Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral Código 652606621
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
roberto.urrutia@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
roberto.urrutia@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 5. (CE-G5)Coñecer os procesos de interacción e comunicación no aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas
A6 6. (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país
A8 8. (CE-G8)Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá
A9 9. (CE-G9)Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia
A11 11. (CE-G11)Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
A13 13. (CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A30 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización..
A32 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia
A34 (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as funcións do profesorado de FOL e calcular as súas retribucións. AP5
Describir o sistema de acceso a función docente no ensino público e privado e os requirimentos esixidos
Analizar o funcionamento e organización dos centros onde se imparte a FP.
Analizar a organización e funcións do departamento de FOL.
Analizar o currículo dos módulos da especialidade de FOL identificando os seus elementos e valorando a presenza do enfoque de xénero e da formación dunha cidadanía crítica AP15
AP16
AP17
AP18
AP23
AP26
CM5
CM7
CM8
Deseñar unha programación dun dos módulos da especialidade e unha unidade didáctica da programación adaptadas a un determinado centro. AP15
AP16
AP19
AP20
AP21
AP22
AP23
AP24
AP25
AP27
AP30
AP32
AP34
CM1
CM3
Utilizar as TIC para obter e elaborar información no traballo de aula. CM3
CM6
Valorar o papel do profesor de FOL como dinamizador da formación de cidadáns críticos implicados na loita contra as desigualdades e a inxustiza social. AP13
AP26
AP32
CM4
CM7
Identificar, analizar e clasificar a normativa aplicable na actividade docente na FP. AP6
AP9
AP13
AP14
Integrar o enfoque de xénero nas programacións e nas unidades didácticas e comprender o súa impartancia para acadar a equidade de xénero. AP8
AP11
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.-Contexto organizativo e funcional dos centros de Formación Profesional. 1.1. Normativa que regula a organización e funcionamento dos centros de FP
1.2. Tipoloxía dos centros de formación profesional, espazos e equipamientos.
1.3. A organización docente nos centros de FP. Órganos de Goberno e de Coordinación Didáctica. Proxecto Educativo, Proxecto Funcional
1.4. O Departamento de Formación e Orientación Laboral. Composición e funcións. O traballo en equipo. A colaboración co Departamento de Orientación e no desenvolvemento do PAT.
Tema 2.- O corpo de Profesorado do Ensino Secundario: a especialidade de Formación e orientación laboral (FOL) 2.1. Corpos de profesorado e categorías profesionais
2.2..Sistema de acceso ó ensino público e o ensino privado
2.2. Retribucións
2.3.Autoemprego.


Tema 3. Os currículos dos módulos da especialidade de FOL
3.1. Análise do currículo dos módulos LOXSE.
3.2. Análise do currículo dos módulos LOE: FOL e EIE.
3.3. A Formación en centros de traballo
3.4. Análise, interpretación e clasificación da normativa aplicable.
Tema 3. Planificación nos distintos niveis de concreción curricular: do currículo a programación de aula. 3.1. A programación dos módulos
3.2. A programación da aula


Tema 4. Metodoloxía e avaliación 4.1. Técnicas e estratexias metodolóxicas: tipoloxía e características

4.2. Avaliación: tipos, técnicas e instrumentos
4.3. Avaliación e xestión da calidade nos centros de FP
Tema 5. Educación mediática e TIC 5.1. Educación mediática: concepto, finalidade e integración nos pragamacións dos módulos da especialidade

5.2. Competencias dixitais docentes: que son e cales son?

5.3. Recursos e ferramentas dixitais para o ensino e aprendizaxe dos módulos da especialidade..
TEma 6. A atención á diversidade 6.1. Atención á diversidade: conceptualización e medidas que prescribe a normativa.
6.2. Estratexias e recursos para a atención á diversidade
TEma 7. A integración da perspectiva de xénero 7.1. Finalidades
7.2. Modalidades de integración
7.3. Experiencias e recursos
7.4. Normativa aplicable

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A6 A15 A16 3 0 3
Sesión maxistral A19 A24 A25 A26 A27 A30 A34 18 0 18
Glosario A16 2 4 6
Análise de fontes documentais A15 A16 A19 A24 C3 C4 12 57 69
Presentación oral C1 C3 8 0 8
Aprendizaxe colaborativa A13 A14 A15 A19 A20 A21 A23 A24 30 60 90
Simulación A8 A13 A14 A15 A16 A20 A21 A23 A24 A25 C3 C6 C7 11 73 84
Prácticas a través de TIC C3 1 3 4
Proba obxectiva A16 A18 A19 A24 A30 A34 1 5 6
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As actividades inicias teñen como finalidade que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes desenvolvidas na materia.
Sesión maxistral Na sesión maxistral expóñense dunha maneira sintética os contidos do módulo.
Glosario Recompilación de terminoloxía específica vinculada as temáticas abordadas
Análise de fontes documentais A análise das fontes documentais ten como finalidade o afondamento nos contidos presentados nas sesións maxistrais e na súa aplicación ás actividades de simulación.
Presentación oral Consiste na presentación das actividades de simulación.
Aprendizaxe colaborativa Está implícita na realización das actividades de simulación.
Simulación Con esta metodoloxía o alumnado ten que elaborar unha programación para un dos módulos da especialdade e unha unidade didáctica.
Prácticas a través de TIC Esta actividade está relacionada co papel do profesorado como curador de contidos. Conssite na busca, selección e almacenaxe de recursos dixitais nun marcador social para o ensino e aprendizaxe dos módulos da especialidade. A construción do marcador social é unha actividade común a todas as materias do módulo específico.
Proba obxectiva Exame tipo test sobre os contidos máis conceptuais

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Proba obxectiva
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada está destinada a supervisión e seguimento das actividades de simulación.
O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada e vencellada a modalidade de avaliación específica que se descrebe no apartado de avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral C1 C3 A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica, utilizada nas catro materias específicas do itinerario de FOL 10
Simulación A8 A13 A14 A15 A16 A20 A21 A23 A24 A25 C3 C6 C7 A programación e a unidade didáctica van ser avaliadas conforme ós criterios que se van específicar e que son os que se utilizan para avaliar o TFM que segue estas modalidades. 75
Proba obxectiva A16 A18 A19 A24 A30 A34 As preguntas abordan algúns contidos de tipo conceptual, vinculados á comprensión de terminoloxía específica 10
Prácticas a través de TIC C3 Consiste na construción dun marcador social. Os criterios de avaliación son o número de recursos almacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías creado para a súa almacenaxe. 5
 
Observacións avaliación

CARGA DE TRABALLO

 A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación  de 112 horas de traballo fora da aula. Polo tanto  é imprescindible unha boa planificación e xestión do tempo.

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL

 Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel

ASISTENCIA
  A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.

No caso de non acadar o 80% de asistencia, a cualificación será non presentado na primeira oportunidade. Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización e seguimento de actividades que reforzen as aprendizaxes máis vinculadas ó saber facer. 
 As persoas con matrícula a tempo parcial  poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento necesario para superar a materia. 
Na oportunidade de xullo haberá unha proba con preguntas de carácter teórico e práctico relacionadas coas actividades de simulación  
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 
 A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas actividades de avaliación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das actividades. Cando non se realice algunha das actividades de avaliación a cualificación será non presentado.

Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.

É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran .
FALSIFICACIÓN DE SINATURA
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa
perda de avaliación continua
 Copiar nos exames e o uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.
LECTURAS RECOMENDADAS
Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.
htm

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
(). .
Universitat Oberta de CAtalunhya (2013). Educación Mediática y TIC . Barcelona
Delgado Rodríguez, A. (coorda) (2010). Manual de técnicas e instrumentos para evaluar el aprendizaje . http://moodle2.unid.edu.mx/dts_cursos_mdl/lic/ED/AV/AM/11/Manual.pdf
Prieto, A, Diaz, D. e Santiago, (2014). Metdologías inductivas. El desafío de enseñar mediante el cuestionamiento y los retos. . Barcelona: Oceáno
Xus Martín GArcía (2016). Proyectos con alma. Trabajo por proyectos con servicio a la comunidad. Barcelona: Editorial Grao

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Débese facer un uso sostenible dos recursos e a promoción da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidad nos comportamentos persoais e profesionais.

En coherencia cos principios enunciados,  os   traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán  impresos a dobre cara e  empregarán  papel recicaldo. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías