Identifying Data 2018/19
Subject (*) Technology for professorship of secondary obligatory education Code 652602211
Study programme
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Enxeñaría de Computadores
Coordinador
Castro Castro, Paula Maria
E-mail
paula.castro@udc.es
Lecturers
Bregains Rodriguez, Julio Claudio
Castro Castro, Paula Maria
E-mail
julio.bregains@udc.es
paula.castro@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
General description Contidos de Tecnoloxía obxeto de ensinanza e aprendizaxe na Educación Secundaria Obrigatoria. Contextos e situacións do entorno adecuados para a aplicación dos contidos curriculares da Tecnoloxía.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer os contidos de Tecnoloxía obxeto de ensinanza e aprendizaxe na ESO. AJ15
AJ16
AJ17
AJ18
CC1
CC3
CC8
Coñecer os contextos e situacións do entorno adecuados para a aplicación dos contidos curriculares da Tecnoloxía. AJ15
AJ16
AJ17
AJ18
CC1
CC3
CC8

Contents
Topic Sub-topic
Bloque 1. Tecnoloxía na Educación Secundaria Obrigatoria 1.1. Introdución á materia no Máster: contextualización, obxetivos, contidos, metodoloxía, planificación, avaliación e fontes de información
1.2. A materia de Tecnoloxía na Educación Secundaria Obrigatoria
1.2.1. Contextualización
1.2.2. Programación
1.2.3. Currículo
1.3. Revisión histórica
1.4. A tecnoloxía na nosa vida: contextos e situacións
1.5. O impacto tecnolóxico na sociedade
Bloque 2. Contidos 2.1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos
2.2. Tecnoloxía e sociedade
2.3. Mecanismos e estructuras
2.4. Electricidade e electrónica
2.5. Control e robótica
2.6. Neumática e hidráulica
2.7. Técnicas de expresión e comunicación
2.8. Materiais de uso técnico
2.9. Hardware e sistemas operativos
2.10. Tecnoloxías da comunicación. Internet

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Oral presentation C1 C3 11 0 11
Supervised projects A16 A17 A18 C1 C3 C8 0 25 25
ICT practicals A16 A18 C3 C8 6 1.5 7.5
Workbook C8 0 19 19
Mixed objective/subjective test A16 C1 1 0 1
Guest lecture / keynote speech A15 A16 A17 A18 C8 17 42.5 59.5
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Oral presentation Presentación na aula dos traballos tutelados propostos polo profesor.

Supervised projects Traballos realizados polo alumno para aprofundar e afianzar os coñecementos sobre diferentes aspectos das tecnoloxías.

Os traballos tutelados non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial mediante a modalidade de matriculación a tempo parcial. A entrega e presentación dos traballos será flexible segundo as necesidades deste alumnado.

ICT practicals O alumno estudará a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor.

As prácticas non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial mediante a modalidade de matriculación a tempo parcial. A entrega das prácticas será flexible segundo as necesidades deste alumnado.

Workbook Lectura de material bibliográfico e búsqueda de fontes de información para a realización dos traballos tutelados propostos polo profesor.

Mixed objective/subjective test Proba escrita de resolución de cuestións e exercicios prácticos sobre os contidos da asignatura.

Guest lecture / keynote speech Exposición dos contidos teóricos da asignatura dacordo cos resultados de aprendizaxe.


Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Supervised projects
Guest lecture / keynote speech
ICT practicals
Workbook
Mixed objective/subjective test
Description
Resolver dúbidas do alumnado sobre os contidos da materia.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumno e da súa participación activa na dinámica da aula.

O horario de titorías presencial poderá adaptarse segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Poderá ser tamén non presencial a través do correo electrónico ou Moodle segundo as necesidades deste alumnado.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation C1 C3 Presentación e defensa oral realizada polo alumno do traballo tutelado proposto polo profesor, na que se valorará a estrutura e contidos da exposición, a claridade da mesma, a adecuación ao tempo establecido e a resposta ás preguntas do profesor.

A data de realización da presentación oral presencial poderá adaptarse segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

15
Supervised projects A16 A17 A18 C1 C3 C8 Traballos propostos polo profesor nos que se valorará a súa orixinalidade, a estrutura e contidos, a claridade e redacción e a amplitude e corrección na aplicación dos contidos da materia.

Nas sesións maxistrais realizaranse tamén pequenos exercicios que se avaliarán neste apartado.

25
ICT practicals A16 A18 C3 C8 Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas mediante a entrega das mesmas e o seguimento continuado das tarefas realizadas.

As prácticas e a súa data de realización poderán adaptarse segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial.
10
Mixed objective/subjective test A16 C1 Avaliación dos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso mediante unha proba escrita final.

A data de realización da proba mixta poderá adaptarse segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial.
50
 
Assessment comments

É obrigatoria a asistencia do alumno, independentemente da súa modalidade de matriculación, ao 80% das sesións. Se non acada dita porcentaxe, a cualificación final do alumno na primeira oportunidade será NON PRESENTADO. Se realiza a proba mixta final sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final do alumno será SUSPENSO cunha nota numérica
global resultado de dividir por dous a suma de tódalas notas obtidas
polo alumno ao longo do curso, tanto na avaliación continuada
do traballo realizado como na proba final.

Os criterios e actividades de avaliación para o alumnado con dispensa académica de exención de asistencia serán os mesmos que os esixidos ao resto do alumnado.

Na segunda
oportunidade realizarase unicamente a proba mixta final na data fixada para o exame no calendario oficial. A nota de presentación oral, traballos tutelados e prácticas a través de TIC será a que se obtivera para a primeira oportunidade mediante a avaliación continuada do traballo do alumno, independentemente da súa modalidade de matriculación. 

Nos traballos da materia as citas e as referencias a calquera texto deben declararse. O uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017. Os contidos incluídos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias. 


Sources of information
Basic José Carlos Tejero Cabello (2005). Cuerpo de profesores de enseñanza secundaria. Nuevos problemas y proyectos de tecnología. MAD
Julio C. Brégains, Paula M. Castro (2012). Electricidad Básica. Problemas resueltos. Starbook
Julio C. Brégains, Paula M. Castro (2013). Electrónica Básica. Problemas resueltos. Starbook
Paula M. Castro, Julio C. Brégains (2014). https://moodle.udc.es/. Aula virtual
(2013). Technology 1-2 ESO, 3 ESO, 4 ESO. EsoBook
José Carlos Tejero Cabello (2004). Tecnologia, problemas y proyectos. Cuerpo de profesores de enseñanza secundaria. MAD
David Cervera Olivares (2010). Tecnología. Complementos de formación disciplinar. GRAÓ
Carretero Ruíz, Pablo (2009). Tecnología. Cuerpo de profesores de enseñanza secundaria. CEP
(2013). Tecnoloxías 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO. Santillana

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Technology for professorship of bachelor/652602212
Didactics of the Technology in the secondary education/652602221
Design. planning and evaluation of didactic offers of Technology in the secondary education/652602222
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E31

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndase o envío dos traballos telematicamente e de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.