Identifying Data 2022/23
Subject (*) Insertion and labour orientation Code 652606612
Study programme
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 4
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Lecturers
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Web
General description A orientación profesional forma parte das funcións do profesorado da especialidade de FOL. A ausencia de formación neste campo na case totalidade das titulacións que dan acceso ao itinerario de FOL xustifica a necesidade desta materia. A súa finalidade é proporcionar as competencias necesarias que permitan comprender o alcance e importancia da orientación profesional, así como planificar, desenvolver e avaliar accións de orientación profesional no Ensino Secundario e na Formación Profesional.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Identificar as funcións e competencias do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e valorar a importancia e necesidade de formación neste ámbito AJ15
CC7
Identificar as posibilidades de utilización das tecnoloxias dixitais na OP, incorporalas na programación das materias da especialidade e valorar a súa contribución a alfabetización dixital do alumnado AJ16
AJ19
AJ20
CC3
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional e reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para a xustiza social. AJ15
AJ19
CC4
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. AJ19
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación profesional, describir e comprender os seus trazos conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención, e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica. AJ15
AJ17
AJ19
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. AJ19
CC4
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. AJ18
AJ20
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. AJ15
AJ16
Deseñar, seleccionar e valorar programas e recursos didácticos para a orientación profesional AJ20
AJ21
AJ23
AJ24
AJ25
CC6
Caracterizar a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos, funcionais e profesionais. AJ17
CC7

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL



1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade
1.4. Perfil profesional do/a orientador/a laboral
Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2.Ideas forza e claves da orientación profesional para a xustiza social. OP, obxectivos para o desenvolvemento sostible e educación para a cidadanía global.
2.3.Orientación profesional e empregabilidade. Relevancia das competencias blandas.
2.4. Áreas de intervención
2.5. Modelos de intervención
2.6. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias
Tema 3. Xénero e orientación profesional
3.1. Conceptos para comprender e explicar as desigualdades de xénero.
3.2. Xénero, proxecto profesional e inserción laboral. As barreiras de xénero
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral
3.3. A OP non discriminatoria na normativa e nos plans e estratexias para a igualdade entre homes e mulleres.
3.4. Orientación profesional con enfoque de xénero: conceptualización e pautas para a súa integración.
5.5. Programas e recursos para unha praxe orientadora con visión de xénero.
Tema 4. Utilización das tecnoloxías dixitais en orientación profesional 4.1. Conceptos de partida
4.2. Ámbitos de utilización das TIC,TAC e TAP en OP
4.3. Competencia dixital e orientacion Profesional.
4.4. Boas prácticas na utilización das tecnoloxías dixitais en OP.
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OP no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas educativas e de emprego.


Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A15 C4 2 0 2
Document analysis A17 A19 A25 C1 C4 5 15 20
Guest lecture / keynote speech A15 A17 A19 6 0 6
Collaborative learning A16 A18 A20 A21 C3 4 8 12
Oral presentation C1 C3 4 2 6
Student portfolio A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 0 13 13
ICT practicals C3 C6 1 2 3
Supervised projects A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 C3 C6 C7 6 28 34
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e para facer balance das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
Document analysis As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista
c) Análise de documentos para afondar nas temáticas da fundamentación teórica do traballo tutelado.
d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional
Guest lecture / keynote speech O método expositivo utilízase para presentar, aclarar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental destinado o afondamento dos temáticas. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito promovese o estudo autónomo do alumnado fóra da aula e a aprendizaxe colaborativa na aula.
Collaborative learning A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nos traballos tutelados. É obxecto de auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo.
Oral presentation Presentación grupal do traballo tutelado. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada co alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora.
Student portfolio Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. O portafolios inclúe un mapa conceptual dixital dos contidos da materia e un glosario de termos. Tanto o portafolio como o mapa conceptual serán elaborados en formato dixital.
ICT practicals As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na construción de diferentes artefactos dixitais en distintos formatos que van ser incluidas no traballo tutelado ou/e no portafolio individual.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario. Coas Prácticas a través das TIC preténdese que o alumnado adquira competencias dixitais docentes de diferentes áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais, netiqueta e identidade dixital)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
d) Resolución de problemas (identificcación de necesidades e respostas , innovacion e uso da tecnoloxía dixital de xeito creativo e identificacion de lagoas na competencia dixital).
Supervised projects Consiste no deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional para os módulos da especialidade ou para a titoría da formación profesional básica. O deseño desta proposta didáctica ten que valerse da aprendizaxe basada en proxectos e da utilización doutras metodoloxias activas (gamificación, clase invertida, aprendizaxe colaborativa etc.).

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Supervised projects
Description
A atención personalizada adopta distintas modalidades: grupal, individual, obrigatoria e a demanda. A súa finalidade é apoiar e supervisar o proceso de aprendizaxe individual e grupal.

O traballo tutelado (TT), como se indica na planificación, esixe de apoio personalizado, sendo obrigatoria a asistencia a tres titorías grupais Na primeira, teñen que dar conta da planificación do traballo e da organización e funcionamento do grupo. Na segunda supervísanse as tarefas realizadas. As aulas interactivas tamén son un espazo para a supervisión e para orientación do TT e da presentación oral.
A última titoría realízase despois da entrega do TT o seu obxectivo e proporcionar retroalimentación a partir dos criterios especificados na matriz de valoración.
As titorías poderán realizarase en Teams.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado reflexiona sobre o proceso de aprendizaxe, dá conta das aprendizaxes construídas e indica a súa aplicación
para a análise da situación da OP no centro de prácticas.
Os criterios de avaliación e cualificación concrétanse nunha rúbrica que se presenta o primeiro día de clase.
40
Oral presentation C1 C3 Presentación grupal do traballo tutelado. A cualificación desta tarefa é o resultado da co-avaliaciónv realizada a través dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado. 5
ICT practicals C3 C6 Consiste na creación dun marcador social e na representación da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e, se é o caso, o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados, así como a análise e valoración da propia contorna persoal de aprendizaxe. 5
Supervised projects A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 C3 C6 C7 O resultado do traballo tutelado é o deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional utilizando a aprendizaxe basada en proxectos. Os criterios de avalición e cualificación recóllense nunha rúbrica de entrada única que se presenta o primeiro día de clase.
A auto e a coavaliación utilízanse para valorar o funcionamento do grupo e
as achegas ao traballo grupal de cada un das persoas do grupo de traballo.

Unha vez cualificada a unidade didáctica, nunha sesión de titoría grupal obrigatoria, facilítase retroalimentación atendendo aos criterios de avaliación.
50
 
Assessment comments

ASISTENCIA   E SISTEMA DE AVALIACIÓN
 
A asistencia ás  aulas  é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e  que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá entregar  as actividades  realizadas na aula.   
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas.  Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e no traballo tutelado e ter realizadas as dúas tarefas restantes. . Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas e/ou non realizadas na primeira oportunidade

Ó rematar as aulas  e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal que ha de incluír as  actividades grupais ( a presentación oral e a unidade didáctica de orientación), a planificación do traballo grupal e as fichas de auto e coavaliación do funcionamento  do equipo de traballo,  Os resultados da co-avaliación  teñen efectos  na cualificación individual de cada alumna e alumno. 

As persoas con dispensa académica  realizarán  unha proba mixta (de ensaio sobre os contidos da materia e de aplicación práctica) e  realizaràn  individualmente as tarefas grupais.  Neste caso, a distribución das cualificaciones é a seguinte: proba mixta (4 puntos), traballo tutelado (5 puntos), presentación oral (0,5 puntos) e as prácticas a través das TIC (0,5). Para superar a materia teñen que obter  a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado, ter realizada a presentación e as prácticas a través das TIC. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas.


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

a) Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7 edición. Co obxectivo de visibilizar as autores, a inicial do nome substituirase polo nome completo, tanto no caso de autores como de autoras.
b) Plaxio
O plaxio en calquera das tarefas  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 

A utilización do galego  e  a súa calidade lingüística tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral  e nas  actividades  grupais e individuais.   O seu  peso na cualificación final pode  acadar  até  0,5 puntos.


Sources of information
Basic Sultana, Robert (2018). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Hooley, Trstam. e Sultana, Robert. (2016). Career guidance for social justice.. ournal National Institute for Career Education and Counselling, nº 36, 2-11
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2018). Claves sobre la intervención de la orientación profesional en los sistemas de formación profesional. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2018). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Arraiz, Begoñ ;Careaga, Haizea.;Carramiñana, Susana; Oskoz, José Miguel (2015). Guía para la incorporación de la perspectiva de género en el curriculum y en la actividad docente de las enseñanzas de régimen especial y de Formación Profesional. Victoria: Emakunde
Macarthy, Jhon (2018). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Cobo, Ana; Gutiérrez, Ernesto e Planas, José Antonio (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Expereincias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral.. Barcelona: Editorial Grao
Macarthy, Jhon. (2018). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Fundación Bertelsman (). Orientacion Profesional Coordinada. Fundación Bertelsman, 2º edición revisada e ampliada
Sánchez García, María Fe (2014). Orientación profesional y personal. Madrid: UNED
Conzittu, Damien (coord) (2019). Penser et agir l'orientation au 21e siècle : De l'élève au citoyen engagé. Editions Qui plus est

Para cada tema  e para a  realización do traballo tutelado  facilitarase  bibliografía básica e complementaria comentada. En moodle tamén se recompilan fontes electrónicas de interese para cada un dos  temas.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Tutoring and Careers Guidance/652606002

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Vocational training and labour market/652606611
Learning and education of the modules of formation(training) and labour orientation/652606621
Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E31

Other comments


COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL  E CO DEBATE DEMOCRÁTICO

Co obxectivo de  facer un uso sustentábel  dos recursos e  de evitar  impactos negativos sobre o medio natural as tarefas entregaranse en formato dixital. 

Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL EN MOODLE

Na segunda sesión de clase todo o alumnado ha de ter pendurada unha foto actual no seu perfil de moodle
 

CARGA DE TRABALLO

 A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación  de   72 horas de traballo fora da aula. 



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.