Identifying Data 2020/21
Subject (*) Project / Work Placement Code 652604406
Study programme
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 12
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
E-mail
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Lecturers
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Gómez Sánchez, Tania Fátima
E-mail
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Web
General description As prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida profesional do alumnado deste mestrado. Permitirán coñecer as tarefas que se levan a cabo nun centro educativo de ensino secundario e posibilitarán o establecemento de relacións frutíferas entre docentes do ámbito universitario (algúns deles tamén docentes en secundaria), docentes en activo no ensino secundario e o alumnado que pretende proxectar a súa vida profesional no ámbito docente. As prácticas están deseñadas para ofreceren a este alumnado a posibilidade de observar e analizar os contextos en que como futuros profesores e profesoras van desenvolver o seu labor, de xeito que poidan ter un coñecemento vivencial do traballo docente. Agárdase que sexa tomado como a oportunidade que é, e non só como unha parte máis destes estudos de posgrao. Non se debe esquecer que, como oportunidade, son os centros e o profesorado titor os que sobre todo a fan posible, e así debe ser recoñecido polo alumnado implicado e pola Universidade; este recoñecemento será compatible cunha actitude de observación e esculca propios do momento formativo en que estamos. Non se trata de imitarmos os modelos de acción que se observen, senón de analizar e reflexionar sobre esas e outras posibles alternativas de actuación profesional. A práctica que se desenvolve nos centros educativos só pode ser comprendida se se entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre este. Para isto é necesario ter un coñecemento sistematizado e profundo sobre o que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento enriquecerá sen dúbida aqueloutros coñecementos das fases anteriores, tanto do módulo xenérico como dos específicos, servindo moitas veces de contraste enriquecedor. Servirá tamén ao profesorado titor dos centros de ensino, cuxa colaboración nunca se agradecerá bastante, de oportunidade para reflexionar e contrastar o seu traballo e os seus hábitos no día a día da aula e para tomar contacto, aínda que sexa brevemente, coa reflexión que desde fóra deses centros de ensino secundario se fai. Sen esquecer que en definitiva se están a formar os futuros docentes e colegas de profesión, evitando que o seu primeiro contacto profesional sexa coa responsabilidade e as urxencias de dirixir un grupo de alumnos e alumnas. Este mesmo afán terá o profesorado da Facultade, algúns deles compartindo ambos os ámbitos –o universitario e o do ensino secundario- que ademais terá a oportunidade de contrastar as mensaxes e estratexias de traballo nos módulos teóricos coa práctica vivida e relatada por estas persoas nos centros.
Contingency plan Modificacións nos contidos: Non se modifican Metodoloxías • Metodoloxías docentes que se manteñen • Metodoloxías docentes que se modifican As metodoloxías modifícanse en función do número de horas presenciais realizadas polo alumnado. Se houbera algún caso excepcional, que non se enmarcara en ningún dos tres escenarios previstos, estudiarase individualmente pola Comisión Académica do Mestrado. Escenario 1. Horas de prácticas completadas na súa totalidade Mantense a guía docente, tanto a planificación prevista, como a avaliación. Pudendo axustarse aos novos prazos, reflectidos na calendarización dispoñible na guía das prácticas. Escenario 2. Número de horas igual ou superior a 42 Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais Traballos tutelados A32 A33 A34 A35 0 141 141 Saídas de campo A33 A34 A35 42 108 150 Os traballos tutelados materializados na memoria de prácticas, non terán parte presencial e se fará un seguimento online por parte do titor/a de facultade. Compensarán a presencialidade no centro de prácticas e estarán destinadas a completar os distintos apartados da memoria, de xeito que se podan construír as aprendizaxes que se pretenden no Practicum. O profesorado titor da Facultade será o responsable de guiar e orientar este tipo de tarefas complementarias para a realización da memoria. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización TEAMS, MOODLE, EMAIL ou a vía telemática que acorde o profesorado titor co seu alumnado Os titores e titoras de facultade deben realizar as adaptacións precisas para poder continuar coa súa labor de orientación do alumnado vía telemática. Modificacións na avaliación Metodoloxía Peso na cualificación Descrición Saídas de campo Non se modifica Non se modifica Traballos tutelados Non se modifica Non se modifica Observacións de avaliación: O envío das cualificacións finais por parte do profesorado titor da facultade debe ir precedido da revisión co seu alumnado. O profesorado titor establecerá as canles para poder levala a cabo por medios telemáticos, para que o alumnado poida ter o dereito de acudir a consultar a súa cualificación se así o quixera. A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. En canto á nota posta polo/a titor/a do centro soamente se poderá coñecer a pormenorización da aplicación dos criterios de avaliación. A memoria, que recolle todos os traballos realizados no Practicum, deberá ser subida á aplicación de Practicum de xeito obrigatorio nas datas indicadas no calendario oficial, dispoñible na guía de prácticas, e se o profesorado titor de facultade requirise outras vías complementarias e adicionais de entrega ademais da aplicación, deberían ser telemáticas. A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10). A cualificación final será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación: - A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a segunda. - As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda.


Study programme competencies
Code Study programme competences
A18 (CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na evaliación das materias correspondentes á especialización.
A19 (CE-P2) Acreditar un bon uso da expresión oral e escrita na práctica docente.
A20 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A21 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
AJ18
AJ19
AJ20
AJ21

Contents
Topic Sub-topic
Coñecemento do Centro Educativo, alumnado, contexto
sociocultural, cultura pedagóxica, organizativa e de xestión (niveis e cursos, Departamentos, Comisións, Grupos, Equipo directivo, Consello Escolar, Claustro) e relacións coas familias e a contorna.
Coñecemento do Centro Educativo, alumnado, contexto
sociocultural, cultura pedagóxica, organizativa e de xestión (niveis e cursos, Departamentos, Comisións, Grupos, Equipo directivo, Consello Escolar, Claustro) e relacións coas familias e a contorna.
A planificación Educativa no Centro. Os documentos de
planificación: Proxecto Educativo (Proxecto Curricular e plan
Lingüístico) Proxecto de Xestión, Plan Xeneral Anual,
Programacións didácticas, Plan de Acción Titorial , etc.
A planificación Educativa no Centro. Os documentos de
planificación: Proxecto Educativo (Proxecto Curricular e plan
Lingüístico) Proxecto de Xestión, Plan Xeneral Anual,
Programacións didácticas, Plan de Acción Titorial , etc.
Coñecemento e valoración dos programas educativos existentes
no Centro: Plan de Convivencia, Plan Tic, Plan Lector e outros
programas de apoio aos centros.
Coñecemento e valoración dos programas educativos existentes
no Centro: Plan de Convivencia, Plan Tic, Plan Lector e outros
programas de apoio aos centros.
Coñecemento e valoración dos recursos didácticos dispoñibles no Centro e no Departamento. Coñecemento e valoración dos recursos didácticos dispoñibles no Centro e no Departamento.
Deseño e programación de unidades didácticas e procesos de
intervención en diferentes materias e niveis educativos, no marco
do Departamento Didáctico da especialidade.
Deseño e programación de unidades didácticas e procesos de
intervención en diferentes materias e niveis educativos, no marco
do Departamento Didáctico da especialidade.
Modelos e estilos de ensino máis axeitados ás materias da
especialización.
Modelos e estilos de ensino máis axeitados ás materias da
especialización.
Procesos de innovación e mellora no ensino das materias da
Área.
Procesos de innovación e mellora no ensino das materias da
Área.
Análise dos procesos de comunicación na aula e de actuación
docente. Medios para a súa valoración e mellora. O asesoramento e a
colaboración profesional.
Análise dos procesos de comunicación na aula e de actuación
docente. Medios para a súa valoración e mellora. O asesoramento e a
colaboración profesional.
A intervención e a atención á diversidade na aula. O exercicio da titoría. - A intervención e a atención á diversidade na aula.
- O exercicio da titoría.
Modelos e prácticas de avaliación no Centro e no
Departamento.
Modelos e prácticas de avaliación no Centro e no
Departamento.
Deseño e valoración dos instrumentos de avaliación do alumnado e do ensino. Deseño e valoración dos instrumentos de avaliación do alumnado e do ensino.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Field trip A18 A19 A20 A21 46 104 150
Supervised projects A18 A19 A20 A21 38 103 141
 
Personalized attention 9 0 9
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Field trip Achegar ao alumnado á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivida do centro e da aula.
Observación e intervencións puntuais co apoio e supervisión do titor do centro.
Deseño de polo menos unha proposta didáctica da etapa.
Supervised projects Realización da memoria. Elaboración dun informe por escrito para ser valorado polo titor da Universidade. A extensión é de 40 páxinas máximo e 25 páxinas mínimo en DIN A4, en arial 11 a dobre espazo, e sen considerar os posibles anexos (agás no itinerario de artes). É obrigado entregar un exemplar encadernado e/ou unha copia en soporte informático.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Field trip
Description

Os titores/as deberán dar a coñecer os días, as horas e as formas de contacto, tanto para o alumnado como para o profesorado titor dos centros. O profesorado titor, tanto da Universidade como dos centros, pode dirixirse á coordinación do practicum nos momentos e formas de contacto que lles serán comunicados.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A18 A19 A20 A21 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do traballo cos seguintes criterios: - Capacidade de relación teoría-práctica - Dominio conceptual e capacidade analítica - Capacidade para relacionar ideas e accións - Capacidade de argumentar e fundamentar - Expresión escrita propia e claridade expositiva - Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións - Capacidade de autoavaliación e autocrítica - Orixinalidade da proposta 50
Field trip A18 A19 A20 A21 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 50
 
Assessment comments

Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas
cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a
nota final será a nota da parte non superada.
Na segunda oportunidade de avaliación: A memoria pode recuperarse, polo
que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidades terá a
ocasión de mellorala para a segunda.
As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas
mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda.
A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para
reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. En canto á
nota posta polo/a titor/a do centro soamente se poderá coñecer a
pormenorización da aplicación dos criterios de avaliación.

A cualificación das prácticas poderá ser
non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a
8.9) e sobresaliente (9 a 10).
A cualificación final será
o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do
centroe polo/a titor/a da Universidade.

Para superar as
prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso
de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota
da parte non superada.

Na segunda oportunidade de avaliación:

-
A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta
parte na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a
segunda.

- As practicas non poden recuperarse, polo que a
cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a
segunda.

A revisión, que se fará diante do profesorado titor da
UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da
memoria. En canto á nota posta polo/a titor/a do centro soamente se
poderá coñecer a pormenorización da aplicación dos criterios de
avaliación


Sources of information
Basic

AGUADO ODINA, T. (coord.) (2010) Diversidad e igualdad en educación. Madrid, UNED.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2008) Una educación para mañana. Barcelona, Octaedro.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2009) La vida escolar en un curso: cosas que no siempre se explican. Barcelona, Graó.
CASADO ROMERO, A. (2010) Aprender a ser maestro: creencias de los estudiantes de Magisterio sobre la interacción en el aula. Cuenca, Universidade de Castela-A Mancha.
CAMPS, V. (2008) Creer en la educación. La asignatura pendiente. Barcelona, Península.

Complementary

AGUADO ODINA, T. (coord.) (2010) Diversidad e igualdad en educación. Madrid, UNED.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2008) Una educación para mañana. Barcelona, Octaedro.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2009) La vida escolar en un curso: cosas que no siempre se explican. Barcelona, Graó.
CASADO ROMERO, A. (2010) Aprender a ser maestro: creencias de los estudiantes de Magisterio sobre la interacción en el aula. Cuenca, Universidade de Castela-A Mancha.
CAMPS, V. (2008) Creer en la educación. La asignatura pendiente. Barcelona, Península.
CASTELLS CUIXART, P. (2011) Tenemos que educar: ideas para acabar con la crisis de autoridad y la mala educación. Barcelona, Península.
DOMENECH, J. e GUERRERO, J. (2005) Miradas a la educación que queremos. Barcelona, Graó.
ESCUDERO PÉREZ, J. e MARTÍNEZ TEN, L. (coords.) (2011) Ochenta actividades para educar lúdicamente en valores y ciudadanía. Madrid, Los Libros de la Catarata.
ESTEVE, O.; MELLEF, K. e ANSINA, A. (coords.) (2010) Creando mi profesión. Una propuesta para el desarrollo profesional del profesorado. Barcelona, Octaedro.
GARCÍA ARETIO, L. (2009) Claves para la educación: actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. Madrid, UNED.
GIMENO SACRISTÁN, J. (comp.)(2006) La reforma necesaria. Entre la
política educativa y la práctica escolar
. Madrid, Morata.
MAÑU NOAIN, J. (2010) Docentes competentes. Por una educación de calidad. Madrid, Narcea.
ORTEGA, R. (coord.) (2010) Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid, Alianza.
PÉREZ SERRANO, G. (2010) Aprender a convivir: el conflicto como oportunidad de crecimiento. Madrid, Narcea.
RODICIO-GARCÍA, M. L. e IGLESIAS-CORTIZAS, M. J. (2011) El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid, Biblioteca Nueva.
RODRÍGUEZ JARES, X. (2006) Aprender a convivir. Vigo, Xerais.
SANCHO GARGALLO, M. et al. (2007) Nuevos retos para convivir en las aulas: construyendo la escuela cívica. Madrid, Fundación Europea Sociedade e Educación.
SEGOVIA GARCÍA, N. (2006) Aplicación de las TIC a la docencia. Usos prácticos de las nuevas tecnologías. Vigo, Ideas Propias.
SUBIRATS, M. e TOMÉ, A. (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación . Barcelona, Octaedro. Bibliografía complementaria
CANTÓN MAYO, I. (coord.) (2009) Narraciones de la escuela. Barcelona, Editorial Davinci.
CANTÓN MAYO, I. (coord.) (2010) Narraciones de maestros. Barcelona, Editorial Davinci.
DÍEZ NAVARRO, C. (2003) El piso de abajo de la escuela. Barcelona, Graó.
McCOURT, F. (2005) El profesor. Madrid, Maeva.
PENNAC, C. (2008) Mal de escuela. Barcelona, Mondadori.
SOBRADO, L.; FERNÁNDEZ, E. y RODICIO, M.L. (2012). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
TONUCCI, F. (1988) Niño se nace. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1989) Cómo ser niño. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1993) La soledad de los niños. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1994) Con ojos de niño. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (2003)
Cuando los niños dicen ¡Basta!
Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.