Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Ámbito Científico e Educativo das Ciencias Sociais Código 652604411
Titulación
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Casás Salgado, Rafael Carlos
Correo electrónico
rafael.casas@udc.es
Profesorado
Casás Salgado, Rafael Carlos
Otero Varela, Alejandro
Correo electrónico
rafael.casas@udc.es
alejandro.otero.varela@udc.es
Web http://https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/F57DK
Descrición xeral Na presente materia abordaranse o obxecto e procesos de coñecemento das Ciencias Sociais, principais escolas e diferentes perspectivas de análise na comprensión dos factos sociais.
Os eixos fundamentais do coñecemento social: a interacción das sociedades co medio, a súa dimensión espacial e a súa configuración territorial e os procesos de cambio histórico das devanditas sociedades; así como a relixiosidade e o seu contexto ao longo do tempo. Para alén da Historia dos dereitos humanos, educación democrática e cidadanía e a funcionalidade educativa e social das Ciencias Sociais

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A2 (CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas
A3 (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A4 (CE-E4) Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A5 (CE-E5) Coñecer os desenvolvimentos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A6 (CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A7 (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A8 (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas das e dos estudantes.
A9 (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A10 (CE-E10) Coñecer estratexias e procedimentos de evaliación e entender a evaliación como un procedimento de regulamentación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A11 (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A12 (CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade.
A13 (CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e aprendizaxe das materias da especialización e propor alternativas e solucións.
A14 (CE-G14) Respetar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A25
B1 (CE-G1) Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
B2 (CE-G2) Comprender o desenvolvemento da personalidade de estes estudantes e as posíbeis disfuncións que afectan á aprendizaxe.
B3 (CE-G3) Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecimentos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
B4 (CE-G4) Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
B5 (CE-G5) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posíbeis problemas.
B6 (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
B8 (CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
B10 (CE-G10) Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respeto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
B14 (CE-G14) Respetar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecimento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
C1 N.1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidad Autónoma.
C3 N.3. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profisión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 N.4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 N.6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponíbel para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 N.7. Asumir como profisional e cidadán/cidadá a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 N.8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
AP13
AP14
AM1
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP8
BP10
BP14
CP1
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O ámbito científico e educativo das Ciencias Sociais. - Concepto de Ciencias Sociais, Xeografía, Historia e Historia da arte.
- Obxecto e procesos de coñecemento nas Ciencias Sociais.
- Funcionalidade educativa e social das Ciencias Sociais.

Tema 2. Principais escolas e diferentes perspectivas de análises na comprensión dos feitos sociais. - Principais escolas historiográficas, métodos e técnicas de construción do coñecemento histórico.
- Dos inicios da xeografía ás ramas actuais, métodos e técnicas do coñecemento xeográfico.
Tema 3. Eixos fundamentais do coñecemento social.



- A interacción das sociedades co medio, a súa dimensión espacial e a súa configuración territorial.
- Os procesos de cambio histórico das sociedades.
- Historia dos dereitos humanos para unha educación democrática e da cidadanía.




Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A2 A3 A10 A25 B6 1 5 6
Análise de fontes documentais A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 2 12 14
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 A14 B3 B4 B5 B8 B10 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 5 13 18
Presentación oral A9 A14 B8 C3 C1 C4 2 11 13
Sesión maxistral A9 B1 B3 B4 B5 C4 C6 14 6 20
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A8 A9 A14 B1 B2 B8 C1 C7 4 24 28
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Metolodoxía centrada en familiarizar ao alumnado co ámbito científico das Ciencias Sociais.
Análise de fontes documentais Traballo con documentación, textos e artigos sobre o ámbito científico e educativo das Ciencias Sociais.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, consistirá na formulación e desenvolvemento dunha investigación ou innovación propia do ámbito científico das Ciencias Sociais.
Presentación oral Como resultado do traballo tutelado presentarase na aula os obxectivos e resultados principais do mesmo.
Sesión maxistral Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. Tendo en conta que esta materia se vai impartir seguindo un modelo híbrido, existe a posibilidade de que estas sesións maxistrais sexan gravadas e postas a disposición do alumnado a través da Moodle da materia, dependendo do contexto sanitario provocado pola COVID-19.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupo de forma colaborativa coa axuda do profesor orientada fundamentalmente ao desenvolvemento do traballo tutelado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais
Descrición
Os traballos terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos de entrega dos mesmos, así como para resolver as dúbidas que se lle poida ir presentando ao alumnado.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A9 A14 B8 C3 C1 C4 Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 A14 B3 B4 B5 B8 B10 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no espectro dos espazos culturais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. 40
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A8 A9 A14 B1 B2 B8 C1 C7 Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. 20
Análise de fontes documentais A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 Realización de análises e reflexións de diversa documentación 20
 
Observacións avaliación

- Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma.

- O alumnado que non supere a avaliación continua a partir das metodoloxías presentes na materia ou asista a menos do 80% das sesións terá que superar unha proba obxectiva.

- Nos traballos a realizar o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos.

- A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario. 


Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NAUNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017 ):

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.

2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase “Non presentado”.

3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas(actividades/traballos e/ou proba).


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica

-García Pascual, F.; González Gallego, I.; López Facal, R.; Moradiellos, E.; Prats, J.; Prieto-Puga, R.; Valls, R. (2011). Geografía e historia. Complementos de formación disciplinar. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 1. Barcelona: Editorial Graó

-Prats, J.; Prieto-Puga, R.; Santacana, J.; Souto, X.; Trepat, C. A. (2011). Didáctica de la geografía y la historia. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 2. Barcelona: Editorial Graó.

-Albert M.; Fuentes, C.; Gutiérrez, J. M.; Hernández Cardona, F. X; López Facal, R.; Miralles, P.; Molina, S.; Prats, J.; Rivero, P.; Santacana, J. (2011). Geografía y la historia. Investigación, innovación y buenas prácticas. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 3. Barcelona: Editorial Graó.

-García Pascual, F.; González Gallego, I.; López Facal, R.; Moradiellos, E.; Prats, J.; Prieto-Puga, R.; Valls, R. (2011). Geografía e historia. Complementos de formación disciplinar. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 1. Barcelona: Editorial Graó

-Prats, J.; Prieto-Puga, R.; Santacana, J.; Souto, X.; Trepat, C. A. (2011). Didáctica de la geografía y la historia. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 2. Barcelona: Editorial Graó.

-Albert M.; Fuentes, C.; Gutiérrez, J. M.; Hernández Cardona, F. X; López Facal, R.; Miralles, P.; Molina, S.; Prats, J.; Rivero, P.; Santacana, J. (2011). Geografía y la historia. Investigación, innovación y buenas prácticas. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 3. Barcelona: Editorial Graó.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías