Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Didáctica. currículo e organización escolar Código 652603001
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
García Cabeza, Belen
Mendez Garcia, Rosa Maria
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
belen.garcia.cabeza@udc.es
rosa.mendez@udc.es
laura.rego@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo.
Didáctica, Currículo e Organización Escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da Pedagoxía, da Didáctica e da Organización Escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se tratarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a terminoloxía básica, específica e propia da Didáctica, así como os conceptos pertencentes aos compoñentes didácticos do proceso de ensino e aprendizaxe, de modo que sexa capaz de reflexionar con rigor sobre os mesmos e orientar racionalmente a súa futura práctica docente. AP3
AP9
CM4
CM6
Valorar críticamente as diferentes formas de interpretar a realidade educativa de acordo coas diferentes visións sobre a función social da escola, en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que circunda as aulas de educación secundaria. AP1
AP3
AP9
CM4
Comprender as diferencias entre a planificación curricular e a programación do proceso de ensino-aprendizaxe. Distinguir os diferentes niveles de concreción curricular e as súas implicacións. Coñecer os diferentes elementos e modalidades de deseño curricular. AP3
AP4
AP9
CM4
CM6
Coñecer e diferenciar os principios básicos e as características que fundamentan a articulación curricular na actualidade. AP4
AP9
CM4
CM6
Diferenciar os distintos elementos curriculares. Utilizar diferentes criterios tanto para a análise de grupos, de formulación de obxectivos e de selección e secuenciación de contidos considerándoos como un corpo de coñecementos no marco dun proceso de construcción e reconstrucción progresivo. AP3
AP4
AP5
AP9
CM4
CM6
Comprender o valor científico e pedagóxico da avaliación no campo do ensino, entendida como unha avaliación eminentemente educativa, formativa e formadora, así como afondar nas relacións entre avaliación, a investigación e a innovación. AP3
AP4
AP9
CM4
CM6
Profundizar no coñecemento crítico e fundamentado da estructura e funcionamiento do Sistema Educativo. AP9
CM4
CM6
Formalizar, sistematizar e integrar os saberes básicos da organización escolar, que permitan comprender a complexidade dos centros educativos, así como analizar e valorar críticamente a súa vida organizativa. AP9
CM4
CM6
Coñecer algúns dos modelos máis relevantes da organización escolar e comprender a importancia do contexto organizativo no proceso de ensino-aprendizaxe. AP9
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Módulo I. A participación, xestión e avaliación nos centros de ensino secundario. - O organización do sistema educativo español.
- As dimensións (organizativa, procesual, persoal, cultural e da contorna) dun centro educativo.
Módulo II. Funcións e concepcións do currículo. - Os elementos do currículo.
- As concepcións sobre o currículo: enfoques e elementos de análise.
- O oculto e o manifesto da aprendizaxe escolar.
Módulo III. Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo. - Do currículo prescrito ao currículo contextualizado: niveis de concreción curricular.
- A planificación e o desenvolvemento do currículo.
- A avaliación: tipos, obxectos e instrumentos.
Módulo IV. Modelos de ensino e metodoloxías didácticas. - O concepto de didáctica.
- Os modelos e métodos de ensino.
- As estratexias metodolóxicas no ensino secundario.
- Os materiais curriculares: tipos, selección, análise e uso.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A3 A4 A5 A9 C4 C6 4 22 26
Portafolios do alumno A4 A5 C4 C6 10.5 34.5 45
Proba mixta A1 A5 A9 C4 C6 1.5 8 9.5
Sesión maxistral A1 A3 A4 A5 A9 C4 C6 16 12 28
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Establécense unha serie de documentos (textuais, audovisuais, etc.) de revisión obrigatoria (consúltense Fontes de Información) que serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se estudarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. O alumnado -previa lectura individual- deberá estar en capacidade de realizar a súa análise en pequeno grupo e grupo-aula. Ditas lecturas terán como obxectivo promover e incentivar a reflexión en torno aos procesos educativos escolares e a súas implicacións prácticas e aplicadas no contexto do centro educativo e no contexto aula.

Portafolios do alumno Durante o transcurso da materia proporanse algunhas actividades de aula especificamente deseñadas para a análise en pequeno grupo dalgúns dos documentos máis relevantes. A realización destas actividades iniciarase na aula e será completada mediante o traballo autónomo do alumnado fóra da aula. Para esta elaboración atenderase ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. Para a realización destas análises tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. Os documentos resultantes da análise entregaranse nas datas que a profesora indique previamente e quedarán dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle.

O alumnado, en pequeno grupo, deberá elaborar un portafolios que, ademais de enmarcar os mencionados documentos de síntese das mencionadas actividades de aula, incorpore un diario de aula (con entradas de elaboración individual) e unhas valoracións finais. As reflexións que nos apartados se integren deberán estar fundamentadas e argumentadas nos documentos de referencia da materia así coma noutros que o alumnado e a profesora consideren oportunos.

Ao inicio do curso proporcionarase un guión pormenorizado do portafolios. O portafolios desenvolverase fundamentalmente en periodos non presenciais e mediante o traballo autónomo do alumnado. A través da atención personalizada da profesora, os diferentes grupos, ben en sesións interactivas específicas, ben en titorías, recibirán indicacións concretas para a realización. O portafolios resultante será entregado na data que a profesora indique previamente e quedará dispoñible para a súa consulta na plataforma Moodle.
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final a través da cal o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións relacionadas coa totalidade de contidos tratados ao longo da materia.

Sesión maxistral Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Lecturas
Proba mixta
Descrición
1. As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas, análise de fontes documentais, lecturas, actividades e preparación do exame, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.
2. De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación das actividades que se realicen ao longo do cuadrimestre.
3, Como a realización do portafolio é o traballo principal da materia e ten un peso importante na avaliación desta, cada grupo (ou alumno/a, de o realizar de maneira individual) deberá obrigatoriamente solicitar unha titoría, fóra do horario de docencia presencial da materia.
4. Esta proposta de atención personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A4 A5 C4 C6 Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.

* Serán proporcionados criterios detallados no momento de entrega do traballo.
* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal; e outra, ás entradas individuais do diario.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
70
Proba mixta A1 A5 A9 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
 
Observacións avaliación
  1. Nas presentacións orais
    ou escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión
    adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras persoas);
    ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.
  2. O mestrado ten carácter
    presencial polo que a asistencia ás sesións non poderá ser inferior ao 80% das
    horas.
  3. O alumnado con
    recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
    asistencia, que faga uso de dita dispensa, deberá entregar as actividades e o
    portafolios no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado e resolvelas de modo
    individual.
  4. Se un/unha alumno/a cuxa
    asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha
    actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente.  Esta
    incorporarase tamén ao portafolios.
  5. O portafolios
    entregarase na data que se indique ao inicio do curso. Para presentarse ao
    exame é condición indispensable ter presentado o portafolios e as actividades
    de síntese das lecturas.
  6. Coa fin de facilitar a xestión
    da materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da segunda semana
    lectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma Moodle,
    insertando unha foto actual.
  7. Para superar a materia é
    necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes
    obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e "proba
    mixta").
  8. Dado que á materia é
    impartida por diferentes docentes, poderán existir variacións intergrupais no
    formato do exame final, no tipo de actividades de aula e na orde de
    presentación de contidos.
  9. Na 2ª
    oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para
    a 1ª convocatoria.

Fontes de información
Bibliografía básica

NOTA: Esta bibliografía é susceptíbel a modificacións a medida que avanza o curso académico. Realizarase unha selección de títulos da listaxe final, selección que estará dispoñible na Moodle e que será de lectura obrigatoria.

Álvarez, J. M. (1999). Evaluar para conocer, evaluar para aprender: las razones formativas de la evaluación educativa. En J.M. Álvarez, Evaluar para conocer. Examinar para excluir (pp. 58-61). Madrid: Morata.

Area, M. (2009). Los medios de enseñanza o materiales didácticos. Conceptualización y tipos. Introducción a la tecnología Educativa, 24-37. Recuperado de http://www.bibliotecalibre.org/bitstream/001/415/5/Introducci%C3%B3n%20a%20la%20tecnolog%C3%ADa%20educativa.pdf

Barkley, E. F.; Cross, K. P. e Howell, C. (2007). Técnicas de aprendizaje colaborativo. Madrid: Morata.

Espín, J. e outros (1996). Análisis de recursos educativos desde la perspectiva no sexista. Barcelona: Laertes.

Fuentes, E. J. (2003). Culturas profesionales en la enseñanza y desarrollo profesional de los docentes. Revista Padres y Maestros, 279, 34-39.

Gimeno Sacristán, J. (1998). El currículum: una reflexión sobre la práctica. Madrid: Morata.

González, Mª. T. (1992). Centros escolares y cambio educativo. En J.M. Escudero e J. López (Coords.), Los desafíos de las reformas escolares. Cambio educativo y formación para el cambio (pp. 71-95). Sevilla: Arquetipo.

González, Mª. T. (1999).Perspectivas teóricas recientes en organización escolar: una panorámica general. En J.M. Escudero, Escuelas y profesores: ¿hacia una reconversión de los centros y la función docente? (pp. 35-59). Madrid: Ediciones Pedagógicas.

González, Mª T. (2003) (coord.). Las organizaciones escolares: dimensiones y características. En M. T. González, Organización y gestión de centros escolares (pp. 25-38). Madrid: Pearson.

Hargreaves, A. e Fullan, M. (2014). Cultura y comunidades profesionales. En A. Hargreaves e M. Fullan, Capital profesional (pp. 134-177). Madrid: Morata.

Hargreaves, A. e Fullan. M. (2014). Instaurar el cambio. En A. Hargreaves e M. Fullan, Capital profesional (pp. 178-216). Madrid: Morata.

López, L.; Peliquín, F.; Pérez, C. e Rodeiro, M. (1995). Análise e valoración de materiais curriculares. Revista Galega de Educación, 24, 58-60.

Martínez, J. (1995). Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del curriculum). En J. G. Mínguez e M. Beas (Comps.), Libros de texto y construcción de materiales curriculares (pp. 221-245). Armilla: Proyecto Sur de Ediciones.

Montanero, M. (2019). Didáctica General. Planificación y práctica de la enseñanza primaria. Cáceres: Universidad de Extremadura.

Navarro, R.(coord.) (2007). Didáctica y currículum para el desarrollo de competencias. Madrid: Dykinson.

Parcerisa, A. (1996). Propuesta de un instrumento para el análisis de libros de texto y otros materiales que utilizan el papel como soporte. En A. Parcerisa Arán, Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos (pp. 97-124) Barcelona: Graó.

Sarramona, J. (2000). Teoría de la educación: reflexión y normativa pedagógica. Barcelona: Ariel.

Trillo, F. (1994). El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela. Cuadernos de Pedagogía, 228, 70-74.

Trillo, F. (2008). La enseñanza: eso sí que es un lío. En F. Trillo e L. Sanjurjo, Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica (pp. 57-67). Rosario: Homo Sapiens.

Lexislación

Lei Orgánica 8/2013, para a mellora da calidade educativa (BOE, suplemento en lingua galega ao nº 295, 10/12/2013). Versión on-line consultada en http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886-G.pdf

Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE nº 106, 04/05/2006). Versión on-line consultada en http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na comunidade autónoma de Galicia (DOG nº 120, 29/06/2015). Versión on-line consultada en http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2015/06/30/00_decreto_completo.pdf

Decreto 324/1996, de 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de ensino secundario (DOG nº 156, 09/08/1996). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19960809/Anuncio90AA_es.html

Decreto 1333/2007 de 5 de xullo polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 136, 13/07/2013). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.ED_7.pdf

Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 120, 23/06/2008). Versión on-line consultada en http://ciug.cesga.es/PDF/ReferenciasLegais/Decreto126-2008curriculoBacharelatoLOEGalicia.pdf

Orde do 29 de outubro de 1996 pola que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non univesitario de características singulares, de educación especial e educación de adultos (DOG nº 215, 04/11/1996). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19961104/AnuncioB14E_gl.html

Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamiento (DOG nº168, 02/09/1998). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/1997/19970902/AnuncioA14A_gl.html.

Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 4, 07/01/2008). Versión on-line consultada en nhttp://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/system/files/080107DOG_RegulacionAvaliacionESO.pdf

Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundariaobrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 121, 24/06/2008). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2008/20080624/Anuncio29FEA_gl.html

Orde do 20 de abril de 2010, pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2008, pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 77, 26/04/2010). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20100426/Anuncio11916_gl.html

Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa (DOG nº 105, 01/06/2011). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110601/AnuncioC3F1-100511-1447_gl.html

Corrección de erros.Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa (DOG nº 144, 28/07/2011). Versión on-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110728/AnuncioC3F1-220711-4737_gl.pdf

Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG nº 136, 21/07/2015). Versión on-line consultada en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20150721_materias_libre_configuracion.pdf).

Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG nº 147, 04/08/2016). Versión on-line consultada en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160804_libre_configuracion_1.pdf).

Orde do 3 de agosto de 2017 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de educación secundaria obrigatoria, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG nº 156, 18/08/2017). Versión on-line consultada en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170818_libre_configuracion_1.pdf).

Orde do 7 de agosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG nº 165, 30/08/2018). Versión on-line consultada en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180830_libre_configuracion_0.pdf).

Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Versión on-line consultada en http://www.edu.xunta.es/web/node/328

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Innovación docente/652601E11
Practicum/652601106
Traballo fin de Mestrado/652601107

Observacións
  • Coa finalidade de contribuir ao desenvolvemento das competencias dixitais docentes (especialmente vinculados coa Alfabetización Informacional -ALFIN- e a curación e produción de contidos dixitais) dende esta materia recoméndase ao alumnado a construción dun banco de recursos dixitais persoal no que poida organizar e categorizar material de interese para o desenvolvemento da materia (artigos científicos, experiencias, ferramentas e aplicacións didácticas, páxinas web institucionais vinculadas coa educación escolar, blogues especializados e de boas prácticas, etc). Recoméndase para iso, o uso de marcadores sociais ou aplicacións dixitais específicas que lles permitan categorizar ou asignar etiquetas coas que mellorar a súa clasificación e consulta posterior. Todo iso resultaralle de gran interese á hora de contrastar a teoría e a práctica educativa mediante o Practicum do Mestrado, así como para construír a fundamentación teórica do futuro Traballo Fin de Mestrado (TFM).
  • Recoméndase que a entrega dos traballos sexa feita a través da plataforma Moodle e -de non ser posible- non empregar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e dében previr impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Ante a incorporación de “Igualdade de Xénero” como materia de libre configuración autonómica no curso 2016/2017 na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e a materia “Coeducación para o século XXI” na etapa de Bacharelato no 2018/2019, na materia de Didáctica, Currículo e Organización Escolar tratarán de desenvolverse obxectivos, contidos e actividades tendentes á formación do futuro profesorado en cuestións relativas á concienciación sobre a violencia de xénero, a igualdade entre mulleres e homes e a coeducación. Debido a isto, recoméndase ao alumnado, empregar unha linguaxe inclusiva, contemplar a perspectiva feminista nos seus traballos e entregas de aula e evitar a manifestación de calquera tipo de discriminación, prexuízo ou minusvaloración por razón de xénero no contexto desta materia. 


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías