Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral Código 652606621
Titulación
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
roberto.urrutia@udc.es
Profesorado
Varela Urrutia, Roberto
Correo electrónico
roberto.urrutia@udc.es
Web
Descrición xeral A materia céntrase na construción das competencias relativas á planificación do segundo e terceiro nivel de concreción curricular e integra as aprendizaxes promovidas desde outras materias do módulo xenérico e do módulo específico (Mercado laboral e formación profesional, Inserción e orientación laboral e Proxectos de innovación e investigación nos módulos da especialidade).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:

Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse as mesmas metodoloxías que figuran na guía docente, pero empregando os medios online de que dispoñemos: Teams, Correo da UDC e Moodle.



3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: diariamente o alumnado poderá facer consultas, resolver dúbidas ou concertar titorías.
- Moodle: diariamente segundo a necesidade do alumnado para consulta de materiais didácticos, modelos de traballos, entrega de traballos, comunicacións e outros.
- Teams: en función do horario docente semanal fixado no calendario de aulas da facultade, fixaranse as sesións semanais en gran grupo e pequeno grupo, para atender as necesidades do alumnado.
Como mínimo haberá unha sesión semanal en gran grupo.
En pequeno grupo realizaranse accións de seguimento e titorización dos traballos asignados.O número de sesións empregadas será variable en función da fase do curso.
Como mínimo as asignadas no calendario de aulas da facultade.




4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán modificacións respecto os procedementos na avaliación e criterios de cualificación.



5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizaran cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 8. (CE-G8)Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá
A10 10. (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
A13 13. (CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro.
A14 CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
A15 CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A16 (CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
A17 (CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A18 (CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A19 (CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
A20 (CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
A21 (CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
A22 (CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A24 (CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A27 (CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
A30 CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización..
A32 (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia
A34 (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP)
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar o currículo dos módulos da especialidade de FOL e valorar as ausencias e potencialidades para formar persoas cun pensamento crítico activista sobre as desigualdades de xénero e a precarización laboral. AP15
AP16
AP17
AP18
AP23
CM4
CM5
CM7
Analizar o organigrama dos centros onde se imparte a FP e as funcións do departamento de FOL CM3
Integrar o enfoque de xénero nas programacións e nas unidades didácticas e valorar a súa importancia para acadar a equidade de xénero. AP8
AP10
AP15
AP16
AP20
AP21
AP25
CM3
CM4
Describir o sistema de acceso a función docente no ensino público e privado e os requirimentos esixidos AP16
Deseñar unha programación dun dos módulos da especialidade e unha unidade didáctica da programación, contextualizadas a nivel de centro e de alumnado. AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP18
AP19
AP20
AP21
AP22
AP23
AP24
AP25
AP27
AP30
AP34
CM1
CM3
CM6
CM7
Identificar as funcións do profesorado de FOL e calcular as súas retribucións. AP15
AP18
Utilizar as TIC para a aprendizaxe profesional e para a promoción da competencia dixital do alumnado AP23
CM3
CM6
CM7
Valorar as posibilidades dos módulos da especialidade para a construción dun pensamento crítico e activista e reflectir eta perspetiva na súa planificación. AP14
AP15
AP16
AP20
AP32
CM4
CM7
Analizar e valorar a normativa aplicable á actividade docente na FP e trasladala á planificación dos módulos da especialidade. AP13
AP14
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.-Contexto organizativo e funcional dos centros de Formación Profesional. 1.1. Normativa que regula a organización e o seu funcionamento
1.2. Tipoloxía de centros de formación profesional, espazos e equipamentos.
1.3. A organización docente nos centros de FP. Órganos de Goberno e Coordinación Didáctica. Proxecto Educativo e Proxecto Funcional
1.4. El Departamento de Formación y Orientación Laboral. Composición y funciones. El trabajo en equipo. La colaboración con el Departamento de Orientación y en el desarrollo del PAT.
Tema 2.- O corpo de Profesorado do Ensino Secundario: a especialidade de Formación e orientación laboral (FOL) 2.1. Corpos de profesorado e categorías profesionais
2.2..Sistema de acceso ó ensino público e o ensino privado
2.2. Retribucións
2.3.Autoemprego.


Tema 3. Módulos da especialidade e normativa aplicable 3.1. Módulos da especialidade nos ciclos LOXSE
3.2. Módulos da especialdiade nos ciclos LOE
3.3. Formación en centros de traballo
3.4. Normativa aplicable e implicacións para a planificación curricular
Tema 3. Planificación nos distintos niveis de concreción curricular: do currículo oficial á programación de aula. 3.1. A programación dos módulos
3.2. A programación de aula


Tema 4. Metodoloxía e avaliación 4.1. Técnicas e estratexias metodolóxicas: tipoloxía e características

4.2. Avaliación: tipos, técnicas e instrumentos.
4.3. A participación do alumnado na avaliación: finalidades e instrumentos.
4.3. Avaliación e xestión da calidade nos centros de FP
Tema 5. Educación mediática e TIC 5.1. Educación mediática: concepto, finalidade e integración na pragamacións dos módulos da especialidade

5.2. Competencia dixital docente. A competencia dixital como obxectivo e contido das materias e módulos da especialidade.
5.3. Recursos e ferramentas dixitais para o ensino e aprendizaxe dos módulos da especialidade..
TEma 6. A atención á diversidade 6.1. Atención á diversidade: conceptualización e medidas que prescribe a normativa.
6.2. Estratexias e recursos para a atención á diversidade
TEma 7. A integración da perspectiva de xénero 7.1. Finalidades e modalidades de integración
7.3. Experiencias e recursos
7.4. Normativa, plans e actuacións específicas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A16 3 0 3
Sesión maxistral A8 A10 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A22 A24 A34 16 0 16
Análise de fontes documentais A10 A13 A14 A15 A17 C4 C6 C7 12 52 64
Presentación oral A23 C3 C1 4 5 9
Aprendizaxe colaborativa A8 A14 A22 A32 28 55 83
Traballos tutelados A32 A30 A27 A25 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A16 A15 A14 A13 A10 A8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 17 76 93
Traballos tutelados A8 A10 A14 A15 A18 A19 A21 A23 A25 C1 C3 C4 C6 0 25 25
Solución de problemas A16 C3 4 0 4
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
Sesión maxistral A sesión maxistral utilízase para presentar unha boa parte dos temas que se abordan na materia. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito limítase o papel de transmisor de contidos do profesorado.
Análise de fontes documentais A análise das fontes documentais está vinculada o traballo tutelado. A súa finalidade é o deseño da programación e dunha unidade didáctica, principalmente a elaboración do apartado de fundamentación teórica e legal.
Presentación oral Consiste na difusión entre as persoas da clase do produto elaborado no traballo tutelado. Dispoñen de 20 minutos e na presentación presentación teñen que participar todas as persoas do grupo de traballo.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa está implícita no resto das metodoloxías que son realizadas en grupo.
Traballos tutelados O traballo tutelado presenta as características e elementos da aprendizaxe basada en proxectos. O reto é o deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. A análise documental, a aprendizaxe colaborativa, unha parte das prácticas a través das TIC e a presentación oral están integradas no traballo tutelado.
Traballos tutelados Consistirá en tres traballos individuais:

- Lectura e comentario sobre o Libro Mal de Escola de Daniel Pennac
- Elaboración dun catálogo de recursos cinematográficos para empregar como recurso didactico en FOL e EIE
- Deseño de dúas actividades de aula con dous dos recursos escollidos da selección realizada.
Solución de problemas Relacionados co elaboración de nóminas e con outras temáticas dos módulos da especilalidade. Constitúe unha fórmula para afondar nalgúns dos contidos dos módulos da especialidade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Traballos tutelados
Descrición

A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e orientación do traballo tutelado e lévase a cabo no horario de titorías e nas aulas reservadas para a súa realización.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A23 C3 C1 A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica.

15
Traballos tutelados A32 A30 A27 A25 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A16 A15 A14 A13 A10 A8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 Consiste no deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. Para a súa avaliación proporcionanse dúas rúbricas, nas que se detallan as dimensións a avaliar, os niveis de logro e os criterios de cualificación. As rúbricas entreganse coa proposta de traballo tutelado.
Tamén se avalia a participación e contribución de cada unha das persoas do grupo. A través dun proceso de coavaliación, e de xeito consensuado, asígnase a cada membro do grupo unha porcentaxe (de 0 a 100). A cualificación obtida por cada unha das persoas do grupo é o resultado de aplicar esta porcentaxe sobre a cualificción obtida na programación e na unidade didáctica.
65
Solución de problemas A16 C3 Relacionados co elaboración de nóminas e con outras temáticas dos módulos da especilalidade. Constitúe unha fórmula para afondar nalgúns dos contidos máis prácticos dos módulos da especialidade. 5
Traballos tutelados A8 A10 A14 A15 A18 A19 A21 A23 A25 C1 C3 C4 C6 Consistirá en tres traballos individuais:

Lectura e comentario sobre o Libro Mal de Escola de Daniel Pennac
Elaboración dun catálogo de recursos cinematográficos para empregar como recurso didactico en FOL e EIE
Deseño de dúas actividades de aula con dous dos recursos escollidos da selección realizada.
15
 
Observacións avaliación

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 

 
A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de  avaliación na presentación oral e nas actividades  escritas grupais e individuais.  O seu peso na cualificación final pode chegar até  0,5 puntos. 

ASISTENCIA
  A asistencia ás sesións presenciais e/ou virtuais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar  e entregar  as actividades realizadas na aula. 
No caso de non acadar o 80% de asistencia, o alumnado terá que realizar unha proba mixta (ensaio sobre os contidos da materia e de aplicación práctica )  e  realizar individualmente as tarefas propostas. 

REQUERIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 
 A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas distintas   actividades  que computan na cualificación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación  nos traballos tutelados. Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas. 


É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. 


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado  de referencias bibliográficas,  utilizando as normas APA 6º edición. 

Plaxio

O plaxio  será motivo de suspenso. Así o establece o  artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

- https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
- http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual


Fontes de información
Bibliografía básica

- De Miguel, M (2006). Modalidades de enseñanza centradas en el desarrollo de competencias. Orientaciones para promover el cambio metodológico en el espacio europeo de educación superior. Oviedo: Ediciones Universidad de Oviedo.

- Prieto, A, Díaz, Santiago, R. (2017). Metodologías Inductivas. El desafío de enseñar mediante el cuestionamiento y los retos.

- Alfonso Tapia (1991). Cinco principios para el diseño motivacional de la instrucción.

- Fortea, M.A. (2009). Metodologías didácticas para la enseñanza-aprendizaje de competencias.

- Elena Cano (Editora) (2012). Aprobar o aprender. Estrategias de evaluación en la sociedad red. Barcelona: Universidad de Barcelona.

- Sanmartín, N. (2007). Evaluar para aprender. Diez ideas clave.

- Josep, A. (Coord.) (2011). Evaluación por competencias en la universidad: competencias transversales. ICE Universitat Barcelona y Editorial Octaedro.

- Vila, A. e Poblet, C. Poblet, M. (2011). Evaluación de competencias genéricas, principios, oportunidades y limitaciones. Bordón 63, pp 147-171.

- Inbernón, F. e Medina, J.L (2005). Metodología participativa a l’aula universitària. La participació de de l’alumnat. Barcelona: ICE. Quaderns de Docència Universitària, 4.

- Willson, C. ; Grizzle, A; Tuazón, A; Akyempong, P. e Cheung, C.-T. (2011) Alfabetización mediática e informacional. UNESCO.

- Granados, J.; López, R.; Avello, R.; Luna, D.; Luna, E. y Luna, W. (2017). “TIC, TAC y TEC como instrumentos de apoyo al docente de la universidad del siglo XXI.

-  Arnaiz, B.; Careaga, H.; Carramiñana, S. e Oskoz, J.M. (2015). Guía para la incorporación de la perspectiva de género (…) Gasteiz: Servicio de Publicaciones del País Vasco.

- Xunta de Galicia (2018). I Plan Galego para a conciliación e a corresponsabilidade 2018-2021.

 - Alfonso Tapia, J. (2005). Motivar en la escuela. Motivar en la familia. Madrid: Editorial Morata.

-  Castelao, A. Torres, S, e X. Romaris (s/d). Procedemento de elaboración de programacións de FP. Revista Galega do Ensino.

- Ana Tarabini (Dir.). Jacovkis, J. Montes, A. (2017). Los Factores de Exclusión Educativa en España: Mecanismos perfiles y espacios de intervención. Madrid: UNICEF Comité Español.

Bibliografía complementaria

Para cada tema  facilítase unha listaxe de   bibliografía  obrigatoria e a complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Formación profesional e mercado laboral/652606611
Inserción e orientación laboral/652606612

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Inserción e orientación laboral/652606612
Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E31

Observacións

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL

Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil de moodle.
COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados os traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán impresos a dobre cara e empregarán papel reciclado.
CARGA DE TRABALLO
A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 112 horas de traballo fora da aula. Polo tanto, cómpre unha boa planificación e xestión do tempo.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías