Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Didáctica da física e química Código 652601123
Titulación
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Martinez Losada, Maria Cristina
Correo electrónico
cristina.martinez.losada@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Transformar o currículo de Física e Química en programas de actividades e de traballo. AP20
CM1
CM3
Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en envalor as achegas dos estudantes de secundaria, tomando como referente os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe da Física e da Química. AP22
CM6
CM8
Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe da Física e da Química e plantexar alternativas e solucións AP27
CM7
CM8
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras co relación ós contidos curriculares da especialización cursada AP25
CM4
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. A Física e Química na Educación Secundaria.
1.1 Os obxectivos de ensino da Física e Química. A súa contribución á adquisición de competencias básicas.
1.2 Que ensinar de Física e Química. O currículo oficial como referente.
1.3. A necesaria concreción curricular: Delimitación do contido escolar. Exemplificacións.
2. A ensinanza e a aprendizaxe da Física e Química. 2.1 Factores que condicionan a aprendizaxe científica.
2.2 Como promover a aprendizaxe a través de actividades. Exemplificacións
2.2.1 Actividades prácticas
2.2.2. Cuestións, exercicios e problemas
2.2.3 Outras actividades e recursos

3. Tomando decisións sobre que e como ensinar: A diversidade e unidade de estrutura da materia 3.1 Interese formativo.
3.2 Dificultades de aprendizaxe e recomendacións didácticas.
3.3 Análise e elaboración de propostas de ensino sobre: os estados da materia, substancias e mesturas, estrutura e propiedades das substancias, cambios químico...
4. Tomando decisións sobre que e como ensinar. Interaccións e enerxía nos sistemas materiais. 4.1 Interese formativo.
4.2 Dificultades de aprendizaxe e recomendacións didácticas.
4.3 Análise e elaboración de propostas de ensino sobre: Interaccións mecánicas, ... Tipos e transformacións enerxéticas, mecanismos de transferencia)...

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A20 A25 C4 12 12 24
Aprendizaxe colaborativa A22 A25 A27 C3 C6 16 32 48
Traballos tutelados A20 A22 A25 A27 C1 C7 0 17 17
Presentación oral A20 C1 C3 3 3 6
Análise de fontes documentais A25 A27 0 9 9
Proba mixta A20 A27 C1 C8 1 3 4
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais. Empregarase especialmente para introducir novos coñecementos científicos/didácticos. Ademais, procurarase interaccionar co alumnado a partir da formulación de interrogantes e para discutir e xustificar a idoneidade do novo coñecemento fronte a posibles interpretacións menos axeitadas
Aprendizaxe colaborativa Análise de exemplificacións, documentos, etc., tanto en pequeno coma en gran grupo, presentadas e orientadas polo profesor, intercambio de ideas entre o alumnado e discusión/debate destas.
Traballos tutelados Elaboración fundamentada de propostas concretas de intervención na aula, baixo a supervisión do profesor e avaliación da súa idoneidade.
Presentación oral Presentación e debate por parte do alumnado de propostas de ensino aprendizaxe de elaboración propia, relativos a temas concretos de Física/Química.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos
Proba mixta Proba individual a realizar na data acordada oficialmente, que pode integrar preguntas de resposta breve (identificación de contidos relevantes, descrición de dificultades de aprendizaxe sobre un tópico concreto...) e/ou preguntas de ensaio e desenvolvemento (análise de situacións, resolución de problemáticas, valoración de propostas concretas...) relacionadas co ensino e aprendizaxe dos contidos de Física/Química na educación secundaria.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Realizaránse titorías específicas coss alumnos, individualmente ou en pequeno grupo, co fin orientar adecuadamente a realización das actividades e traballos tutelados propostos e clarificar posibles dúbidas xurdidas durante o seu desenvolvemento.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A22 A25 A27 C3 C6 Valorarase a capacidade reflexiva e analítica respecto das tarefas desenvolvidas na aula, que o alumnado que o alumnado deberá reflectir individualmente por escrito. 20
Traballos tutelados A20 A22 A25 A27 C1 C7 Valorarase a capacidade de deseñar propostas concretas de intervención, teóricamente xustificadas dende a Didáctica das Ciencias, e de reflexionar sobre a súa idoneidade unha vez presentadas na clase. 30
Proba mixta A20 A27 C1 C8 Valorarase a aplicación de coñecementos e destrezas adquiridos durante o curso e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado en relación a problemas, situacións, materiais...relacionadas co ensino e aprendizaxe de Física/Química na educación secundaria.
50
 
Observacións avaliación
Na primeira oportunidade
- Avaliaranse as actividades e traballos realizados durante o curso e proba escrita. A cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).
- É requisito imprescindible unha asistencia mínima do 80% de asistencia ás sesións presenciais. No caso de non alcanzarse dito porcentaxe as actividades/traballos non serán avaliados e a cualificación será de non presentado.

Na segunda oportunidade
- O alumnado que asistíu a lo menos ó 80% das sesiones deberá repetir as partes nón superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita).
- Os estudantes que non alcanzaran o porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais deberán presentar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso.
-En calquera caso, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
- Deberán poñelo en coñecemento do profesor a primeira semana de clase
- Na primeira oportunidad, ademáis da proba escrita, terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso e entregálos nas datas que estableza a profesora. A cualificaciónfinal será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10).
- Na segunda oportunidad, deberán repetir ás partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita).

Fontes de información
Bibliografía básica Jiménez Aleixandre, M.P. (2010). 10 ideas clave. Competencias en argumentación y uso de pruebas. Graó. Barcelona
Pedrinaci (coord.) (2013). 11 ideas clave. El desarrollo de la competencia científica. Graó. Barcelona
Nieda, J. y otros (2004). Actividades para evaluar Ciencias en secundaria. Visor: Madrid
Pozo, J.l. y Gómez Crespo, M.A. (1998). Aprender y enseñar Ciencia. Morata. Madrid
Driver, R. y otros (1999). Dando sentido a la Ciencia en secundaría. Investigaciones sobre las ideas de los niños. Visor. Madrid
Sanmartí, N. (2002). Didáctica de las Ciencias en la educación secundaría obligatoria. Síntesis Educación. Madrid
Perales, J. y Cañal, P. (2000). Didáctica de las Ciencias Experimentales . Marfil. Alcoy
Jiménez Aleixandre, M.P (1996). Dubidar para aprender. Xerais. Vigo
Varela, P<em>. et al. (2000). Electricidad y magnetismo. Síntesis Educación. Madrid
Membiela, P. (2001). Enseñanza de las Ciencias desde la perspectiva CTS. Narcea. Madrid
Jiménez Aleixandre, M.P. (coord (2003). Enseñar Ciencias. Graó. Barcelona
Caamaño A (2011). Física y Química. Vol I, II y III. Graó. Barcelona
Driver, R. y otros (1989). Ideas científicas de las ciencias en la infancia y la adolescencia. Morata-MEC. Madrid
Blanco, A. y Lumpión, T. (2016). La competencia científica en las aulas. Nueve propuestas didácticas.
Carmen, L. del (1997). La enseñanza y el aprendizaje de tas Ciencias de la Naturaleza en la educación secunda. ICE UB/Horsori. Barcelona
Prieto, M.T. y otros (2000). La materia y los materiales. Síntesis. Madrid
Gil.D. (1991). La nseñanza de las Ciencias en la educación secundaría. Horsori. Barcelona
Perales , J. (2000). Resolución de problemas. Santillana. Madrid

Bibliografía complementaria
Revistas: - Alambique - Enseñanza de las Ciencias - Revista Electrónica de Enseñanza de las Ciencias - Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias Normativa curricular: http://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce Recursos web: - Guía para el diseño, implementación y evaluación de talleres experimentales. (http://www.crecim.cat/portal/images/fecyt/Guia_talleres_Fecyt_revisada.pdf) - Materiales de Didáctica de las Ciencias. Física y Química. Curso básico de didáctica de las ciencias. Enseñanza secundaria. Profesorado de ciencias en formación y en activo (didacticafisicaquimica.es)

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías