Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Iniciación á investigación educativa Código 652604E22
Titulación
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Correo electrónico
paula.mendiri@udc.es
Profesorado
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Correo electrónico
paula.mendiri@udc.es
Web
Descrición xeral Neste curso pretendemos que o estudante do máster se familiarice cos diferentes tipos de investigacións no ámbito educativo; que coñeza, comprenda e valore as características da metodoloxía científica e, ademáis, comprenda os procedementos para a realización de investigacións en educación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 (CE-E5) Coñecer os desenvolvimentos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A10 (CE-E10) Coñecer estratexias e procedimentos de evaliación e entender a evaliación como un procedimento de regulamentación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A12 (CE-E12) Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade.
A13 (CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e aprendizaxe das materias da especialización e propor alternativas e solucións.
C1 N.1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidad Autónoma.
C3 N.3. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profisión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 N.4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 N.6. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponíbel para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 N.8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado debe ser capaz de deseñar as fases do proceso de investigación educativa desde a formulación do problema ata a planificación do análise de datos ou da información. AP5
AP10
CP1
CP6
CP8
O alumnado debe ser capaz de desenvolver as accións implicadas nas fases de investigación educativa (recollida de datos, análise, obtención e discusión de resultados e conclusións). AP5
AP10
CP4
CP6
O alumnado deberá ser capaz de presentar un informe de investigación por escrito e, se é o caso, de forma oral e colaborativa. AP12
AP13
CP3
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A investigación avaliativa: O problema de investigación 1.1. Plantexamiento do problema
1.2. As hipóteses de traballo e os obxectivos
Tema 2. Metodoloxías e técnicas da investigación educativa 2.1. A metodoloxía cuantitativa
2.2. A metodoloxía cualitativa
2.3. Técnicas de recollida de información
Tema 3. Deseños de proxectos de investigación educativa 3.1. Elaboración dun proxecto de investigación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A10 C6 C8 4 0 4
Aprendizaxe colaborativa A5 A10 C1 C4 C6 6 18 24
Investigación (Proxecto de investigación) A12 C3 C1 C6 3 14 17
Presentación oral A12 A13 C3 C1 1 2 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe dos contidos da materia.
Aprendizaxe colaborativa Baséase na organización da clase en grupos de 5-6 persoas para deseñar un proxecto de investigación educativa a partir dunha temática proposta polo grupo. El alumnado, polo tanto, traballará conxuntamente na resolución de tarefas encomendadas e supervisadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades que requiran desenvolver os procesos relevantes como a recollida e análise de datos, a obtención e discusión dos resultados e a extracción de conclusións.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal da investigación realizada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
A docente estará dispoñible, tanto na aula como nas titorías, para aclarar calquera tipo de dúbida.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A5 A10 C1 C4 C6 Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 60
Presentación oral A12 A13 C3 C1 Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 15
Investigación (Proxecto de investigación) A12 C3 C1 C6 O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se presentará nun informe escrito co título de investigación e que completa o Proxecto da investigación. A cualificación será a mesma para todo o grupo. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 25
 
Observacións avaliación

Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a
materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de
aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na cualificación
global da mesma.

Polo tanto, o día marcado no calendario oficial non se
realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar
a docencia da materia.

O alumnado que durante o curso perda a condición de
asistente (80% da presencialidade nas sesións) terá que realizar as actividades
restantes de forma individualizada. 

Para o alumnado que por motivos xustificados non poda
asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar
pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.

É obrigatorio que o alumnado
baixo esta modalidade (non asistente) o comunique nas dúas primeiras sesións do
cuadrimestre mediante unha titoría coa docente. 

A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado
que ben no superase a materia ou ben que non se presentase.


  • No
    primeiro caso (alumnado que non superou a materia na convocatoria de
    xuño), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non
    aprobou.

  • No segundo caso (alumnado non
    presentado) realizará as actividades de avaliación continua.

Nos dous casos é preciso entregar as actividades con
data límite dúas semanas antes da data oficial do exame de xullo de 2023, na
que terá lugar, si é o caso, a presentación oral da investigación.


Fontes de información
Bibliografía básica Carvajal Sánchez, J. (Coord.) (2012). Iniciación a la investigación. Colombia: INICIEN
McMillan, J.H. y Schumacher, S. (2010). Investigación educativa (5ª ed.). . Madrid: Pearson
Arana, F. (2014). Método experimental para principiantes. Madrid: Fondo de Cultura Económica
Bisquerra Alzina, R. (2004). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla
Fernández C., Hernández, R. y Baptista P. (2006). Metodología en la investigación. México: Mcgraw Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Sevilla: Punto Rojo Libros, S.L.

Bibliografía complementaria Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: New Age International Publisher
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías