Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Practicum Código 652606606
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Perea Vega, Gustavo Ariel
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
gustavo.perea@udc.es
roberto.urrutia@udc.es
Web
Descrición xeral O Practicum correspóndese coa fase formativa que se desenvolve nos centros educativos. No caso do alumnado de FOL, pode ser un IES ou un Centro integrado de FP (CIFP). As prácticas están deseñadas para ofreceren a posibilidade de observar e analizar o contexto profesional e de experimentarse, baixo a tutela e supervisión dunha profesora ou profesor do centro, nas tarefas de planificación, desenvolvemento e avaliación dunha proposta didáctica, .
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se modifican

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican
Nunha situación extraordinaria, as metodoloxías modificaríanse tendo en conta o número de horas presenciais que o alumnado cumprise antes da creba da normalidade. Se houbese algún caso que non se axustase a ningún dos escenarios previstos, a Comisión Académica do mestrado estudaríao separadamente.
a) Escenario n.º 1: cumprimento da totalidade das horas presenciais previstas.
Todas as prescricións recollidas na guía docente —tanto ás referidas á planificación como as tocantes á avaliación— manterían a súa vixencia. Con todo, cabería a posibilidade de que se modificasen os prazos de entrega, corrección e revisión das memorias, se as circunstancias o aconsellasen. Calquera modificación deste tipo anunciaríase con antelación suficiente.
b) Escenario n.º 2: cumprimento da metade das horas presenciais previstas.
Neste caso, a perda de horas de estadía no centro de prácticas veríase compensada por medio da realización de traballos tutelados que se integrarían na memoria, sempre con vistas a completar os seus distintos apartados. A dirección e supervisión destas tarefas —que se realizaría por vía telemática— ficaría nas mans do profesorado titor da UDC.
Saídas de campo
Competencias: A33 A34 A35
Horas presenciais: 42
Horas non presenciais / traballo autónomo: 108
Horas totais: 150
Traballos tutelados
Competencias: A32 A33 A34 A35
Horas presenciais: 0
Horas non presenciais / traballo autónomo: 141
Horas totais: 141
c) Escenario n.º 3: cumprimento de menos da metade das horas presenciais previstas.
Do mesmo xeito que no escenario n.º 2, o alumnado tería que compensar, por medio de traballos tutelados integrados na memoria, a mingua do número de horas de presenza no centro. Agora ben, como o acortamento da estadía sería maior do que no escenario precedente, sería necesaria, ademais, a resolución dun suposto práctico —deseñado polo coordinador/a do itinerario— que tamén se integraría na memoria de prácticas (para máis información, véxase a «Guía das prácticas docentes»).
Saídas de campo
Competencias: A33 A34 A35
Horas presenciais: 25
Horas non presenciais / traballo autónomo: 125
Horas totais: 150
Traballos tutelados
Competencias: A32 A33 A34 A35
Horas presenciais: 0
Horas non presenciais / traballo autónomo: 141
Horas totais: 141
d) Escenario n.º 4: non se produciu a incorporación do/a estudante ao centro de prácticas.
Optaríase por unha formación telepresencial, sempre que os centros de prácticas o permitisen; de non ser posible, proporíase unha formación alternativa de carácter práctico. En calquera caso, o traballo tutelado sería avaliado en exclusiva polo titor da UDC, como en circunstancias normais.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O profesorado titor da UDC debe ofrecer ao alumnado a posibilidade dun contacto regular —indispensable para unha titorización efectiva— por medio do correo electrónico institucional e/ou das plataformas de teleformación que ofrece a Universidade (Moodle, Microsoft Teams).

4. Modificacións na avaliación
Non se modificaría o peso que na cualificación final teñen as dúas metodoloxías propias da materia: a saída de campo (é dicir, a estadía no centro de prácticas) e o traballo tutelado (é dicir, a memoria de prácticas, con ou sen adicións, segundo o escenario en que se achen os/as alumnos/as).
*Observacións de avaliación:
A cualificación final será a media das outorgadas polo/a titor/a de centro (que valora o desempeño do/a estudante durante a estadía) e polo/a titor/a da UDC (que corrixe e puntúa a memoria das prácticas).
- Para superar as prácticas cómpre conseguir o aprobado nas dúas partes da materia; no caso de que unha delas non se supere, a nota final do/a estudante será precisamente a desa parte.
- A memoria das prácticas é recuperable. Se un alumno non supera a materia na primeira oportunidade por causa da memoria, poderá mellorala e entregala na segunda.
- As prácticas propiamente ditas (isto é, os labores realizados polo/a alumno/a no seu centro de destino) non son recuperables: a cualificación obtida na primeira oportunidade mantense na segunda.
- Antes de publicar as cualificacións finais, os/as titores/as da UDC deben ofrecer ao alumnado a posibilidade de revisar a memoria e, de ser o caso, reconsiderar a súa cualificación. Se as circunstancias o fixesen necesario, a revisión tería lugar a través de canles telemáticas. En canto ás cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro, non é susceptible de emenda: o alumnado só pode pedir que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas nas diferentes casas da «grella» de avaliación.
- A memoria de prácticas —con ou sen adicións, cf. supra— deberá subirse á aplicación Prácticum (http://www.educacion.udc.es/app-secundaria/) dentro do prazo estabelecido no calendario oficial (consultable na «Guía das prácticas docentes»). Se os/as titores/as da UDC requirisen a entrega dunha copia adicional da memoria por outra canle, esta debería ser de carácter telemático.
- Se a UDC contemplase esta posibilidade, poderíase elevar á Xunta de Facultade, previa aprobación da Comisión Académica do Mestrado, unha proposta de modificación das datas de realización do Prácticum.
- As cualificación das prácticas poderán ser:
- Non presentado
- Suspenso (de 1 a 4,9 puntos)
- Aprobado (de 5 a 6,9 puntos)
- Notable (de 7 a 8.9 puntos)
- Sobresaliente (de 9 a 10 puntos)


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Adaptaríase para os escenarios 3 e 4.

Competencias do título
Código Competencias do título
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A30 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización..
A31 (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A32 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia
A33 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
A34 (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. AP24
AP26
AP27
AP30
AP31
AP33
CM1
CM3
CM5
CM7
Adquirir as habilidades para xestionar os procesos de interacción e comunicación na aula. AP32
3. Adquirir as habilidades sociais necesarias para a promociión da aprendizaxe e da convivencia na aula e para tratar problemas de disciplina e resolución de conflitos. AP26
AP31
AP32
CM1
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe promotores da equidade, da educación emocional e en valores da igualdade entre homes e mulleres, da formación dunha cidadanía global para os dereitos humanos. AP24
AP26
AP27
AP30
AP31
5. Analizar as dinámicas organizativas e de funcionamento do centro de practicas. AP30
AP31
CM1
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio. CM1
CM3
CM7
Analizar os aspectos organizativos e curriculares da formación en centros do traballo e identificar as caracteristicas das empresas onde se realiza esta formación AP24
AP26
AP34
CM5

Contidos
Temas Subtemas
O centro: organización e funcionamiento, oferta educativa e recursos. - Organos de Goberno
- O Departamento de Información e Orientación Profesional ou o Departameto de Orientación
- O Departamento de FOL ou da especialidade na que realiza as prácicas
- Culturas organizativas
- Oferta Educativa
-Recursos humanos
- Recursos materiais (informáticos, instalacións, etc.)
O centro: instrumentos de planificacion Proxecto Educativo /Proxecto Funcional
A programación dos módulos ou materias da especialidade
Plano de Acción Titorial
Plano de Orientacion Académica e Profesional
Atención á diversidade
Plan de Convivencia

Proxecto lingüístico
A formación en igualdade nos instrumentos de planificación do centro.
A formación en centros de traballo
Outros programas


O Ciclo formativo
- Perfil profesional
- Modulos e unidades de competencia
- Sector produtivo e contorna socioeconómica
- Mercado laboral do ciclo
- A formacion en centros de traballo e as empresas do sector
A aula: praxe docente e alumnado A praxe docente
- Integración da visión de xénero
- Integración das TIC e da competencia dixital
- Metodoloxía
- Avaliación
- Lingua/s de ensino
- As outras funcións do profesorado

O alumnado do grupo clase
- Perfil sociolingüístico
- Competencia dixital
- Procedencia académica
- Expectativas académicas e profesionais
- Necesidades educativas específicas
Deseño e desenvolvemento de propostas didácticas Fundamentación teórica e legal
Obxectivos e contidos
Metodoloxía
Actividades e recursos
Atención á diversidade
Avaliación
Desenvolvemento a valoración da proposta

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A1 A26 A27 C1 6 0 6
Portafolios do alumno A24 A26 A27 A30 A31 C7 C5 0 133 133
Sesión maxistral A24 C7 2 0 2
Saídas de campo A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 90 60 150
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Ten por obxectivo a reflexión e análise da experiencia de prácticas. Realízase en dous momentos que se corresponden coas sesiòns de seguimento e avaliación final. As temáticas que van ser obxecto de discusión son os contidos que se específican no apartado correspondente desta guía.
Portafolios do alumno Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum.
Sesión maxistral
Está destinada á presentación dos aspectos organizativos e currículares do Practicum (funcións do profesorado titor, duración, avalación e sesións de seguimento e final) e ofrece pautas sobre os aspectos a observar e analizar, establecendo conexións coas materias do módulo xenérico e especifico que aportan máis elementos para a observación e análise do que acontece a nviel de centro e de aula.
Saídas de campo A saída de campo corresponde coa estadía do alumnado no centro de Prácticas. No caso do itinerario de FOL abarca dous períodos. O primeiro de toma de contacto abrangue do 12 ao 15 de xaneiro. O segundo vai do 18 de febreiro ao 27 de marzo.
Este período de formación permite :

- Achegarse á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivencial do centro e da aula.
- Observar e reflexionar, vinculando as aportacións teóricas e legais das materias do Mestrado co que acontece a nivel de centro e de aula.
- Deseñar e por en práctica unha proposta didáctica.




Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Saídas de campo
Descrición
A titorización será compartida polo profesorado titor da Facultade e dos centros de prácticas. O primeiro aporta as orientacións iniciais e supervisa a memoria de prácticas a través das sesións de presentación, seguimemto e avaliación, así como da atención individualizada no horario de titorías.
As datas das sesións de presentación, seguimento e avaliación figuran no horario do itinerario de FOl. En moodle informarase da data, horario e lugar. O profesorado titor da Universidade imparte as materias específicas do itinerario (Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade, Inserción e orientación laboral, e Mercado laboral e formación profesional).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A24 A26 A27 A30 A31 C7 C5 Adopta a estrutura e contidos que se establecen na Guía de Prácticas. A cualificación da memoria de prácticas corresponde ao profesorado titor da Facultade. Para a súa avaliación utilízase unha rúbrica que está dispoñible en moodle. 50
Saídas de campo A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 O/a titor/a do centro de prácticas é o responsable da súa avaliación, conforme aos criterios especificados na escala de valoración que se recolle na Guía de Prácticas. 50
 
Observacións avaliación

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR 

Para superar as Prácticas hai que ter aprobadas a memoria e  a estadía no centro. No caso de non aprobar algunha das partes, a nota final será a  da parte non superada. Na segunda oportunidade  só se pode recuperar a memoria.  Se o profesor/a titor/a  do centro de prácticas outorga unha cualificaicón inferior  a 25 (2,5) a materia de Practicum estará suspensa, non habendo opción  de recuperación.  É dicir, terá que cursarse de novo. 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7º edición. 

 Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso. Así queda  regulado no artigo  14.4 da normativa académica de avaliación da UDC:  " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Fontes de información
Bibliografía básica Mestrado de Profesorado UDC (2020). Guía das Prácticas Docentes 2020-2021. http://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/?pagina=practicum

Na medida en que no Practicum converxen contidos  da maioría das materias do Mestrado,  as fontes para  o deseño da proposta didáctica  e para a elaboración dos distintos apartados da memoria  xa foron proporcionadas  nestas materias.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL 

Débese facer un uso sustentábel  dos recursos co obxecto de evitar  impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados,  a  memoria de prácticas  será dixital. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías