Identifying Data 2018/19
Subject (*) Practicum Code 652606606
Study programme
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 12
Language
German
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Lecturers
Arza Arza, Neves
Perea Vega, Gustavo Ariel
Varela Urrutia, Roberto
E-mail
neves.arza@udc.es
gustavo.perea@udc.es
roberto.urrutia@udc.es
Web
General description As prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida profesional. Permiten coñecer as tarefas que se levan a cabo nun centro educativo de ensino secundario ou nun centro integrado de formación profesional e posibilitan o establecemento de relacións frutíferas entre docentes do ámbito universitario (algúns deles tamén docentes en secundaria), docentes en activo no ensino secundario e o alumnado que
pretende proxectar a súa vida profesional no ámbito docente.
As prácticas están deseñadas para ofreceren a este alumnado a posibilidade de observar e analizar os contextos en que como futuros profesores e profesoras van desenvolver o seu labor, de xeito que poidan ter un coñecemento vivencial do traballo docente. Agárdase que sexa tomado como a oportunidade que é, e non só como unha parte máis destes estudos de posgrao. Non se debe esquecer que, como oportunidade, son os centros e o profesorado titor os que sobre todo a fan posible, e así debe ser recoñecido polo alumnado implicado e pola Universidade; este recoñecemento será compatible cunha actitude de observación e esculca propios do momento formativo en que estamos. Non se trata de imitarmos os modelos de acción
que se observen, senón de analizar e reflexionar sobre esas e outras posibles alternativas de actuación profesional.
A práctica que se desenvolve nos centros educativos só pode ser comprendida se se entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre este. Para isto é necesario ter un coñecemento sistematizado e profundo sobre o que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento enriquecerá sen dúbida aqueloutros coñecementos das fases anteriores, tanto do módulo xenérico como dos específicos, servindo moitas veces de contraste enriquecedor.
Servirá tamén ao profesorado titor dos centros de ensino, cuxa colaboración nunca se agradecerá bastante, de oportunidade para reflexionar e contrastar o seu traballo e os seus hábitos no día a día da aula e para tomar contacto, aínda que sexa brevemente, coa reflexión que desde fóra deses centros de ensino secundario se fai. Sen esquecer que en definitiva se están a formar os futuros docentes e colegas de profesión,
evitando que o seu primeiro contacto profesional sexa coa responsabilidade e as urxencias de dirixir un grupo de alumnos e alumnas.
Este mesmo afán terá o profesorado da Facultade, algúns deles compartindo ambos os ámbitos –o universitario e o do ensino secundario- que ademais terá a oportunidade de contrastar as mensaxes e estratexias de traballo nos módulos teóricos coa práctica vivida e relatada por estas persoas nos centros.

Study programme competencies
Code Study programme competences
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. CC1
2. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e decisións que promovan a súa capacidade docente. AJ35
AJ35
AJ35
CC9
3. Dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e tratar problemas de disciplina e resolución de conflitos. AJ35
AJ35
AJ35
CC9
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos. AJ35
AJ35
AJ35
CC9
CC9
5. Coñecer as dinámicas organizativas e de funcionamento dun centro de secundaria ou formación profesional, así como levar a cabo unha primeira aproximación tutelada ao funcionamento dunha aula de ensino secundario e familiarizarse coa cultura organizativa dun centro escolar. AJ35
CC9
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio. AJ35
AJ35
CC9
CC9
7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos e actuar sostiblemente a favor do medio ambiente AJ35
CC9
CC9

Contents
Topic Sub-topic
Desenvolvemento da expresión oral e escrita na práctica docente. Desenvolvemento da expresión oral e escrita na práctica docente.
Dominio das destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia dentro do grupo-aula. Dominio das destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia dentro do grupo-aula.
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
Na Especialidade de Formación Profesional desenvolveranse ademais as dúas seguintes:
Coñecemento da tipoloxía correspondente aos sectores produtivos
Comprensión dos sistemas organizativos máis comúns ás empresas.
Na Especialidade de Formación Profesional desenvolveranse ademais as dúas seguintes:
Coñecemento da tipoloxía correspondente aos sectores produtivos
Comprensión dos sistemas organizativos máis comúns ás empresas.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A1 A2 A3 A8 A9 A10 A17 A18 A3 C1 C3 C5 C8 C1 38 103 141
Field trip A1 A2 A5 C4 C7 C5 C8 C1 46 104 150
 
Personalized attention 9 0 9
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Realización da memoria. Elaboración dun informe por escrito para ser valorado polo titor da Universidade. A extensión é de 40 páxinas máximo e 25 páxinas mínimo en DIN A4, impresas en arial 11 a dobre espazo, e sen considerar os posibles anexos (agás no itinerario de artes). É obrigado entregar un exemplar encadernado e unha copia en soporte informático.
Field trip As sáidas de campo correponden coa estadia do alumnado no centro de Prácticas. Es te período de formación permítelles :

- Achegarse á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivida do centro e da aula.
- Observar e levar a cabo actuacións docentes co apoio e supervisión do profesorado titor do centro
- Deseñar e por en práctica unha proposta didáctica.
No itinerario de FOL o período de estadia no centro é o 9,10 e 11 de xaneiro e desde o 11 de febreiro ó 3 de abril.




Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Field trip
Description
A titorización será compartida polo profesorado titor da Facultade e dos centros de prácticas. O primeiro supervisará a realización da memoria de prácticas e fara o seguimento a través das sesións establecidas na memoría de prácticas (presentación, seguimento e avaliación). c

Os titores/as da Facultade darán a coñecer os días, as horas e as formas de contacto, tanto para o alumnado como para o profesorado titor dos centros. O profesorado titor, tanto da Universidade como dos centros, pode dirixirse á coordinación do practicum nos momentos e formas de contacto que lles serán comunicados.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A2 A3 A8 A9 A10 A17 A18 A3 C1 C3 C5 C8 C1 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación da memoria de prácticas, atendendo ós seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar
- Expresión escrita propia e claridade expositiva -
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Deseño da proposta didáctica e avaliación da súa posta en práctica.
-Reflexión sobre as competencias adquiridas e sobre as propias necesidades de formación.
50
Field trip A1 A2 A5 C4 C7 C5 C8 C1 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula,conforme ós criterios que se específican na ficha de avaliación que se recolle no documento marco da memoría de prácticas 50
 
Assessment comments


REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 

Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes, a nota final será a  da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación: A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidades terá a ocasión de mellorala para a segunda. As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda. A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. En canto á nota posta polo/a titor/a do centro soamente se poderá coñecer a pormenorización da aplicación dos criterios de avaliación.

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 
 
Na cualificación da memoria de prácticas  a utilización  do galego  e a súa calidade lingüística vai pode acadar até  1 punto . 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
a) Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 
b) Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual



Sources of information
Basic

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL 

Débese facer un uso sustentábel  dos recursos co obxecto de evitar  impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  os   traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán  impresos a dobre cara e  empregarán  papel reciclado



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.