Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en ciencias experimentais Código 652601E1I1
Titulación
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Fuentes Silveira, María Jesús
Correo electrónico
m.j.fuentes@udc.es
Profesorado
Fuentes Silveira, María Jesús
Correo electrónico
m.j.fuentes@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia preténdese abordar a estreita relación entre a investigación en Didáctica das Ciencias e a formación do profesorado na innovación didáctica.
Trátase de coñecer aqueles proxectos de innovación que achegan novas metodoloxías e recursos para o proceso de ensino e aprendizaxe das Ciencias. Ademais, os instrumentos derivados da investigación didáctica serán o fío condutor para a realización dun autodiagnóstico por parte do futuro profesorado e dun proceso de análise e evolución dos seus coñecementos en Didáctica das Ciencias. Traballarase sobre o papel que debe xogar a educación secundaria no desenvolvemento da competencia científica, na comprensión da natureza da ciencia e na xeración de actitudes positivas cara a ela.
Finalmente pularase pola reflexión e o debate sobre as ideas, crenzas, hábitos e conductas relativas á Ciencia, tanto a nivel persoal como comunitario, para así consolidar e comprender a utilidade da base científica e didáctica.
O obxectivo é mellorar o enfoque, a toma de decisións sobre temas relativos aos modelos de ensino-aprendizaxe, á selección e secuenciación de contidos e actividades, a través da análise dos materiais procedentes dos proxectos innovadores.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A35 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e analizar as características históricas da investigación en Didáctica de las Ciencias AP17
Valorar a aportación das publicacións e congresos ao campo do coñecemento da Didáctica de las Ciencias CM8
Identificar os problemas e desafíos actuais das investigacións na área AP1
AP27
Valorar críticamente a importancia da investigación e innovación na práctica de aula do docente de ciencias AP26
CM6
CM7
Desenvolver criterios para a selección e valoración de investigacións e propostas innovadoras docentes, útiles para a educación secundaria AP28
CM6
Adquirir as estratexias necesarias que permitan deseñar e desenvolver proxectos de investigación e innovación. AP3
AP21
AP28
AP35

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1. A investigación no Ensino das Ciencias. Finalidades da Educación Científica en Secundaria. 1. Por que e para que investigar dende a Didáctica de las Ciencias
2. Revisión histórica, estado actual e novos desafíos
3. Liñas de investigación e a súa interacción coa práctica de aula na Educación Secundaria: Natureza da Ciencia e Coñecemento Didáctico do Contido.
Bloque 2. Estratexias de aplicación e avaliación de propostas innovadoras de Ensino das Ciencias 1. Análise de proxectos de innovación educativa.
2. Como se aplica un proxecto de innovación para mellorar o ensino das Ciencias en Educación Secundaria?
3. Aprendizaxe da Ciencia baseado en proxectos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Investigación (Proxecto de investigación) A3 A21 A28 C6 7 21 28
Presentación oral A1 A26 1 2 3
Proba de ensaio A35 C7 1 4 5
Análise de fontes documentais A17 A27 C8 4 8 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensino orientado á aprendizaxe do estudantado empregando actividades de carácter práctico que plantean situacións-problema, que deben resolver empregando prácticas científicas: identificar o problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, enunciar hipóteses, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados, argumentar (uso de datos) e/ou sacar as conclusións do traballo realizado.
Presentación oral Estudo de diferentes propostas, a través da exposición verbal con interacción, a través de diálogo, enunciación de cuestións e respondendo dúbidas de forma dinámica.
Proba de ensaio Análise individual dunha situación, problema, proposta...relacionada cunha investigación sobre ensino das ciencias.
Análise de fontes documentais Uso de bibliografía relevante para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para a análise da documentación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Proba de ensaio
Descrición
Durante a fase de realización programaranse sesións cos estudantes para orientar e resolver cuestións concretas relativas ao traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A17 A27 C8 Valorarase a calidade e rigorosidade dos documentos analizados. A súa realización é de carácter obrigatorio e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. 10
Investigación (Proxecto de investigación) A3 A21 A28 C6 Valoraranse as habilidades asociadas ao desenvolvemento da metodoloxía científica: identificación de problemas, deseño procedimental, análise e interpretación de resultados, uso de datos para argumentación e emisión de conclusións.
A súa realización é de carácter obrigatorio e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada.
30
Presentación oral A1 A26 Valorarase a calidade de comunicación e rigorosidade dos contidos nas exposicións orais en aula, así como a participación nas realizadas por outros estudantes. A súa realización é de carácter obrigatorio e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. 10
Proba de ensaio A35 C7 Valorarase a adquisición de coñecementos e destrezas derivados da impartición do curso e, especialmente, a capacidade analítica e interpretativa do alumnado. A súa realización é de carácter obrigatorio e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. 50
 
Observacións avaliación

ALUMNADO PRESENCIAL (acude ao 80% das sesións)

A cualificación final será a consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

-Presentación oral dun proxecto de investigación realizado en pequenos grupo. Supón o 50% da cualificación final.

-Proba individual de avaliación do proxecto de investigación. Supón o 50% da cualificación final.

A súa nota final será a media das cualificaciones obtidas,
solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre
10 para aprobar a materia.

Segundo o establecido no artigo 12º da “Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dúas estudos de grao e mestrado
universitario” na UDC (29/06/2017), referente á solicitude de realización de
probas de avaliación en datas distintas da ordinaria, cabe destacar que só
refírese ás probas que se realicen no período de avaliación establecido polo
calendario académico, polo que quedan expresamente excluídas as probas de
avaliación continua que se realicen fora do devandito período. Por este motivo,
non se aceptarán documentos de ningún tipo para xustificar a non asistencia ás
sesións interactivas e/ou ás sesións de seguimento / presentación dos traballos
tutelado.

ALUMNADO NON PRESENCIAL

O alumnado que non cumpla os requisitos de asistencia anteriormente
citados ben por diversas circunstancias non poida asistir regularmente
as sesións da materia ou sexa"alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica que lles exime da asistencia á clase"( segundo o establecido na  Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia ea progresión dos  estudantes de Grao e Master universitario na Universidade da Coruña  Aprobada polo Consello Social 4/05/2017).

1.     Deberán poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.

2.     Serán avaliados a través dun proxecto de investigación individual e dunha proba individual que se realizará na data oficial.

A súa nota final será a media das cualificaciones obtidas, solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesari

 


Fontes de información
Bibliografía básica
Acevedo, J.A. (2009). Conocimiento didáctico del contenido para la enseñanza de la naturaleza de la ciencia (I): el marco teórico. Revista Eureka, 6 (1), 164-189.
Banet, E. (2010). Finalidades de la educación científica en Educación Secundaria: Aportaciones de la investigación educativa y opinión de los profesores. Enseñanza de las Ciencias, 28(2), 199-214.
Banet, E. (2007). Finalidades de la educación científica en Educación Secundaria: Opinión del profesorado sobre la situación actual.Enseñanza de las Ciencias, 25 (1), 5-20. Chen, S. (2006), Development of an instrument to assess views on nature of science and attitudes toward teaching science. Sci. Ed., 90: 803–819. doi: 10.1002/sce.20147
Domènech Casal , J. (2019) Aprendizaje basado en proyectos, trabajos prácticos y controversias. Barcelona: Octaedro
Jiménez Alexandre, M.P., Díaz de Bustamante, J.(2011). Discurso de aula y argumentación en la clase de ciencias: Cuestiones teóricas y metodológicas. Enseñanza de las Ciencias, 21(3), 359-370.
Kuhn, Deanna (2010)Teaching and Learning Science as Argument. Science Education, v94 n5,810-824.
Marbá-Tallada, A.; Márquez Bargalló, C. (2010). ¿Que opinan los estudiantes de las clases de ciencias? Un estudio transversal de Sexto de Primaria a Cuarto de ESO. Enseñanza de las Ciencias, 28 (1), 19-30.
Marín Martínez, N.; Cárdenas Salgado, F.A. (2011). Valoración de los modelos más usados en la enseñanza de las ciencias basados en la analogía "El alumno como científico". Enseñanza de las Ciencias, 29(1), 35-46.
Ojeda-Barceló, F., Gutiérrez-Pérez, J., Perales-Palacios, F.J. (2011). Diseño, Fundamentación y validación de un programa virtual colaborativo en Educación Ambiental. Enseñanza de las Ciencias, 29 (1), 127-146.
Oliva, J.M. (2012) Dificultades para la implicación del profesorado de Secundaria en la lectura, innovación e investigación en didáctica de las ciencias (II): el problema del “manos a la obra”. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias 9(2), 241-251.
Porlán, Rafael; Martín del Pozo, Rosa; Rivero, Ana; Harres, Joao; Azcárate, Pilar y Pizzato, Michell (2010). El cambio del profesorado de ciencias I: marco teórico y formativo. Enseñanza de las Ciencias, 28 (1), 31-47.
Reiss, Michael J. (2006). Desarrollo de un curso de Biología contextualizado en el bachillerato: el caso del Proyecto Salters-Nuffield Advanced Biology. Enseñanza de las Ciencias, 24 (3), 429-438.
Sanmartí, N., Márquez, C. (2008). Aprendizaje de las ciencias basado en proyectos: del contexto a la acción. Ápice. Revista de Educación Científica, 1(1), 3-16. DOI: https://doi.org/10.17979/arec.2017.1.1.2020 Webgrafía: PROYECTO RODA http://www.rodausc.eu/ PROYECTO FÍSICA Y QUÍMICA http://didacticafisicaquimica.es/el-proyecto/ PROYECTO S-TEAM https://nosyevolucion.files.wordpress.com/2015/10/argumentacion_en_el_aula-dos_unidades_didacticas.pdf
AA.VV.(2019) Propuestas de educación científica basadas en la indagación y modelización en contexto. En J. Solbes; M.R. Jimenez-Liso, M.R. y T. Pina (Eds). Valencia: Tirant humanidades.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
- Deberase facer un uso sustentable dos recursos e evitar impactos negativos sobre o medio natural.
- Deberase ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas,  e fomentar valores de respecto e igualdade. 
-Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.




(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías