Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Aprendizaxe na educación física baseado en competencias Código 652603321
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Toja Reboredo, Maria Belen
Correo electrónico
belen.toja@udc.es
Profesorado
Carrera Lopez, Celso Carlos
Gonzalez Valeiro, Miguel Angel
Toja Reboredo, Maria Belen
Correo electrónico
celso.carrera@udc.es
miguel.gonzalez.valeiro@udc.es
belen.toja@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A5 (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A9 (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A30 (CE-E16) Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE).
A32 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
A33 (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A34 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A35 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Elaborar proxectos de intervención no proceso de ensino-aprendizaxe baseados en competencias AP3
AP4
AP5
AP9
AP18
AP19
AP20
AP21
AP22
AP24
AP25
AP26
AP27
AP28
AP32
AP34
AP35
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Mellorar a praxe educativa a partir do dominio das habilidades/competencias docentes AP4
AP5
AP15
AP17
AP18
AP19
AP22
AP23
AP24
AP25
AP26
AP27
AP30
AP32
AP33
AP34
AP35
CM1
CM2
CM3
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Conceptualización de competencia

¿qué son as competencias?, ¿un cambio de modelo educativo?, ¿un novo enfoque metodolóxico?,…
Curriculo e Competencias Análise crítica da formulación Lexislativa sobre competencias.
Elaboración dun proxecto integrado/interdisciplinar como proposta educativa tendente ao desenvolvemento de competencias por parte dos alumnos.
Achega e eleboración desde a materia de Educación Física.
Achega e eleboración desde outras materias de forma integrada/interdisciplinar coa Educación Física.
Competencias e calidad educativa. Ensinar por competencias ou ensinar competencias?
Profesor competente ou alumnos competentes?
Estrategias de mellora da praxis educativa baseada en competencias. Sesiones de microenseñanza

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A3 A4 A9 A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 A28 A30 A32 A34 A35 C4 C5 C6 C7 C8 6 10 16
Prácticas clínicas A4 A5 A15 A18 A19 A21 A22 A24 A25 A26 A27 A28 A30 A32 A33 A34 A35 C1 C3 C6 12 24 36
Presentación oral A33 A35 C1 C3 15 28 43
Sesión maxistral A5 A9 A15 A17 A18 A19 A24 A25 A28 A30 4 10 14
Práctica de actividade física A4 A5 A15 A18 A19 A21 A22 A24 A25 A26 A27 A28 A30 A32 A33 A34 A35 C1 C3 C6 6 6 12
Análise de fontes documentais A9 A15 A17 A18 A21 A23 A28 C2 5 20 25
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Traballos en pequeno grupo sobre a aplicación do ensino baseado en competencias ao deseño e posterior exposición dun proxecto de intervención interdisciplinar/integrado baseado na Educación Física.
Prácticas clínicas Representación de diferentes roles no desenvolvemento de sesións de microenseñanza, nas que se realizarán clases de educación física para grupos de alumnos da ESO/Bacharelato/FP nas que os alumnos adoptarán de forma rotatoria os seguintes roles: profesor, alumno ou observador externo e evaluador da práctica.
Este apartado avaliarase de forma conxunta co de "práctica de actividade física".
Presentación oral Exposición pública dos traballos elaborados na metodoloxía de "aprendizaxe colaborativa" ao resto dos grupos, avaliándose principalmente a capacidade de comunicación, argumentación e defensa dos diferentes apartados do traballo presentado.
Valorarase de forma moi relacionada co traballo presentado.
Sesión maxistral Sesións teórico-prácticas de procura de información sobre ensino baseado en competencias, achega de información por parte dos profesores, discusión e elaboración en pequeno grupo de propostas de intervención práctica.
Práctica de actividade física Participación activa e colaboración no desenvolvemento das sesións prácticas, fundamentais para a realización das microsesiones de E/A, asumindo o rol ou tipoloxía de alumno que corresponda en cada caso.
Esta avaliación realizaraa o profesor da materia por medio dun proceso de observación directa durante as sesións.
Análise de fontes documentais Análise e discusión de documentos, tanto de bibliografía de consulta como de consulta on-line, necesarios para o desenvolvemento da materia e a elaboración das propostas prácticas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Presentación oral
Descrición
Asesoramento titorización en todo o proceso de elaboración e posta en práctica/presentación dos traballos e sesións prácticas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A4 A5 A15 A18 A19 A21 A22 A24 A25 A26 A27 A28 A30 A32 A33 A34 A35 C1 C3 C6 Representación de diferentes roles no desenvolvemento de sesións de microenseñanza, nas que se realizarán clases de educación física para grupos de alumnos da ESO/Bacharelato/FP nas que os alumnos adoptarán de forma rotatoria os seguintes roles: profesor, alumno ou observador externo e evaluador da práctica.
Este apartado avaliarase de forma conxunta co de "práctica de actividade física".
20
Presentación oral A33 A35 C1 C3 Exposición pública dos traballos elaborados relativos a:
- Memoria de prácticas e propostas de mellora (30%)
- Proxecto integrado (50%)

Avaliarase a capacidade de comunicación, argumentación e defensa dos diferentes apartados do traballo presentado.

80
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Entregarase bibliografía específica ao comezo do módulo

Bibliografía Básica:

Blázquez,D. y Sebastiani, E.M., editores. (2009): Enseñar por competencias en E. Física.INDE. Barcelona.

Cano, E. (2005). Cómo mejorar las competencias de los docentes. Barcelona. Graó.

Carreiroda Costa, F. (1995): O suceso pedagógico em educaâo física. Ediçôes FMH.Lisboa.

Casamayor, G. (coord..) (2007). Los trucos del formador: arte, oficio y experiencia.  Barcelona. Graó.

Castejón,F.J. (1996): Evaluación de programas en E. Física. Gymnos. Madrid.

Contreras,O.(1998): Didáctica de la E. Física: un enfoque constructivista. INDE.Barcelona.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías