Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Educación e linguas en Galicia Código 652603003
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 1.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo central a reflexión sobre a relevancia da diversidade lingüística e o papel que o sistema educativo xoga no seu mantemento, coñecer a realidade sociolingüística galega e analizar o papel dos centros de ensino como axentes de planificación lingüística. Por tanto, a través do seu estudo, esta materia pretende incorporar a cultura da planificación e da intervención como factores esenciais da educación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 (CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber deseñar mecanismos de recoñecemento no grupo escolar de preconceptos que conduzan á discriminación (nomeadamente a lingüística) e actuacións para a súa erradicación. AP13
Avaliar criticamente e en grupo as debilidades e as fortalezas dun proxecto lingüístico de centro de ensino real. AP13
CM4
Participar con argumentos sólidos e as claves da redacción académica en discusións dirixidas sobre a situación sociolingüística galega, os modelos de educación plurilingüe e o papel dos centros de ensino na planificación lingüística. AP13
CM1
A través das lecturas recomendadas, comprender a situación sociolingüística galega e coñecer a lexislación vigorante referida ao ensino das linguas en Galicia, mantendo un espírito crítico e comprometido cos valores de xustiza e equidade, asumindo a necesidade de actualización profesional ao longo da vida. AP13
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Unidade e diversidade lingüística. Modelos de educación bilingüe ou plurilingüe Que son as linguas?
Canto coñecemos sobre a diversidade lingüística?
Para que serve a educación?
Como apostamos polo plurilingüismo?
A situación sociolingüística da lingua galega Coñecemento e uso da lingua galega
Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego
Ameazas e fortalezas da lingua galega
As linguas no sistema educativo galego A lexislación lingüística no sistema educativo
A competencia lingüística
A formación lingüística
Referentes e compromisos
O papel dos centros educativos na planificación lingüística A intervención sociolingüística no ensino. Obxectivos e niveis de actuación
O proxecto lingüístico de centro
Os equipos de normalización e dinamización lingüística

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Foro virtual A10 A13 A14 C1 C4 0.5 4 4.5
Lecturas A1 A6 A8 A13 1 13.5 14.5
Sesión maxistral A13 3.5 0 3.5
Proba de ensaio A13 C1 C4 0 4 4
Estudo de casos A9 A13 A26 10 0 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Foro virtual Na plataforma Moodle abrirase un espazo virtual de discusión e de aprendizaxe colaborativa en que se construirá conxuntamente un glosario de termos especializados, se incorporarán ligazóns de interese relacionada cos contidos da materia e terán lugar discusións asíncronas dirixidas polo docente.
Lecturas Elaboración de dous informes sobre as lecturas obrigadas e realización de comentarios retroalimentadores dos informes realizados polas outras persoas.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia.
Proba de ensaio Realizarase unha proba escrita de ensaio en que o alumnado deberá pór en relación, de maneira argumentada e crítica, un texto proposto con aspectos teórico-prácticos vistos nas sesións presenciais.
Estudo de casos Nas sesións interactivas realizaranse supostos prácticos (i) de actuación sobre os marcos de pensamento ocultos que condicionan a atribución de valores negativos a unha lingua, (ii) de planificación lingüística nos centros de ensino e (iii) de análise, revisión crítica e proposición de alternativas de mellora dun proxecto lingüístico de centro.

Atención personalizada
Metodoloxías
Foro virtual
Descrición
O docente fará un seguimento semanal do caderno dixital e dará pautas de comprensión das dúbidas que ficaren, así como ofrecerá outras lecturas alternativas.
Por outra parte, todas as persoas discentes recibirán recomendacións sobre o seu seguimento das aulas e da materia mentres esta se desenvolver.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A13 C1 C4 Proba escrita en que haberá que relacionar de maneira crítica e con argumentos madurecidos un texto proposto con aspectos teórico-prácticos vistos nas sesións presenciais. 30
Lecturas A1 A6 A8 A13 Elaboración de informes de lectura segundo as pautas fornecidas polo docente e achega de comentarios aos informes das/dos compañeiras/os. 10
Estudo de casos A9 A13 A26 Traballo crítico con supostos prácticos, individual ou grupalmente. 30
Foro virtual A10 A13 A14 C1 C4 Participación através do Moodle na construción do glosario, nas discusións dirixidas asíncronas e na achega de ligazóns de interese. 30
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará na plataforma Moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor. Este alumnado deberá realizar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 na proba obxectiva.

As persoas que se presentaren á segunda oportunidade (xullo) deberán entregar, antes da data marcada aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que non tiveren superados, ben como realizar a proba de ensaio (caso non ter atinxido 4 valores sobre 10 na primeira oportunidade ou non a ter realizado).

Será considerado NON PRESENTADA aquela persoa que non realizar os estudos de casos e a proba obxectiva.

Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC

.


Fontes de información
Bibliografía básica Iglesias Álvarez (2012). "Actitudes e prexuízos lingüísticos en Galicia. A súa influencia nos usos", A letra miúda nº 1 (2012).. Compostela: GENDL
Asorey Vidal (). "O ensino en territorios con conflicto lingüístico", Actas do I Simposio Internacional sobre o Bilingüismo, 897-904.
Subiela e Fente (2012). "Reflexións relativas á elaboración participativa dun marco de planificación lingüística dos centros de ensino", en A letra miúda nº 1. Compostela: GENDL
Skutnabb-Kangas, T. (2011). "Resultados de crecementismo e a homoxeneización lingüística no ensino. Quen posúe os coñecementos máis válidos?" en Lingua e Ecoloxía. VIII Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacíóns sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo. Ames: Laiovento
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2007). Planificacion linguistica nos centros de ensino 2007. Compostela: Xunta de Galicia

Bibliografía complementaria Silva Valdivia, B. (2008). Lingua e escola en Galicia: balance e propostas de futuro . Vigo: Galaxia
García Plata, Ignasi (). "A planificacio?n lingüística nos centros de ensino. A experiencia de Catalunya", A letra miúda nº 2, Revista de sociolingüística da CGENDL . Compostela: GENDL
Subiela, X. (2009). "Democracia e política lingüística en Galiza", en Monteagudo (coord.) Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Compostela: Consello da Cultura Galega
Calvet, L.J. (1995). A guerra das linguas e as políticas lingüísticas. Compostela: Laiovento
Silva Valdivia, B. (2010). Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán. Santiago: Universidade
Moreno Cabrera, J. C. (2006). De Babel a Pentecostés. Manifesto plurilingüísta. Barcelona: Horsoni
Ponencia de lingua do Consello da Cultura Galega (1999). Dereitos lingüísticos. Compostela: Consello da Cultura Galega
Díaz García et ali (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas . Santa Comba: tresCtres
Moure, T. (2010). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética . A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X. R. (2002 [1997]). Lingua galega: normalidade e conflito. Ames: Laiovento
Skutnabb-Kangas, T. (2000). Linguistic genocide in education or worldwide diversity and human rights?. New Jersey: Lawrence Erlbaum Associates
García Negro, Mª do Pilar (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística. Pontevedra: Cumio
Monteagudo, H. /Bouzada, X. (2002). O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000). Vol. II. Educación . Compostela: Consello da Cultura Galega
Sanmartin Rei, G. (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías