Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria Código 652602222
Titulación
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pardo Carabias, Cristina
Correo electrónico
cristina.pardo.carabias@udc.es
Profesorado
Pardo Carabias, Cristina
Correo electrónico
cristina.pardo.carabias@udc.es
Web http://http://https://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/
Descrición xeral Esta materia ten un carácter integral no sentido de integrar as aprendizaxes desenvolvidas nos módulos de Tecnoloxía para o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Tecnoloxía para o profesorado de Bacharelato e Didáctica da Tecnoloxía na Educación Secundaria.
Durante o desenvolvemento desta materia achegarase ao alumando ás estratexias de deseño de unidades de traballo e a autoavaliación das mesmas, para buscar a mellora continua do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao mesmo tempo, aproximarase á dinámica dos métodos de traballo, afondarase no currículo oficial das distintas materias que integran a especialidade, ademais de traballar con recursos didácticos e técnicos propios das áreas tecnolóxicas, buscando métodos de organización racional destes dentro da aula-taller.

Competencias do título
Código Competencias do título
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Proponer e elaborar propostas de intervención na aula para os distintos niveis e materias, transformando os curriculums vixentes en programacións de actividades de traballo. AP20
AP22
AP25
AP27
CM3
CM7
Coñecer e valorar a importancia de todos os elementos curriculares que deben formar parte da programación do departamento de Tecnoloxía. CM7
Valorar a importancia dos contidos procedimentais dentro da área de Tecnoloxía e reflectilo na proposta de unidades de traballo. CM3
CM7
Aplicar metodoloxías diversas no deseño de unidades didácticas, afastándose do modelo tradicional de rofesor transmisor de coñecemento, e buscando que o alumno sexa o construtor do seu propio aprendizaxe. AP20
AP23
AP27
CM3
CM7
Integrar significativamente o uso das novas tecnoloxías no deseño das unidades didácticas, empregando novas metodoloxías que convirtan ao alumno en construtor do seu propio coñecemento, de xeito que se poda falar de TAC e non só de TIC. AP20
AP23
CM3
CM7
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación, entendendo esta coma un proceso integrado no proceso de E-A, buscando a avaliación do proceso e non do resultado e integralas nas súas propostas de traballo na aula. AP20
CM7

Contidos
Temas Subtemas
O curriculum oficial ESO
Bacharelato
Análise de propostas didácticas xa elaboradas a selección de contidos
a formulación e secuencia de obxectivos
a metodoloxía de ensino aprendizaxe
o deseño de actividades
as estratexias de avaliación
Propostas didácticas para o ensino da Tecnoloxía. Deseño
Planificación
Avaliación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A20 A22 A27 1 0 1
Sesión maxistral A20 A25 A27 2 4 6
Glosario A20 A23 1 0 1
Aprendizaxe colaborativa A20 A22 A23 A25 4 8 12
Foro virtual A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 5 5 10
Lecturas A25 A27 C7 1 2 3
Estudo de casos A20 A23 A25 A27 C7 3 7.5 10.5
Traballos tutelados A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 6 39 45
Prácticas de laboratorio A20 A22 A23 A25 A27 C3 4 4 8
Proba obxectiva A20 A22 A25 A27 1 2 3
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para levar a cabo na aula co obxectivo de coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado de cara á materia. Posteriormente, darase a coñecer os obxectivos e competencias a adquirir na materia, así coma a forma de traballar na mesma.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte da/do docente, buscando ao mesmo tempo a participación do alumnado.
Glosario Recurso que consiste na explicación dun conxunto de termos ou conceptos propios materia.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en pequeno grupo que se leva a cabo para resolver tarefas asignadas pola/polo docente para optimizar o propio proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.
Foro virtual Espazo de comunicación entre o alumnado e a/o docente, así coma entre as/os estudantes para traballar os contidos da materia. Valorarase o contido das achegas feitas. Ditas achegas teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas pola/polo docente.
Lecturas Busca e lectura de material bibliográfico para a realización de tarefas e para levar a cabo o traballo tutelado.
Estudo de casos Análise de programacións de aula presentadas pola/polo docente.
Traballos tutelados Traballo grupal tutelado que consistirá no deseño, planificación e avaliación dunha Unidade Didáctica (UD), cuios apartados serán especificados nas sesións de clase.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación ambiental.
- Estar titorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías da/do docente.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice do informe.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Prácticas de laboratorio Traballo a realizar no laboratorio ou na aula sobre aspectos concretos da materia de Tecnoloxía, seguindo guións e utilizando recursos e materiais habituais nos centros de ensino de secundaria.
Proba obxectiva Proba escrita individual utilizada para avaliar os coñecementos adquiridos ao longo da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Foro virtual
Traballos tutelados
Lecturas
Estudo de casos
Descrición
Resolver dúbidas do alumnado a través de titorías previamente solicitadas (as titorías poden ser presenciais ou por TEAMS), o a través do correo electrónico.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumnado en función das súas características persoais.

Seguimento e fomento da participación activa do alumnado na dinámica de aula.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.

Valorarase o contido das achegas feitas. Ditas achegas teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas pola/polo docente.
20
Proba obxectiva A20 A22 A25 A27 Proba escrita individual na que se avaliará os coñecementos adquiridos ao longo da materia, incidindo nos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino-aprendizaxe.

Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”:
1. “Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.”.
2. “Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.”
3. “A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.”
30
Traballos tutelados A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 Traballo grupal tutelado que consistirá no deseño, planificación e avaliación dunha Unidade Didáctica (UD), cuios apartados serán especificados nas sesións de clase.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación ambiental.
- Estar titorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías da/do docente.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice do informe.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria da materia).
50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Na primeira
oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres
traballos (foro virtual, traballo tutelado e proba escrita), debendo obter en
cada unha das partes un aprobado (5 ou superior). 

Se o/a estudante non acada o 80% de asistencia, non se avaliará o
traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non
presentado.

O alumnado que na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria)
non obtivese unha cualificación final positiva (5 ou superior), realizará os
traballos que na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de suspenso
(foro virtual, traballo tutelado e proba escrita). Nótese que as tarefas do
foro virtual presentaranse en forma de portafolio. Deste xeito, a cualificación
final da segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria) será a media
ponderada das notas dos tres traballos (foro virtual, traballo tutelado e proba
escrita), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou
superior). 

O alumnado con dispensa académica terá as mesmas condicións que o
alumnado non asistente ao 80% da docencia. Deste xeito, o alumnado que non se
tivera presentado na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria) ou con
dispensa académica realizará os tres traballos (foro virtual, traballo tutelado
e proba escrita), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou
superior). Nótese que as tarefas do foro virtual presentaranse en forma de
portafolio. Ademais, dito alumnado terá que realizar unhas actividades
deseñadas pola/polo docente que debe de entregar no prazo acordado con este,
sendo requisito para aprobar a materia. Deste xeito, a cualificación final será
a media ponderada das notas dos tres traballos (foro virtual-tarefas presentadas
en forma de portafolio-, traballo tutelado e proba escrita), debendo obter en
cada unha das partes un aprobado (5 ou superior).


Fontes de información
Bibliografía básica Shipstone (1992). ). Capítulo III: Electricidad en circuitos sencillos. En Driver et al. (Eds.), Ideas científicas en la infancia y la adolescencia (páginas 62-88). Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia y Ediciones Morata
Sanmartí (2007). 10 ideas clave: evaluar para aprender. Barcelona: Graó
Martínez de Carvajal Hedrich (2019). 150 proyectos con LEGO Mindstorms : tecnología, instrumentación, robótica. Barcelona: Editorial Ernesto Martínez de Carvajal Hedrich
Martínez de Carvajal Hedrich (2015). 50 proyectos tecnológicos: robótica e impresión 3D. Barcelona: EMCH Techbooks
Huerta (2020). Arte, género y diseño en educación digital. Valencia: Tirant Humanidades
Sanmartí (2002). Didáctica de las Ciencias en la Educación Secundaria Obligatoria. España: Mininsterio de Educación y Ciencia
Varela et al. (2000). Electricidad y magnetismo. España: Síntesis
Baigorri et al. (1997). Enseñar y aprender Tecnología en la Educación Secundaria. Barcelona: ICE Horsori
Sanmartí (2021). Evaluar y aprender: un único proceso. Barcelona: Ediciones Octaedro
López Cubino (1998). La evaluación en el área de Tecnología. Educación Secundaria Obligatoria. Salamanca: Amarú
Gómez Gilaberte et al. (2017). Tecnología, programación y robótica: proyectos tecnológicos. San Sebastián: Editorial Donostiarra
Sánchez Rivas et al. (2020). Tecnologías de la información y la comunicación en contextos educativos. España: Síntesis
Salinas (2002). ¡Mañana examen! La evaluación. entre la teoría y la realidad. Barcelona: Graó

Bibliografía complementaria Moreno Márquez et al. (2017). Tecnología 2º ESO, Galicia. Madrid: Oxford University Press
Blázquez Merino (2016). Tecnología 4º ESO. Madrid: Anaya
Rodrigo Vigil et al (2016). Tecnología 4º ESO. Madrid: Anaya
Arboledas (2016). Tecnología 4º ESO. Madrid: SM
Cedenilla Magán et al. (2019). Tecnología B. ESO. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana
Heras Iraola (2017). Tecnología Industrial I. 1º Bachillerato. Madrid: McGraw-Hill Education
Val Blasco (2017). Tecnología Industrial II. 2º Bachillerato. Madrid: McGraw-Hill Education
Gómez Gilaberte et al. (2017). Tecnología, programación y robótica, 3º ESO. San Sebastián: Editorial Donostiarra
Bláquez Merino (2020). Tecnología, programación y robótica. 3º ESO. Madrid: Anaya
Arboledas et al. (2016). Tecnología. Programación y robótica. 2º ESO. Madrid: SM
Lampero García et al. (2015). Tecnología. Proyectos tecnológicos: diseño, impresión 3D, montaje y programación. ESO: Serie construye. Madrid: Santillana
Prieto Renieblas (2016). Tecnología. Serie Construye. 4º ESO. Saber Hacer. Madrid: Santillana
Armada Simancas et al. (2015). Tecnología: el trabajo en Tecnología. ESO: Serie construye. Madrid: Santillana
Armada Simancas et al. (2015). Tecnología: Electricidad. ESO: Serie construye. Madrid: Santillana
Armada Simancas et al. (2015). Tecnología: Electrónica. ESO: Serie construye. Madrid: Santillana
Prieto Renieblas (2015). Tecnología: iniciación a la programación. ESO: Serie construye. Madrid: Santillana
Armada Simancas et al. (2015). Tecnología: Materiales I. ESO: Serie construye. Madrid: Santillana
Armada Simancas et al. (2015). Tecnología: Materiales II. ESO: Serie construye. Madrid: Santillana
Armada Simancas et al. (2015). Tecnología: Mecánica. ESO: Serie construye. Madrid: Santillana
Lampero García et al. (2015). Tecnología: programación, control y robótica. ESO: Serie construye. Madrid: Santillana
López Werner et al. (2015). Tecnología: Tecnologías de la Información. ESO: Serie construye. Madrid: Santillana
Gómez Gilaberte et al. (2016). Tecnologías de la información y la comunicación II. 2º Bachillerato. San Sebastián: Editorial Donostiarra
Cabanes et al. (2021). Tecnologías de la información y la comunicación. 2º Bachillerato. Madrid: Anaya


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria/652602211
Tecnoloxía para profesorado de bacharelato/652602212
Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221
Didáctica. currículo e organización escolar/652602001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria/652602221
Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía/652602E31

Materias que continúan o temario
Practicum/652602206
Traballo fin de Mestrado/652602207

Observacións

Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia, polo que o alumando debe telo en conta á hora de realizar os distintos traballos/actividades.

Ademais, dado que nesta materia as propostas educativas baséanse no DUA (deseño universal para a aprendizaxe) para responder ante a diversidade dende unha perspectiva inclusiva, deberase incorporar dito deseño nos distintos traballos/actividades que realice o alumnado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías