Identifying Data 2022/23
Subject (*) Practicum Code 652606606
Study programme
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Obligatory 12
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Lecturers
Arza Arza, Neves
Perea Vega, Gustavo Ariel
E-mail
neves.arza@udc.es
gustavo.perea@udc.es
Web
General description O Practicum correspóndese coa fase formativa que se desenvolve nos centros educativos. No caso do alumnado de FOL, pode ser un IES ou un Centro integrado de FP (CIFP). As prácticas están deseñadas para ofreceren a posibilidade de observar e analizar o contexto profesional e de experimentarse, baixo a tutela e supervisión dunha profesora ou profesor do centro, nas tarefas de planificación, desenvolvemento e avaliación dunha proposta didáctica.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A30 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización..
A31 (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A32 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia
A33 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
A34 (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. AJ24
AJ26
AJ27
AJ30
AJ31
AJ33
CC1
CC3
CC5
CC7
Adquirir as habilidades para xestionar os procesos de interacción e comunicación na aula. AJ32
3. Adquirir as habilidades sociais necesarias para a promociión da aprendizaxe e da convivencia na aula e para tratar problemas de disciplina e resolución de conflitos. AJ26
AJ31
AJ32
CC1
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe promotores da equidade, da educación emocional e en valores da igualdade entre homes e mulleres, da formación dunha cidadanía global para os dereitos humanos. AJ24
AJ26
AJ27
AJ30
AJ31
5. Analizar as dinámicas organizativas e de funcionamento do centro de practicas. AJ30
AJ31
CC1
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio. CC1
CC3
CC7
Analizar os aspectos organizativos e curriculares da formación en centros do traballo e identificar as caracteristicas das empresas onde se realiza esta formación AJ24
AJ26
AJ34
CC5

Contents
Topic Sub-topic
O centro: organización e funcionamiento, oferta educativa e recursos. - Organos de Goberno
- O Departamento de Información e Orientación Profesional ou o Departameto de Orientación
- O Departamento de FOL ou da especialidade na que realiza as prácicas
- Culturas organizativas
- Oferta Educativa
-Recursos humanos
- Recursos materiais (informáticos, instalacións, etc.)
O centro: instrumentos de planificacion Proxecto Educativo /Proxecto Funcional
A programación dos módulos ou materias da especialidade
Plano de Acción Titorial
Plano de Orientacion Académica e Profesional
Atención á diversidade: perfil do alumnado e medidas.
Plan de Convivencia
Proxecto lingüístico
Plan de igualdade e incorporación transversal da perspectiva de xénero.
A formación en centros de traballo
Outros programas
Ámbitos de innovación educativa


O Ciclo formativo
- Perfil profesional
- Modulos e unidades de competencia
- Sector produtivo e contorna socioeconómica
- Mercado laboral do ciclo
- A formacion en centros de traballo e as empresas do sector
A aula: praxe docente e alumnado A praxe docente
- Integración da visión de xénero
- Integración das TIC e da competencia dixital
- Metodoloxía
- Avaliación: concepción, modalidades, técnicas e instrumentos
- Lingua/s de ensino
- Medidas para a atención á diversidade
- As outras funcións do profesorado
- ámbitos de innovación educativa
O alumnado do grupo clase
- Perfil sociolingüístico
- Competencia dixital
- Resultados da avaliación inicial
- Procedencia académica
- Expectativas académicas e profesionais
- Necesidades educativas específicas
Deseño e desenvolvemento de propostas didácticas Fundamentación teórica e legal
Obxectivos e contidos
Metodoloxía
Actividades e recursos
Atención á diversidade
Avaliación
Desenvolvemento a valoración da proposta

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Directed discussion A1 A26 A27 C1 6 0 6
Student portfolio A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 0 133 133
Guest lecture / keynote speech A24 C7 2 0 2
Field trip A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 90 60 150
 
Personalized attention 9 0 9
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Directed discussion Ten por obxectivo a reflexión e análise da experiencia de prácticas. Realízase en dous momentos que se corresponden coas sesiòns de seguimento e avaliación final do Practicum. As temáticas que van ser obxecto de discusión son os contidos que se específican no apartado correspondente desta guía.
Student portfolio Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum.
Guest lecture / keynote speech
Está destinada á presentación dos aspectos organizativos e currículares do Practicum (funcións do profesorado titor, duración, avalación e sesións de seguimento e final) e ofrece pautas sobre os aspectos a observar e analizar, establecendo conexións coas materias do módulo xenérico e especifico que aportan máis elementos para a observación e análise do que acontece a nviel de centro e de aula.
Field trip A saída de campo corresponde coa estadía do alumnado no centro de Prácticas que se desenvolve en dous períodos: 11-12 de xaneiro e do 1 de febreiro ao 6 de marzo.
Este período de formación permite :

- Caracterizar á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivencial do centro e da aula.
- Observar, e reflexionar, vinculando as achegas teóricas e legais das materias do Mestrado co a análise e reflexión do que acontece a nivel de centro e de aula.
- Deseñar e por en práctica unha proposta didáctica.




Personalized attention
Methodologies
Student portfolio
Field trip
Description
A titorización será compartida polo profesorado titor da Facultade e dos centros de prácticas. O primeiro aporta as orientacións iniciais e supervisa a memoria de prácticas a través das sesións de presentación, seguimemto e avaliación, así como da atención individualizada no horario de titorías.
As datas das sesións de seguimento e avaliación publícanse en moodle.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 Adopta a estrutura e contidos que se establecen na Guía de Prácticas. A cualificación da memoria de prácticas corresponde ao profesorado titor da Facultade. Para a súa avaliación utilízase unha rúbrica que está dispoñible en moodle. 50
Field trip A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 O/a titor/a do centro de prácticas é o responsable da súa avaliación, conforme aos criterios especificados na escala de valoración que se recolle na Guía de Prácticas. 50
 
Assessment comments

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR

A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10).  Non realizar as prácticas estando matriculado na materia supón un NP.

Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións  outorgadas polo profesorado titor do centro de prácticas e  da Facultade. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada. A cualificación final será, sempre que se aproben as dúas partes,  o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. Non ter presentada  a memoria (portafolios)  tendo as prácticas superadas supón como cualificación un suspenso na primeira oportunidade.

A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. No que respecta a cualificación outorgada polo profesorado titor dos centros non é susceptible de enmenda. O titor/a de Facultade informará da cualificación obtida nos distitnos criterios de avaliación. Esta información proporcionarase na data e horario fixados para a revisión da cualificación do Practicum.

Na segunda oportunidade de avaliación só  se pode recuperar a memoria.   As practicas non poden recuperarse, polo tanto a cualificación obtida  na primeira oportunidade mantense para a segunda.

-

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7º edición.
Plaxio O plaxio será motivo de suspenso. Así queda regulado no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC:

" na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual


Sources of information
Basic Mestrado de Profesorado UDC (2020). Guía das Prácticas Docentes 2020-2021. http://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/?pagina=practicum

Na medida en que no Practicum converxen contidos  da maioría das materias do Mestrado,  as fontes para  o deseño da proposta didáctica  e para a elaboración dos distintos apartados da memoria  xa foron proporcionadas  no resto das materias.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL 

Débese facer un uso sustentábel  dos recursos co obxecto de evitar  impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados,  a  memoria de prácticas  será dixital. 



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.