Identifying Data 2017/18
Subject (*) Didactics of the Technology in the secondary education Code 652602221
Study programme
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatoria 4
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Anta Fernandez, Maria Del Pilar
E-mail
pilar.anta@udc.es
Lecturers
Anta Fernandez, Maria Del Pilar
E-mail
pilar.anta@udc.es
Web http://moodle.udc.es
General description Nesta materia trataremos de dar resposta ás necesidades de formación dos futuros docentes sobre a actuación na aula. E, é que ante a diversidade educativa e a especificidade das materias tecnolóxicas, cabe revisar as actividades a realizar na aula así como as relacións interpersoais que se establecen.

Así abordaremos a análise de distintas metodoloxías e estratexias para levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe da tecnoloxía, poñendo o acento na aprendizaxe e buscando dar ao alumno un papel activo de construtor do seu coñecemento.

Tendo sempre moi presente que nesta especialidade contamos con espazos propios como a aula-taller e, en menor medidia, as aulas de informática. Polo que traballaremos os modelos de actuación nas mesmas, que relacións favorecer, como abordar os distintos curriculums a través da proposta de actividades, que agrupamentos realizar ou que recursos empregar.
Baseándonos sempre na análise de casos e a aplicación dos distintos modelos estudados en función dos propios criterios do alumno.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comprender e valorar as materias de tecnoloxía coma un conxunto de componentes: científico, técnico, metodolóxico, de representación gráfica, económico, social, cultural e histórico. AJ15
AJ19
CC7
Coñecer, empregar e valorar a diferente metodoloxía coma un medio para alacanzar os obxectivos didácticos. AJ21
CC3
Coñecer a metodoloxía propia da aprendizaxe por proxectos, realizando una correcta planificación que teña en conta os diferentes factores que interveñen no proceso de E-A. AJ15
AJ19
AJ21
CC3
CC7
Coñecer os fundamentos do método de análise e realizar unha correcta planificación, tendo en conta os diferentes factores que intervenñen no proceso de E-A. AJ15
AJ19
AJ21
CC3
CC7
Adaptar a metodoloxía empregada na aula aos contidos, ao alumnado e á fase de E-A, co obxectivo de conseguir clases motivadoras, variadas e activas, afastadas do modelo tradicional e convertendo ao alumnado en construtor do seu propio coñecemento. AJ15
AJ19
AJ21
CC3
Identificar as diferentes actividades que podemos realizar na aula para planificalas e aplicalas axeitadamente. AJ19
AJ21
CC3
Elaborar actividades para aplicar nas diferentes situacións didácticas adaptándoas correctamente ao proceso de E-A, secuenciandoas e temporalizandoas segundo criterios pedagóxicos e didácticos. AJ21
CC3
CC7
Coñecer os diferentes recursos dos que se disponen, tanto na aula como no centro para poder disponer deles planificando o seu uso de maneira pedagóxica e axeitada ás actividades. AJ21
CC3
CC7
Incoporar as TIC nas actividades de aula para darlle ao alumno un papel activo no proceso de E-A e contribuír á adquisición das competencias básicas. AJ23
CC3
Desenvolver criterios para a creación de agrupamentos na aula en función das necesidades do alumnado e do proceso de E-A. AJ19
CC7
Coñecer e deseñar procedementos de avaliación seleccionando os instrumentos máis idóneos a cada momento do proceso de E-A, valorando as estratexias a empregar para corrixir e reorientar o proceso educativo. AJ24
CC7

Contents
Topic Sub-topic
A natureza da tecnoloxía. A aprendizaxe da tecnoloxía.
A construcción do coñecemento e o seu uso.
A comprensión da tecnoloxía. Componentes: Científico, técnico e metodolóxico
De representación gráfica e verbal
Económico e de organización
Social, cultural e histórico
Tipos de actividades Pechadas
Abertas
Libres
Metodoloxía de traballo en tecnoloxía Método de análise
Método de proxectos
Incorporación das TIC
Materiais e recursos Específicos da aula-taller
TIC
Libro de texto
A avaliación en tecnoloxía Procedementos
Instrumentos

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A15 2 0 2
Case study A18 A19 A21 A24 8 8 16
Workbook A15 A18 A19 A24 3 3 6
Document analysis A15 A19 A21 4 4 8
Simulation A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 10 40 50
Field trip A18 4 8 12
Directed discussion A18 2 4 6
 
Personalized attention 0 0
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Case study Análise de casos prácticos presentados polo docente.
Workbook Lectura de material bibliográfico e da web e busca e selección de información sobre situacións e estratexias didácticas.
Document analysis Análise de bibliografía e materiais didácticos da especialidade.
Simulation SIMULACIÓN DO MÉTODO DE PROXECTO:
O alumnado debe partir dun problema e seguir todas fases do método, desde o punto de vista do profesor e desde o punto de vista do alumno.
Como profesor:
Elabora a proposta que debe incluír a metodoloxía de traballo, así como nivel, unidade/s didácticas relacionadas, intencionalidade da proposta, competencias desenvolvidas, momento temporal no curso, agrupamentos e criterios seguidos, necesidades organizativas (material, ferramenta,...), dificultades para o alumno ...

Como alumno:
Elabora o anteproxecto, presentando un informe.
Realiza a súa construción, presentando o prototipo e o diario de taller.
Realiza a avaliación e elabora a memoria do prototipo.

• A EXTENSIÓN DO TRABALLO ESCRITO SERÁ DE 30 PÁXINAS MÁXIMO E 15 PÁXINAS MÍNIMO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF. OS PLANOS ENTREGARANSE EN PDF.
• DEBERASE INCLUIR UN ÍNDICE PAXINADO
• ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE
• O PROTOTIPO DEBE ENTREGARSE NA AULA EXPOÑENDO A IDEA E O PROCESO SEGUIDO, PARA O QUE CONTARÁ CADA ALUMNO CON 5-10 MINUTOS



Field trip Esta actividade realizarase en dúas fases:
A primeira en grande grupo na que se realizará unha visita guiada a algún centro ou institución de interese tecnolóxico.
A segunda en pequeno grupo, 3 ou 4 alumnos, segundo o acordo ao que se chegue na aula. Na que se estudarán os aspectos didácticos da actividade. Elaborando un informe no que se inclúan os seguintes apartados:
1. Índice paxinado
2. Intencionalidade da proposta
3. Fundamentación teórica que xustifique a metodoloxía empregada na proposta (dividida en partes por cada membro do equipo, de xeito que cada un estude un aspecto diferente e se chegue a unha fundamentación final)
4. Proposta didáctica na que se contemplen actividades previas, a propia visita e actividades posteriores á visita (dividida segundo os membros do equipo)
5. Conclusións individuais de cada membro do equipo e conclusión grupal.
6. Referencias bibliográficas
Anexo. Avaliación do traballo do grupo no que se reflicta claramente as responsabilidades de cada membro.
CADA ESTUDANTE TERÁ PARTICIPACIÓN EN TODOS OS APARTADOS
A EXTENSIÓN DO TRABALLO ESCRITO SERÁ DE 6 PÁXINAS MÁXIMO E 4 PÁXINAS MÍNIMO POR MEMBRO DO GRUPO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF.
• DEBERASE INCLUIR UN ÍNDICE PAXINADO
• ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE

Directed discussion Servirá como contraste da avaliación das distintas actividades.
Cada alumno deberá presentar aos compañeiros os traballos realizados e se comentarán as distintas metodoloxías propostas.

Personalized attention
Methodologies
Simulation
Case study
Document analysis
Description
MODALIDADE PRESENCIAL
Seguimento e fomento da participación activa do alumnado na dinámica de aula.

Resolución de dúbidas do, a través de titorías presenciais previamente solicitadas, ou virtualmente, a través do correo eléctronico e foros na aula virtual.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumnado en función das súas características persoais.

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA

Debido ás características do curso non se plantea esta posibilidade.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Simulation A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 Traballo individual tutelado de deseño e realización dunha actividade seguindo O MÉTODO DE PROXECTOS en contextualizado nunha das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato. (non se admitirá de ningunha outra materia)
Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
1. contemplar significativamente os apartados especificados, tanto na parte correspondente ao profesor coma a do alumno
2. non empregar metodoloxías de profesor transmisor do coñecemento
3. integrar significativamente as TIC
4. estar temporalizada para un mínimo de 8 sesión
5. debe estar tutorizada pola docente de xeito que se realicen, alomenos, tres revisións por esta antes da súa entrega definitiva.
6. empregar os curriculumns vixentes no momento de realización da mesma
7. os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
8. seguir o formato establecido
9. ser entregado a través de MOODLE no plazo acordado na aula
50
Directed discussion A18 Fará as veces de exposición de traballos e proba final, servindo de contraste co resto dos traballos entregados. 30
Field trip A18 Traballo en pequeno grupo tutelado de deseño e realización dunha actividade complementaria e contextualizado nunha das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato. (non se admitirá de ningunha outra materia)
Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
1. realizar a visita co grupo aula o día estipulado
2. contemplar significativamente os apartados especificados para a actividade
3. non empregar unha metodoloxía de profesor transmisor do coñecemento
4. integrar significativamente as TIC
5. estar temporalizada para un mínimo de 8 sesións, a maiores das empregadas para a visita
6. debe estar tutorizada pola docente de xeito que se realicen, alomenos, dúas revisións por esta antes da súa entrega definitiva.
7. empregar os curriculumns vixentes no momento de realización da mesma
8. os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
9. seguir o formato establecido
10. ser entregado, a través de MOODLE, no plazo acordado na aula

CADA ALUMNO IDENTIFICARÁ CLARAMENTE A SÚA RESPONSABILIDADE DENTRO DO TRABALLO ENTREGADO, DE XEITO QUE SE PODA AVALIAR O SEU TRABALLO DESDE UNHA PERSPECTIVA INDIVIDUAL E OUTRA COLABORATIVA. TENDO CADA UNHA DELAS UN 50% DE PESO NA CUALIFICACIÓN FINAL.
20
 
Assessment comments
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.

Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traallos, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5).

Se o alumno non acada o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado.

O alumnado que na primeira oportunidade non obtivese unha cualificación final positiva (5) ou de non presentado, realizará unha proba escrita sobre os contidos traballados que terá á súa disposición no curso correspondente de MOODLE, deberá obter unha cualificación positiva na mesma para que se avalíen os traballos do curso.

A cualificación final da 2ª oportunidade a media aritmética da nota da proba escrita e as dos traballos presentados, sendo o requisito imprescindible obter o aprobado previo en ámbalas dúas partes.


Sources of information
Basic Medina, A. (2008). Didáctica. Madrid: Universitas
Cervera, D. (coord.) (2010). Didáctica de la Tecnología. Barcelona: Graó
Vázquez, A. (2010). Didáctica de la Tecnología. ´Madrid: Síntesis
Ministerio de educación (2010). Didáctica de la Tecnología. Barcelona: Graó
González, L. en Baigorri, J. (coord) (1997). Estrategias y recursos didácticos en Enseñar y aprender tecnología en la educación secundaria. Barcelona: Horsori

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Technology for professorship of secondary obligatory education/652602211
Technology for professorship of bachelor/652602212

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Design. planning and evaluation of didactic offers of Technology in the secondary education/652602222

Subjects that continue the syllabus
Practicum/652602206
Final Dissertation/652602207

Other comments
Recomendase relacionar os traballos realizados nesta materia cos realizados na de Deseño, planificación e avalición de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria. Así como co Practicum e TFM. Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.