Identifying Data 2019/20
Subject (*) Practicum Code 652606606
Study programme
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 12
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Arza Arza, Neves
Gómez Sánchez, Tania Fátima
E-mail
neves.arza@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Lecturers
Arza Arza, Neves
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Perea Vega, Gustavo Ariel
Varela Urrutia, Roberto
E-mail
neves.arza@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
gustavo.perea@udc.es
roberto.urrutia@udc.es
Web
General description O Practicum correspóndese coa fase formativa que se desenvolve nos centros educativos. No caso do alumnado de FOL, pode ser un IES ou un Centro integrado de FP (CIFP). As prácticas están deseñadas para ofreceren a posibilidade de observar e analizar o contexto profesional e de experimentarse, baixo a tutela e supervisión dunha profesora ou profesor do centro, nas tarefas de planificación, desenvolvemento e avaliación dunha proposta didáctica, .

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A30 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización..
A31 (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A32 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia
A33 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
A34 (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. AJ1
AJ24
AJ26
AJ27
AJ30
AJ31
AJ33
2. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e decisións que promovan a súa capacidade docente. AJ32
3. Dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e tratar problemas de disciplina e resolución de conflitos. AJ26
AJ31
AJ32
CC1
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos. AJ24
AJ26
AJ27
AJ30
AJ31
5. Coñecer as dinámicas organizativas e de funcionamento dun centro de secundaria ou formación profesional, así como levar a cabo unha primeira aproximación tutelada ao funcionamento dunha aula de ensino secundario e familiarizarse coa cultura organizativa dun centro escolar. AJ30
AJ31
CC1
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio. CC1
CC3
CC7
Identificar os aspectos organizativos e curriculares da formación en centros do traballo e as caracteristicas das empresas onde se realiza esta formación AJ24
AJ26
AJ34
CC5

Contents
Topic Sub-topic

Organización dos centros, oferta educativa e recursos
- Organos de Goberno
- O Departamento de Información e Orientación Profesional ou o Departameto de Orientación
- O Departamento de FOL ou da especialidade na que realiza as prácicas
- Culturas organizativas
- Oferta Educativa
-Recursos humanos
- Recursos materiais (informáticos, instalacións, etc.)


Instrumentos de planificacion do centro
Proxecto Educativo /Proxecto Funcional
A programación dos módulos ou materias da especialidade
Plano de Acción Titorial
Plano de Orientacion Académica e Profesional
Atención á diversidade
Plan de Convivencia

Proxecto lingüístico
A formación en igualdade nos instrumentos de planificación do centro.
A formación en centros de traballo
Outros programas


O Ciclo formativo
- Perfil profesional
- Modulos e unidades de competencia
- Sector produtivo e contorna socioeconómica
- Mercado laboral do ciclo
- A formacion en centros de traballo e as empresas do sector
A praxe docente e alumnado A praxe docente
- Integración da visión de xénero
- Metodoloxía
- Avaliación
- Lingua/s de ensino
- As outras funcións do profesorado

O alumnado do grupo clase
- Perfil sociolingüístico
- Competencia dixital
- Procedencia académica
- Expectativas académicas e profesionais
- Necesidades educativas específicas

A proposta didáctica
-Fundamentación teórica
-Contextualización a nivel de centro e alumnado
-Ubicación no primeiro e segundo nivel de concreción curricular
-Obxectivos e contidos
-Actividades e recursos
- Atención á diversidade
-Avaliación

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Directed discussion A1 A26 A27 C1 6 0 6
Student portfolio A1 A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 0 78 78
Guest lecture / keynote speech 2 0 2
Field trip A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 175 30 205
 
Personalized attention 9 0 9
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Directed discussion Ten por obxectivo a reflexión e análise da experiencia de prácticas. Realízase en dous momentos que se corresponden coas sesiòns de seguimento e avaliación final. As temáticas que van ser obxecto de discusión son os contidos que se específican no apartado correspondente desta guía.
Student portfolio Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum.
Guest lecture / keynote speech
Está destinada á presentación dos aspectos organizativos e currículares do Practicum (funcións do profesorado titor, duración, avalación e sesións de seguimento e final) e ofrece pautas sobre os aspectos a observar e analizar, establecendo conexións coas materias do módulo xenérico e especifico que aportan máis elementos para a observación e análise do que acontece a nviel de centro e de aula.
Field trip A saída de campo corresponde coa estadía do alumnado no centro de Prácticas. No caso do itinerario de FOL abarca dous períodos. O primeiro de toma de contacto abrangue do 13 o 15 de xaneiro. O segundo vai do 17 de febreiro ó 3 de abril.
Este período de formación permítelles :

- Achegarse á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivencial do centro e da aula.
- Observar e reflexionar, vinculando as aportacións teóricas e legais das materias do Mestrado co que acontece a nivel de centro e de aula.
- Deseñar e por en práctica unha proposta didáctica.




Personalized attention
Methodologies
Field trip
Description
A titorización será compartida polo profesorado titor da Facultade e dos centros de prácticas. O primeiro aporta as orientacións iniciais e supervisa a memoria de prácticas a través das sesións de presentación, seguimemto e avaliación, así como da atención individualizada no horario de titorías.
As datas das sesións de presentación, seguimento e avaliación figuran no horario do itinerario de FOl. En moodel informarase da data, horario e lugar. O profesorado titor da Universidade é o que imparte as materias específicas do itinerario (Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade, Inserción e orientación laboral, e Mercado laboral e formación profesional).

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A1 A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum.
Pode presentarse baixo o formato dun artefacto dixital.
50
Field trip A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula,conforme ós criterios que se específican na ficha de avaliación que se recolle no documento marco da memoría de prácticas 50
 
Assessment comments

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR 

Para superar as Prácticas hai que ter aprobado nas dúas cualificacións, outorgadas polo titor ou titora   da Facultade e do Centro. No caso de non aprobar algunha das partes, a nota final será a  da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación só se pode recuperar a memoria.  Se o profesor/a do centro onde se realizaron as practicas outorga unha cualificación inferior a 25 (2,5) a materia de Practicum estará suspensa, non habendo opción  de recuperación.  É dicir, terá que  volver realizar as prácticas no próximo curso.  .

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 

 Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso. Así queda  regulado no artigo  14.4 da normativa académica de avaliación da UDC:  " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Sources of information
Basic Mestrado de Profesorado UDC (2019). Guía das Prácticas Docentes 2019-2020. http://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/?pagina=practicum

Na medida en que no Practicum converxen contidos  da maioría das materias do Mestrado,  as fontes para  o deseño da proposta didáctica  e para a elaboración dos distintos apartados da memoria  xa foron proporcionadas  nestas materias.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL 

Débese facer un uso sustentábel  dos recursos co obxecto de evitar  impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  os   traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán  impresos a doble cara e  empregarán  papel reciclado. 



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.