Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) A Construción Histórica do Sistema Educativo: Políticas Educativas, Reformas e Dirección de Centros Código 652536016
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Iglesias Salvado, Jose Luis
Correo electrónico
jose.luis.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Salvado, Jose Luis
Correo electrónico
jose.luis.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral A dirección de centros educativos é un dos temas máis complexos e controvertidos no campo educativo actual. As causas hai que buscalas mesmo na velocidade dos cambios no sistema educativo, como na indefinición dunha figura transcendental para o bó funcionamento dun centro escolar. A todo iso hai que engadir o incremento das responsabilidades que nos últimos anos se teñen sumado en forma de esixencias lexislativas e formativas, que hai que unir ás demandas de renovación das técnicas de xestión organizativa necesarias para desenvolver a función directiva con eficacia e eficiencia; de maneira que poida axustarse ás novas demandas institucionais, sociais e educativas, que se lle veñen esixindo de maneira persistente. Estás son algunhas das razóns que explican a orientación da materia “A construción Histórica do sistema educativo: políticas educativas, reformas e dirección escolar”. A formación, información e profesionalización dos directores escolares, xestores e docentes, garantindo o coñecemento, orixe e natureza da súa función, así como a súa preparación para o exercicio dunha das funcións que representan un factor fundamental de calidade de calquera organización educativa. Esixencias plantexadas para o mellor desenvolvemento da autonomía dos centros, a rendición de contas no uso dos recursos e o reforzo da capacidade de xestión na dirección dos centros.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
–Sesión maxistral
– Traballos tutelados (con atención personalizada que poderán ter carácter individual -caso da recensión bibliográfica- e ou grupal) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
– Presentación Oral
*Metodoloxías docentes que se modifican
–Proba de ensaio(non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
– Análise de fontes documentais ( a avaliación deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
– Lecturas

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: para facer consultas, solicitar encontros virtuais, para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: sesións en pequeno grupo e en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación:
Traballos tutelados (60%).
En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
–A profundidade do contido.
–O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
– O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
– A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
– A presentación e a claridade da exposición que terá un valor do 40% da nota que se sumará ao 60% do traballo tutelado
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presenciais ate o momento no que se suspenda a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A36 E36: Establecer un compromiso ético deontológico a través dunha vinculación consecuente cos valores éticos da institución e institucionais e xestionar o centro de acordo cos principios éticos coherentes cun sistema democrático.
A37 E37: Coñecer as políticas, os modelos e as prácticas igualitarias de calidad e innovación educativa, para poder implementalas e promovelas nas institucións educativas.
A38 E38: Analizar e interpretar desde técnicas multinivel os caracteres máis relevantes dos sistemas educativos, desde un contexto transnacional global que permita comparacións complexas no ámbito da dirección e supervisión educativa.
A39 E39: Dispoñer dos marcos teóricos das políticas internacionais de educación, que posibiliten unha eficaz transferencia de boas prácticas para o sistema educativo español.
B1 CB6: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, en moitas ocasións nun contexto de investigación.
B3 CB8: Que o estudiantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B6 G1: Analizar, organizar, xestionar e interpretar a información e a toma de decisións.
B10 G5: Organizar, xestionar e coordinar un centro docente.
B11 G6: Controlar e supervisar centros educativos.
B13 G8: Comunicar obxectivos e estratexias educativas.
C1 T1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas línguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 T3: Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercizo da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 T4: Desenvolverse para o exercizo dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humáns e a perspectiva de xénero.
C5 T5: Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 T7: Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 T8: Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A36 E36: Establecer un compromiso ético deontológico a través dunha vinculación consecuente cos valores éticos da institución e institucionais e xestionar o centro de acordo cos principios éticos coherentes cun sistema democrático. A37 E37 :Coñecer as políticas, os modelos e as prácticas igualitarias de calidad e innovación educativa, para poder implementalas e promovelas nas institucións educativas. A38 E 38 : Analizar e interpretar desde técnicas multinivel os caracteres máis relevantes dos sistemas educativos, desde un contexto transnacional global que permita comparacións complexas no ámbito da dirección e supervisión educativa. A 39 E39 : Dispoñer dos marcos teóricos das políticas internacionais de educación, que posibiliten unha eficaz transferencia de boas prácticas para o sistema educativo español. B1 CB6: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, en moitas ocasións nun contexto de investigación. B3 CB8: Que o estudiantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. B4 CB9: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. B6 G1 :Analizar, organizar, xestionar e interpretar a información e a toma de decisións. B10 G5: Organizar, xestionar e coordinar un centro docente. B11 G6: Controlar e supervisar centros educativos. B13 G8: Comunicar obxectivos e estratexias educativas. C1 T1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas línguas oficiais da comunidade autónoma. C3 T3: Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercizo da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C4 T4: Desenvolverse para o exercizo dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humáns e a perspectiva de xénero. C5 T5: Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. C7 T7: Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. C8 T8: Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. AM36
AM37
AM38
AM39
BM1
BM3
BM4
BM6
BM10
BM11
BM13
CM1
CM3
CM4
CM5
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1.- Ordenamento xurídico español. Normativa estatal e autonómica.
2.- Procedemento administrativo común. Normativa autonómica sobre procedemento administrativo.
3.- Leis e regulamentos educativos.
4.- A dirección de centros no sistema educativo español: orixe, evolución e realidades.
5.- Marco lexislativo da dirección de centros: ámbitos e funcións.
6.- A dimensión social e ideolóxica da dirección de centros nas políticas educativas.
7.- A dirección de centros educativos nos sistemas educativos europeos.
3.1.- Réxime xurídico aplicable ao centro docente e aos seus órganos colexiados.
3.2.- Normativa aplicable ao personal funcionario e laboral.
3.3.- Normativa orzamentaria, financieira, de contratación pública e de responsabilidade civil.
3.4.- Normativa relativa ao menor.
3.5.-Normativa de protección de datos e a súa aplicación aos centros docentes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A36 A37 A38 A39 B3 B6 B13 C1 C3 C7 C8 2 0 2
Lecturas C4 0 8 8
Sesión maxistral A37 A38 B6 B13 C7 C8 8 8 16
Traballos tutelados A37 A38 B3 B4 B6 B10 B11 B13 C4 C7 3 15 18
Presentación oral A37 A38 B1 B3 B4 B10 B13 C1 C4 C7 C8 C9 2 10 12
Aprendizaxe colaborativa A37 A38 A39 B1 B3 B4 B13 C1 C4 C7 C8 3 6 9
Análise de fontes documentais B1 B4 C5 C9 3 6 9
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nas primeiras sesións de clase levaranse a cabo actividades de caracter expositivo, por parte do profesor, nas que se presentará o programa da materia e mesmo a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.
Lecturas Propóñense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos xunto con unha documentación que o alumnado tera que ler en todos os casos, para proceder logo a recensionar aqueles que oportunamente se lles indicará
Sesión maxistral Faráse unha exposición oral dos temas da guía coa introducción dalgunhas preguntas aos estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Referidos expresamente a elaboración dun traballo de iniciación na investigación educativa. O alumnado responsabilizarase do traballo e a súa posterior redacción seguindo unhas pautas que se lles irán indicando a través dun seguimento preciso e pautado. Estes traballos poden realizarse en pequeno grupo constituído por un máximo de seis membros.
Presentación oral Exposición de traballos realizados diante do grupo de referencia, procurando presentar, analizar e tirar conclusións sobre o problema investigado, o documento ou a experiencia abordada
Aprendizaxe colaborativa Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender e ao tempo son responsables mesmo da súa propia aprendizaxe como da dos seus compañeiros. Non se opón ao traballo individual. Máis ben debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe complementaria que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumno.
Análise de fontes documentais Supón a utilización de distintos tipos de documentos e fontes relevantes para o estudio da materia que permitan proceder a realizar unha análise e unha posterior utilización na explicación dos procesos educativos e do tratamento dos distintos procesos sociais que arredor dela se desenvolven

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Presentación oral
Traballos tutelados
Actividades iniciais
Análise de fontes documentais
Sesión maxistral
Descrición
Tanto as sesións maxistrais como a análise de fontes documentais, os traballos tutelados e a atención personalizada serán obxecto dunha atención individualizada coa finalidade de facer un seguimento personalizado de cada alumno e alumna, tanto do seu traballo como das distintas actividades de aprendizaxe programadas. Neste senso convén ter presente o que sobre a avaliación e a asistencia queda reflictido no apartado 7 desta guía. De maneira especial todo o que ten que ver coa realización da proba de ensaio e a avaliación. En calquera caso para unha mellor e máis axustada atención personalizada as alumnas e alumnos que teñan o recoñecemento de asistencia parcial deberán pasar pola titoría obrigadamente nos primeiros días do cuadrimestre para establecer unha dinámica de traballo específica e individualizada.
Para a segunda oportunidade de avaliación( Xullo) mantéñense as cualificacións aprobadas, de maneira que o alumno só deberá repetir aquelas que non fosen superadas

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A37 A38 B1 B3 B4 B10 B13 C1 C4 C7 C8 C9 Exposicións e defensa de traballos realizados, mesmo de maneira individual como ou grupal, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 40
Traballos tutelados A37 A38 B3 B4 B6 B10 B11 B13 C4 C7 Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. Pode ter carácter grupal e /ou individual. 60
 
Observacións avaliación

- A asistencia as clases é obrigatoria e será obxecto de control. O límite de asistencia mínimo é do 80%.

-
Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesor para a
súa oportuna e axeitada consideración.

- As faltas de asistencia puntuais non precisan ser xustificadas mentres non excedan o 20% do total.

-  Para segunda oportunidade de avaliación,
no mesmo curso consérvanse as notas das partes que o alumnado teña
superadas, debendo realizar unicamente as non superadas.

-
Para o alumnado que teña o recoñecemento de dedicación a tempo parcial
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO
DOS ESTUDANTE DE GRAO NA UDC”-concretamente o Art. 3 (apartados a, b, c)
e  o Art. 4. (apartado 5) de 29/05/2012-, establécese que, ademais dos
traballos obrigatorios que con carácter individual  en cada caso
particular se especifiquen nas primeiras semanas do cuadrimestre, este
alumnado realizará ademais unha proba de ensaio con carácter obrigatorio
ao final do mesmo na data sinalada oficialmente. Esta proba, nestes
casos específicos, terá un valor do 50% do total da nota final. Igual
que no caso do alumnado con dedicación a tempo completo para a segunda
oportunidade de avaliación, no mesmo curso, consérvanse as notas das
partes que o alumnado teña superadas, debendo realizar unicamente as non
superadas.

- Para superar a materia é necesario
ter aprobados os dous apartados correspondentes mesmo para o caso dos
alumnos asistentes a tempo completo como para os que teñan o
recoñecemento de asistencia parcial. Estás condicións mantéñense ao
longo do curso en todas as convocatorias.

- Gardaranse as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra dentro do mesmo curso académico.

- Mentres se estea no proceso de elaboración dos traballos tutelados é obrigatorio pasar pola titoría cando menos unha vez.





Fontes de información
Bibliografía básica

Doc 1. ESTEVE, J.M (1998) La aventura de ser maestro. En Cuadernos de Pedagogía, nº 266, febrero, pp 46-50, https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=378

Doc 2. PÉREZ, A.I. (2002). Las finalidades de la educación. En J. Torreblanca (coord.), Los fines de la educación. Una reflexión desde la izquierda. Madrid: Biblioteca Nueva, pp. 25-39.

Doc 3. CARBONELL, J. (1996). Funciones sociales de la escuela. En La escuela entre la utopía y la realidad. Barcelona: Euma-Octaedro, pp. 33-51.

Doc 4. CARBONELL, J. (1996). Las reformas educativas. En La escuela entre la utopía y la realidad. Barcelona: Euma-Octaedro, pp. 221-249.

Doc 5. TORRES SANTOMÉ, J. (2006). Los intentos de destrucción de la enseñanza pública. En La desmotivación del profesorado. Madrid: Morata, pp. 26-31.

Doc 6. VIÑAO FRAGO, A. (1990). Organización interna. En Innovación pedagógica y racionalidad científica. La escuela graduada pública en España (1898-1936). Akal Universitaria, pp. 63-82

Doc 7. VIÑAO FRAGO, A. (2001). La escuela graduada: una nueva organización escolar y pedagógica. En Cien años de educación en España. En torno a la creación del Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. Madrid: Ministerios de Educación, Cultura y Deporte & Fundación BBVA.

Doc 8. FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (2001). Las transformaciones de la profesión. En Educar en tiempos inciertos. Madrid: Morata, pp.106-127.

Doc 9. CARBONELL, J. (2006). El profesorado: el malestar y otros tópicos de una profesión cambiante. En La educación y su representación en los medios. Madrid: Morata, pp. 87-95.

Doc 10. DELVAL, J. (2002). La integración de la escuela en la comunidad. En La escuela posible. Barcelona: Ariel, pp. 141-155.

Doc 11. CARBONELL, J. (2008). ¿Qué profesorado para el siglo XXI? Conocimiento, compromiso y cooperación. En Una educación para mañana. Barcelona: Octaedro, pp. 109-123.

Doc 12. MARTÍNEZ, M., TEY, A. (2007) El profesorado: profesión y compromiso ético. En Profesorado y otros profesionales de la educación.Barcelona:Octaedro, pp. 37-76

Doc 13. BOLÍVAR, A. (2004). La educación secundaria en España. En busca de una inestable identidad. Revista Electrónica Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, vol.2, nºI, http://www.ice.deusto.es/rinace/riece/vol2nl/Bolivar.pdf

Doc 14. GIMÉNEZ URRACO, E.,MARHUENDA FLUIXÁ, F. (2012)Fracaso, absentismo y abandono escolar: reconocer los límites del sistema para corregir y ofrecer alternativas que garanticen el derecho a la educación. En Temas educativos en el punto de mira. Madrid:Wolters Kluver España/Educación, pp.187-219

Doc 15. RODRÍGUEZ ROMERO, M.; MÉNDEZ GARCÍA, R.; IGLESIAS SALVADO, J.L. (2012)El profesorado de Educación Secundaria y los retos del presente: difuminando fronteras y participando en el mundo. En Temas educativos en el punto de mira. Madrid: Wolters Kluver España/Educación, pp.301-333

Doc 16. MARINA, J.A.; PELLICER, C.; MANSO, J. (2015) Libro blanco de la función docente y su entorno escolar, http://www.mecd.gob.es/mecd/dms/mecd/destacados/libro-blanco/libro-blanco-profesion-docente.pdf

Doc 17. CARBONELL, J. (2015) 10 interrogantes sobre el libros blanco de la función docente de José Antonio Marina. En eldiario.es, http://www.eldiario.es/catalunya/educacion/interrogantes-proposito-blanco-profesion-docente_0_460904488.html

Doc 18. ORDINE, N (2013) La Universidad-empresa y los estudiantes-clientes. En La utilidad de lo inútil.Manifiesto.Barcelona, Acantilado.

Bibliografía complementaria

ALMEIDA, J. (1995): Sociología de la educación. Notas para un curso. Barcelona, Ariel.

APPLE, M. W. (1996): Política cultural y educación. Madrid, Dykinson.

BELTRAN, F. (1991): Política y reformas curriculares. Valencia, Universitat de Valencia.

BENNER, D. (1998): Pedagogía como ciencia. Teoría reflexiva de la acción y reforma de la praxis. Barcelona, Pomares-Corredor.

CARBONELL, J. (1996): La escuela entre la utopía y la realidad. Barcelona, Octaedro.

CARR, W. (1995): Una teoría para la educación. Hacia una investigación educativa crítica. Madrid, Morata.

CARREÑO, M.; COLMENAR, C.; EGIDO, I. e SANZ, F. (2000): Teorías e instituciones contemporáneas de educación. Madrid, Síntesis.

CASTILLEJO, J. L.; CERVERA, A. e outros (1983): Teoría de la Educación I. El problema de la educación. Barcelona, Taurus.

CASTILLEJO, J. L.; VAZQUEZ, G.; COLOM, A. J. e SARRAMONA, J. (1993): Teoría de la educación. Barcelona, Taurus.

CENTRO DE INVESTIGACION, DOCUMENTACION Y EVALUACION (1992): El sistema educativo español. Madrid, Centro de Publicaciones del MEC-CIDE.

COLOM, A. J. (coord.) (1997): Teorías e instituciones contemporáneas de la educación. Barcelona, Ariel.

DELORS, J. (dir.) (1996): La educación encierra un tesoro. Madrid, Santillana.

DELVAL, J. (1996): Los fines de la educación. Madrid, Siglo XXI.

DEWEY, J. (1995): Democracia y educación. Madrid, Morata.

ESCOLANO BENITO, A. (2002): La educación en la España contemporánea. Madrid, Biblioteca Nueva.

ESTEVE, J. M. (1994): El malestar docente. Barcelona, Paidós.

FERNANDEZ ENGUITA, M. (1996): La escuela a examen. Madrid, Pirámide.

FERNANDEZ SORIA, J. M. (2002): Educación y Estado en la España contemporánea. Madrid, Síntesis.

FERRAZ LORENZO, M. (2005): Repensar la historia de la educación. Nuevos desafios, nuevas propuestas.Madrid, Biblioteca Nueva.

FERRERO, J. J. (1994): Teoría de la educación: Lecciones y lecturas. Bilbao, Univ. de Deusto.

FILHO, L. (1964): Introducción al estudio de la Escuela Nueva. Buenos Aires, Kapelusz.

GARCIA ARETIO, L. (1989): La Educación. Teorías y conceptos. Perspectiva integradora. Madrid, Paraninfo.

GARCIA CARRASCO, J. e GARCIA DEL DUJO, A. (1996): Teoría de la educación. Salamanca, Univ. de Salamanca.

GARCIA GARRIDO, J. L. (1993): Sistemas educativos de hoy. Madrid, Dykinson.

GARCÍA INDA, A. (2018): Educar para el asombro.Bilbao, Ediciones Mensajero.

GIMENO SACRISTÁN, J. (2003): El alumno como invención. Madrid, Morata.

GIMENO SACRISTÁN, J e CARBONELL SEBARROJA, J.(Coords): El sistema educativo .Una mirada crítica. Barcelona, CISS-Praxis.

GOMEZ RODRIGUEZ DE CASTRO, F. e outros (1988): Génesis de los sistemas educativos nacionales. Madrid, UNED.

HALLIDAY, J. (1995): Educación, gerencialismo y mercado. Madrid, Morata.

HARGREAVES, A. (1996): Profesorado, cultura y posmodernidad. Madrid, Morata.

IMBERNON, F. (coord.) (1999): La educación en el siglo XXI. Los retos del futuro inmediato. Barcelona, Graó.

MANZANARES, A. (coord.) (2012): Temas educativos en el punto de mira. Madrid,Wolters Kluwer/Educación

MEDINA, R.; RODRIGUEZ, T.; GARCIA, L. (1992): Teoría de la educación. Madrid, UNED.

MOORE, T. W. (1987): Introducción a la teoría de la educación. Madrid, Alianza.

ORDINE, Nuccio.(2013): La utilidad de lo inútil. Barcelono, Acantilado

PALACIOS; J. (1979): La cuestión escolar. Barcelona, Laia.

POPKEWITZ, Th. S. (1994): Sociología política de las reformas educativas. Madrid, Morata.

PUELLES BENITEZ, M. de (1980): Educación e ideología en la España contemporánea (1767-1975). Barcelona, Labor.

RUIZ BERRIO, J. (dir.) (1997): La educación en tiempos modernos. Textos y documentos. Madrid, Ed. Actas.

SARRAMONA, J. (2000): Teoría de la educación. Reflexión y normativa pedagógica. Barcelona, Ariel.

SAVATER, F. (1997): El valor de educar. Barcelona, Ariel.

SWAAN, A. de (1992): A cargo del Estado. Barcelona, Pomares-Corredor.

TORRES SANTOMÉ, J (2107):Políticas educativas y construcción de personalidades neoliberales y neocolonialistas.Madrid, Morata.

TIANA FERRER, A.; OSSENBACH SAUTER, G; SANZ FERNANDEZ, F. (coord.) (2002): Historia de la educación (Edad Contemporánea). Madrid, UNED.

TRILLA, J. (1993): La educación fuera de la escuela. Barcelona, Ariel.

VIÑAO FRAGO, A. (1982): Política y educación en los orígenes de la España contemporánea. Madrid, Siglo XXI.

VIÑAO FRAGO, A. (1990): Innovación pedagógica y racionalidad científica. La escuela graduada pública en España (1898-1936).Madrid: Akal Universitaria

VIÑAO FRAGO, A (2004): Escuela para todos Educación y modernidad en la España del siglo XX. Madrid. Marcial Pons

VV.AA. (2003): La participación de los padres y madres en la escuela. Barcelona, Graó.

VV.AA. (1995): Volver a pensar la educación. Madrid, Morata-Paideia.

VV.AA. (2000): Pedagogías del siglo XX. Barcelona, CISS-Praxis.

VV.AA. (2001): Cien años de educación en España. En torno a la creación del Ministerio de Instrucción Pública Bellas Artes. Madrid: Ministerio de Educación, cultura y deporte & Fundación BBVA.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

-Non se admitirán traballos que o profesor non teña pactado previamente co alumno/a ou non teña constancia da sua realización.

-As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais.

-Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A.

-Os traballos escritos presentaránse a dobre cara, sen grapas e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora, e sempre que conteñan referencias bibliográficas é imprescindible seguir as normas da APA que se poden encontrar aloxadas, entre outras, na seguinte dirección web: http://www.capitalemocional.com/apa.htm

-Non se recollerán traballos encadernados, con fundas de plástico, anillas ou deseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se entregue e enviar por email unha copia ao profesor da materia

-  Titorías: Martes (16-19 h.) no despacho P0B7 (Telf. 981.167100, Ext. 4664). 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías