Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Tecnoloxía para profesorado de bacharelato Código 652602212
Titulación
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Perez Rodriguez, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.perez@udc.es
Profesorado
Perez Rodriguez, Jose Antonio
Tobar Vidal, María José
Correo electrónico
jose.antonio.perez@udc.es
maria.jose.tobar@udc.es
Web
Descrición xeral Na presente asignatura analízanse os contidos fundamentais das materias de Tecnoloxía Industrial I y II de bacharelato, definidas de acordo co Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria e o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real Decreto 1105/2014, de 26 de decembro, polo que se establece o curriculo básico da educación secundaria obligatoria e do bacharelato.

Competencias do título
Código Competencias do título
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Unha vez completado o curso, o alumno será capaz de analizar e comprender os principais contidos e aspectos de interés das materias de Tecnoloxía Industrial I e II de bacharelato. AP16
AP17
AP18
AP19
CM6
CM7
CM8
Dun modo complementario, ademais dos coñecementos anteriores, propios da asignatura, o alumno desenvolverá as súas habilidades de traballo en equipo, procura de información e manexo de bibliografía, redacción de documentos, exposición e defensa en público e análisis crítico, entre outros. AP19
CM1
CM3
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos de Tecnoloxía Industrial Os procesos e os productos da tecnoloxía.
Procesos de fabricación.
Principales materiais de uso industrial.
Elementos de máquinas e sistemas.
Sistemas automáticos: control e programación de sistemas automáticos.
Actuadores: circuitos neumáticos e oleohidráulicos.
Recursos enerxéticos.
Fundamentos de Electrotecnia e Electrónica Fundamentos e fenómenos eléctricos.
Fundamentos e fenómenos electromagnéticos.
Circuitos eléctricos.
Máquinas eléctricas.
Electrónica.
Instalacións eléctricas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A19 C1 C3 C7 C8 2 20 22
Actividades iniciais A16 1 0 1
Proba obxectiva A16 A17 A18 A19 1 10 11
Sesión maxistral A16 A17 A18 A19 C3 C6 C7 C8 18 20 38
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Os alumnos deberán preparar un traballo de curso analizando en profundidade os contidos, os obxetivos, as metodoloxías e os criterios de avaliación de algún tema ou aspecto específico do temario.
Actividades iniciais Presentación da materia.
Proba obxectiva Os alumnos deberán realizar na data programada polo Centro, un examen final sobre os contidos da materia.
Sesión maxistral Nas clases maxistrais presentaranse os contidos básicos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Para a consulta de calquer aspecto que os alumnos consideren oportuno, os alumnos tenrán a disposición as seis horas semanais que o profesor dedica con carácter xeral a titorías, así como os tempos de descanso entre clases.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A16 A17 A18 A19 Os alumnos deberán realizar na data programada polo Centro, un examen final sobre os contidos da materia. 30
Sesión maxistral A16 A17 A18 A19 C3 C6 C7 C8 Entre outros aspectos valorarase a asistencia e a participación activa nas clases. 5
Traballos tutelados A19 C1 C3 C7 C8 Os alumnos deberán preparar un traballo de curso analizando en profundidade os contidos, os obxetivos, as metodoloxías e os criterios de avaliación de algún tema ou aspecto específico do temario. 65
 
Observacións avaliación
De acordo con a normativa vixente no Máster, para a superación da materia, os alumnos deberán asistir como mínimo ao 80% das clases presenciais, caso no que se evaluará de acordo cos baremos indicados na parte superior.

Como excepción, no caso de que algún alumno conte con dispensa académica que o exima de asistencia a clase, deberá comunicalo ós profesores da materia a principio de curso e para supera-la materia, ademáis de entrega-lo traballo tutelado, deberá realizar unha proba obxetiva específica na data establecida polo Centro, cunha ponderación do 50% da nota final, estando reservado o outro 50% para o traballo.


Fontes de información
Bibliografía básica A. Sedra, C. Smith (2006). Circuitos Microelectronicos. 5ª edición. Mc Graw Hill
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia (2015). Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria e o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Doga
J. E. Shigley, R. Budynas, K. Nisbett (2008). Diseño en Ingeniería Mecánica de Shigley.8ª edición. McGraw Hill
K. Ogata (2009). Ingeniería de Control Moderna. 5ª edición. Pearson
S. Kalpakjian, S. R. Schmid (2008). Manufactura, Ingeniería y Tecnología. 5ª edición. Prentice Hall
J. Fraile Mora (2008). Máquinas Eléctricas. 6ª edición. Mc Graw Hill
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2015). Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato. BOE
S. Val, J. A. González, J. Ibáñez, J. L. Huertas, S. Torres (2008). Tecnología Industrial II. Mc Graw Hill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías