Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Didáctica. currículo e organización escolar Código 652604001
Titulación
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Profesorado
Mendez Garcia, Rosa Maria
Rego Agraso, Laura
Rodríguez Machado, Eduardo Rafael
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
laura.rego@udc.es
e.rodriguez.machado@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo.
Didáctica, Currículo e Organización Escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da Pedagoxía, da Didáctica e da Organización Escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se tratarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A3 (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A4 (CE-E4) Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A5 (CE-E5) Coñecer os desenvolvimentos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A9 (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
C4 N.4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 N.6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponíbel para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Valorar críticamente as diferentes formas de interpretar a realidade educativa de acordo coas diferentes visións sobre a función social da escola, en conexión cos obxectivos socio-educativos propostos. Comprender e reflexionar sobre a importancia da inclusión da diversidade que circunda as aulas de educación secundaria. AP1
AP3
AP9
CP4
Comprender a terminoloxía básica, específica e propia da Didáctica, así como os conceptos pertencentes aos compoñentes didácticos do proceso de ensino e aprendizaxe, de modo que sexa capaz de reflexionar con rigor sobre os mesmos e orientar racionalmente a súa futura práctica docente. AP3
AP9
CP4
CP6
Comprender as diferencias entre a planificación curricular e a programación do proceso de ensino-aprendizaxe. Distinguir os diferentes niveles de concreción curricular e as súas implicacións. Coñecer os diferentes elementos e modalidades de deseño curricular. AP3
AP4
AP9
CP4
CP6
Coñecer e diferenciar os principios básicos e as características que fundamentan a articulación curricular na actualidade. AP4
AP9
CP4
CP6
Diferenciar os distintos elementos curriculares. Utilizar diferentes criterios tanto para a análise de grupos, de formulación de obxectivos e de selección e secuenciación de contidos considerándoos como un corpo de coñecementos no marco dun proceso de construcción e reconstrucción progresivo. AP3
AP4
AP5
AP9
CP4
CP6
Comprender o valor científico e pedagóxico da avaliación no campo do ensino, entendida como unha avaliación eminentemente educativa, formativa e formadora, así como afondar nas relacións entre avaliación, a investigación e a innovación. AP3
AP4
AP9
CP4
CP6
Profundizar no coñecemento crítico e fundamentado da estructura e funcionamiento do Sistema Educativo. AP9
CP4
CP6
Formalizar, sistematizar e integrar os saberes básicos da organización escolar, que permitan comprender a complexidade dos centros educativos, así como analizar e valorar críticamente a súa vida organizativa. AP9
CP4
CP6
Coñecer algúns dos modelos máis relevantes da organización escolar e comprender a importancia do contexto organizativo no proceso de ensino-aprendizaxe. AP9
CP4
CP6

Contidos
Temas Subtemas
Módulo I. A participación, xestión e avaliación nos centros de ensino secundario. - O organización do sistema educativo español.
- As dimensións (organizativa, procesual, persoal, cultural e da contorna) dun centro educativo.
Módulo II: Currículo :Concepcións, Funcións, Deseño, Desenvolvemento e avaliación.

- Os elementos do currículo.
- As concepcións sobre o currículo: enfoques de análise.
- O oculto e o manifesto da aprendizaxe escolar.
- Do currículo prescrito ao currículo contextualizado: niveis de concreción curricular.
- A planificación e o desenvolvemento do currículo.
- A avaliación: tipos, obxectos e instrumentos.
Módulo III. Modelos de ensino e metodoloxías didácticas. - O concepto de didáctica.
- Os modelos e métodos de ensino.
- As estratexias metodolóxicas no ensino secundario.
- Os materiais curriculares: tipos, selección, análise e uso.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A3 A4 A5 A9 C4 C6 4 22 26
Portafolios do alumno A4 A5 C4 10.5 34.5 45
Proba obxectiva A1 A5 A9 C4 C6 1.5 8 9.5
Sesión maxistral A1 A3 A4 A5 A9 C4 C6 16 12 28
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Establécese unha serie de documentos (textuais, audovisuais, etc.) de revisión obrigatoria (consúltense Fontes de Información) que serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se estudarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. O alumnado -previa lectura individual- deberá estar en capacidade de realizar a súa análise en pequeno grupo e grupo-aula. Ditas lecturas terán como obxectivo promover e incentivar a reflexión en torno aos procesos educativos escolares e a súas implicacións prácticas e aplicadas no contexto do centro educativo e no contexto aula.

Portafolios do alumno Durante o transcurso da materia proporanse algunhas actividades de aula especificamente deseñadas para a análise en pequeno grupo dalgúns dos documentos máis relevantes. A realización destas actividades iniciarase na aula e será completada mediante o traballo autónomo do alumnado fóra da aula.

Para esta elaboración atenderase ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías.

Para a realización destas análises tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. Os documentos resultantes da análise entregaranse nas datas que a profesora indique previamente a través da plataforma Moodle.

O alumnado, en pequeno grupo, deberá elaborar un portafolios que conteña unha análise crítica e reflexión global das devanditas actividades de aula, así como dos documentos obrigatorios e outros que o alumnado e a profesora consideren oportunos. As reflexións sobre os apartados que se integren deberán estar fundamentadas e argumentadas con base nos contidos da materia.

Ao inicio do curso proporcionarase un guión pormenorizado do portafolios e este desenvolverase fundamentalmente en periodos non presenciais e mediante o traballo autónomo do alumnado. A través da atención personalizada da profesora, os diferentes grupos recibirán indicacións concretas para a realización. O portafolios resultante será entregado na data que a profesora indique previamente a través plataforma Moodle.
Proba obxectiva A proba obxectiva consiste nunha serie de preguntas tipo test que conleva o tratamento global e integral dos contidos abordados ao longo da asignatura
Sesión maxistral Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Lecturas
Descrición
As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas, análise de fontes documentais, lecturas, actividades e preparación do exame, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.
De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación das actividades que se realicen ao longo do cuadrimestre.
Esta proposta de atención personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.
As titorías individuais poderán ser tanto virtuais como presenciais, mantendo, neste caso, as debidas medidas de seguridade. As titorías grupais serán virtuais a través de M. TEAMS.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A5 A9 C4 C6 A proba obxectiva consiste nunha serie de preguntas tipo test que conleva o tratamento global e integral dos contidos abordados ao longo da asignatura. 30
Portafolios do alumno A4 A5 C4 Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.

* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal e outra ao traballo individual.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
*Será imprescindible que o alumnado entregue tódalas tarefas (individuais e grupais) incluídas no portafolios. En caso contrario, non poderá superar a materia.
70
 
Observacións avaliación
  1. Nas presentacións orais ou escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras persoas); ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.
  2. A asistencia ás sesións non poderá ser inferior ao 80% das horas que se impartan de maneira presencial.
  3. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa, deberá entregar as actividades e o portafolios no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado e resolvelas de modo individual.
  4. Se un/unha alumno/a cuxa asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente. Esta incorporarase tamén ao portafolios.
  5. O portafolios entregarase na data que se indique ao inicio do curso.
  6. Coa fin de facilitar a xestión da materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da segunda semana lectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma Moodle, insertando unha foto actual.
  7. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e "proba mixta").
  8. Dado que a materia é impartida por diferentes docentes, poderán existir variacións intergrupais no formato do exame final, no tipo de actividades de aula e na orde de presentación de contidos.
  9. Na 2ª oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª oportunidade.
  10. 10. De acordo
    co recollido no artigo 11 (apartado 4 b) do Regulamento disciplinar do
    estudantado da UDC, relativo ás sancións ante faltas graves, no caso de fraude
    a cadémica na materia, outorgarase a cualificación de suspenso na convocatoria
    en que se cometa a falta. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
    numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
    comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
    isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira
    oportunidade, se fose necesario.

Fontes de información
Bibliografía básica

NOTA: Esta bibliografía é susceptíbel a modificacións a medida que avanza o curso académico. Realizarase unha selección de títulos da listaxe final, selección que estará dispoñible na Moodle e que será de lectura obrigatoria.

Álvarez, J.M. (1999). Evaluar para conocer, evaluar para aprender: las razones formativasde la evaluación educativa. En J.M. Álvarez, Evaluar para conocer. Examinar para excluir (pp. 58-61). Madrid: Morata.

Area, M.(2009). Los medios de enseñanza o materiales didácticos. Conceptualización y tipos. Introducción a la tecnología Educativa , 24-37. Recuperado de http://www.bibliotecalibre.org/bitstream/001/415/5/Introducci%C3%B3n%20a%20la%20tecnolog%C3%ADa%20educativa.pdf

Arias Correa, A. et al. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia.

Asegurado Garrido, A. e Marrodán Gironés, J. (Coords.) (2021. La LOMLOE y su análisis. Una mirada técnica. Asociación Nacional de Editores de Libros y material de Enseñanza (ANELE)

Bain, K. (2007). Lo que hacen los mejores profesores de universidad. [Traducido porOscar Barberá]. Valencia: Uniersidad de Valencia.

Bain, K. (2014). Lo que hacen los mejores estudiantes de universidad. [Traducidopor Oscar Barberá]. Valencia: Uniersidad de Valencia.

Barcia Moreno, M. (2007). Niveles de concreción curricular. En R. Navarro Hinojosa(coord.) (2007). Didáctica y currículum para el desarrollo de competencias (pp.185-210). Madrid: Dykinson.

Barkley,E. F., Cross, K. P. e Howell, C. (2007). Técnicas de aprendizaje colaborativo. Madrid:Morata.

BravoGarrido, A. (2007). El currículo como campo de estudio y aplicación de ladidáctica. En R. Navarro Hinojosa (coord.) (2007). Didáctica y curriculum para el desarrollo de competencias (pp. 155-184). Madrid: Dykinson.

Cabero, J. (Ed.) et al (1999). Criterios generales para la utilización e integración curricular de los medios. En J. Cabero. (Ed.) et al. Tecnología Educativa (pp. 107-127). Síntesis.

Cañibano Trives, J. (2008). El desarrollo físico, intelectual, personal y social en la adolescencia. Imlpicaciones educativas. En A. Pontes Pedrajas (Coord.). Aspectos generales de la formación psicopedagógica del profesorado de Educación secundaria (pp.335-359). Universidad de Córdoba.

Claver, E. (2021). ¿Necesitamos el libro de texto en las aulas? Revista digital de educación del FEAE-Aragón, 34 (11), 12-19

Cortina, A.(2009). Ética de la razón cordial. Educar en la ciudadanía en el siglo XXI. Oviedo: Nobel.

Darling-Hammond,L. (2005). El derecho de aprender. Buenas escuelas para todos. Barcelona:Ed. Ariel

Delors, J.(1996). La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisióninternacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana/UNESCO

Diez Gutiérrez, E.J. (2018). Neoliberalismo educativo. Educando al nuevo sujetoneoliberal. Barcelona: Octaedro

Escudero Muñoz, J.M. (2011). Dilemas éticos de la profesión docente. CEE Participacion Educativa , 16, 93-102.

Espín,J. eoutros (1996). Análisis de recursos educativos desde la perspectiva no sexista. Barcelona: Laertes.

FernándezNavas, M. e Alcaraz Salarirche, N. (Coords.) (2016). Innovación educativa.Más allá de la ficción. Madrid: Ed. Pirámide.

Fortea Bagán, M. A. (2019). Metodologías didácticas para la enseñanza-aprendizaje de competencias. Universitat Jaume I.

Fuentes, E.J. (2003). Culturas profesionales en la enseñanza y desarrollo profesional delos docentes. Revista Padres y Maestros, 279, 34-39.

Garcia Pascual, E. (2021). Las reformas pasan, los Libros de Texto permanecen. Revista digital de educación del FEAE-Aragón, 34 (11), 5-8

Gimeno Sacristán, J. (1998). El currículum: una reflexión sobre la práctica. Madrid:Morata.

González, Mª. T. (1992). Centros escolares y cambio educativo. En J.M. Escudero e J.López (Coords.), Los desafíos de las reformas escolares. Cambio educativo y formación para el cambio (pp. 71-95). Sevilla: Arquetipo.

González, Mª.T. (1999).Perspectivas teóricas recientes en organización escolar: unapanorámica general. En J.M. Escudero, Escuelas y profesores: ¿hacia unareconversión de los centros y la función docente? (pp.35-59). Madrid:Ediciones Pedagógicas.

González, MªT. (2003) (coord.). Las organizaciones escolares: dimensiones ycaracterísticas. En M. T. González, Organización y gestión de centrosescolares (pp. 25-38). Madrid: Pearson.

Gutiérrez, E. (2020). La educación en venta . Barcelona:Octaedro

Hargreaves,A. e Fullan, M. (2014). Cultura y comunidades profesionales. En A. Hargreaves e M.Fullan, Capital profesional (pp. 134-177). Madrid: Morata.

Hargreaves,A. e Fullan. M. (2014). Instaurar el cambio. En A. Hargreaves e M. Fullan, Capital profesional (pp. 178-216). Madrid: Morata.

Hayes, Debra et al.(2017). Literacy, Leading And Learning.Beyond Pedagogies Of Poverty. Abingdon,UK: Routledge - Taylor & Francis Group.

López, L.,Peliquín, F., Pérez, C. e Rodeiro, M. (1995). Análise e valoración de materiais curriculares. Revista Galega de Educación, 24, 58-60.

Luri, G. (2020). La escuela no es un parque de atracciones. Barcelona: Ariel.

Martínez, J.(1995). Interrogando al material curricular (Guión para el análisis y la elaboración de materiales para el desarrollo del curriculum). En J. G. Míngueze M. Beas (Comps.), Libros de texto y construcción de materiales curriculares (pp. 221-245). Armilla: Proyecto Sur de Ediciones.

Monarca, H. (2015). Evaluaciones externas. Mecanismos para la configuración de representaciones y prácticas en educación. Buenos Aires:Miño y Dávila Editores

Montanero,M. (2019). Didáctica General. Planificación y práctica de la enseñanza primaria. Cáceres: Universidad de Extremadura.

Navarro Hinojosa, R.(Coord.) (2007). Didáctica y currículum para el desarrollo decompetencias. Madrid: Dykinson.

Olivé, C. (2020). Profes Rebeldes. El reto de educar a partirde la realidad de los jóvenes [Traducción de Maria Massot Magarolas].Madrid: Grijalbo.

Ovejero, A. (2019). Fracaso escolar y reproducción social. La cara oculta de la escuela. Creative Commons.

Parcerisa, A. (1996). Propuesta de un instrumento para el análisis de libros de texto y otros materiales que utilizan el papel como soporte. En A. Parcerisa Arán, Materiales curriculares. Cómo elaborarlos, seleccionarlos y usarlos (pp.97-124). Barcelona: Graó.

Paricio, J., Fernández, A. e Fernández, I. (2019). Cartografía de la Buena docencia universitaria. Madrid. Narcea

Pérez Pueyo, A. (Coord.).(2015). Programar y evaluar competenciasbásicas en 15 pasos. Barcelona: Graó

Rizvi, F. e Lingard, B. (2013). Políticas educativas en un mundo globalizado. Madrid: Morata.

Rosenshine, B. V. (2009).  Principles of Instruction.  International Bureu of education UNESCO

Rosenshine, B. V. (2015). How Time Is Spent in Elementary Classrooms. The Journal of Classroom Interaction, 50 (1), 41-53

Ruiz Martin,H. (2020). ¿Cómo aprendemos? Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza. Barcelona: Graó.

Santos Guerra, M.A. (2020). ¿Para qué sirven los pedagogos? El valor dela educación. Madrid: Catarata.

Sarramona, J. (2000). Teoría de la educación: reflexión y normativa pedagógica. Barcelona: Ariel.

Sherrington, T. (2020).  Los principios de Rosenshine en práctica. Aptus

Torres, J. (1994). Globalización e interdisciplinariedad: el currículum integrado. Morata.

Trillo, F. (1994). El profesorado y el desarrollo curricular: tres estilos de hacer escuela. Cuadernos de Pedagogía , 228, 70-74.

Trillo, F. e Sanjurjo, L. (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas paracomprender y mejorar la práctica. Rosario: Homo Sapiens.

Vázquez Recio, R. (Coord.)(2018). Reconocimiento y bien común en Educación. Madrid: Ed. Morata.

Veilla Gil, J. e Guallart Moreno, C. (2021). A vueltas con los libros de texto. Revista digital de educación del FEAE-Aragón, 34 (11), 17-19

Williamson,B. (2019). El futuro del curriculum. La educación y el conocimiento en la era digital. Madrid: Ed. Morata

Wright-Maley, C. e Davis, T.(2016). Teaching for democracy in an age of economic disparity. Abingdon, UK: Routledge - Taylor & Francis Group.

Lexislación

Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Lei Orgánica 3/2020 de 29 de decembro pola quese modifica a Lei 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOMLOE)

Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG Nº183, 26/09/2022)

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa

Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, Nº183, 26/09/2022)

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Resolución do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG, 21/12/11).

Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG, 10/02/2022).

Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

Decreto324/1996, de 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de ensino secundario (DOG nº 156,09/08/1996).

Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento (DOG nº168, 02/09/1998).

Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das  ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia.

Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento orgánico dos centros públicos integrados

Orde do 3 de outubro de 2000 pola que se dictan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999 polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias.

Real decreto 278/2023, de 11 de abril, polo que se establece o calendario de implantación do Sistema de Formación Profesional establecido pola Lei Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional

Lei Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional_BOE do 1 de abril.

Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, avaliación e acreditación académica do alumnado de F.

Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das  ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia.

Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.

Ligazón ao portal do Ministerio de Educación e Formación Profesional, todofp.es, onde se recolle outra normativa relacionada coa formación profesional

Ligazóns

Normativa da Consellería: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/taxonomy/term/1712

Lexislación Educativa: https://lexislacioneducativa.wordpress.com/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Innovación docente/652601E11
Practicum/652601106
Traballo fin de Mestrado/652601107

Observacións
  • Coa finalidade de contribuir ao desenvolvemento das competencias dixitais docentes (especialmente vinculados coa Alfabetización Informacional -ALFIN- e a curación e produción de contidos dixitais) dende esta materia recoméndase ao alumnado a construción dun banco de recursos dixitais persoal no que poida organizar e categorizar material de interese para o desenvolvemento da materia (artigos científicos, experiencias, ferramentas e aplicacións didácticas, páxinas web institucionais vinculadas coa educación escolar, blogues especializados e de boas prácticas, etc). Recoméndase para iso, o uso de marcadores sociais ou aplicacións dixitais específicas que lles permitan categorizar ou asignar etiquetas coas que mellorar a súa clasificación e consulta posterior. Todo iso resultaralle de gran interese á hora de contrastar a teoría e a práctica educativa mediante o Practicum do Mestrado, así como para construír a fundamentación teórica do futuro Traballo Fin de Mestrado (TFM). 
  • Recoméndase que a entrega dos traballos sexa feita a través da plataforma Moodle e -de non ser posible- non empregar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e dében previr impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • Ante aincorporación de “Igualdade de Xénero” como materia de libre configuración autonómica no curso 2016/2017 na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria(ESO) e a materia “Coeducación para o século XXI” na etapa de Bacharelato no 2018/2019, na materia de Didáctica, Currículo e Organización Escolar tratarán de desenvolverse obxectivos, contidos e actividades tendentes á formación do futuro profesorado en cuestións relativas á concienciación sobre aviolencia de xénero, a igualdade entre mulleres e homes e a coeducación. Debidoa isto, recoméndase ao alumnado, empregar unha linguaxe inclusiva, contemplar aperspectiva feminista nos seus traballos e entregas de aula e evitar amanifestación de calquera tipo de discriminación, prexuízo ou minusvaloraciónpor razón de xénero no contexto desta materia.
  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, etc.). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Trataranse de detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


  • (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías