Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en educación física Código 652603E1I3
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Profesorado
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Web
Descrición xeral A proliferación de propostas de innovación educativa na área de Educación Física nos últimos anos non foi un proceso ordenado e sistemático, senón máis ben un conxunto de respostas heteroxéneas a problemas xurdidos na práctica docente. É necesario reflexionar sobre este proceso e desenvolver criterios para analizar e valorar ditas propostas. A relación entre investigación educativa e innovación docente non está a xerar os resultados esperados. Isto dificulta o desenvolvemento de prácticas fundamentadas en teorías científicas e tamén a valoración da efectividade das innovacións para solucionar os problemas da aula. É necesario desenvolver vías de comunicación entre a teoría e a práctica, achegando os roles de investigador e docente para aproveitar as sinerxias existentes. Nesta materia ofrécense referencias para analizar as experiencias de innovación e as investigacións educativas na área de Educación Física. Descríbense algúns proxectos que, polo seu valor ejemplificante poden ser cualificados como “boas prácticas” representativas de liñas de innovación desenvolvidas na área. Tamén se pretende que os alumnos poidan deseñar e xustificar as súas propias propostas de innovación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A11 (CE-G11)Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A14 (CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 (CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e analizar críticamente propostas de innovación e investigación educativa na área de Educación Física. AP15
AP17
AP19
AP26
CM2
Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a transformación e a innovación no ámbito da Educación Física. AP14
AP20
AP21
AP22
AP23
AP24
AP25
AP27
AP28
CM1
CM3
CM4
CM6
Ser capaces de identificar que elementos do currículo de Educación Física se trabállan a través das innovacións educativas analizadas. AP4
AP18
AP20
AP24
AP28
CM1
CM6
Valorar a importancia da innovación e a investigación como estratexias para mellorar a calidade educativa na área de Educación Física. AP11
AP14
AP21
AP23
AP24
AP28
CM5
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Investigación en Educación Física -Deseño de Investigación.
- Liñas máis frecuentes de investigación en EF.
- Exemplos de Invesrtigación en EF.
- Análise crítica dunha investigación.
2. Innovación en Educación Física - Deseño dun proxecto de Innovación.
- Estratexias e factores que condicionan a innovación en EF.
- Exemplos de proxectos innovadores no ámbito da EF.
- Análise crítica da innovación en Educación Física.
Proxectos de innovación en Educación Física - Protocolo para a realización dun proxecto de Innovación en Educación Física.
- Posta en práctica dun proxecto innovador en Educación Física.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A11 A15 A17 A18 A19 A21 A25 C7 6 0 6
Traballos tutelados A4 A14 A20 A22 A23 A24 A27 A28 C3 C5 C8 2 12 14
Aprendizaxe colaborativa A21 A22 A26 A27 C6 C8 2 8 10
Presentación oral A21 A22 A23 A26 C1 C4 C8 1 3 4
Discusión dirixida A17 A18 A22 C1 1 2 3
Práctica de actividade física A25 2 0 2
Análise de fontes documentais A15 A17 A18 A19 C2 1 8 9
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do docente, dos contidos da materia relacionados cos proxectos de innovación e a investigación. Isto complementarase con infografías e vídeos, ao tempo que se buscará a implicación do alumnado a través das preguntas e o debate, de forma que se favoreza a reflexión e o pensamento crítico.
Traballos tutelados Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse un proxecto innovador de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.

O docente especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Aprendizaxe colaborativa Traballarase na aula, a través de pequenos grupos nos que o alumnado traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Discusión dirixida Promoveranse actividades de debate sobre diferentes aspectos do temario, nas que se contrastarán as idas e opinións de todo o alumnado e tratarase de buscar puntos de consenso.
Práctica de actividade física Realizaranse sesións de actividade física para poñer en práctica os coñecementos teóricos sobre propostas innovadoras en Educación Física.
Análise de fontes documentais Utilizaranse diversos documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que co seu análise aportarán coñecementos e contribuirán o desenvolvemento das competencias marcadas para a mesma.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para a elaboración dos traballos tutelados, os alumnos poden acudir en grupos reducidos a revisar o traballo (titoría). O docente poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, antes da entrega definitiva.


O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A14 A20 A22 A23 A24 A27 A28 C3 C5 C8 "Proxecto de innovación en EF": Este traballo consiste en deseñar e xustificar un proxecto de innovación educativa na área de Educación Física, dirixido a poboacións de Educación Secundaria e/ou Bacharelato . As características que debe cumprir este traballo atópanse detalladas Campus Virtual UDC. 50
Aprendizaxe colaborativa A21 A22 A26 A27 C6 C8 Ao longo do curso, os grupos formados na primeira sesión teñen que resolver tarefas breves, que poden concretarse en documentación a entregar ou a expoñer. 40
Presentación oral A21 A22 A23 A26 C1 C4 C8 Os grupos formados na primeira sesión terán que realizar unha presentación oral en formato do seu proxecto de innovación en Ed. Fís. 10
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.  

Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. 

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia  ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.


 A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:



Alumnado con recoñecemento de dispensa académica



Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.

2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase como non presentado.

3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).




Fontes de información
Bibliografía básica
Para a procura de información vinculada a esta materia recoméndase utilizar como principal fonte de información as revistas científicas da área de coñecemento. O alumnado pode acceder cun só click a unha listaxe de 200 revistas vinculadas ás Ciencias do Deporte. CLICK AQUÍ

A maiores, poderá solicitar á docente recomendación persoal de libros vinculados á Innovación e a Investigación en Educación Física.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
No caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse en conta as seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara e empregar papel reciclado. Na medida dos posible, evitar a impresión de borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías