Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión da Calidade nos Centros Docentes, Autonomía, Transparencia e Rendición de Contas: Plans de M Código 652536009
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Muñoz Cantero, Jesus Miguel
Correo electrónico
jesus.miguel.munoz@udc.es
Profesorado
Muñoz Cantero, Jesus Miguel
Correo electrónico
jesus.miguel.munoz@udc.es
Web
Descrición xeral Os centros docentes cada vez máis están preocupados por atender as necesidades e expectativas dos seus grupos de interese e, por tanto, tentan axustar os seus procesos e a súa xestión para cubrir estas necesidades. É por iso que, a xestión da calidade preséntase como unha práctica de mellora continua para alcanzar unha mellor eficiencia e eficacia dos centros docentes. Os modelos de calidade son unha ferramentas que nos permiten esta xestión desde diversos enfoques que se basean en principios de xestión de calidade como son a toma de decisións orientadas á mellora continua baixo principios de autonomía e rendición de contas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Discusión dirixida.
- Traballos tutelados (computa na avaliación).
- Proba obxectiva (computa na avaliación).
- Atención personalizada.

*Metodoloxías docentes que se modifican:
Non se realizarán presentacións orais.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diario. Para solicitar encontros virtuais individuais e grupais.
- Moodle: diariamente. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias e discusións dirixidas.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo (ata 4/6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e os pesos de cada unha na calificación global.
- Traballos tutelados (60%). Os criterios de avaliación responderán aos criterios marcados en cada unha das prácticas que se entreguen, exceptuando os criterios referentes á presentación oral que non se valorarán. Aqueles estudantes non asistentes regularmente e opten por relaizar os traballos tutelados invidiaulmente a súa cualificación será valorada soamente nun 40% dado que non se valorarán as actividades de traballo grupal existentes nos traballos tutelados. Polo que a súa cualificación máxima entre as dúas probas será de 8 puntos.
- Proba obxectiva (40%). Mantéñense os criterios de cualificación e corrección da proba.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente a excepción de que as referencias ao cómputo de asistencia se realizará respecto ás sesións que houbo presencialmente ata o momento de suspenderse a actividada presencial.
SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos tutelados en pequeno grupo (60%).
B) Os/as estudantes a tempo completo como aqueles/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segunso establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar os traballos tutelados, si ben éstos últimos poderán presentalos de maneira individual.
A proba obxectiva será a mesma para todos/as.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva).
3. Entregar os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo na plataforma moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 E3: Avaliar a práctica docente.
A22 E22: Identificar modelos de avaliación de centros.
A23 E23: Desenvolver a autonomía, transparencia e rendición de contas nos centros docentes.
A24 E24: Deseñar plans de mellora e o fomento da calidade dos centros docentes.
B2 CB7: Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8: Que o estudiantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B10 G5: Organizar, xestionar e coordinar un centro docente.
B11 G6: Controlar e supervisar centros educativos.
C1 T1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas línguas oficiais da comunidade autónoma.
C9 T9: Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer plazos e cumplilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
· Interpretar diferentes modelos de avaliación de centros docentes. · Avaliar centros docentes. · Apreciar a importancia da rendición de contas dos centros docentes. · Deseñar plans de mellora nos centros docentes. · Xustificar as propostas de mellora dos centros docentes. AM3
AM22
AM23
AM24
BM2
BM3
BM4
BM10
BM11
CM1
CM9

Contidos
Temas Subtemas
Xestión de calidade.
Modelos de xestión de calidade.
Autoavaliación dos centros docentes.
Ferramentas para unha xestión de calidade.
Especialización curricular dos centros e accións de calidade.
Autonomía, transparencia e rendición de contas.
Plans de mellora.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A24 B2 B3 B4 B10 B11 C1 C9 5 35 40
Presentación oral C1 1 2 3
Discusión dirixida B2 B4 C1 5 1 6
Proba obxectiva A3 A22 A23 A24 B2 B3 B10 B11 2 15 17
Sesión maxistral A3 A22 A23 A24 B10 B11 8 1 9
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao redor dos diferentes temas propoñeranse a realización de pequenos traballos de grupo baseados na xestión da calidade. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo e traballo colaborativo,a tendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada individual e/ou en pequeno grupo.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia os materiais básicos da materia así como aqueles que se consideren complementarios (outras fontes documentais). Basearanse nos distintos recursos que existan nas bibliotecas, centros de recursos, e/ na rede.
O conxunto destes traballos formarán parte do portafolio individual e do grupo, Os contidos desenvolvidos serán avaliados tamén na proba obxectiva.
Presentación oral Finalmente realizarase unha exposición oral, na que cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse os diversos temas orientados a que o alumnado reflexiones sobre a importancia da xestión da calidade na mellora dos centros educativos, atendendo aos principios da calidade a fin de favorecer a mellora continua e a toma de decisións.
Proba obxectiva A proba obxectiva consistirá nunha actividade final da materia con carácter evaluativo a través da cal o alumnado deberá dar resposta a varias preguntas facendo un tratamento global e integrando os coñecementos adquiridos de acordo aos contidos adquiridos de acordo ao conxunto de contidos abordados ao redor de diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.
Sesión maxistral
Na actividade de sesión maxistral traballaranse contidos que conforman o marco teórico mediante exposición oral, guiada coa presentación de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral de cada un dos temas de que consta o programa, indicando aqueles aspectos que poden ser ampliados polo estudante para o seu traballo persoal.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia realizando o alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.

É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.

As titorías desenvolveranse, por tanto, na aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:

* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizaranse nas clases expositivas).

* A grupos de traballo pequeno (realizaranse nas clases interactivas -prácticas- ou no despacho).

* Individuais (realizaranse no despacho e versarán sobre o progreso do alumnado).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 A22 A23 A24 B2 B3 B10 B11 O exame final fixado pola Comisión académica do título e aprobada por Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba obxectiva na que entrará toda a materia (clases expositivas + traballos tutelados).

O sistema de corrección da devandita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas
40
Traballos tutelados A24 B2 B3 B4 B10 B11 C1 C9 A metodoloxía de traballos tutelados porase en práctica nas clases interactivas. Para a realización do estudo de casos é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo. As prácticas se entregarán a través de moodle. O profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula. Se fará un proceso de autoevaluación e heteroavaliación.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
60
 
Observacións avaliación

Criterios para superar a materia 

1. Os traballos tutelados subiranse individualmente á plataforma moodle (Será valorada a parte individual e a grupal).

2. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase (80%). 

3. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva). 

4. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 

 SITUACIÓNS:

 A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos tutelados en pequeno grupo (60%)

B) Os estudantes a tempo completo como aqueles con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MASTER NA UDC (Arts. 2.3; 3. b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar entregar os traballos tutelados, aínda que estes últimos poderán presentalos de maneira individual. A cualificación máxima para este tipo de estudantes das prácticas será do 40%.   A proba obxectiva será a mesma para todos. (a cualifiación máxima para un estudante que non asista a clase de maneira regular será 8 puntos).

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 


Fontes de información
Bibliografía básica Reyero, J.A. (2000). Sistemas de gestión integrados: ¿mito o realidad?". . Forum Calidad, Forum Calidad. Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1994
San Fabián, J. L. y Granda Cabrales, A. (2013). Autoevaluación de centros educativos. Madrid: Síntesis
Mascarell i Roca, J y Matoses López, M. (2018). Autonomía de centros, función directiva y rendición de cuentas: en busca del equilibrio. Revista Supervisión (21) 48. Recuperado de https://usie.es/supervision21/articulo-autonomia-de-centr
Muñoz Cantero, J.M. (2000). Evaluación y gestión de la calidad en los centros educativos. En T. González Ramírez (Coord.). Evaluación de la calidad. Un enfoque metodológico (pp.159- 2029.. Málaga: Aljibe
Gómez Martínez, J.A. (2015). Guía para la aplicación de UNE-EN ISO 9001:2015. Madrid: AENOR ediciones.
Laorden Gutiérrez, C. (2004). La autoevalución en los centros escolares. Revista Pulso,27, 61-69. Recuperado de https://revistas.cardenalcisneros.es/index.php/PULSO/article/
Merchán, F.J (2011). La evaluación de centros y profesores como instrumento de la política educativa. Revista Organización y Gestión Educativa (19)1, 11-15 Recuperado de https://idus.us.es/handle/11441/
Comisión Europea/EACEA/Eurydice (2015). La garantía de la calidad en la educación: Políticas y enfoques para la evaluación de los centros educativos en Europa. Informe de Eurydice.. Luxemburgo: Oficina de Publicaciones de la Unión Europea. Extraído da Web:https://fracasoacademico.f
Club de excelencia en Gestión (2019). Modelo EFQM. Club de Excelencia en gestión: Madrid
Cantón, I. (2004). Planes de mejora en los centros educativos. Archidona: Aljibe
UNE-EN ISO 9001 (). Quality management Systems Requirements . Madrid: AENOR

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

No hay recomendaciones



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías