Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Traballo Fin de Máster Código 652604407
Titulación
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Pérez Guilarte, Yamilé
Correo electrónico
yamile.perez@udc.es
Profesorado
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Fuentes Silveira, María Jesús
Garcia Barros, Susana
Golías Pérez, Yolanda
Paz Villasenín, Carlos Isolino de
Vega Marcote, Pedro
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
m.j.fuentes@udc.es
susana.gbarros@udc.es
y.golias@udc.es
c.de.paz@udc.es
pedro.vega.marcote@udc.es
Web http://https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/F57DK e https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/UD45L
Descrición xeral O TFM consistirá na realización dunha actividade académica na que desenvolver o conxunto de competencias abordadas neste Mestrado. Debe ser realizado individualmente por cada alumno/a baixo a dirección dun/ha profesor/a (director/a) e, como norma xeral, estará concibido para que o tempo total de dedicación do/a alumno/a sexa de 150 horas (6 ECTS). Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de realización do Mestrado, e en concreto: a capacidade para a búsqueda, xestión, organización e interpretación de datos relevantes- da súa área de estudo- co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuizo crítico, lóxico e creativo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A18 (CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na evaliación das materias correspondentes á especialización.
A19 (CE-P2) Acreditar un bon uso da expresión oral e escrita na práctica docente.
A20 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A21 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
A22 (CE-P5) Conocer la tipología empresarial correspondiente a los sectores productivos y comprender los sistemas organizativos más comunes en las empresas (FP).
B8 (CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
B14 (CE-G14) Respetar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecimento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
C7 N.7. Asumir como profisional e cidadán/cidadá a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e tratar problemas de disciplina e resolución de conflitos. AP18
AP19
AP20
AP21
AP22
BP8
CP7
Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos. AP18
Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio AP18
AP22
Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos e actuar sostiblemente a favor do medio ambiente AP18
BP14
Coñecer as dinámicas organizativas e de funcionamento dun centro de secundaria ou formación profesional, así como levar a cabo unha primeira aproximación tutelada ao funcionamento dunha aula de ensino secundario e familiarizarse coa cultura organizativa dun centro escolar. AP20
Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e decisións que promovan a súa capacidade docente. AP20
AP21
Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. AP20
AP21
BP8
BP14

Contidos
Temas Subtemas
Coñecemento do Centro Educativo, alumnado, contexto
sociocultural, cultura pedagóxica, organizativa e de xestión (niveis e cursos, Departamentos, Comisións, Grupos, Equipo directivo, Consello Escolar, Claustro) e relacións coas familias e a contorna.
Coñecemento do Centro Educativo, alumnado, contexto
sociocultural, cultura pedagóxica, organizativa e de xestión (niveis e cursos, Departamentos, Comisións, Grupos, Equipo directivo, Consello Escolar, Claustro) e relacións coas familias e a contorna.
A planificación Educativa no Centro. Os documentos de
planificación: Proxecto Educativo (Proxecto Curricular e plan
Lingüístico) Proxecto de Xestión, Plan Xeneral Anual,
Programacións didácticas, Plan de Acción Titorial , etc.
A planificación Educativa no Centro. Os documentos de
planificación: Proxecto Educativo (Proxecto Curricular e plan
Lingüístico) Proxecto de Xestión, Plan Xeneral Anual,
Programacións didácticas, Plan de Acción Titorial , etc.
Coñecemento e valoración dos programas educativos existentes
no Centro: Plan de Convivencia, Plan Tic, Plan Lector e outros
programas de apoio aos centros.
Coñecemento e valoración dos programas educativos existentes
no Centro: Plan de Convivencia, Plan Tic, Plan Lector e outros
programas de apoio aos centros.
Coñecemento e valoración dos recursos didácticos dispoñibles no Centro e no Departamento. Coñecemento e valoración dos recursos didácticos dispoñibles no Centro e no Departamento.
Deseño e programación de unidades didácticas e procesos de
intervención en diferentes materias e niveis educativos, no marco
do Departamento Didáctico da especialidade.
Deseño e programación de unidades didácticas e procesos de
intervención en diferentes materias e niveis educativos, no marco
do Departamento Didáctico da especialidade.
Modelos e estilos de ensino máis axeitados ás materias da
especialización.
Modelos e estilos de ensino máis axeitados ás materias da
especialización.
Procesos de innovación e mellora no ensino das materias da
Área.
Procesos de innovación e mellora no ensino das materias da
Área.
Análise dos procesos de comunicación na aula e de actuación
docente. Medios para a súa valoración e mellora. O asesoramento e a colaboración profesional.
Análise dos procesos de comunicación na aula e de actuación
docente. Medios para a súa valoración e mellora. O asesoramento e a colaboración profesional.
A intervención e a atención á diversidade na aula. O exercicio da titoría. - A intervención e a atención á diversidade na aula.
- O exercicio da titoría.
Modelos e prácticas de avaliación no Centro e no Departamento. Modelos e prácticas de avaliación no Centro e no Departamento.
Deseño e valoración dos instrumentos de avaliación do alumnado e do ensino. Deseño e valoración dos instrumentos de avaliación do alumnado e do ensino.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Saídas de campo A19 A20 A21 B8 B14 C7 20 57 77
Traballos tutelados A18 A19 A20 A21 A22 19 50 69
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Saídas de campo Achegar ao alumnado á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivida do centro e da aula. Observación e intervencións puntuais co apoio e supervisión do titor do centro. Deseño de polo menos unha proposta didáctica da etapa.
Traballos tutelados Realización da memoria. Elaboración dun informe por escrito para ser valorado polo titor ou titora da Universidade. A extensión será de 40 páxinas máximo e 25 páxinas mínimo en DIN A4, en arial 11 a duplo espazo, e sen considerar os posibles anexos. É obrigado entregar o traballo definitivo mediante a Secretaría Virtual e a App, en formato PDF, nos prazos establecidos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Saídas de campo
Descrición
Os titores/as deberán dar a coñecer os días, as horas e as formas de contacto, tanto para o alumnado como para o profesorado titor dos centros. O profesorado titor, tanto da Universidade como dos centros, pode dirixirse á coordinación do practicum nos momentos e formas de contacto que lles serán comunicados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 A19 A20 A21 A22 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do traballo cos seguintes criterios: - Capacidade de relación teoría-práctica - Dominio conceptual e capacidade analítica - Capacidade para relacionar ideas e accións - Capacidade de argumentar e fundamentar - Expresión escrita propia e claridade expositiva - Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións - Capacidade de autoavaliación e autocrítica - Orixinalidade da proposta. 50
Saídas de campo A19 A20 A21 B8 B14 C7 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 50
 
Observacións avaliación

O alumnado exporá/defenderá o TFM, presencialmente, ante un tribunal
conformado por tres docentes (se o contexto non permite a
presencialidade, a defensa do traballo se realizará telematicamente). Esta defensa significará un 15% sobre a cualificación total (o 85% restante derivará da avaliación dos contidos e aspectos formais do traballo).

Na realización do Traballo de Fin de Mestrado (TFM), o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

A
realización fraudulenta das actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A entrega dos traballos realizarase telemáticamente, na plataforma correspondente, se non é posible, non deben empregarse plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais.

Na materia incorporarase a perspectiva de xénero e se traballará para fomentar e, no seu caso, modificar prexuizos e actitudes sexistas.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos...).

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías