Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria Código 652602221
Titulación
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Anta Fernandez, Maria Del Pilar
Correo electrónico
pilar.anta@udc.es
Profesorado
Anta Fernandez, Maria Del Pilar
Correo electrónico
pilar.anta@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Nesta materia trataremos de dar resposta ás necesidades de formación dos futuros docentes sobre a actuación na aula. E, é que ante a diversidade educativa e a especificidade das materias tecnolóxicas, cabe revisar as actividades a realizar na aula así como as relacións interpersoais que se establecen.

Así abordaremos a análise de distintas metodoloxías e estratexias para levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe da tecnoloxía, poñendo o acento na aprendizaxe e buscando dar ao alumno un papel activo de construtor do seu coñecemento.

Tendo sempre moi presente que nesta especialidade contamos con espazos propios como a aula-taller e, en menor medidia, as aulas de informática. Polo que traballaremos os modelos de actuación nas mesmas, que relacións favorecer, como abordar os distintos curriculums a través da proposta de actividades, que agrupamentos realizar ou que recursos empregar.
Baseándonos sempre na análise de casos e a aplicación dos distintos modelos estudados en función dos propios criterios do alumno.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender e valorar as materias de tecnoloxía coma un conxunto de componentes: científico, técnico, metodolóxico, de representación gráfica, económico, social, cultural e histórico. AP15
AP19
CM7
Coñecer, empregar e valorar a diferente metodoloxía coma un medio para alacanzar os obxectivos didácticos. AP21
AP25
AP27
CM3
Coñecer a metodoloxía propia da aprendizaxe por proxectos, realizando una correcta planificación que teña en conta os diferentes factores que interveñen no proceso de E-A. AP15
AP19
AP21
CM3
CM7
Coñecer os fundamentos do método de análise e realizar unha correcta planificación, tendo en conta os diferentes factores que intervenñen no proceso de E-A. AP15
AP19
AP21
CM3
CM7
Adaptar a metodoloxía empregada na aula aos contidos, ao alumnado e á fase de E-A, co obxectivo de conseguir clases motivadoras, variadas e activas, afastadas do modelo tradicional e convertendo ao alumnado en construtor do seu propio coñecemento. AP15
AP19
AP20
AP21
AP22
CM3
Identificar as diferentes actividades que podemos realizar na aula para planificalas e aplicalas axeitadamente. AP19
AP20
AP21
CM3
Elaborar actividades para aplicar nas diferentes situacións didácticas adaptándoas correctamente ao proceso de E-A, secuenciandoas e temporalizandoas segundo criterios pedagóxicos e didácticos. AP20
AP21
AP22
CM3
CM7
Coñecer os diferentes recursos dos que se disponen, tanto na aula como no centro para poder disponer deles planificando o seu uso de maneira pedagóxica e axeitada ás actividades. AP20
AP21
CM3
CM7
Incoporar as TIC nas actividades de aula para darlle ao alumno un papel activo no proceso de E-A e contribuír á adquisición das competencias básicas. AP20
AP23
CM3
Desenvolver criterios para a creación de agrupamentos na aula en función das necesidades do alumnado e do proceso de E-A. AP18
AP22
AP27
CM7
Coñecer e deseñar procedementos de avaliación seleccionando os instrumentos máis idóneos a cada momento do proceso de E-A, valorando as estratexias a empregar para corrixir e reorientar o proceso educativo. AP20
AP22
AP24
AP27
CM7

Contidos
Temas Subtemas
A natureza da tecnoloxía. A aprendizaxe da tecnoloxía.
A construcción do coñecemento e o seu uso.
A comprensión da tecnoloxía. Componentes: Científico, técnico e metodolóxico
De representación gráfica e verbal
Económico e de organización
Social, cultural e histórico
Tipos de actividades Pechadas
Abertas
Libres
Metodoloxía de traballo en tecnoloxía Método de análise
Método de proxectos
Incorporación das TIC
Materiais e recursos Específicos da aula-taller
TIC
Libro de texto
A avaliación en tecnoloxía Procedementos
Instrumentos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A15 2 0 2
Estudo de casos A18 A19 A21 A24 8 8 16
Lecturas A15 A18 A19 A24 3 3 6
Análise de fontes documentais A15 A19 A21 4 4 8
Simulación A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 10 40 50
Saídas de campo A18 4 8 12
Discusión dirixida A18 2 4 6
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Estudo de casos Análise de casos prácticos presentados polo docente.
Lecturas Lectura de material bibliográfico e da web e busca e selección de información sobre situacións e estratexias didácticas.
Análise de fontes documentais Análise de bibliografía e materiais didácticos da especialidade.
Simulación SIMULACIÓN DO MÉTODO DE PROXECTO:
O alumnado debe partir dun problema e seguir todas fases do método, desde o punto de vista do profesor e desde o punto de vista do alumno.
Como profesor:
Elabora a proposta que debe incluír a metodoloxía de traballo, así como nivel, unidade/s didácticas relacionadas, intencionalidade da proposta, competencias desenvolvidas, momento temporal no curso, agrupamentos e criterios seguidos, necesidades organizativas (material, ferramenta,...), dificultades para o alumno ...

Como alumno:
Elabora o anteproxecto, presentando un informe.
Realiza a súa construción, presentando o prototipo e o diario de taller.
Realiza a avaliación e elabora a memoria do prototipo.

• A EXTENSIÓN DO TRABALLO ESCRITO SERÁ DE 30 PÁXINAS MÁXIMO E 15 PÁXINAS MÍNIMO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF. OS PLANOS ENTREGARANSE EN PDF.
• DEBERASE INCLUIR UN ÍNDICE PAXINADO
• ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE
• O PROTOTIPO DEBE ENTREGARSE NA AULA EXPOÑENDO A IDEA E O PROCESO SEGUIDO, PARA O QUE CONTARÁ CADA ALUMNO CON 5-10 MINUTOS



Saídas de campo Esta actividade realizarase en dúas fases:
A primeira en grande grupo na que se realizará unha visita guiada a algún centro ou institución de interese tecnolóxico.
A segunda en pequeno grupo, 3 ou 4 alumnos, segundo o acordo ao que se chegue na aula. Na que se estudarán os aspectos didácticos da actividade. Elaborando un informe no que se inclúan os seguintes apartados:
Índice paxinado
Fundamentación teórica que xustifique a metodoloxía empregada na proposta.
Proposta didáctica na que se contemplen actividades previas, a propia visita e actividades posteriores á visita.
Conclusións
Referencias bibliográficas
Anexo. Avaliación do traballo do grupo no que se reflicta claramente as responsabilidades de cada membro.
Discusión dirixida Servirá como contraste da avaliación das distintas actividades.
Cada alumno deberá presentar aos compañeiros os traballos realizados e se comentarán as distintas metodoloxías propostas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Estudo de casos
Análise de fontes documentais
Descrición
Resolver dúbidas do alumnado en modalidade presencial, a través de titorías previamente solicitadas, ou modalidade virtual, a través do correo eléctronico e foros na aula virtual.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumnado en función das súas características persoais.

Seguimento e fomento da participación activa do alumnado na dinámica de aula.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 Traballo individual tutelado de deseño e realización dunha actividade seguindo O MÉTODO DE PROXECTOS en contextualizado nunha das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato. (non se admitirá de ningunha outra materia)
Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
1. contemplar significativamente os apartados especificados, tanto na parte correspondente ao profesor coma a do alumno
2. non empregar metodoloxías de profesor transmisor do coñecemento
3. integrar significativamente as TIC
4. estar temporalizada para un mínimo de 8 sesión
5. debe estar tutorizada pola docente de xeito que se realicen, alomenos, tres revisións por esta antes da súa entrega definitiva.
6. empregar os curriculumns vixentes no momento de realización da mesma
7. os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
8. seguir o formato establecido
9. ser entregado a través de MOODLE no plazo acordado na aula
50
Discusión dirixida A18 Fará as veces de exposición de traballos e proba final, servindo de contraste co resto dos traballos entregados. 30
Saídas de campo A18 Traballo en pequeno grupo tutelado de deseño e realización dunha actividade complementaria e contextualizado nunha das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato. (non se admitirá de ningunha outra materia)
Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
1. realizar a visita co grupo aula o día estipulado
2. contemplar significativamente os apartados especificados para a actividade
3. non empregar unha metodoloxía de profesor transmisor do coñecemento
4. integrar significativamente as TIC
5. estar temporalizada para un mínimo de 8 sesións, a maiores das empregadas para a visita
6. debe estar tutorizada pola docente de xeito que se realicen, alomenos, tres revisións por esta antes da súa entrega definitiva.
7. empregar os curriculumns vixentes no momento de realización da mesma
8. os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
9. seguir o formato establecido
10. ser entregado, a través de MOODLE, no plazo acordado na aula

CADA ALUMNO IDENTIFICARÁ CLARAMENTE A SÚA RESPONSABILIDADE DENTRO DO TRABALLO ENTREGADO, DE XEITO QUE SE PODA AVALIAR O SEU TRABALLO DESDE UNHA PERSPECTIVA INDIVIDUAL E OUTRA COLABORATIVA. TENDO CADA UNHA DELAS UN 50% DE PESO NA CUALIFICACIÓN FINAL.
20
 
Observacións avaliación
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.

Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traallos, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5).

Se o alumno non acada o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado.

O alumnado que na primeira oportunidade non obtivese unha cualificación final positiva (5) ou de non presentado, realizará unha proba escrita sobre os contidos traballados que terá á súa disposición no curso correspondente de MOODLE, deberá obter unha cualificación positiva na mesma para que se avalíen os traballos do curso.

A cualificación final da 2ª oportunidade a media aritmética da nota da proba escrita e as dos traballos presentados, sendo o requisito imprescindible obter o aprobado previo en ámbalas dúas partes.


Fontes de información
Bibliografía básica Medina, A. (2008). Didáctica. Madrid: Universitas
Cervera, D. (coord.) (2010). Didáctica de la Tecnología. Barcelona: Graó
Vázquez, A. (2010). Didáctica de la Tecnología. ´Madrid: Síntesis
Ministerio de educación (2010). Didáctica de la Tecnología. Barcelona: Graó
González, L. en Baigorri, J. (coord) (1997). Estrategias y recursos didácticos en Enseñar y aprender tecnología en la educación secundaria. Barcelona: Horsori

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria/652602211
Tecnoloxía para profesorado de bacharelato/652602212

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria/652602222

Materias que continúan o temario
Practicum/652602206
Traballo fin de Mestrado/652602207

Observacións
Recomendase relacionar os traballos realizados nesta materia cos realizados na de Deseño, planificación e avalición de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria. Así como co Practicum e TFM.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías