Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Inserción e orientación laboral Código 652606612
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral A orientación profesional é un campo de actuación do profesorado de FOL. A ausencia de formación neste campo nas titulacións cursadas polo alumnado que accede ó itinerario de FOL explica a necesidade desta materia. A súa finalidade é proporcionar as competencias necesarias para planificar, desenvolver e avaliar accións de orientación profesional no Ensino Secundario e na Formación Profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e compreder a importancia e necesidade de formación neste campo AP15
CM7
Caracterizar a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos, funcionais e profesionais. AP17
CM7
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación, describir e comprender os seus trazos conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención da orientación profesional e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica. AP15
AP17
AP19
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. AP19
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. AP19
CM4
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. AP18
AP20
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha praxe non discriminatoria AP15
AP19
CM4
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. AP15
AP16
Deseñar, seleccionar e valorar programas e materiais de orientación profesional AP20
AP21
AP25
Identificar as posibilidades de utilización das ferramentas da web 2.0 na OP, incorporalas na programación das materias da especialidade e valorar a súa contribución a alfabetización dixital do alumnado AP16
AP19
AP20
CM3
Comprender e utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. CM1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL



1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade
1.4. Perfil profesional do/a orientador/a laboral

Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2. Inserción laboral, profesional, sociolaboral e transición da escola a vida activa. Factores de inserción laboral.
2.3. Áreas de intervención
2.4. Modelos de intervención
2.5. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias
Tema 3. Xénero e orientación profesional
3.1. Conceptos para comprender e explicar as desigualdades de xénero.
3.2. Xénero, proxecto profesional e inserción laboral.
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral
3.3. A OP non discriminatoria (tamén non sexista ou para a igualdade de oportunidades) na normativa legal: evolución e situación actual.
3.4. A perspectiva de xénero na OP e no módulo de FOL: conceptualización e pautas para a súa integración.
5.5. Programas e recursos para una OP con enfoque de xénero.
Tema 4. A utilización de internet e da web 2.0 en orientación profesional 4.1. Para acalararmos conceptos
4.2. Ámbitos de utilización

4.2. Ferramentas da web 2.0
4.3. Alfabetización dixital e orientación profesional
4.4. As competencias dixitais do profesorado de FOL
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OP no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas de formación e emprego da UE.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Análise de fontes documentais A17 A19 A25 C1 C4 5 0 5
Sesión maxistral A15 A17 A19 6 0 6
Aprendizaxe colaborativa A16 A18 A20 A21 C3 4 8 12
Presentación oral C1 C3 1 1 2
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 0 13 13
Estudo de casos A18 A20 A21 A25 C1 C3 C4 C7 7 27 34
Proba mixta A19 1 3 4
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se realiza ao inicio de cada tema. A súa finalidade é que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos e que os utilice na elaboración do cartafol como un recurso para a valoración e reflexión das aprendizaxes adquiridas na materia.
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e que dos que se dará conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos dos temas que integran o programa da materia.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nas de estudo de casos. Vai ser obxecto de planificación, auto-avaliación e co-avaliación.
Presentación oral Presentación grupal dun dos estudos de caso. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora.
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia.
Estudo de casos O alumnado ha de escoller dous estudos de casos dunha proposta de catro sobre distintas situacións problemáticas relacionadas coa orientación profesional:elaboración dunha unidade didáctica de orientación, a utilización das tecnoloxías dixitais, a metodoloxía de aprendizaxe basada en proxectos, a integración do enfoque de xénero na orientación profesional e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para a docencia no módulo de FOL.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes teóricas. Combina preguntas curtas nas que o alumnado ha de analizar, relacionar e valorar contidos abordados na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
A titoría vai ser grupal e individual, obrigatoria e a demanda. A súa finalidade é apoiar e supervisar o proceso de aprendizaxe individual e grupal.

O estudo de casos, como se indica na planificación, esixe de apoio personalizado, sendo obrigatoria a asistencia a tres titorías. Na primeira, teñen que dar conta da planificación do traballo e da organización do grupo para que cumpra cos principios do traballo colaborativo. A segunda é de seguimento da tarefa e na terceira teñen que presentar un esbozo de cómo van facer a presentación oral do estudo de caso.

O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación e adquisición de coñecementos do ámbito da saber facer profesional.
20
Estudo de casos A18 A20 A21 A25 C1 C3 C4 C7 O alumnado ha de escoller dous estudos de casos dunha proposta de catro sobre distintas situacións problemáticas relacionadas coa orientación profesional: a utilización das tecnoloxías dixitais, a metodoloxía de aprendizaxe basada en proxectos, a integración do enfoque de xénero na orientación profesional e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para a docencia no módulo de FOL.
35
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes adquiridas; valora a súa aplicación na realización do TFM, no período do Practicum e na elaboración da memoria do Practicum; establece relacións co resto das aprendizaxes adquiridas nas materias do mestrado; identifica competencias profesionais e valora as súas necesidades de formación vencelladas a materia. 35
Análise de fontes documentais A17 A19 A25 C1 C4 As tarefas de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de libros de texto (actividade grupal).
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal).
c) Análise de documentos para afondar nalgúns contidos da materia (actividade individual).
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal).
Algunhas destas tarefas son optativas, podendo obter até un punto a maiores na cualificación global.
As tarefas grupais deste apartado desénvolvense ao abeiro da aprendizaxe colaborativa
10
 
Observacións avaliación
ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL
Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel

ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.

No caso de non acadar o 80% de asistencia, a cualificación será non presentado na primeira oportunidade. Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización e seguimento  de actividades que reforzen as aprendizaxes máis vinculadas ó saber facer.

As persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento necesario para superar a materia. Na segunda oportunidade haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico.

É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: Cartafol individual (4,5 puntos), actividades grupais (3,5) e proba mixta (2 puntos). Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando non se realice algunha das tres actividades a cualificación será non presentado.
Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e planificación do traballo grupal. Para cualificar as actividades grupais tense en conta auto-avaliación e co-avaliación. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación serán fixados en colaboración co alumnado.

Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

Plaxio
O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso

Falsificación de sinatura
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa
perda de avaliación continua

Copiar nos exames
O uso indebido de información durante osexames tamén será motivo de suspenso

LECTURAS RECOMENDADAS
Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/


Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía vai ser específicada para tema. En moodel tamén se recompilan aquelas fontes electrónicas de interese para cada un dos  temas.


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O profesorado da especialidade de FOL asume funcións no campo da  orientación profesional.  Algúns dos contidos dos módulos e das áreas da súa competencia docente, xunto coas funcións que a normativa lle atribúe, como membro do departamento de orientación dos IES e dos departametos de  orientación e información dos centros integrados de formación profesional, remarcan  a necesaria especialización do profesorado de FOL no campo da orientación profesional. </div><div><br /></div><div> Por outra parte, a heteroxoneidade na formación inicial do alumnado que cursa a especialidade de FOL, que, fóra dalgunha excepción, non ten cursado materias relacionadas coa OP, unida á necesidade de formación específica neste campo  xustifican a incorporación da materia de Orientación e Inserción Laboral  no  itinerario de Formación e Orientación Laboral. </div><p> Orientación e Inserción Laboral signifícase na dimensión profesionalizadora. A súa finalidade é contiribuir    a adquisición das competencias que permiten comprender o alcance da orientación profesional e o exercicio satisfactorio das funcións orientadoras propias da especialidade. </p>



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías