etc. e a comprensión do seu potencial educador.
O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación e a recollida de información.
Guest lecture / keynote speech As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva.
Supervised projects A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no espectro dos espazos culturais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Os traballos tutelados conlevan unha atención personalizada nas titorías.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A3 A7 A9 B4 B6 B13 C6 O proceso de deseño e elaboración dos traballos, os resultados dos mesmos, así como a exposición oral, serán obxecto de avaliación. Terase en conta a idoneidade do tema escollido e o seu desenvolvemento.
Realizaranse por parellas, quedando ao criterio da docente a posibilidade de realizalos individualmente.
50
Guest lecture / keynote speech A1 B11 C10 C11 Realizarase unha proba simple, individual, no que o alumnado demostre a comprensión e asimilación dos contidos básicos tratados. 10
Field trip A2 B2 B9 C7 C13 As actividades previas e posteriores ás saídas a centros de interese cultural serán obxecto de avaliación, valorándose a participación activa e a calidade na realización das tarefas encomendadas. 40
 
Assessment comments
<p>O alumnado terá que realizar todas as saídas que se programen. Se por causa xustificada non a puidera facer co grupo, deberá facela individualmente, exceptuando aqueles casos que polas características non o permitan, polo que tería que realizar unha tarefa de contidos ou características semellantes.</p><p>Para superar a materia, o alumnado terá que superar cada unha das metodoloxías de avaliación.</p><p>O alumnado con matrícula a tempo parcial será avaliado polo traballo tutelado e a proba individual, da mesma maneira que aqueles/as que non cumpran coa asistencia do 80%. Así mesmo, deberán seguir as indicacións da profesora para suplir a realización das saídas de campo. A nota final será a media das cualificacións obtidas, requiríndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia. </p>

Sources of information
Basic Cifre- Mas, J. e Adrover J. M. (2012). Aprender a través de los ambientes. Una propuesta para una escuela activa y competencial. . Aula de Innovación Educativa. Aula de espacios y tiempos
Rivero, Pilar (2006). Didáctica de las Ciencias Sociales fuera de la escuela: competencias para una mayor empleabilidad.. Barcelona: IV Congrés Internacional Docència Universitària Innovació &quot;La competència docent
Calaf Masachs, R. (2009). Didáctica del patrimonio: epistemología, metodología y estudio de casos.. Asturias: Trea
Hernández Carretero, A. M. (2010). El valor del paisaje cultural como estrategia didáctica.. Tejuelo, 9
Fontal Merillas, O., Gómez-Redondo, C. (2015). Evaluación de programas educativos que abordan los procesos de patrimonialización.. Didáctica de las ciencias experimentales y sociales
Estepa Giménez, J. (2013). La educación patrimonial en la escuela y el museo: investigación y experiencias.. Huelva: Servicio de Publicaciones Universidad de Huelva
Escribano-Miralles, A. y Molina, S. (2015). La importancia de las salidas escolares y museos en la enseñanza de las ciencias sociales en Educación Infantil. Análisis de un caso a partir del modelo CIPP.. Clío: History and History Teaching
Asensio, M. e Pol, E. (2002). Nuevos escenarios en educación. Aprendizaje informal sobre el patrimonio, los museos y la ciudad. . Buenos Aires: Aique
Liceras Ruiz, A. (2003). Observar e interpretar el paisaje. Estrategias didácticas. . Granada: Grupo Editorial Universitario.
https://vtshome.org/
http://museobelasartescoruna.xunta.gal/

http://istoenormal.org/gl/

http://www.fundacionnaturgy.org/mac/
Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.