Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria Código 652602211
Titulación
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Castro Castro, Paula Maria
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
Profesorado
Castro Castro, Paula Maria
Correo electrónico
paula.castro@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral Contidos de Tecnoloxía obxecto de ensinanza e aprendizaxe na Educación Secundaria Obrigatoria. Contextos e situacións da contorna axeitados para a aplicación dos contidos curriculares da Tecnoloxía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os contidos de Tecnoloxía obxecto de ensinanza e aprendizaxe na ESO. AP15
AP16
AP17
AP18
CM1
CM3
CM8
Coñecer os contextos e situacións da contorna axeitados para a aplicación dos contidos curriculares da Tecnoloxía. AP15
AP16
AP17
AP18
CM1
CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Introdución A materia no mestrado
Tecnoloxía na Educación Secundaria Obrigatoria
Contidos BLOQUE 1. O proceso tecnolóxico
BLOQUE 2. Elementos de máquinas, sistemas e robots
BLOQUE 3. Deseño e fabricación
BLOQUE 4. Programación, control e robótica
BLOQUE 5. Documentación e comunicación dixital

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe servizo C1 C3 C8 17 51 68
Traballos tutelados A16 A17 A18 C1 C3 C8 10 20 30
Proba mixta A16 C1 1 4 5
Sesión maxistral A15 A16 A17 A18 C8 7 14 21
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe servizo Aprendizaxe dos contidos curriculares a través dun servizo a persoas con diversidade funcional e/ou cognitiva.
Traballos tutelados Traballos realizados polo estudantado para afondar e afianzar os coñecementos sobre diferentes aspectos das tecnoloxías.
Proba mixta Proba de resolución de cuestións e exercicios prácticos sobre os contidos da materia.

Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos da materia de acordo cos resultados de aprendizaxe.


Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe servizo
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
Resolución de dúbidas do estudantado sobre os contidos da materia.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do estudantado e da súa participación activa na dinámica da aula.

As titorías serán preferentemente non presenciais, a través do correo electrónico institucional, Moodle ou Teams, nos horarios establecidos polo profesorado da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo C1 C3 C8 Avaliación dun proxecto de tecnoloxía realizado nun grupo de traballo, que se presenta nunha feira final orientada a persoas con diversidade funcional e/ou cognitiva. A feira realizarase de xeito presencial na data fixada pola docente. 30
Traballos tutelados A16 A17 A18 C1 C3 C8 Avaliación de traballos tutelados grupais de avaliación continua.
20
Proba mixta A16 C1 Avaliación dos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso mediante unha proba final. Realizarase de xeito presencial na data establecida no calendario académico. 50
 
Observacións avaliación

É obrigatorio o 80% de asistencia á aula dos/das estudantes para a avaliación continua das actividades de aprendizaxe e servizo e traballos tutelados. Se non se cumpren as entregas nas datas sinaladas a
cualificación da asignatura será “Non Presentado”.

A
cualificación será a media ponderada das notas das actividades e
traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na
data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das
partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de
non superar algunha das partes, na segunda oportunidade deberase entregar de novo e/ou repetir
todas as partes non aprobadas (respectivamente, actividades/traballos e/ou proba).  

Normas específicas de avaliación para estudantado con recoñecemento de dispensa académica, segundo as o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER
UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social
do 04/05/2017):
  1. Deberá
    poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se
    isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle
    fora concedido o recoñecemento.
  2. Terán
    que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos
    ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas pola docente. Se
    non se cumpre a entrega na data sinalada a cualificación será "Non Presentado".
O estudantado que, por circunstancias excepcionais, non cumpra a porcentaxe do 80% de asistencia, debe acollerse tamén ao punto 2 indicado anteriormente.

En todos os casos, a asistencia e participación na feira de tecnoloxía é obrigatoria para superar a materia.

A cualificación será “Non Presentado”: a) cando non se complete o proceso de avaliación
continua, nas condicións que figuran nesta guía docente, ou b) cando non se
presente á proba mixta na data oficial de avaliación.


A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria na que se cometa: o/a estudante será cualificado con “Suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira
oportunidade, si fose necesario.



Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero (uso de linguaxe non
sexista, promóvese a participación de alumnos/as...). Tamén se
traballará para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Atenderemos ás situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas, no caso de
producirse.


Fontes de información
Bibliografía básica Julio C. Brégains, Paula M. Castro (2012). Electricidad Básica. Problemas resueltos. Starbook
Julio C. Brégains, Paula M. Castro (2013). Electrónica Básica. Problemas resueltos. Starbook
Paula M. Castro (2023). https://campusvirtual.udc.gal/. Campus virtual
Adriana Dapena, Paula M. Castro, Ana Ares-Pernas (2022). Moving to e-Service Learning in Higher Education. MDPI
Paula M. Castro, Ana Ares-Pernas, Adriana Dapena (2020). Service-Learning Projects in University Degrees Based on Sustainable Development Goals: Proposals and Results. MDPI

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Tecnoloxía para profesorado de bacharelato/652602212
Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221
Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria/652602222
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E31

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase o envío dos traballos telematicamente e de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías