Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Practicum Código 652606606
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Arza Arza, Neves
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Perea Vega, Gustavo Ariel
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
gustavo.perea@udc.es
roberto.urrutia@udc.es
Web
Descrición xeral O Practicum correspóndese coa fase formativa que se desenvolve nos centros educativos. No caso do alumnado de FOL, pode ser un IES ou un Centro integrado de FP (CIFP). As prácticas están deseñadas para ofreceren a posibilidade de observar e analizar o contexto profesional e de experimentarse, baixo a tutela e supervisión dunha profesora ou profesor do centro, nas tarefas de planificación, desenvolvemento e avaliación dunha proposta didáctica, .

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A30 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización..
A31 (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A32 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia
A33 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
A34 (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. AP1
AP24
AP26
AP27
AP30
AP31
AP33
2. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e decisións que promovan a súa capacidade docente. AP32
3. Dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e tratar problemas de disciplina e resolución de conflitos. AP26
AP31
AP32
CM1
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos. AP24
AP26
AP27
AP30
AP31
5. Coñecer as dinámicas organizativas e de funcionamento dun centro de secundaria ou formación profesional, así como levar a cabo unha primeira aproximación tutelada ao funcionamento dunha aula de ensino secundario e familiarizarse coa cultura organizativa dun centro escolar. AP30
AP31
CM1
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio. CM1
CM3
CM7
Identificar os aspectos organizativos e curriculares da formación en centros do traballo e as caracteristicas das empresas onde se realiza esta formación AP24
AP26
AP34
CM5

Contidos
Temas Subtemas

Organización dos centros, oferta educativa e recursos
- Organos de Goberno
- O Departamento de Información e Orientación Profesional ou o Departameto de Orientación
- O Departamento de FOL ou da especialidade na que realiza as prácicas
- Culturas organizativas
- Oferta Educativa
-Recursos humanos
- Recursos materiais (informáticos, instalacións, etc.)


Instrumentos de planificacion do centro
Proxecto Educativo /Proxecto Funcional
A programación dos módulos ou materias da especialidade
Plano de Acción Titorial
Plano de Orientacion Académica e Profesional
Atención á diversidade
Plan de Convivencia

Proxecto lingüístico
A formación en igualdade nos instrumentos de planificación do centro.
A formación en centros de traballo
Outros programas


O Ciclo formativo
- Perfil profesional
- Modulos e unidades de competencia
- Sector produtivo e contorna socioeconómica
- Mercado laboral do ciclo
- A formacion en centros de traballo e as empresas do sector
A praxe docente e alumnado A praxe docente
- Integración da visión de xénero
- Metodoloxía
- Avaliación
- Lingua/s de ensino
- As outras funcións do profesorado

O alumnado do grupo clase
- Perfil sociolingüístico
- Competencia dixital
- Procedencia académica
- Expectativas académicas e profesionais
- Necesidades educativas específicas

A proposta didáctica
-Fundamentación teórica
-Contextualización a nivel de centro e alumnado
-Ubicación no primeiro e segundo nivel de concreción curricular
-Obxectivos e contidos
-Actividades e recursos
- Atención á diversidade
-Avaliación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A1 A26 A27 C1 6 0 6
Portafolios do alumno A1 A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 0 78 78
Sesión maxistral 2 0 2
Saídas de campo A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 175 30 205
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Ten por obxectivo a reflexión e análise da experiencia de prácticas. Realízase en dous momentos que se corresponden coas sesiòns de seguimento e avaliación final. As temáticas que van ser obxecto de discusión son os contidos que se específican no apartado correspondente desta guía.
Portafolios do alumno Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum.
Sesión maxistral
Está destinada á presentación dos aspectos organizativos e currículares do Practicum (funcións do profesorado titor, duración, avalación e sesións de seguimento e final) e ofrece pautas sobre os aspectos a observar e analizar, establecendo conexións coas materias do módulo xenérico e especifico que aportan máis elementos para a observación e análise do que acontece a nviel de centro e de aula.
Saídas de campo A saída de campo corresponde coa estadía do alumnado no centro de Prácticas. No caso do itinerario de FOL abarca dous períodos. O primeiro de toma de contacto abrangue do 13 o 15 de xaneiro. O segundo vai do 17 de febreiro ó 3 de abril.
Este período de formación permítelles :

- Achegarse á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivencial do centro e da aula.
- Observar e reflexionar, vinculando as aportacións teóricas e legais das materias do Mestrado co que acontece a nivel de centro e de aula.
- Deseñar e por en práctica unha proposta didáctica.




Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Descrición
A titorización será compartida polo profesorado titor da Facultade e dos centros de prácticas. O primeiro aporta as orientacións iniciais e supervisa a memoria de prácticas a través das sesións de presentación, seguimemto e avaliación, así como da atención individualizada no horario de titorías.
As datas das sesións de presentación, seguimento e avaliación figuran no horario do itinerario de FOl. En moodel informarase da data, horario e lugar. O profesorado titor da Universidade é o que imparte as materias específicas do itinerario (Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade, Inserción e orientación laboral, e Mercado laboral e formación profesional).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum.
Pode presentarse baixo o formato dun artefacto dixital.
50
Saídas de campo A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula,conforme ós criterios que se específican na ficha de avaliación que se recolle no documento marco da memoría de prácticas 50
 
Observacións avaliación

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR 

Para superar as Prácticas hai que ter aprobado nas dúas cualificacións, outorgadas polo titor ou titora   da Facultade e do Centro. No caso de non aprobar algunha das partes, a nota final será a  da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación só se pode recuperar a memoria.  Se o profesor/a do centro onde se realizaron as practicas outorga unha cualificación inferior a 25 (2,5) a materia de Practicum estará suspensa, non habendo opción  de recuperación.  É dicir, terá que  volver realizar as prácticas no próximo curso.  .

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 

 Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso. Así queda  regulado no artigo  14.4 da normativa académica de avaliación da UDC:  " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Fontes de información
Bibliografía básica Mestrado de Profesorado UDC (2019). Guía das Prácticas Docentes 2019-2020. http://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/?pagina=practicum

Na medida en que no Practicum converxen contidos  da maioría das materias do Mestrado,  as fontes para  o deseño da proposta didáctica  e para a elaboración dos distintos apartados da memoria  xa foron proporcionadas  nestas materias.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL 

Débese facer un uso sustentábel  dos recursos co obxecto de evitar  impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  os   traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán  impresos a doble cara e  empregarán  papel reciclado. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías