Identifying Data 2018/19
Subject (*) Initiation to the educational investigation(research) Code 652601E12
Study programme
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 2
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Losada Puente, Luisa
E-mail
luisa.losada@udc.es
Lecturers
Losada Puente, Luisa
E-mail
luisa.losada@udc.es
Web
General description Neste curso pretendemos que o estudante do máster se familiarice cos diferentes tipos de investigacións no ámbito educativo; que coñeza, comprenda e valore as características da metodoloxía científica e, ademáis, comprenda os procedementos para a realización de investigacións en educación.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A35 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Os estudantes serán capaces de recoñecer a estrutura dos diferentes traballos de investigación AJ19
CC6
CC8
Os estudantes serán capaces de identificar e comprender as diferentes fases e actividades que requiere a actividade investigadora AJ19
AJ24
AJ28
CC4
CC6
CC7
CC8
Os estudantes serán capaces de realizar propostas e deseños metodolóxicos acordes coa temática concreta que queiran investigar AJ28
AJ35
CC1
CC3
CC4
CC5
CC6
CC8
Serán competentes para deseñar e desenvolver un proxecto de investigación AJ24
AJ28
AJ35
CC3
CC4
CC5
CC6
CC8

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. A investigación avaliativa: O problema de investigación 1.1. Plantexamiento do problema
1.2. As hipóteses de traballo e os obxectivos
Tema 2. Metodoloxías e técnicas da investigación educativa 2.1. A metodoloxía cuantitativa
2.2. A metodoloxía cualitativa
2.3. Técnicas de recollida de información
Tema 3. Deseños de proxectos de investigación educativa 3.1. Elaboración dun proxecto de investigación

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A24 A19 C6 C7 5 0 5
Mixed objective/subjective test A19 A24 C1 C8 1 10 11
Supervised projects A28 A35 C3 C4 C5 C8 6 18 24
Oral presentation A28 C1 C5 C8 2 6 8
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Na que se traballarán os conceitos básicos da materia acompañados de exemplos propios das disciplinas dos estudantes
Mixed objective/subjective test Integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Supervised projects Nos que se elaborará un proxecto de investigación sobre unha temática suxerida polos estudantes
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Oral presentation Exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Para desenvolver a proposta de proxecto de investigación que se plantexa como actividade central na asignatura, os estudantes contarán co apoio da profesora. Para elo, se realizarán titorías tanto presenciais como virtuais e poderán plantexarse de forma individual ou grupal.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A28 C1 C5 C8 O proxecto investigador proposto será presentado de forma oral, e valorarase seguindo criterios relacionados coa calidade e a claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos esixidos e o emprego de recursos innovadores. 20
Mixed objective/subjective test A19 A24 C1 C8 O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.

Na avaliación individual tamén se terá en conta a participación de cada estudante no traballo do grupo así como a asistencia as diferentes sesións que se puntuará como máximo con 1 punto.
40
Supervised projects A28 A35 C3 C4 C5 C8 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto investigador centrado nunha temática relacionada cos contidos do módulo. O alumnado deberá desenvolver eses contidos de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal.

A proposta do proxecto investigador terá un tamaño de 5-6 follas máximo, e será valorado tanto na súa presentación oral, como na súa forma escrita, atendendo a criterios relacionados coa calidade do traballo e o seu carácter innovador.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder).
No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
40
 
Assessment comments
ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase.
- Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída.
- O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.
- O alumnado deberá acadar o 50% da nota en cada una das metodoloxías de avaliación sinaladas; isto é, un 2 sobre 4 na proba mixta, un 2 sobre 4 no traballo tutelado e un 1 sobre 2 na presentación oral.


ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice a proposta de proxecto investigador ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente.
O alumnado non asistente aparecerá como suspenso na 1º convocatoria, cunha cualificación de 4 puntos, e terán que realizar someterse ao seguinte proceso de avaliación para a 2ª convocatoria de xullo:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto).


ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando una tutoría na que lle informará sobre a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto).

Sources of information
Basic Schettini, P. y Cortazzo, I. (2016). Análisis de datos cualitativos en la investigación social. Venezuela: Editorial La Cátedra
Blaxter, L., Hughes, C. y Tight, M. (2008 ). Cómo se investiga. Barcelona: Graó
Quezada, N. (2014). Estadística con SPSS 22. Perú: Ed. Macro
Carvajal Sánchez, J. (Coord.) (2012). Iniciación a la investigación. Colombia: INICIEN
Martinez-Fernández, J.R. (2014). Introducción al análisis de datos cuantitativos en Ciencias Sociales. Madrid: Pearson
McMillan, J.H. y Schumacher, S. (2010). Investigación educativa (5ª ed.). . Madrid: Pearson
Arana, F. (2014). Método experimental para principiantes. Madrid: Fondo de Cultura Económica
Gil Pascual, J.A. (2015). Metodología cuantitativa en educación. Madrid: UNED
Bisquerra Alzina, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla
Fernández C., Hernández, R. y Baptista P. (2006). Metodología en la investigación. México: Mcgraw Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Sevilla: Punto Rojo Libros, S.L.

Complementary Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: New Age International Publisher
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. 

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.