Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Iniciación á investigación educativa Código 652603E12
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web
Descrición xeral Neste curso pretendemos que o estudante do máster se familiarice cos diferentes tipos de investigacións no ámbito educativo; que coñeza, comprenda e valore as características da metodoloxía científica e, ademáis, comprenda os procedementos para a realización de investigacións en educación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
A35 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Os estudantes serán capaces de recoñecer a estrutura dos diferentes traballos de investigación AP19
CM6
CM8
Os estudantes serán capaces de identificar e comprender as diferentes fases e actividades que requiere a actividade investigadora AP19
AP24
AP28
CM4
CM6
CM7
CM8
Os estudantes serán capaces de realizar propostas e deseños metodolóxicos acordes coa temática concreta que queiran investigar AP28
AP35
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM8
Serán competentes para deseñar e desenvolver un proxecto de investigación AP24
AP28
AP35
CM3
CM4
CM5
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A investigación avaliativa: O problema de investigación 1.1. Plantexamiento do problema
1.2. As hipóteses de traballo e os obxectivos
Tema 2. Metodoloxías e técnicas da investigación educativa 2.1. A metodoloxía cuantitativa
2.2. A metodoloxía cualitativa
2.3. Técnicas de recollida de información
Tema 3. Deseños de proxectos de investigación educativa 3.1. Elaboración dun proxecto de investigación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A19 A24 C6 C7 C8 5 0 5
Proba mixta A19 A24 C1 C8 1 10 11
Traballos tutelados A28 A35 C3 C4 C5 C8 6 18 24
Presentación oral A28 C1 C5 C8 2 6 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na que se traballarán os conceitos básicos da materia acompañados de exemplos propios das disciplinas dos estudantes
Proba mixta Integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Traballos tutelados Nos que se elaborará un proxecto de investigación sobre unha temática suxerida polos estudantes
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para desenvolver a proposta de proxecto de investigación que se plantexa como actividade central na asignatura, os estudantes contarán co apoio da profesora. Para elo, se realizarán titorías tanto presenciais como virtuais e poderán plantexarse de forma individual ou grupal.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 A24 C1 C8 O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.

Na avaliación individual tamén se terá en conta a participación de cada estudante no traballo do grupo así como a asistencia as diferentes sesións que se puntuará como máximo con 1 punto.
40
Presentación oral A28 C1 C5 C8 O proxecto investigador proposto será presentado de forma oral, e valorarase seguindo criterios relacionados coa calidade e a claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos esixidos e o emprego de recursos innovadores. 20
Traballos tutelados A28 A35 C3 C4 C5 C8 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto investigador centrado nunha temática relacionada cos contidos do módulo. O alumnado deberá desenvolver eses contidos de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal.

A proposta do proxecto investigador terá un tamaño de 5-6 follas máximo, e será valorado tanto na súa presentación oral, como na súa forma escrita, atendendo a criterios relacionados coa calidade do traballo e o seu carácter innovador.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder).
No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
40
 
Observacións avaliación
ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase.
- Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída.
- O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.
- O alumnado deberá acadar o 50% da nota en cada una das metodoloxías de avaliación sinaladas; isto é, un 2 sobre 4 na proba mixta, un 2 sobre 4 no traballo tutelado e un 1 sobre 2 na presentación oral.

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice a proposta de proxecto investigador ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente.
O alumnado non asistente aparecerá como suspenso na 1º convocatoria, cunha cualificación de 4 puntos, e terán que realizar someterse ao seguinte proceso de avaliación para a 2ª convocatoria de xullo:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto).


ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando una tutoría na que lle informará sobre a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto).

Fontes de información
Bibliografía básica Schettini, P. y Cortazzo, I. (2016). Análisis de datos cualitativos en la investigación social. Venezuela: Editorial La Cátedra
Blaxter, L., Hughes, C. y Tight, M. (2008 ). Cómo se investiga. Barcelona: Graó
Quezada, N. (2014). Estadística con SPSS 22. Perú: Ed. Macro
Carvajal Sánchez, J. (Coord.) (2012). Iniciación a la investigación. Colombia: INICIEN
Martinez-Fernández, J.R. (2014). Introducción al análisis de datos cuantitativos en Ciencias Sociales. Madrid: Pearson
McMillan, J.H. y Schumacher, S. (2010). Investigación educativa (5ª ed.). . Madrid: Pearson
Arana, F. (2014). Método experimental para principiantes. Madrid: Fondo de Cultura Económica
Gil Pascual, J.A. (2015). Metodología cuantitativa en educación. Madrid: UNED
Bisquerra Alzina, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla
Fernández C., Hernández, R. y Baptista P. (2006). Metodología en la investigación. México: Mcgraw Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Sevilla: Punto Rojo Libros, S.L.

Bibliografía complementaria Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: New Age International Publisher
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
<p>Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. </p><p>Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. </p><p>Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.</p>


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías