Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral Código 652606621
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
roberto.urrutia@udc.es
Profesorado
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
roberto.urrutia@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar o funcionamento e organización dos centros onde se imparte a FP. AP18
Analizar a organización e funcións do departamento de FOL. AP15
AP18
Analizar os currículos dos módulos da especialidade de FOL para a súa posterior utilizaación na planificación currícular. AP15
AP16
AP17
AP18
CM5
Realizar unha planificación curricular adaptada a un contexto concreto e coas estratexias e dinámicas de aula necesarias. AP19
AP20
AP21
AP23
AP24
AP25
AP27
CM1
Identificar as funcións do profesorado de FOL e calcular as súas retribucións. AP16
AP18
Analizar as condicións de acceso a condición de profesor no ensino público. AP18
Utilizar as TIC para obter e elaborar información no traballo de aula. CM3
Introducir o enfoque de xénero como contido nas programacións curriculares e levalo o traballo diario da aula. CM4
Valorar o papel do profesor de FOL como dinamizador da formación de cidadáns críticos implicados na loita contra as desigualdades e a inxustiza social. AP22
CM4
CM7
Identificar, analizar e clasificar a normativa aplicable na actividade docente na FP. AP18

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.-Contexto organizativo e funcional dos centros de Formación Profesional. -Tipoloxía dos centros de FP, espazos e equipamentos.
-A organización docente nos centros onde se imparte FP: Órganos de Goberno, Proxecto Educativo, Proxecto Funcional e funcionamento e coordinación dos distintos departamentos.
-Análise da normativa aplicable a organización e funcionamento.
-Avaliación e xestión da calidade nos centros de FP
Tema 2.-O Departamento de FOL -Composición
-Funcións
-O traballo en equipo.
-A colaboración co Departamento de Orientación e no desenvolvemento do PAT.
Tema 3.-Análise dos currículos dos módulos da especialidade de FOL -Análise do currículo dos módulos LOXSE.
-Análise do currículo dos módulos LOE: FOL e EIE.
-A FCT: funcións e actividades do profesorado.
-Análise, interpretación e clasificación da normativa aplicable.
-
Tema 4.-Planificación nos distintos niveis de concreción curricular: do currículo a programación de aula. -A Planificación Curricular: estrutura e organización.
-Do currículo a programación de aula
-Técnicas e estratexias didácticas
-Selección, deseño e elaboración de materiais didácticos.
-Recursos
-A atención a diversidade
-A transversalidade
- O uso das TIC na planificación curricular e como imprescindible recurso didáctico.
-Estratexias e procedementos de avaliación.
Tema 5.- O profesor de FOL -Requisitos.
-Funcións
-Acceso a Función Pública: Oposicións
-Retribucións do profesorado.
-Acceso ao ensino privado.
-Autoemprego.
-


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A15 A16 A17 3 0 3
Sesión maxistral A27 C4 C7 32 32 64
Glosario C3 4 4 8
Proba obxectiva C1 C5 3 30 33
Traballos tutelados A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A25 45 135 180
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da programación do módulo: contidos, metodoloxía, avaliación e criterios de cualificación.
Proba de avaliación inicial.
Visionado dun documental
Sesión maxistral Na sesión maxistral expóñense dunha maneira sintética os contidos do módulo.
Glosario Recompilación e explicación da terminoloxía específica de FP e módulo de FOL.
Proba obxectiva Exame tipo test sobre os contidos do módulo.
Traballos tutelados Traballo grupal dunha planificación curricular.
Traballos individuais:
-Fracaso Escolar
-Lectura do libro Mal de Escola.
-Activiades de aula

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada esta dirixida o asesoramento e apoio os alumnos, no desenvolvemento dos seus traballos

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A25 Traballo grupal de planificación curricular
Traballos Individuais
65
Glosario C3 Realización individual do glosario 5
Proba obxectiva C1 C5 Exame tipo test 30
 
Observacións avaliación


ASISTENCIA
  • A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular que non  acudira  a unha aula  na que se realizase algunha actividade debéraa   de facer individualmente  e entregala na seguinte sesión.
  • Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha
    cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia
    xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación
    desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame
    teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas
    actividades.
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial
    poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto,
    cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do
    inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación
    e o proceso de supervisón e seguemento.

REQUIRIMENTOS  PARA APROBAR A MATERIA 

  • A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación.
  • Para superar a materia é indispensábel  obter  a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando  non se realice algunha das tres actividades a cualificación será   non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas. 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

  • As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013,  que  establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
  • Os contidos incluídos nos traballos deben estar  referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

Plaxio

  • O plaxio en calqueira das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso.

Falsificar  unha sinatura

  • Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro  ausente será  penalizado coa perda de avaliación continua.

Copiar nos exames

  • O uso  indebido  de información durante os exames tamén  será motivo de suspenso.
NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS 

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías