Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Didáctica. currículo e organización escolar Código 652600001
Titulación
0 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Módulo Xenérico, Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo.

Didáctica, currículo e organización escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da pedagoxía, da didáctica e da organización escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade no marco da educación secundaria.

Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
A5 Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
A9 Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
A16 Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A17 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A18 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a terminoloxía básica, específica e propia da Didáctica, así como os conceptos pertencentes aos comoñentes didácticos do proceso de ensino e aprendizaxe, de modo que sexa capaz de reflexionar con rigor sobre os mesmos e orientar racionalmente a súa futura práctica docente. AP3
AP9
AP16
CM4
CM6
Valorar críticamente as diferentes formas de interpretar a realidade educativa de acordo coas diferentes visións sobre a función social da escola, en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que circunda as aulas de educación secundaria. AP1
AP3
AP9
CM4
Comprender as diferencias entre a planificación curricular e a programación do proceso de ensino-aprendizaxe. Distinguir os diferentes niveles de concreción curricular e as súas implicacións. Coñecer os diferentes elementos e modalidades de deseño curricular. AP3
AP4
AP9
CM4
CM6
Coñecer e diferenciar os principios básicos e as características que fundamentan a articulación curricular na actualidade. AP4
AP9
CM4
CM6
Diferenciar os distintos elementos curriculares. Utilizar diferentes criterios tanto para a análise de grupos, de formulación de obxectivos e de selección e secuenciación de contidos considerándoos como un corpo de coñecementos no marco dun proceso de construcción e reconstrucción progresivo. AP3
AP4
AP5
AP9
CM4
CM6
Comprender o valor científico e pedagóxico da avaliación no campo do ensino, entendida como unha avaliación eminentemente educativa, formativa e formadora, así como afondar nas relacións entre avaliación, a investigación e a innovación. AP3
AP4
AP9
AP17
AP18
CM4
CM6
Profundizar no coñecemento crítico e fundamentado da estructura e funcionamiento do Sistema Educativo. AP9
CM4
CM6
Formalizar, sistematizar e integrar os saberes básicos da organización escolar, que permitan comprender a complexidade dos centros educativos, así como analizar e valorar críticamente a súa vida organizativa. AP9
CM4
CM6
Coñecer algúns dos modelos máis relevantes da organización escolar e comrender a importancia do contexto organizativo no proceso de ensino-aprendizaxe. AP9
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Módulo I. A participación, xestión e avaliación nos centros de ensino secundario. - O sistema educativo español.
- A estrutura organizativa dun centro educativo.
- As dimensións organizativas dun centro educativo.
Módulo II. Funcións e concepcións do currículo.
- Os compoñentes curriculares.
- As concepcións sobre o currículo: enfoques e elementos de análise.
- O oculto e o manifesto da aprendizaxe escolar.
Módulo III. Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo.
- A educación e o ensino. O deseño e desenvolvemento do currículo.
- Do currículo prescrito ao currículo contextualizado: niveis de concreción curricular.
- A planificación e o desenvolvemento do currículo.
- A avaliación: tipos, obxectos e instrumentos.
Módulo IV. Modelos de ensino e metodoloxías didácticas.
- O concepto de didáctica.
- Os modelos e métodos de ensino.
- As estratexias metodolóxicas no ensino secundario.
Módulo V. Os materiais curriculares e as TIC como recurso didáctico.
- Tipos de materiais curriculares.
- Materiais curriculares: elaboración, selección e uso.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 16 17 33
Traballos tutelados 10 16 26
Análise de fontes documentais 10 16 26
Lecturas 0 18 18
Proba mixta 2.5 3 5.5
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Traballos tutelados O alumnado, en pequeno grupo, deberá realizar a análise dun material curricular que esté actualmente en uso nun centro educativo de secundaria, bacharelato ou formación profesional. A relización do traballo de grupo iniciárasse na aula e será completado mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora.
Análise de fontes documentais As fontes documentais serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficas relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos.
Lecturas Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en pequeno grupo e grupo-aula e finalmente, de ser o caso, sintetizar de modo escrito.
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia de carácter computable a través da cal o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións interrelacionadas facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, dacordo co conxunto de contidos abordados ao longo da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Lecturas
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumando.

A forma e o momento en que se desenvolverán indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar o traballo tutelado teranse en conta os seguintes aspectos:

- contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas ao longo do cuadrimestre no tratamento dos contidos e relacións entre elas;
- estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.

45
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 55
 
Observacións avaliación
  1. A asistencia ás sesións é imprescindible. O alumnado que non ás mesmas ou teña unha asistencia inferior ao 80% deberá realizar os traballos tutelados de modo individual.
  2. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta)
  3. O traballo tutelado (análise de material curricular) entregarase na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o traballo tutelado e -de ser o caso-os escritos de síntese das lecturas indicadas.
  4. É obrigatoria a participación no proceso de asignación-selección inicial de materiais curriculares para a elaboración do traballo tutelado; esta terá lugar nas primeiras semanas de docencia da materia.

Fontes de información
Bibliografía básica

Álvarez Méndez, Juan Manuel (1999). “Evaluar para conocer, evaluar para aprender: las razones formativas de la evaluación educativa”. En J.M. Álvarez Méndez. Evaluar para conocer. Examinar para excluir (pp. 58-61). Madrid: Morata.

Area Moreira, Manuel (2009). “Los medios de enseñanza o materiales didácticos. Conceptualización y tipos”. Introducción a la tecnología Educativa, pp. 24-37. Recuperado de http://www.bibliotecalibre.org/bitstream/001/415/5/Introducci%C3%B3n%20a%20la%20tecnolog%C3%ADa%20educativa.pdf

Barkley, Elizabeth F,; Cross, K. Patricia e Howell, Claire (2007). Técnicas de aprendizaje colaborativo (varias páxinas). Madrid: Morata.

Espín, Julia e outros (1996). Análisis de recursos educativos desde la perspectiva no sexista (pp. 109-126). Barcelona: Laertes.

Fuentes Abeledo, Eduardo J. (2003). Culturas profesionales en la enseñanza y desarrollo profesional de los docentes. Revista Padres y Maestros, 279, 34-39.

González González, María Teresa (1992). “Centros escolares y cambio educativo”. En J.M. Escudero e J. López Yáñez (Coords.). Los desafíos de las reformas escolares. Cambio educativo y formación para el cambio (pp. 71-95). Sevilla: Arquetipo.

González González, María Teresa (1999).“Perspectivas teóricas recientes en organización escolar: una panorámica general”. En J.M. Escudero. Escuelas y profesores: ¿hacia una reconversión de los centros y la función docente? (pp. 35-59). Madrid: Ediciones Pedagógicas.

González González, María Teresa (2003) (coord.). “Las organizaciones escolares: dimensiones y características”, en M. T. González González. Organización y gestión de centros escolares (pp. 25-38). Madrid: Pearson.

López Atrio, Laura; Peliquín Pérez, Florentina; Pérez Recarey, Celestino e Rodeiro Barros, Mercedes (1995). “Análise e valoración de materiais curriculares”. Revista Galega de Educación, 24, 58-60.

Martínez Bonafé, Jaume (1995). “Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del curriculum)”, en J. G. Mínguez e M. Beas (Comps.). Libros de texto y construcción de materiales curriculares (pp. 221-245). Armilla: Proyecto Sur de Ediciones.

Navarro Hinojosa, Rosario(coord.) (2007). Didáctica y currículum para el desarrollo de competencias. Madrid: Dykinson.

Parcerisa Arán, Artur (1996). “Propuesta de un instrumento para el análisis de libros de texto y otros materiales que utilizan el papel como soporte”, en Artur Parcerisa Arán. Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos (pp. 97-124) Barcelona: Graó.

Sarramona, Jaume (2000). Teoría de la educación: reflexión y normativa pedagógica (pp. 13-17). Barcelona: Ariel.

Trillo Alonso, Felipe (1994). “El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela”. Cuadernos de Pedagogía, 228, 70-74.

Trillo Alonso, Felipe (2008). “La enseñanza: eso sí que es un lío”, en Felipe Trillo e Lilian Sanjurjo. Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica (pp.57-67). Rosario: Homo Sapiens.


Lexislación

Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE nº 106, 04/05/2006). Versión on-line consultada a 30/06/2014 en http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf

Decreto 324/1996, de 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de ensino secundario (DOG nº 156, 09/08/1996). Versión on-line consultada a 30/06/2014 en http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19960809/Anuncio90AA_es.html

Decreto 1333/2007 de 5 de xullo polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 136, 13/07/2013). Versión online consultada a 30/06/2014 en http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.ED_7.pdf

Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 120, 23/06/2008). Versión on-line consultada a 30/06/2014 en http://ciug.cesga.es/PDF/ReferenciasLegais/Decreto126-2008curriculoBacharelatoLOEGalicia.pdf

Orde do 29 de outubro de 1996 pola que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non univesitario de características singulares, de educación especial e educación de adultos (DOG nº 215, 04/11/1996). Versión on-line consultada a 30/06/2014 en http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19961104/AnuncioB14E_gl.html

Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamiento (DOG nº168, 02/09/1998), Versión on-line consultada a 30/06/2014 enhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/1997/19970902/AnuncioA14A_gl.html.

Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 4, 07/01/2008). Versión on-line consultada a 30/06/2014 enhttp://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/system/files/080107DOG_RegulacionAvaliacionESO.pdf

Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundariaobrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 121, 24/06/2008). Versión on-line consultada a 30/06/2014 en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2008/20080624/Anuncio29FEA_gl.html

Orde do 20 de abril de 2010, pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2008, pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 77, 26/04/2010). Versión on-line consultada a 30/06/2014 en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20100426/Anuncio11916_gl.html

Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa (DOG nº 105, 01/06/2011). Versión on-line consultada a 30/06/2014 en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110601/AnuncioC3F1-100511-1447_gl.html

Corrección de erros. Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa (DOG nº 144, 28/07/2011). Versión on-line consultada a 30/06/2014 enhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110728/AnuncioC3F1-220711-4737_gl.pdf

Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Versión on-line consultada a 30/06/2014 en http://www.edu.xunta.es/web/node/328

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías