Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Traballo fin de Mestrado Código 652606607
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Arza Arza, Neves
Perea Vega, Gustavo Ariel
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
gustavo.perea@udc.es
roberto.urrutia@udc.es
Web
Descrición xeral No Traballo de fin de mestrado (TFM) converxen a maior parte das competencias do Mestrado. É un traballo individual que se realiza baixo a dirección do profesor ou profesora asignada. O tempo total de dedicación é de 150 hs. (6 ECTS). Pode presentarse en dúas oportunidades. A primeira a finais de xuño e a segunda no mes de setembro.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 (CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións
A3 (CE-G3)Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
A4 4. (CE-G4)Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes
A8 8. (CE-G8)Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá
A10 10. (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A13 13. (CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A29 CE-E15) Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP).
A30 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización..
A33 (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Elaborar a fundamentación teórica e legal, analizando e valorando as bases legais aplicables a etapa educativa AP1
AP10
AP13
AP14
AP15
AP16
AP18
AP19
AP21
AP24
AP26
AP29
CM1
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
Deseñar unha programación ou unidade didáctica contextualizada,viable, coherente co marco teórico e curricular AP1
AP3
AP4
AP8
AP10
AP13
AP14
AP15
AP16
AP18
AP19
AP20
AP21
AP23
AP24
AP25
AP26
AP29
AP30
AP33
CM1
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8
Comunicar o coñecemento adquirido CM1
CM3

Contidos
Temas Subtemas


Deseño dunha proposta didáctica ou dunha programación

1. Fundamentación teórica e legal
2. Deseño da proposta
- Contextualización (curricular, centro e alumnado)
- Obxectivos e contidos
- Contidos
- Metodoloxía
- Actividades
- Avaliación
3. Conclusións
En caso de que o TFM non se centre no deseño do segundo ou terceiro nivel do currículo, as temáticas adaptaranse á modalidade escollida e as características específicas do Itinerario de FOL
1. Fundamentación
2. Desenvolvemento
3. Conclusións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A33 A30 A29 A26 A25 A24 A23 A21 A20 A19 A18 A16 A15 A14 A13 A10 A8 A4 A3 A1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 1 136 137
Presentación oral A1 A2 A12 A17 C1 C8 C3 1 9 10
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O TFM pode acollerse a distintas modalidades que están descritas no seu documento marco. Entre outras, estarían: o deseño e desenvolvemento dunha investigación educativa, a revisión e investigación bibliográfica, un proxecto integrado ou actividades complementarias, innovación educativa con elaboración de materiais didácticos, temáticas transversais ( perspectiva de xénero, educación mediática, competencia dixital docente etc.), programacións dos módulos ou materias da especialidade e deseño de unidades didácticas.
Presentación oral Consiste na presentación e defensa do TFM ante un tribunal composto por profesorado do mestrado. Para a exposición, que é pública, o alumnado disporá de 20 minutos. O tribunal realizará as valoracións e preguntas que estime oportunas e debatirá co alumno/a.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
A elaboración do TFM estará supervisada pola profesora ou profesor asignado. Este labor de orientación e supervisión tamén se estende á preparación da presentación e defensa do TFM.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A12 A17 C1 C8 C3 Presentación e defensa
• Calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Selección e síntese da información
• Utilización de vocabulario profesional.
• Utilización da lingua galega con calidade lingüística
•Capacidade de argumentar na defensa
15
Traballos tutelados A33 A30 A29 A26 A25 A24 A23 A21 A20 A19 A18 A16 A15 A14 A13 A10 A8 A4 A3 A1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Cuestións formais (5%)
• Claridade expositiva e organización da información
• Marxes, identificación das táboas, diferenciación tipográfica dos distintos apartados e subapartados.
• Pertinencia dos anexos

Fundamentación teórica e legal (30%)

• Suficiencia e profundidade do marco teórico
•Incorporación das aportacións/temáticas abordadas nas materias do mestrado.
•Bibliografía actualizada e refrenciada conforme ás normas APA 6ª edición.
•Análise e valoración crítica das prescricións normativas e curriculares que aplicables a proposta
• Orixinalidade na presentación da temática

Proposta (35%)

• Contextualización (centro, alumnado, currícular)
• Nivel de concreción e formulación de obxectivos e contidos
• Nivel de concreción (desenvolvemento das actividades e coherencia coa propasta metodolóxica ...)
• Nivel de concreción da proposta de avaliación (construción de instrumentos, participación do alumnado, criterios de cualificación, avaliación da proposta...)
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Relación e coherencia coa fundamentación teórica e normativa

Valoración persoal e conclusións (15%)

• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• REflexión sobre as competencias adquiridas e os ámbitos de mellora profesional.
•Grao de integración dos coñecementos coseguidos nas distintas materias do mestrado

Utilización da lingua galega con calidade lingüística
Utilización da lingua inclusiva

85
 
Observacións avaliación

RÚBRICA PARA A AVALIACIÓN

Os criterios de avaliación  e cualificación  detállanse nunha rúbrica que se  pode consultar en moodel. 

UTILIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

 A utilización da ligua galega no  documento escrito e na presentación pode incrementar a cualificación até un punto.

REQUIRIMENTO PARA PRESENTAR O TFM

O TFM só se pode presentar   tendo   a totalidade das materias do mestrado  aprobadas.


CONVOCATORIAS/OPORTUNIDADES , TRIBUNAIS  E DEFENSA 

O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades. A primeira oportunidade é a finais de xuño, a segunda  en setembro. 

Para a avaliación dos TFM constituiranse tribunais  formados por tres persoas titulares e unha ou dúas suplentes. Os membros dos tribunais son docentes do Mestrado, na súa maioria  das materias do itinerario específico. A dirección  do TFM non poderá formar parte dos  tribunais que xulguen os TFM do alumnado que titorizou.  

Para a defensa do TFM o alumnado disporá dun máximo de 20 minutos. O  tribunal  formulará   as preguntas,comentarios e  suxestións que estime  oportunas.  Finalizadas todas as defensas dos TFM  o tribunal publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado ou en  moodel e indicará a data, hora e lugar para a revisión.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
 Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 
Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso. O artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC  establece que  " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incluido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
NORMAS PARA A AVALIACIÓN,  REVISIÓN E RECLAMACIÓNS
 https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual


Fontes de información
Bibliografía básica (). .

No Documento Marco para a elaboración do TFM  dase conta das posibles temáticas do TFM, da súa dirección (asignación de titor/a e funcións), da estrutura e cuestións formais do TFM, dos criterios de avaliación, do procedemento de avaliación   e do calendario e procedemento de entrega e defensa. Pode consultarse en moodel e na web da  Facultade de Educación no apartado  do Mestrado de Profesorado. 

O alumnado ha de facer buscas específicas e o profesorado titor do TFM  proporcionará algunha bibliografía  acaída á temática. Na medida en que no TFM converxen  a case totalidade das materias  do Mestrado, o alumnado ha de recuperar  as fontes proporcionadas polo seu profesorado.

En moodel amósanse recursos  para   a elaboración de traballos académicos (guías para mellorar a redacción,  para mellorar a escrita en galego, para a busca  de  fontes de información, para as  normas APA e para a utilización da  lingua inclusiva etc. )

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Relación coas materias do mestrado

Para a realización do TFM son imprescindíbeis  as achegas de todas materias do Mestrado, maiormente as propias da especialidade (Aprendizaxe, Inserción e orientación laboral, Practicum  e  Mercado laboral e FP). Polo tanto,   un bo aproveitamento das  materias  facilita   a  elaboración do TFM.

Lectura  do documento marco do TFM

 No documento marco    do TFM pode obterse información máis detallada sobre    modalidades ou temáticas, funcións  e asignación da  direccioón,  procedemento de avaliación e  procedemento  e calendario para a presentación e defensa. Este documento está dispoñible na  web da Facultade,  no apartado destinado ó Mestrado e en moodel.

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL 

Débese facer un uso sustentábel  dos recursos co obxecto de evitar  impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  os   traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán  impresos a dobre cara e  empregarán  papel reciclado



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías