Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Inserción e orientación laboral Código 652606612
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral A orientación profesional forma parte das funcións do profesorado da especialidade de FOL. A ausencia de formación neste campo nas titulacións cursadas polo alumnado que accede ó itinerario de FOL explica a necesidade desta materia. A súa finalidade é proporcionar as competencias necesarias que lle permitan comprender o alcance e importancia da orientación profesional, planificar, desenvolver e avaliar accións de orientación profesional no Ensino Secundario e na Formación Profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as posibilidades de utilización das ferramentas da web 2.0 na OP, incorporalas na programación das materias da especialidade e valorar a súa contribución a alfabetización dixital do alumnado AP16
AP19
AP20
CM3
Identificar las atribucións docentes y las funciones del profesorado de la especialidad de FOL en el campo de la orientación profesional y compreder la importancia y necesidad de formación en este camp AP15
CM7
Caracterizar a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos, funcionais e profesionais. AP17
CM7
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación, describir e comprender os seus trazos conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención da orientación profesional e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica. AP15
AP17
AP19
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. AP19
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. AP19
CM4
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. AP18
AP20
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha praxe non discriminatoria AP15
AP19
CM4
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. AP15
AP16
Deseñar, seleccionar e valorar programas e materiais de orientación profesional AP20
AP21
AP25
Comprender e utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. CM1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL



1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade
1.4. Perfil profesional do/a orientador/a laboral
Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2. Orientación profesional e empregabilidade.
2.3. Áreas de intervención
2.4. Modelos de intervención
2.5. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias
Tema 3. Xénero e orientación profesional
3.1. Conceptos para comprender e explicar as desigualdades de xénero.
3.2. Xénero, proxecto profesional e inserción laboral.
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral
3.3. A OP non discriminatoria (tamén non sexista ou para a igualdade de oportunidades) na normativa legal: evolución e situación actual.
3.4. A perspectiva de xénero na OP e xustiza social: conceptualización e pautas para a súa integración.
5.5. Programas e recursos para una OP con enfoque de xénero.
Tema 4. A utilización das tecnoloxías dixitais en orientación profesional 4.1. Algúsn conceptos de partida
4.2. Ámbitos de utilización das TIC en OP
4.3. O desenvolvemento das competencias dixitais: obxectivo da orientación profesional
4.4. Boas prácticas na utilización das tecnoloxías dixitais en OP.
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OP no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas de formación e emprego da UE.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 2 0 2
Análise de fontes documentais A17 A19 A25 C1 C4 5 15 20
Sesión maxistral A15 A17 A19 6 0 6
Aprendizaxe colaborativa A16 A18 A20 A21 C3 4 8 12
Presentación oral C3 C1 4 2 6
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 0 13 13
Prácticas a través de TIC C3 1 2 3
Traballos tutelados A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 6 28 34
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se realiza ao inicio de cada tema. A súa finalidade é que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos e que os utilice na elaboración do cartafol como un recurso para a valoración e reflexión das aprendizaxes construídas na materia.
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista
c) Análise de documentos que permiten profundizar en distintas temáticas e construír a fundamentación teórica dos traballos tutelados.
d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional
Sesión maxistral O método expositivo utilízase para presentar, explicar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental de afondamento.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nos traballos tutelados. É obxecto de auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo.
Presentación oral Presentación grupal do traballo tutelado. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora.
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia e un glosario de termos.
Prácticas a través de TIC Céntrase no deseño da contorna persoal de aprendizaxe e na creación dun marcador social para a recompilación de recursos dixitais. Estas actividades complétanse coas aportacións das materias do itinerario. O marcador social realízase en grupo e a contorna persoal de aprendizaxe individualmente. As competencias dixitais docentes que se abordan son nomeadamente da área de información.
Traballos tutelados Consiste na resolución dun reto a escoller entre catro: a) deseñao dunha proposta de aprendizaxe basada en proxectos b) curación de contidos para os distintos ámbitos de utilización das tecnoloxías dixitais e deseño da contorna persoal de aprendizaxe c) proposta didáctica para a integración do enfoque de xénero (no módulo de FOL ou na titoría da Formación Profesional Básica d) construción dunha webquest.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada adopta distintas modalidades: grupal, individual, obrigatoria e a demanda. A súa finalidade é apoiar e supervisar o proceso de aprendizaxe individual e grupal.

O traballo tutelado (TT), como se indica na planificación, esixe de apoio personalizado, sendo obrigatoria a asistencia a dúas titorías grupais Na primeira, teñen que dar conta da planificación do traballo e da organización do grupo para que cumpra cos principios do traballo colaborativo. Na segunda supervísanse as tarefas realizadas. As aulas interactivas tamén son un espazo para a supervisión e para orientación do TT e da presentación oral.
O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes construidas, valora a súa aplicación no TFM e no Practicum, establece relacións coas aprendizaxes das materias do mestrado, identifica competencias profesionais e valora as súas necesidades de formación no ámbito da orientación profesional.
Na súa valoración utílizase unha rúbrica que ademais de servir de instrumento de avaliación, orienta na realización do portafolios.
40
Presentación oral C3 C1 Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade.
A presentación será co-avaliada polo alumnado a través dunha rúbrica elaborada e consensuada co alumnado.
15
Prácticas a través de TIC C3 Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe.
10
Traballos tutelados A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 Os criterios de avaliación dos traballos tutelados varían en función do reto escollido. Para os retos relacionados coa elaboración de propostas didácticas, os criterios de avaliación son os seguintes: a) fundamentación teórica basada en fontes actualizadas e pertinentes, b) análise e valoración do currículo oficial, c) contextualización da proposta (curricular, centro,ciclo e alumnado), d) formulación de obxectivos e contidos, e) nivel de concreción das actividades;f) procedemento de avaliación (técnicas e instrumentos, incorporación de procesos de co-avaliación e auto-avaliación) g) coherencia entre os distintos elementos da praposta.
35
 
Observacións avaliación

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN

Unha das premisas é que  o alumnado colabore no proceso de avaliación  participando  na delimitación dos criterios de avaliación e cualificación  e exercendo de  axente na avaliación das aprendizaxes ( a través de procedementos de auto e coavaliación)  e do proceso de ensino.   Por esta razón,  os criterios de cualificación e de avaliación  poden ser modificados. 

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO  
 
A utilización  do galego e  a súa competencia lingüística tamén vai ser obxecto de  avaliación na presentación oral e nas actividades  escritas grupais e individuais.  O seu peso na cualificación final pode chegar até  1 punto. 


ASISTENCIA   E SISTEMA DE AVALIACIÓN
 
A asistencia ás aulas é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e  que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer individualmente e entregar  as actividades realizadas nesa sesión. 
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas.  Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e nos traballos tutelados e ter realizadas o resto das actividades. Cando non se realice algunha das actividades  a cualificación será non presentado. Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas.

Ó rematar as aulas  e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e coa  planificación do traballo grupal.  Os resultados da co-avaliación  teñen efectos  na cualificación individual de cada alumna e alumno. 

No caso de non acadar o 80% de asistencia a cualificación será  de non  presentado na primeira oportunidade. Na segunda oportunidade terán que realizar  un exame (4 puntos) entregar o portafolio (2 puntos), o traballo tutelado (3 puntos) e as prácticas a través das TIC (1 punto). Para superar a materia hai que obter a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado e ter realizadas  o resto das actividades. 
 
  Para as persoas con matrícula a tempo parcial  e dispensa académica hai unha  modalidade de avaliación específica. Antes do  inicio da materia teñen que solicitar unha titoría para  establecer  o proceso de seguimento. Para superar a materia terá que realizar  o exame (4 puntos) o portafolio (2 puntos), o traballo tutelado (3 puntos) e as prácticas a través das TIC (1 punto) e obter a metadade  da cualificación no exame e no traballo tutelado. Na segunda oportunidade recuperarán as  partes non superadas. 

UTILIZACION DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA

Nas actividades escritas é obrigatoria a utilización dunha linguaxe inclusiva. 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

a) Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 
b) Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Falsificación da sinatura 

Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua

Copiar nos exames

O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso



Fontes de información
Bibliografía básica Sultana, Robert (2016). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Pérez Boullosa, A. ( 2009). Orientación para la inserción profesional: estrategias y recursos.. Madrid: Biblioteca Nueva
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). Claves sobre la intervención de la orientación profesional en los sistemas de formación profesional. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Mc Carthy, J. (2016). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Cobo, A; Gutiérrez, E. e Planas, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Expereincias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral.. Barcelona: Editorial Grao
Mc Carthy, J. (2016). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Sánchez García, María Fe (). Orientación profesional y personal. Madrid: UNED

Para cada tema  e para a  realización dos retos  proporcionase  bibliografía básica e complementaria, na maioría dos casos comentada. En moodel tamén se recompilan fontes electrónicas de interese para cada un dos  temas e que poden  incorporarse ó marcador social.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Formación profesional e mercado laboral/652606611
Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621
Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E31

Observacións

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL 

Débese facer un uso sustentábel  dos recursos co obxecto de evitar  impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  os   traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán  impresos a dobre cara e  empregarán  papel reciclado

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL EN MOODEL

Na segunda sesión de clase todo o alumnado ha de ter pendurada unha foto actual no seu perfil da plataforma de moodel.
 

CARGA DE TRABALLO

 A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación  de   72 horas de traballo fora da aula. Daquela, cómpre   unha boa planificación e xestión do tempo. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías