Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Planificación Estratéxica dos Procesos na Xestión de Calidade: Proxectos de Dirección Código 652536012
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Profesorado
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Muñoz Cantero, Jesus Miguel
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
jesus.miguel.munoz@udc.es
Web
Descrición xeral Na exposición de motivos da Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, se señala que el aumento de la autonomía de los centros es una recomendación reiterada de la Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico (OCDE) para mejorar los resultados, necesariamente unida a la exigencia de una mayor transparencia en la rendición de cuentas. Es fundamental que cada centro tenga la capacidad de identificar cuáles son sus fortalezas y las necesidades de su entorno, para así poder tomar decisiones sobre cómo mejorar su oferta educativa y sus resultados.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Discusión dirixida.
- Traballos tutelados (computa na avaliación).
- Proba obxectiva (computa na avaliación).
- Atención personalizada.

*Metodoloxías docentes que se modifican: Non se realizarán presentacións orais.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diario. Para solicitar encontros virtuais individuais e grupais.
- Moodle: diariamente. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias e discusións dirixidas.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo (ata 4/6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e os pesos de cada unha na calificación global.
- Traballos tutelados (60%). Os criterios de avaliación responderán aos criterios marcados en cada unha das prácticas que se entreguen, exceptuando os criterios referentes á presentación oral que non se valorarán.
- Proba obxectiva (40%). Mantéñense os criterios de cualificación e corrección da proba.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente a excepción de que as referencias ao cómputo de asistencia se realizará respecto ás sesións que houbo presencialmente ata o momento de suspenderse a actividada presencial.
SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos tutelados en pequeno grupo (60%).
B) Os/as estudantes a tempo completo como aqueles/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar os traballos tutelados, si ben éstos últimos poderán presentalos de maneira individual.
A proba obxectiva será a mesma para todos/as.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva).
- Entregar os traballos tutelados na data que se indique.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.


Competencias do título
Código Competencias do título
A27 E27: Valorar a importancia da planificación estratéxica nos centros docentes.
A28 E28: Argumentar a xestión por procesos nos centros docentes.
A29 E29: Interpretar a información pertinente sobre prevención de riscos laborais nos centros docentes.
A30 E30: Deseñar manuais de autoprotección dos centros docentes.
A31 E31: Propoñer áreas de mellora nos centros docentes.
A32 E32: Definir obxectivos, tendo en conta os recursos e a organización dos centros docentes.
A33 E33: Construír indicadores de logro nos centros docentes.
B2 CB7: Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8: Que o estudiantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B14 G9: Dirixir estratexicamente: planificar, implementar e avaliar plans e proxectos dos centros educativos.
B20 G15: Deseñar un proxecto de dirección.
C1 T1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas línguas oficiais da comunidade autónoma.
C7 T7: Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C9 T9: Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer plazos e cumplilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao terminar con éxito esta materia, o estudiantado será capaz de: · Experimentar no desenvolvemento dunha planificación estratéxica dun centro docente. AM27
AM28
AM31
AM32
BM2
BM3
BM4
BM14
CM1
CM9
· Propoñer os procesos integrantes dun centro escolar. AM28
BM2
CM1
CM7
· Recoñecer a importancia da prevención dos riscos laborais nos centros docentes. AM29
BM2
BM3
BM4
CM1
· Propoñer un manual de autoprotección para un centro docente. AM30
BM2
BM3
BM4
CM1
CM7
CM9
· Deseñar un proxecto de dirección. AM31
AM32
AM33
BM2
BM3
BM4
BM20
CM1
CM9

Contidos
Temas Subtemas
· Planificación estratéxica dos procesos. · Análise diagnóstica do centro docente.
· A xestión por procesos.
· Áreas de mellora.
· Prevención de riscos laborais. · Prevención de riscos laborais e manual de autoprotección como proceso soporte na xestión de los centros.
· Manual de autoprotección. · Prevención de riscos laborais e manual de autoprotección como proceso soporte na xestión de los centros.
· Proxecto de dirección. · Áreas de mellora.
· Obxectivos do proxecto.
· Plans de actuación e a súa temporalización.
· Recursos e organización do centro para acadar os obxectivos.
· Seguimento e avaliación do proxecto: indicadores de logro.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida B2 B4 C1 5 1 6
Sesión maxistral A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 8 1 9
Presentación oral C1 1 2 3
Traballos tutelados B3 B14 B20 C7 C9 5 35 40
Proba mixta B2 B3 2 15 17
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse os diversos temas orientados a que o alumnado reflexiones sobre a importancia da xestión da calidade na mellora dos centros educativos, atendendo aos principios da calidade co fin de favorecer a mellora continua e a toma de decisións.
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse contidos que conforman o marco teórico mediante exposición oral, guiada coa presentación de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral de cada un dos temas de que consta o programa, indicando aqueles aspectos que poden ser ampliados polo estudante para o seu traballo persoal.
Presentación oral Finalmente realizarase unha exposición oral, na que cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Traballos tutelados Ao redor dos diferentes temas propoñerase a realización de pequenos traballos de grupo baseados na xestión da calidade. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo e traballo colaborativo, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada individual e/ou en pequeno grupo.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia os materiais básicos da materia así como aqueles que se consideren complementarios (outras fontes documentais). Basearanse nos distintos recursos que existan nas bibliotecas, centros de recursos, e/ na rede (Internet).
O conxunto destes traballos formarán parte do portafolio individual e do grupo, Os contidos desenvolvidos serán avaliados tamén na proba obxectiva.
Proba mixta A proba consistirá nunha actividade final da materia con carácter evaluativo a través da cal o alumnado deberá dar resposta a varias preguntas facendo un tratamento global e integrando os coñecementos adquiridos de acordo aos contidos abordados ao redor de diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición

O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia realizando o alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.
É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.
As titorías desenvolveranse, por tanto, na aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:
* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizaranse nas clases expositivas).
* A grupos de traballo pequeno (realizaranse nas clases interactivas -prácticas- ou no despacho).
* Individuais (realizaranse no despacho e versarán sobre o progreso do alumnado).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B3 B14 B20 C7 C9 A metodoloxía de traballos tutelados porase en práctica nas clases interactivas. Para a súa realización é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo. As prácticas se entregarán a través de moodle. O profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula. Se fará un proceso de autoevaluación e heteroavaliación.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado saiba realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
60
Proba mixta B2 B3 O exame final fixado pola Comisión académica do título e aprobada por Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba obxectiva na que entrará toda a materia (clases expositivas + traballos tutelados).

O sistema de corrección da devandita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas
40
 
Observacións avaliación

Criterios para superar a materia:

1. Os traballos tutelados subiranse individualmente á plataforma moodle
(Será valorada a parte individual e a grupal).

2. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase (80%). 

3. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de
avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva). 

4. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 

 SITUACIÓNS:



 A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas
actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos
tutelados en pequeno grupo (60%)


B) Os estudantes a tempo completo como aqueles con recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a
"NORMA QUE REGULA Ou RÉXIME DE DEDICACIÓN AOESTUDO DÚAS ESTUDANTES DE
GRAONA UDC (Arts. 2.3; 3. b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar entregar os
traballos tutelados, aínda que estes últimos poderán presentalos de maneira
individual. A proba obxectiva será a mesma para todos/as.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.


Fontes de información
Bibliografía básica San Fabián Maroto, José Luis (2013). Autoevaluación de centros educativos: cómo mejorar desde dentro. Madrid: Síntesis
González González, María Teresa (2003). Organización y gestión de centros escolares: dimensiones y procesos. Madrid: Pearson Educación
Navajo, Pablo (2009). Planificación estratégica en organizaciones no lucrativas: guía participativa basada en valores. Madrid: Narcea
Gómez Etxebarría, Genaro (2001). Prevención de riesgos y salud laboral en los centros docentes. Barcelona: Praxis
Navaridas Nalda, Fermín (2013). Procesos y contextos educativos: nuevas perspectivas para la práctica docente. Logroño: Genueve
Montero Alcaide, A. (2007). Proyecto de dirección y ejercicio directivo. Las Rozas: Wolters Kluwer España
García Cabrera, María del Mar (2016). Vivir la escuela como un proyecto colectivo: manual de organización de centros educativos. Madrid: Pirámide

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías