Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria Código 652602211
Titulación
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Castro Castro, Paula Maria
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
Profesorado
Bregains Rodriguez, Julio Claudio
Castro Castro, Paula Maria
Correo electrónico
julio.bregains@udc.es
paula.castro@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral Contidos de Tecnoloxía obxecto de ensinanza e aprendizaxe na Educación Secundaria Obrigatoria. Contextos e situacións da contorna axeitados para a aplicación dos contidos curriculares da Tecnoloxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os contidos de Tecnoloxía obxecto de ensinanza e aprendizaxe na ESO. AP15
AP16
AP17
AP18
CM1
CM3
CM8
Coñecer os contextos e situacións da contorna axeitados para a aplicación dos contidos curriculares da Tecnoloxía. AP15
AP16
AP17
AP18
CM1
CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1. Tecnoloxía na Educación Secundaria Obrigatoria 1.1. Introdución á materia no Máster
1.2. A materia de Tecnoloxía na ESO
1.3. Revisión histórica
1.4. A tecnoloxía na nosa vida: contextos e situacións
1.5. O impacto tecnolóxico na sociedade
Bloque 2. Contidos 2.1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos
2.2. Tecnoloxía e sociedade
2.3. Mecanismos e estruturas
2.4. Electricidade e electrónica
2.5. Control e robótica
2.6. Pneumática e hidráulica
2.7. Técnicas de expresión e comunicación
2.8. Materiais de uso técnico
2.9. Hardware e sistemas operativos
2.10. Tecnoloxías da comunicación. Internet

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral C1 C3 C8 5.5 10.5 16
Aprendizaxe servizo C1 C3 C8 5.5 10.5 16
Traballos tutelados A16 A17 A18 C1 C3 C8 0 30 30
Prácticas a través de TIC A16 A18 C3 C8 6 3 9
Proba mixta A16 C1 1 0 1
Sesión maxistral A15 A16 A17 A18 C8 17 34 51
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Presentación na aula dos traballos tutelados propostos polo estudantado.
Aprendizaxe servizo Presentación da aprendizaxe adquirida con traballos tutelados orientados a necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, que se fará a algunha entidade colaboradora para proporcionar un servizo á comunidade.

Esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o estudantado só realizará unha delas. O número de horas totais dedicado polo tanto a esta actividade será a suma das horas planificadas para cada unha, é dicir, 11 horas de traballo presencial e 21 horas de traballo autónomo.
Traballos tutelados Traballos realizados polo estudantado para afondar e afianzar os coñecementos sobre diferentes aspectos das tecnoloxías.

A entrega dos traballos tutelados será flexible segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

Prácticas a través de TIC O/a estudante poderá comprobar a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas utilizaranse diferentes ferramentas propostas polo profesorado.

A entrega das prácticas será flexible segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

Proba mixta Proba de resolución de cuestións e exercicios prácticos sobre os contidos da materia.

Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos da materia de acordo cos resultados de aprendizaxe.


Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Aprendizaxe servizo
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Descrición
Resolver dúbidas do estudantado sobre os contidos da materia.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do estudantado e da súa participación activa na dinámica da aula.

As titorías serán non presenciais a través do correo electrónico institucional, Moodle ou Teams nos horarios establecidos polo profesorado da materia. O horario de titorías poderá adaptarse segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral C1 C3 C8 Presentación e defensa oral dos/das estudantes do traballo tutelado final, na que se valorará a estrutura e contidos da exposición, a claridade da mesma, a adecuación ao tempo establecido e a resposta ás preguntas do profesorado.

A data de realización da presentación oral presencial poderá adaptarse segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.

A calificación correspondente a esta actividade é un 15% da calificación global da materia.

7.5
Aprendizaxe servizo C1 C3 C8 As metodoloxías "aprendizaxe servizo" e "presentación oral", complementadas as dúas co "traballo tutelado final", son excluíntes, polo que o estudantado escollerá entre a realización dunha ou doutra actividade, de tal xeito que a nota correspondente da actividade elixida representa un 25% da nota final. 7.5
Traballos tutelados A16 A17 A18 C1 C3 C8 Recóllense dous tipos de traballos tutelados:

- Traballo tutelado final, no que se valorará a súa orixinalidade, a estrutura e contidos, a claridade e redacción e a amplitude e corrección na aplicación dos contidos da materia (10 puntos).

- Traballos tutelados de avaliación continua (15 puntos).
25
Prácticas a través de TIC A16 A18 C3 C8 Avaliación do traballo realizado polo estudantado nas prácticas mediante a entrega das mesmas e o seguimento continuado das tarefas realizadas.

As prácticas e a súa data de realización poderán adaptarse segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.
10
Proba mixta A16 C1 Avaliación dos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso mediante unha proba final.

A data de realización da proba mixta poderá adaptarse segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.
50
 
Observacións avaliación

É obrigatoria a asistencia dos/das estudantes, independentemente da súa modalidade de matriculación, ao 80% das sesións. Se non acada dita porcentaxe, a cualificación final na primeira oportunidade será NON PRESENTADO. Se realiza a proba mixta final sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final será SUSPENSO cunha nota numérica
global resultado de dividir por dous a suma de todas as notas obtidas ao longo do curso, tanto na avaliación continuada
do traballo realizado como na proba final.

Os criterios e actividades de avaliación para o estudantado con dispensa académica de exención de asistencia serán os mesmos que os esixidos ao resto dos/das estudantes.

Na segunda
oportunidade realizarase unicamente a proba mixta final na data fixada para o exame no calendario oficial. A nota de presentación oral, traballos tutelados e prácticas a través de TIC será a que se obtivera para a primeira oportunidade mediante a avaliación continuada do traballo, independentemente da modalidade de matriculación. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso '0'
na materia na oportunidade correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica José Carlos Tejero Cabello (2005). Cuerpo de profesores de enseñanza secundaria. Nuevos problemas y proyectos de tecnología. MAD
Julio C. Brégains, Paula M. Castro (2012). Electricidad Básica. Problemas resueltos. Starbook
Julio C. Brégains, Paula M. Castro (2013). Electrónica Básica. Problemas resueltos. Starbook
Paula M. Castro, Julio C. Brégains (2014). https://moodle.udc.es/. Aula virtual
José Carlos Tejero Cabello (2004). Tecnologia, problemas y proyectos. Cuerpo de profesores de enseñanza secundaria. MAD
David Cervera Olivares (2010). Tecnología. Complementos de formación disciplinar. GRAÓ
Carretero Ruíz, Pablo (2009). Tecnología. Cuerpo de profesores de enseñanza secundaria. CEP

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tecnoloxía para profesorado de bacharelato/652602212
Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221
Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria/652602222
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E31

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase o envío dos traballos telematicamente e de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías