Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Proyectos de innovación e investigación educativa en tecnología Código 652602E1I2
Titulación
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
Máster Oficial Anual
Primero Obligatoria 2
Idioma
Castellano
Gallego
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinador/a
Anta Fernandez, Maria Del Pilar
Correo electrónico
pilar.anta@udc.es
Profesorado
Anta Fernandez, Maria Del Pilar
Correo electrónico
pilar.anta@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descripción general Esta materia pretende achegar os actuáis recursos de innovación educativa aos futuros docentes así como introducir as novas tecnoloxías e aplicacións coas que elaborar e desenvolver materiais didácticos na aula.

Competencias del título
Código Competencias del título
A23 (CE-E9) Integrar la formación en comunicación audiovisual y multimedia en el proceso de enseñanza-aprendizaje
A25 (CE-E11) Conocer y aplicar propuestas docentes innovadoras en el ámbito de la especialización cursada
A26 (CE-E12) Analizar críticamente el desempeño de la docencia, de las buenas prácticas y de la orientación utilizando indicadores de calidad.
A28 (CE-E14) Conocer y aplicar metodologías y técnicas básicas de investigación y evaluación educativas y ser capaz de diseñar y desarrollar proyectos de investigación, innovación y evaluación.
C3 Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad.

Resultados de aprendizaje
Resultados de aprendizaje Competencias del título
Coñecer e empregar ferramentas técnicas para a elaboración de materiais didácticos para o ensino-aprendizaxe da Tecnoloxía. AP23
AP25
CM3
CM6
Deseñar, elaborar e avaliar proxectos educativos innoadores. AP26
AP28
CM3
Coñecer os organismos que aglutinan os traballos e proxectos recentes sobre innovación e investigación educativa e como funcionan. AP25
CM8
Valorar as distintas posibilidades de difusión dos materiais didácticos creados a través da rede. AP23
CM3
CM6
Aproveitar os recursos que ofrecen os diversos organismos educativos que aglutinan traballos e proxectos recentes sobre innovación e investigación educativa para elaborar materiais didácticos. AP26
CM3
CM6

Contenidos
Tema Subtema
A investigación nas áreas e materias propias da especialidade de Tecnoloxía A situación actual dos proxectos educativos en Tecnoloxía.
As aportacións dos organismos oficiais.
Recursos para o deseño de Proxectos de innovación en Tecnoloxía. Posibilidades cara ao deseño de actividades de aula.
Estratexias de avaliación de propostas innovadoras no ensino da Tecnoloxía.
Proxectos de innovación. Características.
A integración das TIC na aula.
Avaliación dos proxectos de innovación.

Planificación
Metodologías / pruebas Competéncias Horas presenciales Horas no presenciales / trabajo autónomo Horas totales
Actividades iniciales C4 C5 1 0 1
Trabajos tutelados A23 A25 A26 A28 C1 C3 6 24 30
Foro virtual A26 C1 C3 C4 C6 C8 1 3 4
Discusión dirigida A25 A26 A28 C1 C4 C5 C6 C8 4 0 4
Estudio de casos A25 A26 C1 C4 C5 C6 C7 C8 1 4 5
Lecturas C7 C8 1 5 6
 
Atención personalizada 0 0
 
(*)Los datos que aparecen en la tabla de planificación són de carácter orientativo, considerando la heterogeneidad de los alumnos

Metodologías
Metodologías Descripción
Actividades iniciales Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Trabajos tutelados Traballos realizados polo alumnado en grupo sobre un tema referido á proxectos de innovación educativa.
Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente.
Cada grupo responsabilizarase dun dos temas suxeridos polo profesor.
O traballo deberá articularse en torno aos seguintes eixes:
1. fundamentación teórica no referido ao cambio de metodoloxía que facilita o recurso estudado,
2. investigación e estudo de caso de proxectos existentes que empreguen dito recurso (incluirá: contexto educativo, actividades didácticas e produto final que se pretende acadar, facendo especial mención á metodoloxía e o tipo de interacción entre o alumnado, así como as competencias que se pretenden desenvolver)
3. deseño dun pequeno proxecto relacionado coa área de Tecnoloxía, no que describirá e xustificará o emprego da metodoloxía elixida, se deseñarán as actividades didácticas e as competencias que se pretenden desenvolver.
4. conclusións finais que relacionen o proxecto deseñado coa fundamentación desenvolvida.
Non se valorará que se describa a ferramenta TIC empregada nin se terá en conta o espazo ocupado no mesmo.
6. referencias bibliográficas
Características:
- cada apartado contará coa súa correspondente introducción
- será comentada e titorizada pola docente alomenos unha vez durante o desenvolvemento do módulo, non realizándose titorizacións unha vez rematado o mesmo.
- a extensión do traballo será de 12 páxinas mínimo e 18 máximo para grupos de 3 e de 16 páxinas mínimo e 24 máximo para grupos de 4. En DINA4, impresas en arial 11 a dobre espazo e marxes a 2 cm. Formato Word e pdf, evitando odt.
-entregarase na aula virtual no curso correspondente á asignatura.

Os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
Foro virtual Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas para a discusión dirixida.
Só se valorarán as achegas realizadas nas datas de desenvolvemento do módulo.
Discusión dirigida Actividade a realizar como síntese, despois da realización e entrega dos traballos tutelados.
Realizarase unha posta en común e discusión, guiada polo docente, por parte dos distintos grupos sobre os traballos realizados.
Servirá como retroalimentación das aprendizaxes.
Estudio de casos Análise de proxectos de innovación que se estean poñendo en práctica na actualidade, de cara á realización dos traballos tutelados, da participación nos foros e á discusión dirixida.
Lecturas Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados.

Atención personalizada
Metodologías
Estudio de casos
Trabajos tutelados
Foro virtual
Descripción
Resolver dúbidas do alumnado en modalidade presencial, a través de titorías previamente solicitadas, ou modalidade virtual, a través do correo eléctronico e foros na aula virtual.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva do alumnado en función das súas características persoais.

Seguimento e fomento da participación activa do alumnado na dinámica de aula.

Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Discusión dirigida A25 A26 A28 C1 C4 C5 C6 C8 A valoración desta proba será individual.
O alumnado deberá entregar previamente os traballos elaborados para que a docente poida preparar a discusión, de xeito que lanzará preguntas para valorar o coñecemento e reflexión sobre o propio traballo e as aportacións ás dos compañeiros.
30
Trabajos tutelados A23 A25 A26 A28 C1 C3 Traballos realizados polo alumnado en grupo sobre un tema referido á proxectos de innovación educativa.
Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente.
Cada grupo responsabilizarase dun dos temas suxeridos pola docente.
O traballo deberá articularse en torno aos seguintes eixes:
1. fundamentación teórica no referido ao cambio de metodoloxía que facilita o recurso estudado,
2. investigación e estudo de caso de proxectos existentes que empreguen dito recurso (incluirá: contexto educativo, actividades didácticas e produto final acadado)
3. deseño dun pequeno proxecto relacionado coa área de Tecnoloxía, no que xustificará o emprego da metodoloxía elixida e se deseñarán as actividades didácticas.
4. conclusións finais que relacionen o proxecto deseñado coa fundamentación desenvolvida.
5. referencias bibliográficas
Non se valorará que se describa a ferramenta TIC empregada nin se terá en conta o espazo ocupado no mesmo.


Os requisitos mínimos para acadar una avaliación positiva son:
1. contemplar significativamente os 5 apartados especificados
2. estar titorizada pola docente de xeito que se realicen alomenos unha revisión antes da súa entrega definitiva. No caso de non darse esta titorización a avaliación do traballo será sobre 5 puntos en lugar de sobre 10.
3. os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber
lugar tras o correspondente procedemento."

4. Cada alumno identificará claramente a súa responsabilidade dentro do traballo entregado, de xeito que se poda avaliar o seu traballo desde unha perspectiva individual e outra colaborativa. Tendo cada unha delas un 50% de peso na cualificación final.
5. seguir o formato establecido
6. ser entregado no plazo acordado na aula a través da aula virtual. A entrega fora de prazo suporá a avaliación na 2ª oportunidade.
60
Foro virtual A26 C1 C3 C4 C6 C8 Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.
Dita participación debe ser progresiva e equilibrada ao longo do desenvolvemento do curso, non sendo valorables achegas feitas en dúas ou tres datas exclusivamente, nin as realizadas despois da data de finalización do módulo.
Valorarase tanto a participación individual para a presentación de dúbidas ou comentarios persoais sobre recursos TIC como a colaboración no grupo de cara a axudar aos compañeiros. Tendo cada parte, persoal e cooperativa un 50% de peso na cualificación final.
10
 
Observaciones evaluación
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traballos, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5). Se o alumno non acada o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado.
O alumnado que na primeira oportunidade non obtivese unha cualificación final positiva (5) ou de non presentado, realizará unha proba escrita sobre os contidos traballados:
- No foro virtual
- Nos traballos tutelados
- Na discusión dirixida
Importante ter en conta que os contidos de todos os traballos tutelados realizados serán obxecto da avaliación, xa que todo alumno debe participar neles a través do foro virtual e da discusión dirixida. Ademais todos eles serán publicados pola docente na aula virtual e estarán a disposición dos estudantes.

A cualificación final da 2ª oportunidade será a media aritmética da proba escrita e as dos traballos presentados, sendo requisito imprescindible obter o aprobado previo en ámbalas dúas partes.
A cualificación dos traballos presentados obterase coa mesma ponderación que na primeira oportunidde.
O alumnado con dispensa académica terá as mesmas condicións co alumnado non asistente ao 80% da docencia, sempre e cando realice unhas actividades deseñadas pola docente que debe de entregar no prazo que se lle comunique e acorde coa docente.

Fuentes de información
Básica Zabala, A. e Arnau, L. (2007). 11 ideas clave Como aprender y enseñar competencias. Barcelona: Graó
Bautista, J. (12-6-2015). El ABC del Aprendizaje Basado en Competencias . http://info.shiftelearning.com/blogshift/el-abc-del-aprendizaje-basado-en-competencias
Area, M. y Adell, J (2010). eLearning: Enseñar y aprender en espacios virtuales. En J. De Pablos (Coord): Tecnología Educativa. La formación del profesorado en la era de Internet. Malaga: Aljibe
Mendina R (2012). Guías Zerbikas 5 Aprendizaje y servicio solidario, un proyecto integrado de aprendizaje.. Bilbao Zerbikas Fundazioa
Rodríguez, J. L. et al (2005). Internet y copetencias básicas: aprender a colaborar, a comunicarse, a participar, a aprender.. Barcelona: Graó
Cervera, D. (2010). Tecnología. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona: Graó

Complementária


Recomendaciones
Asignaturas que se recomienda haber cursado previamente
Tecnología para profesorado de educación secundaria obligatoria/652602211
Tecnología para profesorado de bachillerato/652602212
Didáctica de la tecnología en la educación secundaria/652602221
Diseño. planificación y evaluación de propuestas didácticas de tecnología en la educación secundaria/652602222

Asignaturas que se recomienda cursar simultáneamente
Proyectos de innovación e investigación educativa en tecnología/652602E1I2

Asignaturas que continúan el temario

Otros comentarios
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías