Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Traballo fin de Mestrado Código 652600C07
Titulación
0 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Módulo Xenérico, Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro 0
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
A2 Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
A3 Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
A5 Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
A6 Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
A7 Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, tutoría e orientación académica e profesional.
A8 Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
A9 Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
A10 Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A11 Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A12 Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar.
A13 Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A16 Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A17 Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A18 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Preparación profesional avanzada, dirixida á especialización académica e profesional dos estudantes; é por iso que o TFM deberá estar orientado á avaliación das competencias profesionais, xerais e específicas asociadas á titulación. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP18
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Todos do Mestrado Exposición do traballo Fin de Mestrado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 136 137
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 9 10
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias do mestrado e enmarcados no ámbito das competencias deste. b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de mestrado. c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos do mestrado. d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados co mestrado.
Presentación oral Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
O/a coordinador/a do Mestrado fará pública a relación de TFM recibidos e as datas para a súa defensa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Cuestións formais (5%)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.

Fundamentación teórica (20%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre ter coñecementos sobre o desenvolvemento e nivel alcanzado no tema tratado.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia ós contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.

Desenvolvemento do TFM (30%)
• Nivel de concreción do TFM (obxectivos, metodoloxía, secuenciación, actividades, sistema de avaliación...).
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ó marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.

Valoración persoal e conclusións FM (25%)
As conclusións do traballo presentado deberán ter unha extensión de entre cinco e oito páxinas. Na súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais.


• Existencia e calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.
No caso do itinerario de Arte na avaliación consideraranse, ademais, aspectos que teñen a ver coa tipoloxía do TFM-proceso.
80
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Presentación e defensa
• Existencia e calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.
No caso do itinerario de Arte na avaliación consideraranse, ademais, aspectos que teñen a ver coa tipoloxía do TFM-proceso.
20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

As proporcionadas polo titor ou titora do TFM e as desenvolvidas ao longo do curso.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías