Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Inserción e orientación laboral Código 652606612
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Web
Descrición xeral A orientación profesional forma parte das funcións do profesorado da especialidade de FOL. A ausencia de formación neste campo na case totalidade das titulacións que dan acceso ao itinerario de FOL xustifica a necesidade desta materia. A súa finalidade é proporcionar as competencias necesarias que permitan comprender o alcance e importancia da orientación profesional, así como planificar, desenvolver e avaliar accións de orientación profesional no Ensino Secundario e na Formación Profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as funcións e competencias do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e valorar a importancia e necesidade de formación neste ámbito AP15
CM7
Identificar as posibilidades de utilización das tecnoloxias dixitais na OP, incorporalas na programación das materias da especialidade e valorar a súa contribución a alfabetización dixital do alumnado AP16
AP19
AP20
CM3
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional e reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para a xustiza social. AP15
AP19
CM4
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. AP19
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación profesional, describir e comprender os seus trazos conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención, e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica. AP15
AP17
AP19
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. AP19
CM4
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. AP18
AP20
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. AP15
AP16
Deseñar, seleccionar e valorar programas e recursos didácticos para a orientación profesional AP20
AP21
AP23
AP24
AP25
CM6
Caracterizar a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos, funcionais e profesionais. AP17
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL



1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade
1.4. Perfil profesional do/a orientador/a laboral
Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2.Ideas forza e claves da orientación profesional para a xustiza social. OP, obxectivos para o desenvolvemento sostible e educación para a cidadanía global.
2.3.Orientación profesional e empregabilidade. Relevancia das competencias blandas.
2.4. Áreas de intervención
2.5. Modelos de intervención
2.6. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias
Tema 3. Xénero e orientación profesional
3.1. Conceptos para comprender e explicar as desigualdades de xénero.
3.2. Xénero, proxecto profesional e inserción laboral. As barreiras de xénero
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral
3.3. A OP non discriminatoria na normativa e nos plans e estratexias para a igualdade entre homes e mulleres.
3.4. Orientación profesional con enfoque de xénero: conceptualización e pautas para a súa integración.
5.5. Programas e recursos para unha praxe orientadora con visión de xénero.
Tema 4. Tecnoloxías dixitais en orientación profesional 4.1. Conceptos básicos de partida
4.2. Ámbitos de utilización das TIC,TAC e TAP en OP
4.3. A Competencia dixital como obxectivo e contido da OP e
4.4. Boas prácticas na utilización das tecnoloxías dixitais en OP.
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OP no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas educativas e de emprego.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A15 C4 2 0 2
Análise de fontes documentais A17 A19 A25 C4 3 15 18
Sesión maxistral A15 A17 A19 5 0 5
Aprendizaxe colaborativa A16 A18 A20 A21 C3 4 8 12
Presentación oral C1 C3 4 2 6
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 0 13 13
Prácticas a través de TIC C3 C6 1 2 3
Traballos tutelados A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 C3 C6 C7 9 28 37
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e para facer balance das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista
c) Análise de documentos para afondar nas temáticas da fundamentación teórica do traballo tutelado.
d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional
Sesión maxistral O método expositivo utilízase para presentar, aclarar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental destinado o afondamento dos temáticas. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito promovese o estudo autónomo do alumnado fóra da aula e a aprendizaxe colaborativa na aula.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nos traballos tutelados. É obxecto de auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo.
Presentación oral Presentación grupal do traballo tutelado. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada co alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora.
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. O portafolios inclúe un mapa conceptual dixital dos contidos da materia e un glosario de termos. Tanto o portafolio como o mapa conceptual serán elaborados en formato dixital.
Prácticas a través de TIC As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na construción de diferentes artefactos dixitais en distintos formatos que van ser incluidas no traballo tutelado ou/e no portafolio individual.
O marcador social e a contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario. Coas Prácticas a través das TIC preténdese que o alumnado adquira competencias dixitais docentes de diferentes áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais, netiqueta e identidade dixital)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
d) Resolución de problemas (identificcación de necesidades e respostas , innovacion e uso da tecnoloxía dixital de xeito creativo e identificacion de lagoas na competencia dixital).
Traballos tutelados Consiste no deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional para os módulos da especialidade ou para a titoría da formación profesional básica. O deseño desta proposta didáctica ten que valerse da aprendizaxe basada en proxectos e da utilización doutras metodoloxias activas (gamificación, clase invertida, aprendizaxe colaborativa e clase ao revés).

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada adopta distintas modalidades: grupal, individual, obrigatoria e a demanda. A súa finalidade é apoiar e supervisar o proceso de aprendizaxe individual e grupal.

O traballo tutelado (TT), como se indica na planificación, esixe de apoio personalizado, sendo obrigatoria a asistencia a tres titorías grupais Na primeira, teñen que dar conta da planificación do traballo e da organización e funcionamento do grupo. Na segunda supervísanse as tarefas realizadas. As aulas interactivas tamén son un espazo para a supervisión e para orientación do TT e da presentación oral.
A última titoría realízase despois da entrega do traballo tutelado e ten como obxectivo proporcionar retroalimentación a partir dos criterios especificados na matriz de valoración.
As titorías poderán realizarase en Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado reflexiona sobre o proceso de aprendizaxe, dá conta das aprendizaxes construídas e indica a súa aplicación
para a análise da situación da OP no centro de prácticas.
Os criterios de avaliación e cualificación concrétanse nunha matriz de valoración que se presenta o primeiro día de clase.
O portafolio preséntase en formato dixital, utilizando o artefacto de elección do alumno/a
40
Presentación oral C1 C3 Presentación grupal do traballo tutelado. A cualificación desta tarefa é o resultado da co-avaliaciónv realizada a través dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado. 5
Prácticas a través de TIC C3 C6 Consiste na creación dun marcador social e na representación da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e, se é o caso, o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados, así como a análise e valoración da propia contorna persoal de aprendizaxe. 5
Traballos tutelados A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 C3 C6 C7 O resultado do traballo tutelado é o deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional utilizando a aprendizaxe basada en proxectos. Os criterios de avalición e cualificación recóllense nunha rúbrica de entrada única que se presenta o primeiro día de clase.
A auto e a coavaliación utilízanse para valorar o funcionamento do grupo e
as achegas ao traballo grupal de cada un das persoas do grupo de traballo.

Unha vez cualificada a unidade didáctica, nunha sesión de titoría grupal obrigatoria, facilítase retroalimentación atendendo aos criterios de avaliación.
50
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA E SISTEMA DE AVALIACIÓN A asistencia ás aulas é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá entregar as actividades realizadas na aula. A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e no traballo tutelado e ter realizadas as dúas tarefas restantes. Cando non se realicen algunha das actividades que computan na avaliación, cualificación será non presentado.

Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas e/ou non realizadas na primeira oportunidade.

Ao rematar as aulas e na data acordada, cada grupo presentará un dossier que inclúa as actividades grupais (a presentación oral e a unidade didáctica), a planificación do traballo grupal e as fichas de auto e coavaliación do funcionamento do equipo de traballo, Os resultados da co-avaliación teñen efectos na cualificación individual de cada alumna e alumno.

Asistencia e sistema de avaliación das persoas  con dispensa académica

Segundo o establecido na
norma que regula o réxime de dedicación  ao estudo e a permanencia  e a progresión dos estudantes do grao e máster universitario na UDC"(aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

  • O alumnado con dispensa académica deberá comunicarlle  a profesora  esta condición na primeira smana  de clase ou  nun prazo non superior  a sete días, despois  de que lle fora concedida a dispensa académica. 
  • As persoas con dispensa académica realizarán as tarefas grupais individualmente e unha proba mixta (de ensaio sobre os contidos da materia e de aplicación práctica). Neste caso, a distribución das cualificacións é a seguinte: proba mixta (4 puntos), traballo tutelado (5 puntos), presentación oral (0,5 puntos) e as prácticas a través das TIC (0,5 punto). Para superar a materia hai que obter a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado.

No  que fai á asistencia, o alumnado con  dispensa académica ten  que acudir obligatoriamente  a 14 horas de clase  que se corresponden coas explicacións  dos distintos elementos  do traballo tutelado e coa  realiación dalgunhas actividades  de clase invertida. 

Na segunda oportunidadw  recuperanse as tarefas non superadas ou non realizadas. 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

a) Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7 edición. Co obxectivo de visibilizar as autoras utilizarase a citación xusta. 

b) Plaxio 
O plaxio ou outro tipo de fraude académico en calquera das tarefas será motivo de suspenso, en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO

A utilización do galego e a súa calidade lingüística tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral e nas actividades grupais e individuais. O seu peso na cualificación final pode acadar até 0,5 puntos.



Fontes de información
Bibliografía básica Sultana, Robert (2018). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Hooley, Trstam. e Sultana, Robert. (2016). Career guidance for social justice.. ournal National Institute for Career Education and Counselling, nº 36, 2-11
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2018). Claves sobre la intervención de la orientación profesional en los sistemas de formación profesional. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2018). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Arraiz, Begoñ ;Careaga, Haizea.;Carramiñana, Susana; Oskoz, José Miguel (2015). Guía para la incorporación de la perspectiva de género en el curriculum y en la actividad docente de las enseñanzas de régimen especial y de Formación Profesional. Victoria: Emakunde
Macarthy, Jhon (2018). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Cobo, Ana; Gutiérrez, Ernesto e Planas, José Antonio (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Expereincias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral.. Barcelona: Editorial Grao
Macarthy, Jhon. (2018). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Fundación Bertelsman (). Orientacion Profesional Coordinada. Fundación Bertelsman, 2º edición revisada e ampliada
Sánchez García, María Fe (2014). Orientación profesional y personal. Madrid: UNED
Conzittu, Damien (coord) (2019). Penser et agir l'orientation au 21e siècle : De l'élève au citoyen engagé. Editions Qui plus est

Para cada tema  e para a  realización do traballo tutelado  facilitarase  bibliografía básica e complementaria comentada. En moodle tamén se recompilan fontes electrónicas de interese para cada un dos  temas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Función titorial e orientación académica/652606002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Formación profesional e mercado laboral/652606611
Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621
Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E31

Observacións


COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL  E CO DEBATE DEMOCRÁTICO

Co obxectivo de  facer un uso sustentábel  dos recursos e  de evitar  impactos negativos sobre o medio natural as tarefas entregaranse en formato dixital. 

Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL EN MOODLE

Na segunda sesión de clase todo o alumnado ha de ter pendurada unha foto actual no seu perfil de moodle
 

CARGA DE TRABALLO

 A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación  de   72 horas de traballo fora da aula. 

CITACIÓN XUSTA 

 Co obxectivo de visibilizarmos as autoras nas referencias bibliográficas, recoméndase utilizar a  citación xusta, para a que se poden consultar  as seguintes fontes: 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías