Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) As Ciencias Sociais no Ensino Secundario Código 652604412
Titulación
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Pérez Guilarte, Yamilé
Correo electrónico
yamile.perez@udc.es
Profesorado
Pérez Guilarte, Yamilé
Correo electrónico
yamile.perez@udc.es
Web http://https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/UD45L
Descrición xeral Esta materia constitúe unha dimensión crave na formación docente do profesorado, xa que se centra nos procesos de ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais. Con ela preténdese dar a coñecer os contidos curriculares da materia desde unha perspectiva reflexiva e atenta aos diversos graos de concreción do currículo. Ademais, ten como obxectivo o estudo da evolución do ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais, as súas perspectivas e enfoques actuais e as súas achegas educativas para a Educación Secundaria e o Bacharelato.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A2 (CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas
A3 (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A4 (CE-E4) Coñecer contextos e situacións nas que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A5 (CE-E5) Coñecer os desenvolvimentos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A6 (CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A7 (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A8 (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas das e dos estudantes.
A9 (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A10 (CE-E10) Coñecer estratexias e procedimentos de evaliación e entender a evaliación como un procedimento de regulamentación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A11 (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A12 (CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade.
A13 (CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e aprendizaxe das materias da especialización e propor alternativas e solucións.
A14 (CE-G14) Respetar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
B1 (CE-G1) Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
B2 (CE-G2) Comprender o desenvolvemento da personalidade de estes estudantes e as posíbeis disfuncións que afectan á aprendizaxe.
B3 (CE-G3) Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecimentos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
B4 (CE-G4) Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
B5 (CE-G5) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posíbeis problemas.
B6 (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
B8 (CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
B14 (CE-G14) Respetar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecimento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
C1 N.1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidad Autónoma.
C3 N.3. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profisión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 N.4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 N.6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponíbel para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 N.7. Asumir como profisional e cidadán/cidadá a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 N.8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o valor formativo do ensino das Ciencias Sociais na Educación Secundaria e no Bacharelato. AP1
AP2
AP11
BP6
BP8
BP14
CP4
CP6
CP7
CP8
CP9
Adquirir as competencias necesarias para o ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais na Educación Secundaria e no Bacharelato. AP2
AP8
AP9
AP11
AP12
AP14
BP1
BP2
BP5
BP8
BP14
CP1
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
Coñecer o currículo das ciencias sociais da Educación Secundaria e do Bacharelato. Analizar as metas educativas, a selección e organización dos contidos, as estratexias de ensino e aprendizaxe e os criterios e formas da avaliación. AP2
AP4
AP5
AP6
AP7
AP10
BP2
BP3
BP4
BP5
BP8
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
Reflexionar sobre a evolución do ensino das Ciencias Sociais, as súas perspectivas e enfoques actuais e as súas aportacións educativas. AP3
AP11
AP12
AP13
BP1
BP6
CP3
CP4
CP6
CP7
CP8
Adquirir competencias para transferir á práctica os coñecementos teóricos e deseñar propostas didácticas innovadoras que melloren as prácticas de ensino e aprendizaxe das ciencias sociais no contexto educativo da etapa de Educación Secundaria e o Bacharelato. AP4
AP5
AP6
AP7
AP8
AP13
BP3
BP4
BP6
BP8
CP3
CP4
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. As Ciencias Sociais no currículo de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. - A Didáctica das Ciencias Sociais como área de coñecemento.
- Competencias do profesorado no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais.
- Valor formativo do ensino das Ciencias Sociais nestes niveis educativos.
- Ciencias Sociais, Xeografía e Historia nos currículos de ESO e Bacharelato: obxectivos, competencias, contidos e instrumentos metodolóxicos.
- Selección e organización dos contidos de Ciencias Sociais e a súa relación coas ciencias referentes.
Tema 2: A evolución do ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais, perspectivas actuais e achegas educativas. - Evolución do ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais: modelos curriculares.
- Perspectivas e enfoques actuais das Ciencias Sociais e as súas achegas educativas.
Tema 3. Estratexias didácticas no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. - Concepcións e dificultades que presenta o alumnado en relación cos contidos sociais.
- Estratexias de ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais.
- Orientacións e criterios para a análise e a elaboración de materiais curriculares. A avaliación en Ciencias Sociais. As unidades didácticas en Ciencias Sociais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A2 A3 A10 B6 1 3 4
Análise de fontes documentais A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 2 6 8
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 A14 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 5 24 29
Presentación oral A9 A14 B8 C3 C1 C4 2 8 10
Sesión maxistral A9 B1 B3 B4 B5 C4 C6 14 6 20
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A8 A9 A14 B1 B2 B8 C1 C9 C7 4 17 21
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Antes de iniciar os temas do programa desenvolveranse actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia
Análise de fontes documentais Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación co ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais.
Traballos tutelados A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes.
Presentación oral Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estructura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa.
Aprendizaxe colaborativa Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común e toma de decisións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Análise de fontes documentais
Sesión maxistral
Descrición
Os traballos terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A9 A14 B8 C3 C1 C4 Presentación dos traballos desenvolvidos na aula en pequenos grupos. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 A14 B3 B4 B5 B8 B14 C3 C1 C4 C6 C7 C8 Elaboración dun traballo en grupo acerca dalgunha das temáticas dentro do ámbito das ciencias sociais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. 40
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A8 A9 A14 B1 B2 B8 C1 C9 C7 Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. 20
Análise de fontes documentais A2 A5 A7 A12 A14 B14 C4 Realización de análises e reflexións a partir de diversas fontes documentais. 20
 
Observacións avaliación

- Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma.

- O alumnado que non supere a avaliación continua a partir das metodoloxías presentes na materia ou asista a menos do 80% das sesións terá que superar unha proba obxectiva.

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que fai uso da devandita exención, debe presentar os traballos individuais que se orienten ao resto do alumnado, así como un traballo final.

- Nos traballos a realizar o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Albert M.; Fuentes, C.; Gutiérrez, J. M.; Hernández Cardona, F. X; López Facal, R.; Miralles, P.; Molina, S.; Prats, J.; Rivero, P.; Santacana, J. (2011). Geografía y la historia. Investigación, innovación y buenas prácticas. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 3. Barcelona: Editorial Graó.

Batllori, R. y Casas, M. (2000). El conflicto y la diferenciación. Conceptos clave en la enseñanza de las ciencias sociales. Lleida: Editorial Milenio.

García Pascual, F.; González Gallego, I.; López Facal, R.; Moradiellos, E.; Prats, J.; Prieto-Puga, R.; Valls, R.  (2011). Geografía e historia. Complementos de formación disciplinar. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 1. Barcelona: Editorial Graó.

Grupo Ínsula Barataria (Coord.) Enseñar y aprender ciencias sociales. Algunas propuestas de modelos didácticos. Madrid: Mare Nostrum Ediciones Didácticas.

Hernández, A. M. (Coord.) (2019). Estrategias y recursos didácticos para la enseñanza de las Ciencias Sociales. Madrid: Ediciones Pirámide.

Prats, J.; Prieto-Puga, R.; Santacana, J.; Souto, X.; Trepat, C. A. (2011). Didáctica de la geografía y la historia. Formación del profesorado. Educación secundaria, 8, Vol. 2. Barcelona: Editorial Graó. 






Bibliografía complementaria

Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas para complementar o traballo en clase.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Trátase dunha materia que se realizará, principalmente, cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. É por isto polo que a asistencia e participación, en todas e cada unha das actividades desenvolvidas no contexto da materia, será fundamental.

A entrega dos traballos realizarase telemáticamente, na plataforma correspondente, se non é posible, non deben empregarse plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.

Debe facerse un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías