Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Educación e linguas en Galicia Código 652600003
Titulación
0 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Módulo Xenérico, Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 1.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo central a reflexión sobre a relevancia da diversidade Lingüística e o papel que o sistema educativo xoga no seu mantemento, coñecer a realidade sociolingüística galega e analizar o papel dos centros de ensino como axentes de planificación lingüística. Por tanto, a través do seu estudo, esta materia pretende incorporar a cultura da planificación e da intervención como factores esenciais da educación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A13 Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade AP10
Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro AP13
Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade AP14
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida CM7

Contidos
Temas Subtemas
Unidade e diversidade lingüística. Modelos de educación bilingüe ou plurilingüe Que son as linguas?
Canto coñecemos sobre a diversidade lingüística?
Para que serve a educación?
Como apostamos polo plurilingüismo?
A situación sociolingüística da lingua galega Coñecemento e uso da lingua galega
Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego
Ameazas e fortalezas da lingua galega
As linguas no sistema educativo A lexislación lingüística no sistema educativo
A competencia lingüística
A formación lingüística
Referentes e compromisos
O papel dos centros educativos na planificación lingüística A intervención sociolingüística no ensino. Obxectivos e niveis de actuación
O proxecto lingüístico de centro
Os equipos de normalización e dinamización lingüística

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Foro virtual 0.5 2.5 3
Recensión bilbiográfica 0.5 5 5.5
Proba obxectiva 2 4 6
Lecturas 0 8 8
Sesión maxistral 1 0 1
Estudo de casos 8 2 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Foro virtual Existirúa un caderno dixital para comentaren os/as estudantes as sesións e debater sobre as lecturas e os temas principais que se abordaren na aula.
Recensión bilbiográfica O alumnado terá que entregar unha recensión bibliográfica das catro obras de lectura obrigatoria.
Proba obxectiva Existirá unha proba obxectiva final, con contidos fundamentalmente prácticos, que o alumnado deberá superar con, cando menos, un tres para lle facer media co resto das cualificacións obtidas durante o curso.
Lecturas Para alén da recensión obrigatoria, o alumnado deberá demostrar a comprensión das lecturas obrigatorias a través da súa participación no caderno dixital.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia.
Estudo de casos Na aula estudaranse diversos supostos prácticos para responder á hetoxeneidade de centros e de situacións sociolingüística. Igualmente o alumnado terá que resolver algún destes casos pola súa conta coa axuda da bibliografía recomendada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Foro virtual
Recensión bilbiográfica
Descrición
O docente fará un seguimento semanal do caderno dixital e dará pautas de comprensión das dúbidas que ficaren, así como ofrecerá outras lecturas alternativas.
No caso das recensións bibliográficas, existirá unha revisión dos seus contidos que será entregada ao estudantado.
Por outra parte, todas as persoas discentes recibirán recomendacións sobre o seu seguimento das aulas e da materia mentres esta se desenvolver.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual Participación no caderno dixital 20
Recensión bilbiográfica Realización dunha recensión bibliográfica dun dos títulos incluídos na listaxe facilitada polo docente nas primeiras sesións 30
Proba obxectiva Realización dunha proba práctica final 30
Lecturas Participación no caderno dixital e nas aulas 10
Estudo de casos Elaboración de supostos prácticos 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Iglesias Álvarez (2012). "Actitudes e prexui?zos lingu?i?sticos en Galicia. A su?a influencia nos usos", A letra miúda nº 1 (2012).. Compostela: GENDL
Subiela, X. (2009). "Democracia e política lingüísticaen Galiza", en Monteagudo (coord.) Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Compostela: Consello da Cultura Galega
Asorey Vidal (). "O ensino en territorios con conflicto lingu?i?stico", Actas do I Simposio Internacional sobre o Bilingüismo, 897-904.
Subiela e Fente (2012). "Reflexións relativas á elaboración participativa dun marco de planificación lingüística dos centros de ensino", en A letra miúda nº 1. Compostela: GENDL
Skutnabb-Kangas, T. (2011). "Resultados de crecementismo e a homoxeneización lingüística no ensino. Quen posúe os coñecementos máis válidos?"en Lingua e Ecoloxía. VIII Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Moure, T (2003). A batalla das linguas no mundo actual. Multilingüismo e antiglobalización. Vigo: Galaxia
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Ponencia de lingua do Consello da Cultura Galega (1999). Dereitos lingüísticos. Compostela: Consello da Cultura Galega
Moure, T. (2010). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética . A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacíóns sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo. Ames: Laiovento
García Plata, Ignasi (). gnasi Garci?a Plata, "A planificacio?n lingu?i?stica nos centros de ensino. A experiencia de Catalun?a"Descargar A letra miúda nº 2, Revista de sociolingüística da CGENDL. . Compostela: GENDL
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Silva Valdivia, B. (2008). Lingua e escola en Galicia: balance e propostas de futuro . Vigo: Galaxia
Skutnabb-Kangas, T. (2000). Linguistic genocide in education or worldwide diversity and human rights? . New Jersey: Lawrence Erlbaum Associates
García Negro, M. P. (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística . Pontevedra: Cumio
Monteagudo, H. /Bouzada, X. (2002). O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000). Vol. II. Educación . Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2007). Planificacion linguistica nos centros de ensino 2007. Compostela: Xunta de Galicia
Sanmartín Rei, G. (2010). Unha (re)visitación á planificación lingüística actual no ámbito educativo desde a perspectiva da Ecolingüística. As posibilidades de construción alternativas desde a diversidade. Ames: Laiovento
Sanmartín Rei, Goretti (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC

Bibliografía complementaria Silva Valdivia, B. (2010). Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán. Santiago: Universidade
Freixeiro Mato, X. R. (2002 [1997]). Lingua galega: normalidade e conflito. Ames: Laiovento


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías