Identifying Data 2019/20
Subject (*) Education and Languages in Galicia Code 652601003
Study programme
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatory 1.5
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
E-mail
carlos.vizcaino@udc.es
Lecturers
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
E-mail
carlos.vizcaino@udc.es
Web
General description Esta materia ten como obxectivo central a reflexión sobre a relevancia da diversidade lingüística e o papel que o sistema educativo xoga no seu mantemento, coñecer a realidade sociolingüística galega e analizar o papel dos centros de ensino como axentes de planificación lingüística. Por tanto, a través do seu estudo, esta materia pretende incorporar a cultura da planificación e da intervención como factores esenciais da educación.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A13 (CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Saber deseñar mecanismos de recoñecemento no grupo escolar de preconceptos que conduzan á discriminación (nomeadamente a lingüística) e actuacións para a súa erradicación. AJ13
Avaliar criticamente e en grupo as debilidades e as fortalezas dun proxecto lingüístico de centro de ensino real. AJ13
CC4
Participar con argumentos sólidos e as claves da redacción académica en discusións dirixidas sobre a situación sociolingüística galega, os modelos de educación plurilingüe e o papel dos centros de ensino na planificación lingüística. AJ13
CC1
A través das lecturas recomendadas, comprender a situación sociolingüística galega e coñecer a lexislación vigorante referida ao ensino das linguas en Galicia, mantendo un espírito crítico e comprometido cos valores de xustiza e equidade, asumindo a necesidade de actualización profesional ao longo da vida. AJ13
CC4

Contents
Topic Sub-topic
Unidade e diversidade lingüística. Modelos de educación bilingüe ou plurilingüe Que son as linguas?
Canto coñecemos sobre a diversidade lingüística?
A educación en contextos plurilingües
Como apostamos polo plurilingüismo?
A situación sociolingüística da lingua galega Coñecemento e uso da lingua galega
Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego
Ameazas e fortalezas da lingua galega
As linguas no sistema educativo galego A lexislación lingüística no sistema educativo
A competencia lingüística
A formación lingüística
Referentes e compromisos
O papel dos centros educativos na planificación lingüística A intervención sociolingüística no ensino. Obxectivos e niveis de actuación
O proxecto lingüístico de centro
Os equipos de normalización e dinamización lingüística

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Online forum A13 C1 C4 0.5 4 4.5
Workbook A1 A6 A8 A13 1 13.5 14.5
Guest lecture / keynote speech A13 3.5 0 3.5
Long answer / essay questions A13 C1 C4 0 4 4
Case study A9 A13 A26 5.5 4.5 10
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Online forum Na plataforma Moodle abrirase un espazo virtual de discusión e de aprendizaxe colaborativa en que se construirá conxuntamente un glosario de termos especializados, se incorporarán ligazóns de interese relacionada cos contidos da materia e terán lugar discusións asíncronas dirixidas polo docente.
Workbook Elaboración de dous informes sobre as lecturas obrigadas e realización de comentarios retroalimentadores dos informes realizados polas outras persoas.
Guest lecture / keynote speech Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia.
Long answer / essay questions Realizarase unha proba escrita de ensaio en que o alumnado deberá pór en relación, de maneira argumentada e crítica, un texto proposto con aspectos teórico-prácticos vistos nas sesións presenciais.
Case study Nas sesións interactivas realizaranse supostos prácticos (i) de actuación sobre os marcos de pensamento ocultos que condicionan a atribución de valores negativos a unha lingua, (ii) de planificación lingüística nos centros de ensino e (iii) de análise, revisión crítica e proposición de alternativas de mellora dun proxecto lingüístico de centro.

Personalized attention
Methodologies
Online forum
Description
O docente fará un seguimento semanal do caderno dixital e dará pautas de comprensión das dúbidas que ficaren, así como ofrecerá outras lecturas alternativas.
Por outra parte, todas as persoas discentes recibirán recomendacións sobre o seu seguimento das aulas e da materia no tempo en que esta se desenvolver.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workbook A1 A6 A8 A13 Elaboración de informes de lectura segundo as pautas fornecidas polo docente e achega de comentarios aos informes das/dos compañeiras/os. 10
Case study A9 A13 A26 Traballo crítico con supostos prácticos, individual ou grupalmente. 30
Online forum A13 C1 C4 Participación através do Moodle na construción do glosario, nas discusións dirixidas asíncronas e na achega de ligazóns de interese. 30
Long answer / essay questions A13 C1 C4 Proba escrita en que haberá que relacionar de maneira crítica e con argumentos madurecidos un texto proposto con aspectos téorico-prácticos vistos nas sesións presenciais. 30
 
Assessment comments

Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará na plataforma Moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente co profesor. Este alumnado deberá realizar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para
superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4
valores sobre 10 na proba obxectiva.

As persoas que se presentaren á segunda oportunidade (xullo) deberán entregar, antes da data marcada aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que non tiveren superados, ben como realizar a proba de ensaio (caso non ter atinxido 4 valores sobre 10 na primeira oportunidade ou non a ter realizado).

Será considerado NON PRESENTADA aquela persoa que non realizar os estudos de casos e a proba obxectiva.

Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.


Sources of information
Basic Iglesias Álvarez (2012). "Actitudes e prexuízos lingüísticos en Galicia. A súa influencia nos usos", A letra miúda nº 1 (2012).. Compostela: GENDL
Asorey Vidal (). "O ensino en territorios con conflicto lingüístico", Actas do I Simposio Internacional sobre o Bilingüismo, 897-904.
Subiela e Fente (2012). "Reflexións relativas á elaboración participativa dun marco de planificación lingüística dos centros de ensino", en A letra miúda nº 1. Compostela: GENDL
Skutnabb-Kangas, T. (2011). "Resultados de crecementismo e a homoxeneización lingüística no ensino. Quen posúe os coñecementos máis válidos?", en Lingua e Ecoloxía. VIII Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacíóns sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo. Ames: Laiovento
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2007). Planificacion linguistica nos centros de ensino 2007. Compostela: Xunta de Galicia

Complementary Silva Valdivia, B. (2008). Lingua e escola en Galicia: balance e propostas de futuro . Vigo: Galaxia
García Plata, Ignasi (). "A planificacio?n lingüística nos centros de ensino. A experiencia de Catalunya", A letra miúda nº 2, Revista de sociolingüística da CGENDL . Compostela: GENDL
Subiela, X. (2009). "Democracia e política lingüística en Galiza", en Monteagudo (coord.) Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Compostela: Consello da Cultura Galega
Calvet, L.J. (1995). A guerra das linguas e as políticas lingüísticas. Compostela: Laiovento
Silva Valdivia, B. (2010). Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán. Santiago: Universidade
Moreno Cabrera, J. C. (2006). De Babel a Pentecostés. Manifesto plurilingüísta. Barcelona: Horsoni
Ponencia de lingua do Consello da Cultura Galega (1999). Dereitos lingüísticos. Compostela: Consello da Cultura Galega
Díaz García et ali (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas . Santa Comba: tresCtres
Moure, T. (2010). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética . A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X. R. (2002 [1997]). Lingua galega: normalidade e conflito. Ames: Laiovento
Skutnabb-Kangas, T. (2000). Linguistic genocide in education or worldwide diversity and human rights?. New Jersey: Lawrence Erlbaum Associates
García Negro, Mª do Pilar (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Pontevedra: Cumio
Monteagudo, H. /Bouzada, X. (2002). O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000). Vol. II. Educación . Compostela: Consello da Cultura Galega
Sanmartin Rei, G. (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndase o envío dos traballos telematicamente e, se non é posíbel, non empregar plásticos, escoller a impresión a dupla cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, ben como ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e prsofesionais.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.