Identifying Data 2020/21
Subject (*) Human, Economic and Administrative Resources Management Code 652536014
Study programme
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Espiñeira Bellon, Eva Maria
E-mail
eva.espineira@udc.es
Lecturers
Espiñeira Bellon, Eva Maria
E-mail
eva.espineira@udc.es
Web
General description
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral.
- Discusión dirixida.
- Traballos tutelados (computa na avaliación).
- Proba obxectiva (computa na avaliación).
- Atención personalizada.

*Metodoloxías docentes que se modifican: Non se realizarán presentacións orais.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diario. Para solicitar encontros virtuais individuais e grupais.
- Moodle: diariamente. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias e discusións dirixidas.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo (ata 4/6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e os pesos de cada unha na calificación global.
- Traballos tutelados (60%). Os criterios de avaliación responderán aos criterios marcados en cada unha das prácticas que se entreguen, exceptuando os criterios referentes á presentación oral que non se valorarán.
- Proba obxectiva (40%). Mantéñense os criterios de cualificación e corrección da proba.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente a excepción de que as referencias ao cómputo de asistencia se realizará respecto ás sesións que houbo presencialmente ata o momento de suspenderse a actividada presencial.
SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos tutelados en pequeno grupo (60%).
B) Os/as estudantes a tempo completo como aqueles/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar os traballos tutelados, si ben éstos últimos poderán presentalos de maneira individual.
A proba obxectiva será a mesma para todos/as.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva).
- Entregar os traballos tutelados na data que se indique.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo na plataforma Moodle.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A18 E18: Organizar os recursos humáns, espaciais e temporais dos centros docentes.
A19 E19: Identificar os servizos complementarios e de apoio aos centros docentes.
A20 E20: Desenvolver a xestión económica e administrativa dun centro docente.
A21 E21: Valorar as habilidades sociais e emocionais na xestión dos centros docentes.
B2 CB7: Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B6 G1: Analizar, organizar, xestionar e interpretar a información e a toma de decisións.
B8 G3: Liderar e fomentar o traballo en equipo.
B10 G5: Organizar, xestionar e coordinar un centro docente.
B11 G6: Controlar e supervisar centros educativos.
B12 G7: Motivar a equipos de profesionais da educación.
B13 G8: Comunicar obxectivos e estratexias educativas.
B14 G9: Dirixir estratexicamente: planificar, implementar e avaliar plans e proxectos dos centros educativos.
C1 T1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas línguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 T6: Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 T7: Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 T8: Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Ao terminar con éxito esta materia, o estudantado será capaz de: · Propoñer a estrutura dos recursos humanos dun centro docente. AC18
BC2
BC6
BC8
BC10
BC13
CC1
CC7
· Contrastar diferentes opcións de organización temporal e dos espazos dos centros docentes. AC18
BC2
BC6
BC10
BC13
CC7
· Argumentar a importancia dos servizos complementarios e de apoio aos centros docentes. AC19
BC2
BC6
CC7
· Identificar os principais principios e métodos de administración dos centros docentes. AC20
BC2
BC6
BC8
BC10
BC11
BC13
BC14
CC7
CC8
· Valorar a autonomía da xestión económica dos centros docentes. AC20
BC2
BC6
BC8
BC11
BC13
CC7
CC8
· Desenvolver habilidades relacionadas coa intelixencia emocional, así como as ferramentas para potencialas. AC21
BC2
BC6
BC8
BC10
CC6
CC7
· Desenvolver habilidades relacionadas coa motivación. AC21
BC2
BC6
BC8
BC10
BC12
CC6
CC7
· Desenvolver habilidades relacionadas coas habilidades sociais como as ferramentas de comunicación eficaz, o traballo en equipo ou a toma de decisións. AC21
BC2
BC4
BC6
BC8
BC10
CC6
CC7

Contents
Topic Sub-topic
· Xestión administrativa e económica - De recursos humanos.
- De tempo.
- De espazos.
- De servizos complementarios.
· Desenvolvemento de habilidades sociais na xestión do centro docente - Motivación.
- Espíritu emprendedor.
- Coaching e orientación.
- Estratexias para a mellora das competencias interpersoais.
- Habilidades emocionais.
· O proceso de toma de decisións

- Comunicación interpersoal.
- Funcionamento de grupos.
- Toma de decisións.
- Técnicas de negociación.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A18 A19 A20 A21 B10 B11 B12 B14 8 1 9
Oral presentation B13 B4 C1 C6 1 2 3
Supervised projects B2 B4 B6 B8 B13 B14 C1 C7 C8 5 35 40
Mixed objective/subjective test A18 A19 A20 A21 B2 B4 B10 B11 B13 C1 2 15 17
Directed discussion B2 B4 B13 C1 C6 5 1 6
 
Personalized attention 0 0
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Na actividade de sesión maxistral traballaranse contidos que conforman o marco teórico mediante exposición oral, guiada coa presentación de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral de cada un dos temas de que consta o programa, indicando aqueles aspectos que poden ser ampliados polo estudante para o seu traballo persoal.
Oral presentation Finalmente realizarase unha exposición oral, na que cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Supervised projects Ao redor dos diferentes temas propoñerase a realización de pequenos traballos de grupo baseados na xestión da calidade. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo e traballo colaborativo, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada individual e/ou en pequeno grupo.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia os materiais básicos da materia así como aqueles que se consideren complementarios (outras fontes documentais). Basearanse nos distintos recursos que existan nas bibliotecas, centros de recursos, e/ na rede (Internet).
O conxunto destes traballos formarán parte do portafolio individual e do grupo, Os contidos desenvolvidos serán avaliados tamén na proba obxectiva.
Mixed objective/subjective test A proba consistirá nunha actividade final da materia con carácter evaluativo a través da cal o alumnado deberá dar resposta a varias preguntas facendo un tratamento global e integrando os coñecementos adquiridos de acordo aos contidos abordados ao redor de diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.
Directed discussion Mediante esta dinámica abordaranse os diversos temas orientados a que o alumnado reflexiones sobre a importancia da xestión da calidade na mellora dos centros educativos, atendendo aos principios da calidade co fin de favorecer a mellora continua e a toma de decisións.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Mixed objective/subjective test
Guest lecture / keynote speech
Description

O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia realizando o alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.
É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.
As titorías desenvolveranse, por tanto, na aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:
* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizaranse nas clases expositivas).
* A grupos de traballo pequeno (realizaranse nas clases interactivas -prácticas- ou no despacho).
* Individuais (realizaranse no despacho e versarán sobre o progreso do alumnado).

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects B2 B4 B6 B8 B13 B14 C1 C7 C8 A metodoloxía de traballos tutelados porase en práctica nas clases interactivas. Para a súa realización é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo. As prácticas se entregarán a través de moodle. O profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula. Se fará un proceso de autoevaluación e heteroavaliación.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado saiba realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
60
Mixed objective/subjective test A18 A19 A20 A21 B2 B4 B10 B11 B13 C1 O exame final fixado pola Comisión académica do título e aprobada por Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba obxectiva na que entrará toda a materia (clases expositivas + traballos tutelados).

O sistema de corrección da devandita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas
40
 
Assessment comments

Criterios para superar a materia:

1. Os traballos tutelados subiranse individualmente á plataforma moodle
(Será valorada a parte individual e a grupal).

2. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase (80%). 

3. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de
avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva). 

4. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 

 SITUACIÓNS:



 A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas
actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos
tutelados en pequeno grupo (60%)


B) Os estudantes a tempo completo como aqueles con recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a
"NORMA QUE REGULA Ou RÉXIME DE DEDICACIÓN AOESTUDO DÚAS ESTUDANTES DE
GRAONA UDC (Arts. 2.3; 3. b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar entregar os
traballos tutelados, aínda que estes últimos poderán presentalos de maneira
individual. A proba obxectiva será a mesma para todos/as.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.


Sources of information
Basic Mondy, R. Wayne (2005). Administración de recursos humanos. México: Prentice Hall
Petrick, Joseph A. (2003). Calidad total en la dirección de recursos humanos. Barcelona: Gestión 2000
Roca Villanueva, Elia (2005). Cómo mejorar tus habilidades sociales: programa de asertividad, autoestima e inteligencia emocional. Valencia: ACDE Ediciones
Caramés Balo, Rosa Elena (2001). Formación para la dirección de centros educativos: comunicación y eficacia negociadora. A Coruña: Servicio de Publicaciones de la Universidade da Coruña
Delgado Piña, M.ª Isabel (2006). Gestión de recursos humanos: del análisis teórico a la solución práctica. Madrid: Pearson
Osca Segovia, Amparo (2010). Gestión estratégica de recursos humanos y políticas de formación. Madrid: Sanz y Torres
Moreno Ramos, Jesús (2005). Hacer, sentir, pensar reflexiones y actividades para mejorar la comunicación en los centros educativos. Ciudad Real: Ñaque
Bastons i Prat, M. (2000). La toma de decisiones en la organización. Barcelona: Ariel

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.