Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Formación profesional e mercado laboral Código 652606611
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Perea Vega, Gustavo Ariel
Correo electrónico
gustavo.perea@udc.es
Profesorado
Perea Vega, Gustavo Ariel
Correo electrónico
gustavo.perea@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como finalidade que o alumnado coñeza a estrutura e organización da formación profesional e que comprenda a sua relación co mercado laboral e a súa importancia para a función orientadora que lle compete o profesorado da especialidade de FOL. A tarefa que se propón é un estudo de caso que esixe a aplicación e afondamento nas temáticas que se abordan na materia.
Plan de continxencia En caso de ter que establecer medidas de adaptación a escenarios distintos dos previsto, os contidos non se modificarán e a metodoloxía pasará a desenvolverse a través de Moodle, Teams, e correo electrónico. Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado serán preferentemente a través teams e correo electrónico. O sistema de avaliación manterase, xa que se trata dun sistema de avaliación continua e pode desenvolverse a través dos medios comentados anteriormente. Non se modificará nen a bibliografía nen a webgrafía, xa que se pode atopar na rede.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A29 CE-E15) Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP).
A31 (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente
A34 (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir as modalidades de formación profesional, a vinculación entre elas, a súa estrutura , o sistema de acceso e as saídas profesionais e aplicar estos coñecementos na proposta de itinerarios formativos. AP15
AP16
AP17
AP18
AP29
Comprender e utilizar axeitadamemnte a terminoloxía relativa ao mercado laboral e á formación profesional. AP16
AP31
CM7
Deseñar un itinerario de formación incorporando a perspectiva de xénero e a análise do mercado profesional. AP17
CM4
Buscar, seleccionar e utilizar as fontes de información para elaborar un itinerario de formación. AP18
CM3
Valorar e comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na formación profesional e saber como se pode integrar AP15
AP16
AP17
AP18
AP29
CM4
Caracterizar a evolución e os trazos actuáis do mercado laboral e analizar a súa relación co proceso de precarización laboral e a perda de dereitos laborais AP15
AP16
AP17
AP18
AP29
CM4
Analizar a tipoloxia e sistemas organitivos empresarias e valorar as súas implicacións para o proxecto profesional. AP34
CM3
CM4
Utilizar e valorar as tecnoloxías dixitais para a busca, elaboración, presentación e difusión de información e recursos didácticos . CM3
CM6
CM7
Utilizar e constrastar distintas fontes de información que lle permiten exercer unha cidadanía crítica e formular e valorar solucións orientadas ao ben común AP17
AP29
CM4
Identificar as necesidades de formación vinculadas ós contidos da materia e ás competencias profesionais da titulación e coñecer recursos e ofertas para a formación. AP18
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A formación profesional ao longo da vida - Formación profesional inicial e formación profesional para o emprego
- As competencias clave
- Recoñemento, avaliación e acreditación das cualificacións
- A formación profesional no marco das políticas educativas e de emprego.
- Institucións e entidades galegas, estatais e europeas do ámbito da formación profesional
- A integración do enfoque de xénero na formación profesional
Tema 2. Mercado laboral e políticas de emprego - Conceptos básicos de referencia
- Mercado laboral: concepto e compoñentes
- Tendencias na evolución do mercado laboral
- Trazos actuais do Mercado Laboral e crise de emprego
- Fontes de información sobre o Mercado Laboral
- As políticas activas de emprego

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A15 A16 A17 A29 C4 C7 3 20 23
Portafolios do alumno A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 0 15 15
Estudo de casos A18 A34 C6 3 16 19
Sesión maxistral A15 A16 A17 A18 A29 A34 C3 C4 C7 15 0 15
Proba de ensaio A16 A17 A18 A29 C4 C7 2 6 8
Presentación oral A18 A31 5 7 12
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais O alumnado usará fontes documentais bibliográficas e webgráficas para profundizar nas temáticas expostas nas sesións maxístrais, na realización dos estudos de casos, o portafolio e a presentación oral. As webs instititucionais son unha parte importante das fontes documentais que se van utilizar.
Portafolios do alumno O alumnado elaborará un informe sobre as aprendizaxes adquiridas e a súa vinculación coa función docente e orientadora do profesorado da especialidade de FOL. Incorporará ademais os traballos desenvolvidos na aula. Este portafolio será dixital.
Estudo de casos O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral
Sesión maxistral O profesor exporá dunha maneira sintética e con distinto nivel de profundidade os contidos que se abordan na materia. As sesións maxistrais desenvolveranse a través de teams.
Proba de ensaio Consta dunha única pregunta na que o alumando ten que sintetizar e relacionar os contidos abordados coa función orientadora do profesorado de FOL. De ser o caso, esta proba se realizará a través de moodle.
Presentación oral O alumnado realizará presentacións orais do estudo de caso para desenvolver a competencia de falar en público e a capacidade de organización e síntese da información. De ser o caso, esta presentación de desenvolverá a través de teams.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
A materia está configurada de forma que todos os contidos están colgados en moodle, o que facilita o paso dunha metodoloxía presencial a unha virtual no caso de ser necesario. As clases poden desenvolverse tanto presencial como virtualmente a través da aplicación teams e o encerado virtual. Esta semipresencialidade virá dada polas instrucións que se reciban da facultade.

A atención personalizada está vinculada, principalmente, ós estudos de casos. A súa finalidade e facer un seguimento do traballo do alumnado e proporcionar as orientacións necesarias para a súa realización, poñendo en xogo unha avaliación procesual e formativa.
Esta atención personalizada realizarase preferentemente de forma virtual, a través de Teams, e excepcionalmente no despacho do profesorado

O horario de titorías estará colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, en moodle, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación, e na páxina da Facultade de Ciencias da Educación.

No caso de que a situación o requira e así o determine o profesor, a atención poderá ser, en horario de titorías, vía: moodle, teams, correo electrónico, e excepcionalmente outras ferramentas que faciliten a atención ao alumnado.

O alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A18 A34 C6 O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral 40
Portafolios do alumno A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 O portafolio estará formado polos traballos realizados na clase e que están relacionados co estudo de caso, así como un informe final das aprendizaxes adquiridas no que se reflictirá: Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín/ en que seguir formándome); Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no máster; Aspectos da materia para observar no Practicum; Reflexións sobre o traballo en grupo (estudo de caso) e aprendizaxes realizadas, avaliando o funcionamento do grupo e aos seus participantes; Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar 40
Proba de ensaio A16 A17 A18 A29 C4 C7 O alumnado desenvolverá un ensaio a partir dunha pregunta realizada 20
 
Observacións avaliación
ASISTENCIA
A asistencia presencial e/ou virtual é obrigatoria.
O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades realizadas na aula (só aplicable ó alumnado cun 20% de ausencias).

As persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica poden ter unha ausencia superior ó 20%. Neste caso teñen dereito a unha modalidade de avaliación específica que contempla a supervisión e titorización individualizada. En todo caso, teñen que realizar as mesmas tarefas que o resto do alumnado.

O alumnado sen matrícula a tempo parcial e dispensa académica que non cumpra co requisito de asistencia ó 80% das horas da materia terá que realizar as tres actividades requeridas para aprobar a materia. Para aprobar terá que aprobar as tres partes.



REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: portafolio do alumnado (4 puntos), estudo de casos (3 puntos) e proba de ensaio (3 puntos). Para superar a materia é indispensable obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades.

INTEGRIDADE ACADÉMICA PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será, atendendo ó que se establece na normativa sobre avaliación da UDC, motivo de suspenso.

Fontes de información
Bibliografía básica
BIBLIOGRAFÍA Echeverría, B. (Coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC Gallego Bono, J. R. y Nácher Escriche, J. M. (2001). Elementos básicos de economía: un enfoque institucional. Valencia:Tirant lo Blanch Bernard García, Roberto (2014). Guía de financiación europea. Programas Sociales 2014-2020. Madrid: Plataforma de ONG de Acción Social Homs, O (2008). La formación profesional en España. Hacia la sociedad del conocimiento . Barcelona: Fundación “La Caixa”. Sánchez García, M. F. (2004). Las exigencias de adaptación al mundo laboral. En Orientación laboral. Para la diversidad y el cambio.. Madrid: Sanz Torres Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias. Barcelona: Editorial Davinci Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto Bastida, A. (2001) La inserción sociolaboral. Reflexiones sobre la práctica. Madrid, Popular. Carmona, G. (2001). El plan personal para la inserción socio-laboral: teoría y práctica en la empresa para la inserción laboral. Huelva, Universidad de Huelva Casal, J. (2000). ‘Modalidades de transición profesional y precarización del empleo’, en Cachón, L. (ed.). La inserción profesional. Alzira, Germania, pp. 151-180 GALLART, M.A. (2002). Educación y trabajo. Montevideo, Cinterfor. MARHUENDA, F. (coord.)(2006). La cualificación profesional básica: competencias para la inclusión sociolaboral de jóvenes. Revista de Educación, nº 341. Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias. Barcelona: Editorial Davinci Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto WEBGRAFIA Cedefop (2015). Cedefop. Recuperado o 02/07/2018 desde www.cedefop.europa.eu Eures (2015). Eures. Recuperado o 02/07/2018 desde https://ec.europa.eu/eures/public/es/homepage  Eurydice (2015). Eurydice. Recuperado o 02/07/2018 desde http://eacea.ec.europa.eu/education/eurydice/index_en.php   Fundación Tripartita (2015). Fundación Tripartita. Recuperado o 02/07/2018 desde http://www.fundaciontripartita.org/    Ministerio de Educación, cultura y deporte (2015). Instituto Nacional de las Cualificaciones. Recuperado o 02/07/2018 desdehttp://www.mecd.gob.es/educa/incual/ice_incual.html Ministerio de Educación, cultura y deporte (2015). TodoFP. Recuperado o 02/07/2018 desde http://www.todofp.es/ Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (2015). Servicio Español para la Internacionalización de la Educación. Recuperado o 02/07/2018 desde http://www.oapee.es/oapee/intro.html Servicio Público de Empleo Estatal (2015). Servicio Público de Empleo Estatal. Recuperado o 02/07/2018 desde http://www.sepe.es/ Xunta de Galicia (2015). Consellería de Educación. Formación Profesional. Recuperado o 02/07/2018 desde www.edu.xunta.es/fp/ Xunta de Galicia (2015). Consellería de Traballo e Benestar. Recuperado o 02/07/2018 desde http://traballo.xunta.es/ Xunta de Galicia (2015). Instituto Galego das Cualificacións. Recuperado o 02/07/2018 desde  http://emprego.xunta.es/cualificacions/ Xunta de Galicia (2015). Observatorio ocupacional. Recuperado o 02/07/2018 desde  http://traballo.xunta.es/observatorio-ocupacional Xunta de Galicia (2015).Servizo Público de Emprego de Galicia. Recuperado o 02/07/2018 desde http://emprego.xunta.es/cmspro/contido LEXISLACIÓN LEY 56/2003, de 16 de diciembre, de Empleo (BOE del 17 de diciembre de 2003). Orden ESS/1897/2013, de 10 de octubre, por la que se desarrolla el Real Decreto 34/2008, de 18 de enero, por el que se regulan los certificados de profesionalidad y los reales decretos por los que se establecen certificados de profesionalidad dictados en su aplicación. (BOE del 17 de octubre de 2013). REAL DECRETO 1128/2003, de 5 de septiembre, por el que se regula la Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales. (BOE del 17 de septiembre de 2003). REAL DECRETO 1146/2011, de 29 de julio, por el que se modifica el Real Decreto 1631/2006, de 29 de diciembre, por el que se establecen las enseñanzas mínimas correspondientes a la Educación Secundaria Obligatoria, así como los Reales Decretos 1834/2008, de 8 de noviembre, y 860/2010, de 2 de julio, afectados por etas modificaciones. (BOE del 30 de julio de 2011). REAL DECRETO 1147/2011, de 29 de julio, por el que se establece la ordenación general de la formación profesional del sistema educativo. (BOE del 30 de julio de 2011). REAL DECRETO 1224/2009, de 17 de julio, de reconocimiento de las competencias profesionales adquiridas por experiencia laboral. (BOE del 25 de agosto de 2009). REAL DECRETO 1538/2006, de 15 de diciembre, por el que se establece la ordenación general de la formación profesional del sistema educatico (BOE del 3 de enero de 2007). REAL DECRETO 1558/2005, de 23 de diciembre, por el que se regulan los requisitos básicos de los Centros integrados de Formación Profesional (BOE del 30 de diciembre de 2005). Corrección de errores (BOE del 24 de enero de 2006). REAL DECRETO 229/2008, de 15 de febrero, por el que se regulan los Centros de Referencia Nacional REAL DECRETO 34/2008, de 18 de enero, por el que se regulan los certificados de profesionalidad (BOE del 31 de enero de 2008). REAL DECRETO 395/2007, de 23 de marzo, por el que se regula el subsistema de formación profesional para el empleo (BOE del 11 de abril de 2007). REAL DECRETO 751/2014, de 5 de septiembre, por el que se aprueba la Estrategia Española de Activación para el Empleo 2014-2016. LEY 5/2002, de 19 de junio, de las cualificaciones y de la formación profesional LEY ORGÁNICA 5/2002, de 19 de junio de las Cualificaciones y de la Formación Profesional (BOE del 20 de junio de 2002). LEY ORGÁNICA 2/2006, de 3 de mayo, de educación (BOE del 4 de mayo de 2006). LEI 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. REAL DECRETO-LEY 10/2011, de 26 de agosto, de medidas urgentes para la promoción del empleo de los jóvenes, el fomento de la estabilidad en el empleo y el mantenimiento del programa de recualificación profesional de las personas que agoten su protección por desempleo. (BOE del 30 de agosto de 2011). LEY ORGÁNICA 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa. (BOE del 10 de diciembre de 2013).
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

USO SOSTIBLE DOS RECURSOS E SUPRESIÓN DO IMPACTO NEGATIVO NO MEDIO NATURAL. Os traballos entreganse en formato dixital. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías