Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Didáctica. currículo e organización escolar Código 652603001
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Mendez Garcia, Rosa Maria
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
laura.rego@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo.
Didáctica, Currículo e Organización Escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da Pedagoxía, da Didáctica e da Organización Escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se tratarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e diferenciar os principios básicos e as características que fundamentan a articulación curricular na actualidade. AP4
AP9
CM4
CM6
Diferenciar os distintos elementos curriculares. Utilizar diferentes criterios tanto para a análise de grupos, de formulación de obxectivos e de selección e secuenciación de contidos considerándoos como un corpo de coñecementos no marco dun proceso de construcción e reconstrucción progresivo. AP3
AP4
AP5
AP9
CM4
CM6
Comprender as diferencias entre a planificación curricular e a programación do proceso de ensino-aprendizaxe. Distinguir os diferentes niveles de concreción curricular e as súas implicacións. Coñecer os diferentes elementos e modalidades de deseño curricular. AP3
AP4
AP9
CM4
CM6
Valorar críticamente as diferentes formas de interpretar a realidade educativa de acordo coas diferentes visións sobre a función social da escola, en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que circunda as aulas de educación secundaria. AP1
AP3
AP9
CM4
Comprender a terminoloxía básica, específica e propia da Didáctica, así como os conceptos pertencentes aos compoñentes didácticos do proceso de ensino e aprendizaxe, de modo que sexa capaz de reflexionar con rigor sobre os mesmos e orientar racionalmente a súa futura práctica docente. AP3
AP9
CM4
CM6
Comprender o valor científico e pedagóxico da avaliación no campo do ensino, entendida como unha avaliación eminentemente educativa, formativa e formadora, así como afondar nas relacións entre avaliación, a investigación e a innovación. AP3
AP4
AP9
CM4
CM6
Profundizar no coñecemento crítico e fundamentado da estructura e funcionamiento do Sistema Educativo. AP9
CM4
CM6
Formalizar, sistematizar e integrar os saberes básicos da organización escolar, que permitan comprender a complexidade dos centros educativos, así como analizar e valorar críticamente a súa vida organizativa. AP9
CM4
CM6
Coñecer algúns dos modelos máis relevantes da organización escolar e comprender a importancia do contexto organizativo no proceso de ensino-aprendizaxe. AP9
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Módulo I. A participación, xestión e avaliación nos centros de ensino secundario. - O organización do sistema educativo español.
- As dimensións (organizativa, procesual, persoal, cultural e da contorna) dun centro educativo.
Módulo II. Funcións e concepcións do currículo. - Os elementos do currículo.
- As concepcións sobre o currículo: enfoques e elementos de análise.
- O oculto e o manifesto da aprendizaxe escolar.
Módulo III. Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo. - Do currículo prescrito ao currículo contextualizado: niveis de concreción curricular.
- A planificación e o desenvolvemento do currículo.
- A avaliación: tipos, obxectos e instrumentos.
Módulo IV. Modelos de ensino e metodoloxías didácticas. - O concepto de didáctica.
- Os modelos e métodos de ensino.
- As estratexias metodolóxicas no ensino secundario.
- Os materiais curriculares: tipos, selección, análise e uso.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A3 A4 A5 A9 C4 C6 4 22 26
Portafolios do alumno A4 A5 C4 C6 10.5 34.5 45
Proba obxectiva A1 A5 A9 C4 C6 1.5 8 9.5
Sesión maxistral A1 A3 A4 A5 A9 C4 C6 16 12 28
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Establécese unha serie de documentos (textuais, audovisuais, etc.) de revisión obrigatoria (consúltense Fontes de Información) que serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se estudarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. O alumnado -previa lectura individual- deberá estar en capacidade de realizar a súa análise en pequeno grupo e grupo-aula. Ditas lecturas terán como obxectivo promover e incentivar a reflexión en torno aos procesos educativos escolares e a súas implicacións prácticas e aplicadas no contexto do centro educativo e no contexto aula.

Portafolios do alumno Durante o transcurso da materia proporanse algunhas actividades de aula especificamente deseñadas para a análise en pequeno grupo dalgúns dos documentos máis relevantes. A realización destas actividades iniciarase na aula e será completada mediante o traballo autónomo do alumnado fóra da aula.

Para esta elaboración atenderase ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías.

Para a realización destas análises tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. Os documentos resultantes da análise entregaranse nas datas que a profesora indique previamente a través da plataforma Moodle.

O alumnado, en pequeno grupo, deberá elaborar un portafolios que conteña unha análise crítica e reflexión global das devanditas actividades de aula, así como dos documentos obrigatorios e outros que o alumnado e a profesora consideren oportunos. As reflexións sobre os apartados que se integren deberán estar fundamentadas e argumentadas con base nos contidos da materia.

Ao inicio do curso proporcionarase un guión pormenorizado do portafolios e este desenvolverase fundamentalmente en periodos non presenciais e mediante o traballo autónomo do alumnado. A través da atención personalizada da profesora, os diferentes grupos recibirán indicacións concretas para a realización. O portafolios resultante será entregado na data que a profesora indique previamente a través plataforma Moodle.
Proba obxectiva A proba obxectiva consiste nunha serie de preguntas tipo test que conleva o tratamento global e integral dos contidos abordados ao longo da asignatura
Sesión maxistral Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Lecturas
Descrición
As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas, análise de fontes documentais, lecturas, actividades e preparación do exame, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.
De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación das actividades que se realicen ao longo do cuadrimestre.
Esta proposta de atención personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.
As titorías individuais poderán ser tanto virtuais como presenciais, mantendo, neste caso, as debidas medidas de seguridade. As titorías grupais serán virtuais a través de M. TEAMS.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A5 A9 C4 C6 A proba obxectiva consiste nunha serie de preguntas tipo test que conleva o tratamento global e integral dos contidos abordados ao longo da asignatura. 30
Portafolios do alumno A4 A5 C4 C6 Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.

* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal e outra ao traballo individual.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
70
 
Observacións avaliación
  1. Nas presentacións orais ou escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras persoas); ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.
  2. A asistencia ás sesións non poderá ser inferior ao 80% das horas que se impartan de maneira presencial.
  3. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa, deberá entregar as actividades e o portafolios no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado e resolvelas de modo individual.
  4. Se un/unha alumno/a cuxa asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente. Esta incorporarase tamén ao portafolios.
  5. O portafolios entregarase na data que se indique ao inicio do curso.
  6. Coa fin de facilitar a xestión da materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da segunda semana lectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma Moodle, insertando unha foto actual.
  7. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e "proba mixta").
  8. Dado que a materia é impartida por diferentes docentes, poderán existir variacións intergrupais no formato do exame final, no tipo de actividades de aula e na orde de presentación de contidos.
  9. Na 2ª oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª oportunidade.

Fontes de información
Bibliografía básica

NOTA: Esta bibliografía é susceptíbel a modificacións a medida que avanza o curso académico. Realizarase unha selección de títulos da listaxe final, selección que estará dispoñible na Moodle e que será de lectura obrigatoria.

Álvarez, J.M. (1999). Evaluar para conocer, evaluar para aprender: las razones formativasde la evaluación educativa. En J.M. Álvarez, Evaluar para conocer. Examinar para excluir (pp. 58-61). Madrid: Morata.

Area, M.(2009). Los medios de enseñanza o materiales didácticos. Conceptualización y tipos. Introducción a la tecnología Educativa , 24-37. Recuperado de http://www.bibliotecalibre.org/bitstream/001/415/5/Introducci%C3%B3n%20a%20la%20tecnolog%C3%ADa%20educativa.pdf

Bain, K. (2007). Lo que hacen los mejores profesores de universidad. [Traducido porOscar Barberá]. Valencia: Uniersidad de Valencia.

Bain, K. (2014). Lo que hacen los mejores estudiantes de universidad. [Traducidopor Oscar Barberá]. Valencia: Uniersidad de Valencia.

Barcia Moreno, M. (2007). Niveles de concreción curricular. En R. Navarro Hinojosa(coord.) (2007). Didáctica y currículum para el desarrollo de competencias (pp.185-210). Madrid: Dykinson.

Barkley,E. F., Cross, K. P. e Howell, C. (2007). Técnicas de aprendizaje colaborativo. Madrid:Morata.

BravoGarrido, A. (2007). El currículo como campo de estudio y aplicación de ladidáctica. En R. Navarro Hinojosa (coord.) (2007). Didáctica y curriculum para el desarrollo de competencias (pp. 155-184). Madrid: Dykinson.

Cortina, A.(2009). Ética de la razón cordial. Educar en la ciudadanía en el siglo XXI. Oviedo: Nobel.

Darling-Hammond,L. (2005). El derecho de aprender. Buenas escuelas para todos. Barcelona:Ed. Ariel

Delors, J.(1996). La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisióninternacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana/UNESCO

Diez Gutiérrez, E.J. (2018). Neoliberalismo educativo. Educando al nuevo sujetoneoliberal. Barcelona: Octaedro

Escudero Muñoz, J.M. (2011). Dilemas éticos de la profesión docente. CEE Participacion Educativa , 16, 93-102.

Espín,J. eoutros (1996). Análisis de recursos educativos desde la perspectiva no sexista. Barcelona: Laertes.

FernándezNavas, M. e Alcaraz Salarirche, N. (Coords.) (2016). Innovación educativa.Más allá de la ficción. Madrid: Ed. Pirámide.

Fuentes, E.J. (2003). Culturas profesionales en la enseñanza y desarrollo profesional delos docentes. Revista Padres y Maestros, 279, 34-39.

Gimeno Sacristán, J. (1998). El currículum: una reflexión sobre la práctica. Madrid:Morata.

González, Mª. T. (1992). Centros escolares y cambio educativo. En J.M. Escudero e J.López (Coords.), Los desafíos de las reformas escolares. Cambio educativo y formación para el cambio (pp. 71-95). Sevilla: Arquetipo.

González, Mª.T. (1999).Perspectivas teóricas recientes en organización escolar: unapanorámica general. En J.M. Escudero, Escuelas y profesores: ¿hacia unareconversión de los centros y la función docente? (pp.35-59). Madrid:Ediciones Pedagógicas.

González, MªT. (2003) (coord.). Las organizaciones escolares: dimensiones ycaracterísticas. En M. T. González, Organización y gestión de centrosescolares (pp. 25-38). Madrid: Pearson.

Gutiérrez, E. (2020). La educación en venta . Barcelona:Octaedro

Hargreaves,A. e Fullan, M. (2014). Cultura y comunidades profesionales. En A. Hargreaves e M.Fullan, Capital profesional (pp. 134-177). Madrid: Morata.

Hargreaves,A. e Fullan. M. (2014). Instaurar el cambio. En A. Hargreaves e M. Fullan, Capital profesional (pp. 178-216). Madrid: Morata.

Hayes, Debra et al.(2017). Literacy, Leading And Learning.Beyond Pedagogies Of Poverty. Abingdon,UK: Routledge - Taylor & Francis Group.

López, L.,Peliquín, F., Pérez, C. e Rodeiro, M. (1995). Análise e valoración de materiais curriculares. Revista Galega de Educación, 24, 58-60.

Luri, G. (2020). La escuela no es un parque de atracciones. Barcelona: Ariel.

Martínez, J.(1995). Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del curriculum). En J. G. Míngueze M. Beas (Comps.), Libros de texto y construcción de materiales curriculares (pp. 221-245). Armilla: Proyecto Sur de Ediciones.

Monarca, H. (2015). Evaluaciones externas. Mecanismos para la configuración de representaciones y prácticas en educación. Buenos Aires:Miño y Dávila Editores

Montanero,M. (2019). Didáctica General. Planificación y práctica de la enseñanza primaria. Cáceres: Universidad de Extremadura.

Navarro Hinojosa, R.(Coord.) (2007). Didáctica y currículum para el desarrollo decompetencias. Madrid: Dykinson.

Olivé, C. (2020). Profes Rebeldes. El reto de educar a partirde la realidad de los jóvenes [Traducción de Maria Massot Magarolas].Madrid: Grijalbo.

Parcerisa, A. (1996). Propuesta de un instrumento para el análisis de libros de texto y otros materiales que utilizan el papel como soporte. En A. Parcerisa Arán, Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos (pp.97-124). Barcelona: Graó.

Paricio, J., Fernández, A. e Fernández, I. (2019). Cartografía de la Buena docencia universitaria. Madrid. Narcea

Pérez Pueyo, A. (Coord.).(2015). Programar y evaluar competenciasbásicas en 15 pasos. Barcelona: Graó

Rizvi, F. e Lingard, B. (2013). Políticas educativas en un mundo globalizado. Madrid: Morata.

Ruiz Martin,H. (2020). ¿Cómo aprendemos? Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza. Barcelona: Graó.

Santos Guerra, M.A. (2020). ¿Para qué sirven los pedagogos? El valor dela educación. Madrid: Catarata.

Sarramona, J. (2000). Teoría de la educación: reflexión y normativa pedagógica. Barcelona: Ariel.

Trillo, F. (1994). El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela. Cuadernos de Pedagogía , 228, 70-74.

Trillo, F. e Sanjurjo, L. (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas paracomprender y mejorar la práctica. Rosario: Homo Sapiens.

Vázquez Recio, R. (Coord.)(2018). Reconocimiento y bien común en Educación. Madrid: Ed. Morata.

Williamson,B. (2019). El futuro del curriculum. La educación y el conocimiento en la era digital. Madrid: Ed. Morata

Wright-Maley, C. e Davis, T.(2016). Teaching for democracy in an age of economic disparity. Abingdon, UK: Routledge - Taylor & Francis Group.

Lexislación

Lei Orgánica8/2013, para a mellora da calidade educativa (BOE,suplemento en lingua galega ao nº 295,10/12/2013). Versión on-line consultada enhttp://www.boe.es/boe_gallego/dias/2013/12/10/pdfs/BOE-A-2013-12886-G.pdf

Lei Orgánica2/2006, de 3 de maio, de Educación (BOE nº106, 04/05/2006). Versión on-line consultadaenhttp://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf

Decreto86/2015 , do 25de xuño, polo que se establece ocurrículo da educación secundaria obrigatoria edo bacharelato na comunidade autónoma de Galicia (DOG nº 120, 29/06/2015).Versión on-line consultada enhttp://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2015/06/30/00_decreto_completo.pdf

Decreto324/1996, de 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dosinstitutos de ensino secundario (DOG nº 156,09/08/1996). Versión on-line consultada enhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19960809/Anuncio90AA_es.html

Decreto1333/2007 de 5 de xullo polo que se regulan as ensinanzas da educaciónsecundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia . (DOG nº 136, 13/07/2013). Versiónon-line consultada en http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.ED_7.pdf

Decreto126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece aordenación e o currículo debacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº120, 23/06/2008). Versiónon-line consultada enhttp://ciug.cesga.es/PDF/ReferenciasLegais/Decreto126-2008curriculoBacharelatoLOEGalicia.pdf

Orde do 29de outubro de 1996 pola que se regulan os órganos de goberno dos centrospúblicos de ensino non univesitario de características singulares, de educaciónespecial e educación de adultos (DOG nº215, 04/11/1996). Versión on-line consultada enhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/1996/19961104/AnuncioB14E_gl.html

Orde do 1 deagosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento doDecreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos deeducación secundaria e se establece a súa organización e funcionamiento (DOG nº168, 02/09/1998). Versiónon-line consultada enhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/1997/19970902/AnuncioA14A_gl.html.

Orde do 21de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación naeducación secundariaobrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº4, 07/01/2008). Versiónon-line consultada ennhttp://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/system/files/080107DOG_RegulacionAvaliacionESO.pdf

Orde do 23de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de decembro de 2007 pola que seregula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónomade Galicia (DOG nº121,24/06/2008). Versión on-line consultadaenhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2008/20080624/Anuncio29FEA_gl.html

Orde do 20de abril de 2010, pola que se modifica a Orde do 24 dexuño de 2008 , pola que sedesenvolve aorganización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónomade Galicia (DOG nº 77, 26/04/2010). Versión on-line consultada enhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20100426/Anuncio11916_gl.html

Orde do 5 demaio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos aodesenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa (DOG nº 105, 01/06/2011). Versiónon-line consultada en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110601/AnuncioC3F1-100511-1447_gl.html

Correcciónde erros. Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectosrelativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobreesta etapa (DOG nº 144,28/07/2011).Versión on-line consultada enhttp://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110728/AnuncioC3F1-220711-4737_gl.pdf

Orde do 15de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libreconfiguración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas deeducación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e asúa oferta (DOG nº 136,21/07/2015). Versión on-line consultadaenhttps://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20150721_materias_libre_configuracion.pdf).

Orde do 13de xullo de 2016 pola que se amplía a relación de materias de libreconfiguración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas deeducación secundaria obrigatoria e bacharelato e se regula o seu currículo e asúa oferta (DOG nº 147,04/08/2016). Versión on-line consultada enhttps://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160804_libre_configuracion_1.pdf).

Orde do 3 deagosto de 2017 pola que se amplía a relación de materias de libre configuraciónautonómica de elección para os centros docentes na etapa de educaciónsecundaria obrigatoria, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG nº 156, 18/08/2017). Versiónon-line consultada enhttps://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170818_libre_configuracion_1.pdf).

Orde do 7 deagosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuraciónautonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educaciónsecundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súaoferta (DOG nº 165,30/08/2018). Versión on-line consultada enhttps://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180830_libre_configuracion_0.pdf).

Circular8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e InnovaciónEducativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade parao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria

. Versiónon-line consultada en http://www.edu.xunta.es/web/node/328

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Innovación docente/652601E11
Practicum/652601106
Traballo fin de Mestrado/652601107

Observacións
<ul>
  • <div align="justify"> Coa finalidade de contribuir ao desenvolvemento das competencias dixitais docentes (especialmente vinculados coa Alfabetización Informacional -ALFIN- e a curación e produción de contidos dixitais) dende esta materia recoméndase ao alumnado a construción dun banco de recursos dixitais persoal no que poida organizar e categorizar material de interese para o desenvolvemento da materia (artigos científicos, experiencias, ferramentas e aplicacións didácticas, páxinas web institucionais vinculadas coa educación escolar, blogues especializados e de boas prácticas, etc). Recoméndase para iso, o uso de marcadores sociais ou aplicacións dixitais específicas que lles permitan categorizar ou asignar etiquetas coas que mellorar a súa clasificación e consulta posterior. Todo iso resultaralle de gran interese á hora de contrastar a teoría e a práctica educativa mediante o Practicum do Mestrado, así como para construír a fundamentación teórica do futuro Traballo Fin de Mestrado (TFM). </div>
  • Recoméndase que a entrega dos traballos sexa feita a través da plataforma Moodle e -de non ser posible- non empregar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e dében previr impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Ante aincorporación de “Igualdade de Xénero” como materia de libre configuración autonómica no curso 2016/2017 na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria(ESO) e a materia “Coeducación para o século XXI” na etapa de Bacharelato no 2018/2019, na materia de <i>Didáctica, Currículo e Organización Escolar</i>tratarán de desenvolverse obxectivos, contidos e actividades tendentes á formación do futuro profesorado en cuestións relativas á concienciación sobre aviolencia de xénero, a igualdade entre mulleres e homes e a coeducación. Debidoa isto, recoméndase ao alumnado, empregar unha linguaxe inclusiva, contemplar aperspectiva feminista nos seus traballos e entregas de aula e evitar amanifestación de calquera tipo de discriminación, prexuízo ou minusvaloraciónpor razón de xénero no contexto desta materia.
  • </ul>


    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías