Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Complementos de formación para o ensino das ciencias I Código 652601111
Titulación
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Química
Coordinación
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Profesorado
Nogueira Lopez, Pedro Fernando
Correo electrónico
pedro.nogueira@udc.es
Web
Descrición xeral Materia que se desenvolverá ao redor de dúas temáticas principais: a primeira profundará sobre os aspectos epistemolóxicos e non epistemolóxicos da Ciencia, os científicos e as relacións entre Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía, utilizando estudos de casos; a segunda, en consecuencia, sóbre como ensinar Ciencias na aula, a través do coñecemento de diversas accións, proxectos e resultados baseados nas evidencias na Educación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. AP15
AP17
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. AP17

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O papel das Ciencias Experimentais na Sociedade 1.1. A Auga
1.2. A Enerxía
Tema 2. Percepción pública da Ciencia 2.1. A Ciencia nos medios de comunicación
2.2. Análise de casos
Tema 3. Importancia formativa das Ciencias na formación secundaria. 3.1. Leer Ciencia
3.2. Aplicacións da Ciencia
Tema 4. Consideraciones sobre a evolución da Ciencia 4.1.En Ciencia as cousas non suceden por casualidade:
a importancia da actitude dos grupos de poder, a actuación sobre as masas, etc, exemplos de hoxe e de sempre.
4.2 Do científico polivalente á necesidade dos grupos interdisciplinares: O desenvolvemento da ciencia, a base matemática, o gran descubrimento do cero e outros aspectos históricos da ciencia.
Tema 5. O método científico 5.1 Relación entre os descubrimentos científicos e o método de investigación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A15 A17 C8 9 27 36
Análise de fontes documentais A15 A17 C4 C5 C7 C8 3 12 15
Presentación oral C1 C3 C4 1 7 8
Aprendizaxe colaborativa A15 A17 C1 C3 C4 C5 C6 5.5 5.5 11
Proba obxectiva A15 A17 C1 C3 C4 C6 2 2 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais
Descrición
O traballo do alumno en cada unha das metodoloxías propostas será atendido polo profesor de forma individual e personalizada

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A15 A17 C1 C3 C4 C6 Examen final sobre os contenidos da materia.
Valorarase:

Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
50
Presentación oral C1 C3 C4 Presentación dun tema en base o material docente suministrado polo profesor.
Valorarase:
Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
40
Análise de fontes documentais A15 A17 C4 C5 C7 C8 Elaboración dun traballo sobre contidos e metodoloxías aplicadas ao ámbito científico.

Valorarase:
Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
10
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos traballos e da proba obxectiva. Se o alumno non alcanza o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será de non presentado. O alumnado que na primeira oportunidade obtivese unha nota inferior a 5 deberá repetir as actividades obxecto de avaliación e realizar a proba obxectiva de segunda oportunidade. A cualificación final será a media ponderada das notas obtidas.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Fisica 2º bachillerato.

  • Fisica Universitaria Sears, Zemansky, Young and Freedman

  • Quimica 2º bachillerato.

  • Quimica general. Enlace químico y estructura de la Materia.Petrucci, Harwood, Herring. Ed. Prentice Hall.

  • Introducción a los conceptos y teorías de las Ciencias Físicas. Gerald Holton. Editorial Reverte

  • Historia de las Ciencias, Stephen F Mason. Alianza Editorial.

  • La resolución de problemas en física. Fco Javier Perales Palacios Ed. Anaya

  • Bibliografía complementaria

    http://teachers.web.cern.ch

    www.igp.gob.pe/mag.htm

    www.contenidos.com/fisica

    www.cec.uchile.cl/ cutreras/apuntes/nuevo.html

    WWW.CTV.ES

    http://www.consejogeneralcdl.es

    www.sc.ehu.es

    www.educared.net

    www.cofis.es

    www.rsef.es

    www.omega.ilce.edu

    www.geocities.com

    www.educar.sc.usp.br/ciencias/fisica/fisicaespanhol

    http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica

    http://home.cvc.org/science/kepler.htm

    http://sasx01.sc.ehu.es/sbweb/fisica/electromagnet/induccion/variable/variable.htm#actividades

    www.educared.net/aprende/sofwareducativo/index.htm

    http://microcosm.web.cern.ch/microcosm/engl/prevesp.html

    http://webcast.cern.ch/proyects/weblecturearchive/index.html

    http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/default.htm
    http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/estadistica/gasIdeal/gasIdeal.html
    http://lectura.ilce.edu.mx:3000/sites/ciencia/volumen1/ciencia2/36/htm/ysin.html


    Recomendacións
    Materias que se recomenda ter cursado previamente

    Materias que se recomenda cursar simultaneamente

    Materias que continúan o temario

    Observacións

    Recoméndase realizar todas as entregas *telemáticamente; se non é posible reducir o uso de plásticos, impresións a dobre cara e uso de papel reciclado; débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos sobre o medio natural; débese ter en conta a a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías